Río Belelle
O espazo protexido inclúe o curso do río Belelle desde Cabalar ata a desembocadura, máis dúas áreas que comprenden o curso do seu afluente Rego do Castelo e o monte do Castelo; e o monte do Couce entre o río Belelle e o rego das Carvelas.
Ponte Grande (Formariz)
SUPERFICIE: 291 ha (288 terrestes e 3,2 acuáticas)
TIPO DE PROTECCIÓN: Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).
CONCELLOS: Neda, Fene, Cabanas e A Capela.
Río Belelle en A Capela
RÍO BELELLEBaixa desde o Forgoselo por terras de A Capela, Cabanas, Fene e Neda e desauga na ría de Ferrol, en Neda.
Foi un río cun gran aproveitamento para mover mecanismos en muíños, fábricas de papel, e téxtiles, e nel instalouse unha das primeiras centrais hidroeléctricas. Hoxe move dúas minicentrais.
O Belelle ao seu paso por Cabalar
Riocuberto (Formariz). O Belelle pérdese debaixo duns penedos que se desprenderon do monte Castelo.
Riocuberto (Formariz)
Riocuberto (Formariz)
Rego do Castelo, un afluente do Belelle que se se xunta a el ao pé da Ponte Grande de Formariz.
Ponte Grande (Formariz)
Presa da central de Cabalar (Formariz)
Presa da central de Cabalar (Formariz)
Ponte antiga sobre o Belelle en Sillobre
Río Belelle en Sillobre
Canón do Belelle entre o monte do Couce e o Marraxón
Monte do Couce
FERVENZA DO MARRAXÓN Entre O Roxal (Neda) e O Marraxón (Fene). O río Belelle salta un desnivel de rochas graníticas duns 45 m de altura.
Río Belelle no Roxal
Río Belelle no Roxal
Central da Fervenza no Belelle
Presa da antiga Central
Pazo Isabel II (O Roxal)Antiga fábrica téxtil coas máquinas movidas polas augas do río Belelle.
Muíño do CarrizoAntiga fábrica de papel.A Mourela (Neda)
Río Belelle en Maciñeira
Muíño do Cubo en Neda
Esteiro do Belelle en Neda
Desembocadura do Belelle en Neda, na ría de Ferrol
FLORAAs beiras dos ríos están ocupadas por bosques de ribeira nos que abondan as amieiras, salgueiros, loureiros, érbedos, fentos... Nas zonas de monte hai carballeiras e nos cumes zonas de repoboación e matogueiras.
Amieiras, freixos, salgueiros e carballos na ribeira do Belelle en Cabalar
Fraga no canón do Belelle no Couce.
Érbedo (Arbutus unedo)
Flores de loureiro (Laurus nobilis)
Pereira brava (Pyrus cordata)
Fento (Blechnum spicant), común nas beiras dos ríos limpos. Os frondes fértiles, portadores de esporanxios, son máis altos e estreitos.
FAUNANo río podemos atopar peixes (troita, anguía...), réptiles (cobra sapeira, cobra de colar...), anfibios (ras, limpafontes, saramaganta...), insectos (gaiteiros, libeliñas, zapateiros, percebellas, mosquitos, frigáneas, barqueiros...), arañas, caracois de auga, larvas de diferentes invertebrados... Nas beiras viven aves de ribeira (merlo rieiro, picapeixes, lavandeira) e de bosque (ferreiriños, papuxa...), lesmas, sapos, insectos...
Lesmas (Arion ater)
Ferreiriño común (Parus ater)
Saramaganta, salamántiga galega (Chioglossa lusitanica)
Bolboreta (Limenitis camilla)
Libeliña (Calopteryx virgo), un insecto común nas beiras dos ríos que destaca pola cor azul metálica dos machos.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta (xuño 2012)
Top Related