Na Foto: Compañeir@s postais
en defensa do correo público e
dos dereitos laboráis, no
bloque postal das Marchas da
Dignidade do 27M, onde
centos de traballadores/as
postais marchamos xuntas
reclamando os nosos dereitos
19
Ó R G A N O D E D I F U S I Ó N D A C G T C O R R E O S – A C O R U Ñ A
Un verán máis, e xa van tres, e a pesar das reiteradas denuncias e san-cións da inspección de traballo da Coruña, aparecen nos centros ducias de persoas que non están en ninguna bolsa e que non teñen formación
Volvemos a inspección de traballo a denunciar, unha vez máis, estos feitos e volvemos a esixir que se abran dunha vez as bolsas de contrata-
ción á sociedade, que se cubran as prazas vacantes con persoal fixo e a xornada completa (tamén nas tardes) e que, se hai perto de 6000 supostos aprobados no exame anterior (Correos non nos deu esa lista, unha nova boa mostra máis de escurantismo) que NON se faga un novo exame, que simplemente se vaian dando prazas as persoas aprobadas. Non queremos que pasedes unha vez máis polas academias-sindicais-estafa, que o único que buscan é o seu propio lucro, e que xa volven estar en marcha.
A CGT da Coruña, nun acto
coordenado co resto das
provincias da Zona 1, levamos a
c a b o u n h a a c c i ó n o n d e
pretendiamos deixar constancia da
falta grave de seguridade e de
control do produto “mochila”.
Para elo fixemos un envío de dúas
mochilas, a primeira cun sobre peso
evidente, pois viña cargada de
pedras, e a segunda contiña no seu
interior un machado de grandes
dimensións e outros obxectos que
simulaban ser produtos con
prohibición de circular na rede
postal.
Desde a CGT temos advertido en
numerosas ocasións das graves
eivas que ten este servizo, un
servizo onde unha persoa marca un
nome (que pode ser ficticio) en
internet, deixa un contedor
(chamado “mochila”, pero que
moitas veces son maletas, bolsas....)
e por 4 euros se lle leva, sen ter
pasado proceso algún de admisión,
a outro punto que escolle,
xeralmente un albergue, hotel...
Vemos obvios problemas de
seguridade e control neste proceso, non se garante
o estado orixinal do paquete e non se controla o
peso, co que se vulnera claramente a seguridade :
En ningunha oficina admitirían este envío
Desde o noso sindicato dirixímonos en reiteradas
ocasións a dirección para propoñer melloras na
seguridade e na saúde das persoas que levan
adiante este traballo.
Propuxemos sacas plásticas transparentes e
precintadas reutilizables, para que quede clara
a responsabilidade da persoa que envía, e non
da que traslada o envío.
Propuxemos dotar ás persoas que traballan
coas mochilas con pesas de man electrónicas,
para que comproben o peso e que non exceda
do máximo permitido e que o peso na entrega
coincide co da ammisión.
Desde a CGT vemos que a contratación non é
dabondo, porque moitas veces teñen tamén
zonas de reparto ordinario!.
Por outra parte desde a
nosa organización queremos
denunciar o feito de que,
aínda que se fixeron
contratacións, estas non son
suficientes e son moitas as
veces nas que nos
denuncian que o persoal
adicado ás mochilas non é
capaz de facer tamén a zona
de reparto, co que a
veciñanza vese prexudicada
por un produto postal con un
valor de 4 euros (!)
A d e m a i s , p o l a s
circunstancias do propio
camiño, estamos a ver que
son as zonas rurais as que
se ven máis afectadas por
estas problemáticas.
PÁXIN A 2
Solicitamos a Co-
rreos máis segurida-
de nas mochilas e
control do seu peso
Aconteceu na “Xornada de recoñece-
mento de empregados”-13 de Xuño de
2017-, organizada por Correos na Real
Casa de Tapices de Madrid.
Nese mesmo día, desde a CGT respondi-
mos á directiva nas redes sociais co
código #CorreosNoMeRespeta, para
tentar mostrar a nosa situación real
como traballadores/as
Tamén se levou a cabo un acto simbóli-
co tanto de delegados como de empre-
gados que pertencen a recentes plata-
formas da nosa empresa.
RESULTADO:
#CorreosNoMeRespeta
NOVO TRENDING TOPIC
ESTATAL DURANTE HORAS.
Desde CGT contribuímos a unha
loita que sexa de todxs e para todxs,
porque queremos dar a coñecer
nosa actual precariedade laboral
entre todo o noso persoal.
N ÚMER O 19, VER ÁN 2017
Cada ano a xefatura de Correos repite a
mesma historia. En realidade non a
repite: empeora a historia!!. Cada verao,
en xullo, comezan os recargos e fican
barrios descubertos, sen persoal fixo que
os clasifique e os reparta. Eses barrios
son “descuartizados” e asignados a
carteiras e carteiros que non teñen
experiencia no seu reparto. Moi lonxe da
cortesía de un horario de verao un chisco
reducido (habitual en outras entidades
da administración) ás carteiras e
carteiros increméntanselles as súas
responsabilidades e a cantidade de
traballo diario.
Verao: cada ano contrátase persoal para
cubrir as vacacións e as necesidades de
persoal. As persoas contratadas son en
moitas ocasións ceibadas na rúa sen
apenas formación, sen a acollida
necesaria e obrigatoria e en grande
número de casos suxíreselles que
pasen un par de días antes a
"aprender o barrio". “Aprender o
barrio” co@ carteir@ titular que fará
esa formación sen que lle
corresponda, extraoficialmente sen
ter a calificación de formador/a,
sen percibir asignación algunha por
concepto de esta tarefa extra no
seu traballo. A persoa contratada,
i r á , p o r s u p o s t o ,
PÁXIN A 3
tamén extraoficialmente, sen contrato en
período de formación ou o que correspondese,
ao seu risco en conta se algo pasa porque vai
por vontade propia.
