A Biblia Kennikott:a Biblia xudía galega
Na Idade Media vivía na cidade d´A Coruña unha familia xudía chamada Mordechai. Esta familia
posuía, dende o ano 1300, un fermoso exemplar da Biblia, a coñecida como Biblia de Cervera, que actualmente se conserva na Biblioteca Nacional
de Lisboa.
Salomón de Braga, un xudeu coruñés amigo da familia, devecía por ter un exemplar da Biblia tan
fermoso coma o da familia Mordechai.
Para elo, no ano 1475 contratou ó calígrafo Moisés Ibn Zabarah e ó iluminador Joseph Ibn
Hayyim, co encargo de realizar unha a semellanza da que tiñan os seus amigos.
O calígrafo Moises traballou nela a ritmo de dous folios diarios. O texto, para o que empregou tinta
castaña, foi escrito en letra cursiva sefardí.
Ademáis dos cinco libros da Torá (Xénese, Éxodo, Levítico, Números e Deuteromonio), o
exemplar foi completado cos libros dos Profetas e Haxiógrafos, e cun tratado gramatical.
Con respecto ó seu tamaño, cada unha das 922 páxinas mide 30 centímetros de alto por 23,5 de
ancho.
As ilustracións, obra de Joseph, ocupan 238 páxinas enteiras, a maiores dos debuxos que
adornan as adicadas a texto.
Destacan pola súa beleza as representacións do Rei David sentado no seu trono, de Xonás
tragado pola balea, ou do astrólogo Balaam consultando o seu astrolabio.
Coma tanto o calígrafo coma o iluminador tiñan nomes bíblicos, os artistas aproveitaron para
facerse mútuos agasallos. Así, Moises destaca os feitos referentes a Joseph, fillo de Xacob, e
Joseph, pola súa banda, detense máis no debuxo do Salmo 90, o adicado a Moises.
O 24 de Xullo de 1476, logo de dez meses de traballo, o exemplar foille entregado a Isaac, o fillo de Salomón, que morrera antes de ver rematada a tarefa.
Isaac, ao recibir o libro, encargou unha caixa para protexelo, na cal vai grabado o seu nome.
Moisés era un dos máis afamados calígrafos do seu tempo. Os seus contemporáneos falaban del neste termos: “Un grande calígrafo, o seu nome é
grande en Israel,...”
O seu traballo na Biblia d´A Coruña axiña acadou gran sona. Naquel tempo díxose do manuscrito que “non foi feito por un home, senón polo Anxo
de Deus, un perfecto sabio, piadoso e santo”.
Sábese que a Biblia saíu de Galicia logo do Edito de Expulsión dos Reis Católicos, no 1492. Sen
embargo, o seu rastro pérdese ata que é mercada en Inglaterra, no 1711, por Benjamin Kennicott,
hebreísta, bibliotecario e párroco da Universidade de Oxford. Alí é onde permanece, a día de hoxe,
a Biblia xudía galega.
A Biblia Kennicott é o manuscrito relixioso máis importante do Medievo galego, e unha das mellores Biblias hebrea medievais que se
conservan na actualidade.
Dende a Asociación Galega de Amizade con Israel
queremos facer un chamamento a recuperar a memoria dunha obra capital na Historia do noso País, e a ubicala no lugar central que na mesma
lle corresponde.
O texto desta presentación foi tomado do artigo de Carlos Barros, profesor da USC, “A BIBLIA KENNICOTT: unha Biblia xudea na Galiza do
século XV”
Top Related