30 DE XANEIRO
DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA
Ilustración de David Guirao
"Lo grito aquí: ¡Paz! Y lo grito llenas de llanto las mejillas.
¡Paz, de pie! ¡Paz! ¡Paz, de rodillas! ¡Paz hasta el fin del infinito!
No otra palabra, no otro acento ni otro temblor entre las manos. ¡Paz solamente! ¡Paz, hermano!
Amor y paz como sustento."
Rafael Alberti
Ilustración de Cyril Rolando
A Paz, obxectivo para todo o ano
Biblioteca CPI da Cañiza 30 de xaneiro, Día da Paz
1
1. A filosofía de Gandhi.
O 30 de xaneiro celebramos a conmemoración do día da morte de
Gandhi. Recordemos algunha das súas frases, son a base do seu
pensamento. Reflexiona sobre elas.
"Non hai camiños para a paz; a paz é o
único camiño".
"A Verdade é o obxectivo, o Amor o medio
para chegar a ela".
"A non-violencia é a forza que nace da
Verdade".
"A regra de ouro da conduta humana é a
mutua tolerancia, posto que nunca
compartiremos todos as mesmas ideas".
"Posto que eu son imperfecto e necesito a
tolerancia e a bondade dos demais, tamén hei de tolerar os
defectos do mundo ata que poida atopar o segredo que me
permita poñerlles remedio".
"Ollo por ollo e todo o mundo rematará cego".
"O máis atroz das cousas malas da xente mala é o silencio da
xente boa ".
"Perdoar é o valor dos valentes. Soamente aquel que é bastante
forte para perdoar unha ofensa, sabe amar ".
"Se queres cambiar ao mundo, cámbiate a ti mesmo".
Biblioteca CPI da Cañiza 30 de xaneiro, Día da Paz
2
2. Decálogo para vivir en paz.
1. Es alguén moi importante. Quérete.
2. Valora aos teus amigos. Daralles seguridade.
3. Descobre todo o que te une aos demais por enriba do que te
separa.
4. Respecta as opinións. Así contribuirás ao diálogo.
5. Aprende a escoitar, comprenderás mellor aos demais.
6. Esfórzate por rematar ben as túas tarefas. Gozarás co resultado.
7. Cumpre coas túas responsabilidades, os demais necesítano.
8. Traballa en grupo. Ninguén sabe máis que todos xuntos.
9. Comparte as túas cousas cos demais. Farate moi feliz.
10. Pon paz dentro de ti, desta forma estarás a poñer tamén paz ao
teu arredor.
Biblioteca CPI da Cañiza 30 de xaneiro, Día da Paz
3
3. Poemas para a paz.
SIN VIOLENCIA, SIN ARMES
Diba un tordu muy contentu,
Con una güena picá,
y pa descansar un poco,
Posóse encima un bardial.
Un neñu con un gomeru,
Que per allí cerca andaba,
Soltóy llistu un güén peñazu
y pegóy en tó la panza.
El paxarín derrumbóse
y quedó muertu nel suelu,
Al neñu dioy muncha pena
Y agachóse a recoyelu.
Yo nun te quería matar,
Gritaba muy compunxíu,
Solo fue casualidá
y toy muy arrepentíu.
Pero entós ya yera tarde,
Nun valíen llamentaciones,
Apriende bien la lleción
y huye de les ocasiones.
Si nun traxeses gomeru,
Utru andare sin navaya
y aquel no usare pistola,
Nun habría tanta disgracia.
Si nun quiés facer el mal,
Pa evitar la tentación,
Dexa les armes a un llau
y lucha con la razón.
El neñu coyó el gomeru
y allí mesmo lu rompió,
Lluego enterró al paxarín
y rezóy una oración
TINO DE CIMA
Temos o privilexio de falar dúas
linguas, no mellor dos casos tres, ou
incluso catro; ademais, somos
capaces de entender outras coas que
estamos emparentados como o
catalán, o italiano, o francés...
O texto “Sin violencia, sin armes”
está en astur-leonés, intentade
traducilo.
Podedes acudir a Internet e tamén
pedir axuda ao profesor Adrián; o
autor do poema é seu pai.
