CERTAME DE MICRORRELATOS “DIA DO LIBRO"
A Biblioteca invítavos a participar nun certame de microrrelatos, para celebrar o día do libro o vindeiro
23 de abril.
Amosa a imaxinación que tes e as túas dotes de escritor E SE ERES UN XENIO E AÍNDA NON O SABES?
BASES DO CERTAME
1. O relato será manuscrito e deberá ter entre 150 e 200 palabras.
2. O relato poderá estar escrito en galego ou en castelán, e valorarase a presentación e a ortografía.
3. Lembra por o teu nome completo e curso ao final do microrrelato.
4. Entrégao na caixa que está no posto do bibliotecario. A data tope é o 22 de Abril.
5. Poden participar no certame tanto alumnos como profesores e persoal non docente, aínda que só haberá premio para os alumnos.
6. O xurado estará composto polos profesores dos Departamentos de Linguas.
7. O premio, como non podía ser doutra maneira nesta data, consistirá nun lote de libros.