Todas estas cousas son un sen sentido. Para
comezar non debería existir o concepto de
recargo, ningún barrio debería quedar
descuberto nin incrementar o traballo das
carteiras con este plus, pois hai persoal nas
listas de contratación para cubrir as vacacións e
en moitas veces os cambios feitos orixinan un
maior agobio no persoal, andar con presas e por
tanto maior porcentaxe de erros (o que remata
sendo unha pior situación para todas e todos;
para a traballadora, e para quen recibe o correo)
Correos debe formar ás persoas novas e facilitar
as condicións de todos os traballadores para
poder ubicarse nas novas zonas de reparto; a
formación debe impartirse por persoal
preparado e que sexa remunerado por iso.
Xa son 34 os distritos de Madrid que
teñen convocada folga de xornada
parcial indefinida, encontrando nestas a
solución aos recargos e á falta de
persoal.
Outras moitas unidades non chegaron a
convocar a folga, pois unicamente coa
ameaza da mesma Correos cubriu as
ausencias. Logo o que vemos é
unicamente a ponta do iceberg desta
loita que se está a producir nesa Zona.
A ilegalización da escravitude obrigou
ás clases dirixentes, desde o mesmo
momento da súa entrada en vigor, a
buscar novas formas para a súa
continuación de facto; e ese moderno
escravismo foise refinando,
adaptándose ás circunstancias
cambiantes da economía e a
sociedade.
É un fenómeno amplamente estudado.
A gratitude que parece que debemos
mostrar os traballadores tras a
obtención dun posto de traballo,
independentemente das súas
condicións (incluíndo aqueles en os
que non se gaña o mínimo para cubrir
as necesidades máis básicas), supón a
penúltima mostra desta triste
condición...
Pero sempre se pode ser algo máis
creativo, e ir máis aló: E Correos, como
entidade líder en innovación, dá
exemplo diso. Oiamos o que nos
propoñía o noso presidente, Javier
Cuesta, nunha das súas primeiras
entrevistas no Abrecartas: “Cando
vos propoñan novas actividades,
non vos preguntedes porqué
tedes que facelas, senón por que
non?”.
Vexamos. Xa non se trata dunha
falta de respecto aos seus
empregados/as (“a súa primeira
preocupación”, como repite
constantemente nas súas
intervencións) en canto
traballadores, como sucedeu
cando subiu o soldo dos directivos
desta Casa -o seu incluído- un
18%, en plena crise económica,
mentres se conxelaba o dos seus
traballadores (motivo principal
dos seus desvelos), ou se lles
retiraba a paga extra.
Trátase dun desprezo en toda
regra cara aos seus
(queridísimos) traballadores en
calidade de seres humanos
propiamente ditos, aos que se lles
comina a obedecer cos ollos pechados,
a non preguntarse polo porqué das súas
actuacións, a non pensar, en definitiva,
lanzándose alegremente (“por que
non?”) a cumprir ordes, fosen estas as
que fosen.
Si, a escravitude triunfará
definitivamente cando se transforme en
domesticación aceptada polo gracioso
animaliño que lambe agradecido a man
benemérita do seu amo.
O punto máis álxido desta loita
produciuse o pasado día 12 (un
día despois do Prime-Day de
Amazon, onde até 11 distritos
simultaneamente coordinaron os
seus paros.
Nas últimas semanas tamén
tivemos noticias do distrito 9 de
Valencia, que anunciou que
plantexaria esta fórmula para
tentar deter a destrución de
persoal e os recargos!
A Formación débea dar Correos
dentro da xornada laboral e
lembra que se che obrigan a
formar a alguén debes cobrar
por elo, contacta coa CGT !
Comité de Empresa e Xunta Persoal
Non sexas @ ultim@ en enterarte!
Séguenos no noso facebook
#Cgtcorreosacorunha ou
Facémosvos un resume das accións levadas a cabo desde o comité de empresa e a xunta de persoal.
Acción social 2017.
Informádevos das axudas en
cgtcorreosfederal.es
Falta grave de persoal na USE
da Coruña, con orde de aviso
ao 1º intento, denunciada por
CGT. Queremos máis persoal!!!
CGT forza a Correos,
cunha demanda na AN,
a negociar os permisos
a parellas de feito.
Delegadxs do comité e da Xunta levaron adiante esa
acción na praza do Obelisco da Coruña, con unha
simulada axencia de colocación na rúa, ofrecendo á
cidadanía que pasaba contratos en Correos, sen
control nen publicidade...
Ficción?
A realidade, por desgraza, sempre a supera...
A moción, que busca unha mellor cobertura do reparto
postal e a defensa do Servizo Postal Universal na cida-
de, foi presentada Por Ferrol en Común e BNG e acadou
o apoio de todos os grupos agás a abstención do PP.
Esta moción únese ás xa aprobadas na Coruña, Vedra e
Boqueixón, e tamén á aprobada na Deputación.
O informe foi elaborado polo persoal, durante os
primeiros 3 meses logo do recorte. No mesmo
indícase que o servizo viuse afectado pola
reestruturación, a pesar do compromiso de
Correos de substituir ao persoal de baixa AP.
Todo indica que estes datos empeorarán, pois
desde comezos de Xullo xa se indicou ao persoal
que terían que recargar as seccións, que xa máis
grandes tras do dimensionamento.
A Asociación de veciños/as trasladou a súa
preocupación polos retrasos e a súa solidariade e
apoio en defensa do servizo postal diario.
Pírrico, escaso… pero NOSO
Onde está o 1% de subida salarial
que se asinou no resto das admi-
nistración públicas????
Top Related