Óleos de Sor Isabel Guerra Música gregoriana de Silos
Recoñece a túa pobreza, o teu baleiro.
Recoñece a túa debilidade:
ti só/soa non podes alcanzar o que tanto desexas.
Non te acomodes á túa pequeñez:
loita por crecer, sempre máis, estírate, transcéndete.
Non te distraias, non te entreteñas, vive coa alma nas puntas dos pés.
Sé persoa de grandes desexos: non te conformes
coas migallas da mesa da esperanza.
Grita, suplica, chora, ora.
Apaixónate. Crece no desexo, crece no amor. O amor xera desexo e o desexo acende o amor.
Paciencia e perseveranza. Todo ten o seu tempo para madurar e todo se debe preparar.
Non sexas caprichoso/a, nin ansioso/o.A espera aquilata e capacita.
Non durmas. Vixia.
Non deixes que a túa lámpada se apague.
Tamén a fe ha de estar esperta.
Atento a calquera signo, voz ou pegada.
Os ollos e os oídos ben abertos, non vaia pasar de longo.
Top Related