ELABORACIÓN DUNHA CURTA
PROCESOS BÁSICOS
1.- Elaboración do guión.2.- Plan de rodaxe.3.- Rodaxe.4.- Postprodución.
1.- Elaboración do guión.
I. IdeaII.SinopseIII.Guión literarioIV.Guión técnicoV.Storyboard
I.- Idea
● Idea orixinal ou adaptada.● Resumo da historia en 5-10 liñas
II.- Sinopse
● Desenvolvemento da idea de forma máis extensa, mantendo unha visión xeral pero profundizando nos acontecementos xerais da historia.
● 1-2 folios
III.- Guión literario
● Desenvolvemento total da historia de forma semellante a unha obra teatral.
● Debe plasmar a historia da forma máis fidedigna posible.
● Normalmente as historias constan de planteamento, nó e desenlace.
● Debemos ter claro os puntos de interese para o espectador, mantendo un mínimo ao longo de toda a obra e incidindo nos momentos clímax.
Elementos do guión literario
a) Secuencias e escenasb) Personaxesc) Diálogosd) Son
a) Secuencias e escenas
● As secuencias agrupas ás escenas relacionadas.
● Están ordenadas dende a primeira á última cun número.
● Ao comezo de cada escena ten que aparecer a información relevante que debemos ter en conta, como por exemplo:
– Día/noite– Exterior ou interior...
b) Personaxes
● Nas distintas escenas poden aparecer diferentes personaxes.
● Para cada un, debemos especificar co maior detalle posible:
– Vestiario axeitado – Aparición na escena– Emocións expresadas...– Recomendacións para o actor ou actriz que
sexan pertinentes
c) Diálogos
● Os diálogos de cada un dos personaxes queda definido no guion literario.
● Debemos indicar, se é necesario:– Os cambios de ritmo na fala– O tono– Os silencios dramáticos...
e) Son
● Indicaremos se a secuencia ten voz en off cando sexa necesario.
● É importante sinalar os sons ambientais que deben aparecer.
IV.- Guion Técnico
● Debe conter toda a información necesaria para que o director (que pode ser unha persoa diferente ao guionista) poda seguir a idea orixinal.
● Incluirá información xa aparecida no guión literario pero tamén a información técnica específica para cada escena, como:
– Tipo de plano– Posición e movementos da cámara– Tempo de cada escena
Tipos de planos● Plano Xeneral Longo (PGL): É un plano moi distante que
pretende dar unha visión moi xeral. Por exemplo, unha paisaxe rodeando aos personaxes.
● Plano Xeral (PG): Abarca aos personaxes de corpo enteiro pero con amplitude.
● Plano Enteiro (PE): Amosa o corpo dos suxeitos a tamaño natural.
● Plano Americano (PA): Amosa aos personaxes dende os xeonllos ata a cabeza.
● Plano Medio (PM): Dende a cintura.● Primeiro Plano (PP): Centra a atención na faciana do suxeito.
Se é máis próximo fálase de primerísimo plano.● Plano Detalle (PD): centra a atención nunha parte diferente do
corpo ou sobre algún obxecto.
Angulacións
● Plano zenital: perpendicular á superficie. ● Plano picado: tomado lixeiramente por enriba dos
personaxes.● Plano contrapicado: tomado lixeiramente por debaixo
dos personaxes, coa cámara inclinada cara arriba.● Plano frontal● Perfil
V.- Storyboard
● O storyboard é unha versión en formato cómic do guion, para que o director poda ver un resultado semellanter ao final.
● O seu obxectivo é presentar de forma gráfica o guion literario seguindo as instruccións do guion técnico.
● Pode facerse a man ou mediante medios dixitais.
● Non é obrigatorio, pero é especialmente útil para a realización de animacións.
3.- Plan de rodaxe● Antes de iniciar a rodaxe é imprescindible
establecer un plan de rodaxe moi definido para optimizar o tempo e os medios que se utilizarán na rodaxe.
● Como principios xerais, hai que ter en conta:● As escenas normalmente ródanse en orde totalmente
diferente á orde final na montaxe.● Convén rodar todas as escenas que teñan lugar nun mesmo
escenario antes de cambiar de localización.● Pode haber personaxes que non interveñan nunha serie de
escenas.● As condicións ambientais determinarán tamén o momento
da rodaxe.
4.- Rodaxe
● O xefe de produción é o encargado de que todos os elementos e técnicos estean na súa posición.
● O director pode dar indicacións aos actores que non aparezan no guion técnico.
● Os encargados de vestiario e atrezzo serán responsables do aspecto dos actores e do escenario.
● É importante ir anotando as escenas gravadas, co gallo de non repetir de forma innecesaria.
Top Related