Que reflexión podemos obter da
lectura do texto?
Que significa a penúltima estrofa?
Busca poemas que teñan a
mesma temática.
Biblioteca CPI da Cañiza 30 de xaneiro, Día da Paz
4
4. A paz en distintas linguas.
a. Repártense entre os alumnos os banderíns e as linguas.
b. Escribirán en cada un a palabra paz na lingua que lle corresponda. Poderano
decorar como gusten.
Ex.
c. Recortarano e decorarán con eles os corredores do centro, o vestíbulo, a
cafetería.
d. Reservarán os dez mellores para a biblioteca.
1. Afrikaans.- VREDE
2. Albanés.- PAQE
3. Alemán.- FRIEDEN
4. Alsacien.- FRIEDE
5. Árabe.- SALAM
مالس6. Armenio.- ASHKHARH
7. Aymara.- HACANA
8. Bengalí.- SHANTI
9. Bielorruso.- PAKOJ
10. Bosnio.- SPOKOJ
11. Bretón.- PEOCH
12. Búlgaro.- MIR
13. Catalán.- PAU
14. Checheno.- MASHAR
15. Cherokee.- DOHIYI
16. Cheyenne.-
NANOMONSETOTSE
17. Chino Mandarín.- HÉPÌNG
18. Comanche.- TSUMUKIKATU
19. Checo.- MIR
20. Danés.- FRED
21. Egipcio.- HETEP
22. Eskimal.- ERKIGSNEK
23. Eslovaco.- MIER
24. Esloveno.- MIR
25. Español.- PAZ
26. Esperanto.- PACO
27. Estonio.- RAHU
28. Euskera.- BAKE
29. Farsi (Persa).- SOLH
30. Filipino.- KAPAYAPAA
31. Finlandés.- RAHUAN
32. Francés.- PAIX
33. Friulan.- PAC
34. Gaélico-Scottish.- SITH
35. Galego.- PAZ
36. Griego.- EIPHNH
Biblioteca CPI da Cañiza 30 de xaneiro, Día da Paz
5
37. Groenlandia.-
EQQISAQATIGIINEQ
38. Guaraní.- PYGUAPY
39. Hawaiano.- MALUHIA
40. Hebreo.- SHALÒM
41. Hindi.- SHANTI
42. Holandés.- VREDE
43. Húngaro.- BEKE
44. Islandés.- FRIDUR
45. Indonesia.- DAMAI
46. Inglés.- PEACE
47. Italiano.- PACE
48. Japonés.- HEIWA
49. Kongo.- KIKOENDI
50. Coreano.- PYOUNG-HWA
51. Kurdo.- ASHTI
52. Latín.- PAX
53. Lituano.- TAIKA
54. Maltés.- PACI
55. Mongol.- ENKH TAIVAN
56. Nahuatl.-
TLAMATCANEMILIZTLI
57. Nepalí.- SAANTI
58. Nigeriano.- UDO
59. Noruego.- FRED
60. Occitano.- PATZ
61. Papiamento.- PAS
62. Polaco.- POKÓJ
63. Portugués.- PAZ
64. Quechua.- CASILLA
65. Quenya.- SERE
66. Rapanui.- KIBA KIBA
67. Rumano.- PACE
68. Ruandés.- NIMUHORE
69. Ruso.- MIR
70. Samoano.- FILEMU
71. Serbio.- MIR
72. Sioux.- WOOKEYEH
73. Somali NABAD
74. Srilankan.- SAAMAYA
75. Swahili.- USALAMA
76. Sueco.- FRED
77. Tagalo (Filipino).-
KAPAYAPAAN
78. Tailandés.- SANTIPHA
79. Taino.- AMIKEKIA
80. Taitiano.- HAU
81. Tibetano.- ZHIDE
82. Turco.- BARIS
83. Ucraniano.- MIR
84. Uzbeco.- TINCHLIK
85. Vietnamita.- HOA BINH
86. Zapoteca (México).- LAVEN
87. Zulú.- UKUTHULA
Biblioteca CPI da Cañiza 30 de xaneiro, Día da Paz
6
DÍA DA PAZ
30 DE XANEIRO
Biblioteca CPI da Cañiza 30 de xaneiro, Día da Paz
7
5. Convivindo coa guerra
Obxectivos
1. Fomentar o respecto, a amizade e a solidariedade.
2. Dar a coñecer a existencia de organizacións mundiais nas que
distintos profesionais ofrecen o seu traballo a favor da Paz ou
dos necesitados.
