Download - Carta 2 papeleiras

Transcript
Page 1: Carta 2 papeleiras

Ola amigos e amigas!!.

Son Marela, unha vaca pinta. Vivo en Arzúa, gústame o deporte, comer froita e coidar o

Planeta!!! Moitos de vós xa me coñeceredes!!!

Pingallo contoume que estades axudando a frear o cambio climático e, como el vive moi lonxe,

eu quero colaborar con vós!! O pingüín quedou impresionado coas vosas ideas, así que imos

comezar a coidar o noso entorno RECICLANDO, que vos parece?

Por isto, envíovos estas papeleiras para que separedes o lixo. Tamén tedes unha lámina para

que saibades onde tirar cada cousa.

Podedes consultar o novo blog para seguir aprendendo, xogando, cantando, investigando,…:

www.oplanetadamarela.blogspot.com

Unha aperta ben forte!

A vaca Marela

P.D. Que vos parece se lles ensinades a RECICLAR na casa???

Xuntemos as nosas MANS PARA

COIDAR O MUNDO!!

Page 2: Carta 2 papeleiras

PAPEL E CARTÓNENVASES DE PLÁSTICO,

BRIKS E LATAS

ENVASES DE VIDRO

RESTOS DE ALIMENTOS

e pañais, servilletas de papel…

PILAS

PUNTOLIMPO

ACEITE