BRUXAS E
FANTASMAS
1
VIDE
EDITORIAL Unitariadevide. Abril 2008
A BRUXA DO CAMPANARIO
2
A Bruxa do Campanario vive no campanario da igrexa de Santa María de Vide.
É unha bruxa sabia e xenerosa. Sabe miles de feitizos, pero os mellores son os “feitizos para cuidar” e os “feitizos para resolver problemas”. Tamén están os “feitizos sorpresa” que dan alegría e fan rir.
Si marcha de viaxe, a Brasil por ejemplo, deixa os feitizos pegados nas campás, e cando Edu, que é o encargado, se pon a tocar as campás, os feitizos se soltan e comenzan a funcionar.
3
Si as campás din:
Don, don, don….. saen os feitizos de cuidado.
Pero si din:Talán, talánTalán, talán…..os que saen son os feitizos para resolver problemas.
Os feitizos sorpresa saen cando as campás soan así:Tántalan, tántalan,Tántalan , tántalan….
O ano pasado David, que aínda era pequeño, non podía dormir porque había un monstro no pasillo da súa casa.
A Bruxa do Campanario ensinounos un feitizo e
4
axudounos a resolver o problema.
Si un neno ou unha nena berra moi alto: ¡¡¡¡BRUXA DO CAMPANARIO!!! e logo da tres palmadas, o monstro queda pechado no “Castelo das nubes de lonxe”, de onde non poden sair ata que se fan bos e prometen non dar sustos nunca maís.
Cando os maiores que xogaban ao fútbol romperon o freixo do patio, a Bruxa do Campanario fixo un feitizo de cuidado e tod@s poidemos ver como o freixo se recuperaba.
Tamén cando imos de paseo levamos un feitizo de cuidado para que os camións da mina se
5
aparten de nós. Este feitizo só funciona se imos pola beiriña da estrada.
E a Bruxa danos moitísimos feitizos sorpresa. O tobogán, a casiña, o xogo das pistas cando as acampadas de verán, o video…..
Noemí e Lucía din que a Biblioteca A Dúas, foi un feitizo sorpresa da Bruxa do Campanario.
¿Será posible?.
A BRUXA DA COVA DE ENFRENTE
6
Se estás no patio da escola e miras para o sur, verás unhas enormes montañas. Na máis alta, que parece que se xunta co ceo, inzada de muíños de vento, hai unha cova moi profunda.
Nesa cova vive unha bruxa: a Bruxa da Cova de Enfrente.
7
É unha bruxa vixiadora, que se senta nun banco á porta da súa cova para ollar ao lonxe e enterarse de todo o que pasa en Vide e en Portugal.
O problema é que esta bruxa non é boa. É unha bruxa malvada que gosta de facer malfeitizos, sempre enfurruñada e rosmando.
Antes, tiñamos medo dela, pero a Bruxa do Campanario contounos un segredo: cando a Bruxa da Cova de Enfrente escoita rir aos nenos e ás nenas, éntralle o sono, empeza a doerlle a cabeza e tense que meter na cama ¡tres días!, e
8
como a súa cama esta no fondo máis fondo da cova, neses tres días non se entera de nada do que acontece en Vide nin en Portugal.
Claro que a Bruxa da Cova de Enfrente, como sabe que coñecemos o seu segredo, fai malfeitizos para que os nenos e as nenas non teñan ganas de rir.
Hai un malfeitizo destes, que o manda polo vento sempre que pode ata a escola, e ás veces lle funciona.
Con ese malfeitizo, aos nenos e nenas éntranlle ganas de meterse o mandilón na boca, ou ós botóns, ou a plastilina, e así pódenlle sair pupas na boca, ou
9
doerlle a barriga, e logo non teñen ganas de rir.Pero agora, que xa o sabemos, cando notamos que está chegando o malfeitizo, avisámonos uns aos outros, aguantamos as ganas e.... poñémonos a rir, para que a bruxa se teña que ir para cama outros tres días.
Outras veces fai o malfeitizo "bate non fales".Ese si que é un malfeitizo malísimo. Os nenos e as nenas esquecen que poden falar para resolver os problemas e baten uns nos outros, ou se empurran, ou se berran, e logo póñense tristes e choran.
A Bruxa do Campanario tivo que facer un feitizo especial
10
para combatelo, e todos os nenos e as nenas, e ata as nais e os pais e as avoas, aprendémolo . É o feitizo "fala que podes" e funciona así:
Se tes un problema con alguén porque che magoou, ou che colleu a silla, por exemplo, vas onda el ou ela e lle explicas que che doeu, ou che molestou o que che fixo. Entón, tenche que pedir perdón e dicirche que non cho vai a facer NUNCA MÁIS, vos dades unha apreta moi forte, un bico e...¡xa está solucionado o problema!.
11
É moi importante seguir TODOS os pasos para que funcione ben.
A Bruxa da Cova de Enfrente ten que estar aborrecida cos nenos e nenas da Unitaria.
Eles a rir e a bruxa...
¡a durmir!.
12
O FANTASMA DOS OLLOS AZUIS
A Unitaria de Vide é moi velliña. Construíronna a comenzos do século XX cos cartos que dende Brasil mandaron os viciños que alá estaban emigrados.
13
E como todo o mundo sabe, aos fantasmas góstanlles as casas velliñas.
Pero tardamos moito en enterarnos de que na Unitaria de Vide, ás veces, vivía un fantasma.
Dende sempre pasaban cousas extranas: tremaban as ventás, a porta abríase sóa, os papeis saían voando, os cartaces caían ó chan, marchaba a luz...
E un día, hai moito tempo, decidimos escreber unha carta á Bruxa do Campanario, que daquela estaba de vacacións no Brasil.
14
Ao pouco, ao chegar pola mañán atopamos unha nota . Dicía:
NON VOS PREOCUPEDES. É UN FANTASMA AMIGO MEU.
XA FALEI CON EL E NON PRETENDE ASUSTARVOS.
SÓ QUERE SER O VOSO AMIGO.
CUIDA DA ESCOLA E MÁNDAME AVISO CANDO PASA ALGO.
¿Un fantasma?. ¡Un fantasma!
¡Menudo follón se montou! Pero Isaac, un neno que agora xa é un maior, comenzou a falar
15
e dixo:
- Eu xa sabía que había un fantasma. Unha vez falei con el no cuberto da casa da miña avoa.Non se pode ver ben porque é invisible, pero eu sabía un feitizo, que agora non me acordo, e puiden velo un pouquiño. Ten os ollos azuis e estaba un pouco triste porque non tiña amigos-.
Carla dixo entón que ela tamén o vira un día na porta da cociña da súa casa, e que si, que tiña os ollos azuis.
Dende ese día, sabemos que temos un novo amigo.
16
Chamámoslle O Fantasma dos Ollos Azuis, e cando a porta da escola se abre sóa, non nos asustamos porque sabemos que é o noso amigo que quere xogar.
Si estamos acupados dicímoslle:
-!Fantasma dos Ollos Azuis, vai dar unha volta, que estamos traballando e agora non podemos xogar contigo!
Pero outras veces saímos ao patio e xogamos con el.
Semella que é o vento, pero nós sabemos que é o Fantasma
17
dos Ollos Azuis xogando con nós.
18
Top Related