3. Comentar a importancia do voluntariado, fomentando hábitos
de colaboración e altruísmo.
4. Analizar as consecuencias da violencia na sociedade.
5. Favorecer a convivencia na aula traballando a empatía e o
respecto a outras persoas de distinto sexo, raza, relixión ou
crenzas políticas.
Desenvolvemento
da actividade
Cada alumno ou grupo de alumnos (según decida o profesor que a
leve a cabo), elixirá un conflito bélico existente na actualidade.
Buscarán información e elaborarán un informe que analice as
causas, a evolución, a situación actual...
o AFGANISTÁN (en guerra dende
2001)
o ARGELIA (dende 1992)
o BIRMANIA (dende 1948)
o CHAD (dende 2006)
o COLOMBIA (dende 1964)
o ETIOPÍA (dende 2007)
o FILIPINAS (dende 1969)
o GEORGIA (dende 2008)
o INDIA (dende 1967)
o IRAK (dende 2003)
o ISRAEL E PALESTINA (dende 2000)
o NIGERIA (dende 2001)
o PAKISTÁN (dende 2001)
o REPÚBLICA CENTROAFRICANA
(dende 2006)
o REPÚBLICA DEL CONGO (dende
1998)
o RUSIA (dende 1999)
o SOMALIA (dende 1988)
o SRI LANKA (dende 1983)
o SUDÁN (dende 2003)
o TAILANDIA (dende 2004)
o TURQUÍA (desde 1984)
o UGANDA (dende 1986)
o YEMEN (dende 2004)
o SIRIA (desde 2011)
o UCRANIA (dende o 2014)
o Existen ademais numerosas zonas do
mundo en tensión, ao borde do
conflito, como Angola, Camerún, Costa
de Marfil, Kenia, Haití, Exipto,
Armenia e Azerbaiyán…
Formato
1. Folios ou cartolina.
2. Título da actividade.
3. Combinación de texto e imaxe para que resulte máis atractiva
a lectura.
4. Firma do autor/es en zona visible.
5. As mellores producións poderanse expor na cortiza da aula ou
nos corredores.
Biblioteca CPI da Cañiza 30 de xaneiro, Día da Paz
8
6. Traballando pola paz
Obxectivos
1. Fomentar o respecto, a amizade e a solidariedade.
2. Dar a coñecer a existencia de organizacións mundiais nas que
distintos profesionais ofrecen o seu traballo a favor da Paz ou
dos necesitados.
3. Comentar a importancia do voluntariado, fomentando hábitos de
colaboración e altruísmo.
4. Analizar as consecuencias da violencia na sociedade.
5. Favorecer a convivencia na aula traballando a empatía e o
respecto a outras persoas de distinto sexo, raza, relixión ou
crenzas políticas.
Desenvolvemento
da actividade
Cada alumno ou grupo de alumnos (según decida o profesor que a
leve a cabo), elixirá un personaxe ou organización que na súa vida
ou na súa labor diaria fixera posible a paz. Buscarán información e
elaborarán un pequeno traballo coa súa biografía, actividades,
fotos... Como suxestión podémoslles mencionar:
Gandhi.
Madre María Teresa de
Calcuta.
Luther King.
Rigoberta Menchú Tum.
Cruz Vermella.
UNICEF.
Nelson Mandela.
Forzas de Paz das Nacións
Unidas, “Cascos azuis”.
Amnistía Internacional.
Alto Comisionado das Nacións
Unidas para os Refuxiados,
ACNUR.
Médicos sen fronteiras.
Tenzil Gyatso, decimocuarto
Dalai Lama.
Malala.
...
Formato
1. Folios ou cartolina.
2. Título da actividade.
3. Combinación de texto e imaxe, para que resulte máis atractiva a
lectura.
4. Firma do autor/es en zona visible.
5. As mellores producións poderanse expor na cortiza da aula ou
nos corredores.