Download - BASES PARA O XXIV CONCURSO LITERARIO IES SAN CLEMENTE

Transcript
Page 1: BASES PARA O XXIV CONCURSO LITERARIO IES SAN CLEMENTE

BASES PARA O XXIV CONCURSO LITERARIO IES SAN CLEMEN TE

1.- O IES San Clemente de Santiago de Compostela co nvoca o XXIV

Concurso Literario.

2.- Poderán participar os alumnos e alumnas do cent ro nas distintas

modalidades (ESO a distancia, Bacharelato a distanc ia e Ciclos

Formativos).

3.- Establécense dúas modalidades: relato e poesía. Cada participante

poderá entregar un traballo en cada modalidade. Est es deberán ser

orixinais e inéditos, de temática libre e escritos en galego na

normativa vixente.

4.- A extensión máxima para o relato é de 5 folios aproximadamente, e a

mínima de medio folio, escritos a dobre espazo en l etra Arial 12. Na

modalidade de poesía, a extensión é libre.

5.- Os orixinais conterán só o lema ou pseudónimo, o título e o texto, e

deberán enviarse ao instituto por correo postal ou entregarse na

oficina de atención ao público do centro en sobre p echado, que estará

identificado co lema e o título da obra. Neste sobr e, introducirase

outro máis pequeno, tamén pechado e identificado co mesmo lema e

título da obra, que conterá os datos persoais (nome e apelidos e DNI)

do participante nun papel pregado.

6.- O prazo máximo para a entrega dos orixinais é o 13 de maio de 2011

ás 14:00 horas.

7.- Haberá un primeiro premio de 100 €, e un segund o de 75 € en cada

modalidade.

Os premios poderán quedar desertos a criterio do xu rado. Os textos

premiados publicaranse na web do instituto.

Page 2: BASES PARA O XXIV CONCURSO LITERARIO IES SAN CLEMENTE

8.- O xurado estará composto por persoas relacionad as co mundo do

ensino e da literatura e poderá incluír membros ext ernos ao centro.

9.- O veredicto do xurado, que será inapelable, dar ase a coñecer na

semana das “Letras Galegas” (do 18 ao 20 de maio).

10.-A participación no Concurso supón a aceptación destas bases.