Download - Certame literario

Transcript
Page 1: Certame literario

CERTAME LITERARIO

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e a Biblioteca do IES de Curtis convocan un certame literario que se rexerá polas seguintes bases:

BASES

Participación. Poderá participar todo o alumnado do centro.

Categorías. Establécense dúas categorias:

a) Primeiro ciclo da ESO b) Os restantes niveis educativos

Modalidades. Os traballos, orixinais e inéditos, deberán estar escritos en lingua galega e poderán concorrer na modalidade de poesía ou relato curto.

Presentación. Os traballos deberán presentarse cun seudónimo ou lema identificador. Os datos persoais (nome, idade e curso) introduciranse nun sobre pechado. No exterior deste sobre só figurará o lema ou seudónimo. Entregaranse na secretaría do centro.

Prazo de presentación. O prazo de presentación remata o día 27 de maio.

Xurado. Estará constituído por membros do ENDL e do equipo de traballo da biblioteca.

Premios. Concederase un único premio por importe de 40€ en cada unha das modalidades. O xurado, logo de valorar a calidade dos traballos presentados, poderá declarar os premios desertos ou, pola contra, conceder accésits.