Follas Revoltas Revista escolar do CEIP San Xoán de Becerreá. Maio 2009. Núm.21
Traballo de Silvia, Marián e Lucía
sobre un debuxo de Jesús Ignacio
Folla
s R
evo
lta
s 2
SUMARIO
2 Sumario 22 Un día na neve
3 Editorial 24 Arte coas mans
4 Lendas da nosa comarca 26 Divertidas rimas
6 Benvidas… e despedidas 31 Andainas na biblioteca
7 Ramon Piñeiro 32 A páxina web do colexio
8 Somos escritores 34 10 ideas para pensar
11 SD Becerreá Fútbol 7 36 Un zoo no ordenador
12 Níxer 37 Un neno chamado Ramón Piñeiro
13 O libro viaxeiro 39 Animais e meses no mesmo refrán
14 Como os nosos debuxantes... 40 Pasatempos
16 Facemos poemas 42 Despedímonos de Infatil
17 Ecursión ás Fragas do Eume 44 Adiviñas
18 Terror en 5º 46 Ventura
20 Os fósiles 47 Unha eiruga moi larpeira
21 Carta dun fillo a todos os pais do mundo
Aos que deron as nosas clases, aos que se
ofreceron a colaborar, ás que nos
trouxeron café, aos que nos deron ánimos,
ás que exerceron de xornalistas e
fotógrafas, aos que nos fixeron as
gardas… GRAZAS!!
Os que nos tocou editar
Folla
s R
evo
lta
s 3
Chega o mes de maio e coma sempre a nosa revista sae á luz cunha escolma de
traballos realizados polos nosos alumnos/as.
Este ano contamos cunha grande novidade no centro: a nosa páxina web:
http://centros.edu.xunta.es/ceipsanxoan
Aí están recollidos todos os traballos, conmemoracións, celebracións, viaxes… e
tamén a nosa revista, como no podía ser menos! Agora podémola ver en internet.
Xunto coa páxina web tamén está o noso blog da biblioteca: “Andel”
http://ceipsanxoanbecerrea.blogspot.com
O seu protagonista é a mascota da biblioteca “Llaqx”. Neste espazo están as
actividades realizadas na biblioteca e cara á dinamización da lectura, así como todos
os eventos relacionados con libros. Esperamos moitas visitas!!!
Queremos aproveitar a publicación desta revista, para homenaxear á nosa
compañeira Ángela, que dedicou a súa vida ao ensino, empezando en Barcelona e
rematando a súa vida laboral en
Becerreá, despois de pasar por
Lugo e A Coruña, entregándose
por enteiro a educar en todos os
sentidos aos pequenos ,
inculcándolles os valores máis
fundamentais para axudar a
construír unha sociedade máis
real e auténtica en onde cada cal
aporta o seu gran de area.
O profesorado deste centro
sentiremos unha gran ausencia, e
como cantaba Nino Bravo: “al
partir, un beso y una flor, un te
quiero, una caricia y un adios”…
ou mellor un “ata sempre”. Sabes
que neste centro sempre terás
unha man amiga e as portas
abertas para o que necesites.
EDITORIAL
Equipo directivo
Folla
s R
evo
lta
s 4
Lendas da nosa A COVA DA SERPE
Hai moitos anos no pobo da miña avoa materna, en Friol, nunha montaña había unha cova moi grande. Nela contan que vivía unha serpe. Os veciños estaban sempre moi preocupados porque lles comía os animais. Contan que dende a cova a onde ía beber, unha presa a uns dez quilómetros, tiña un camiño marcado por onde baixaba e outro por onde subía, xa que dicían que era tan longa que cando estaba bebendo aínda lle quedaba a cola na cova.
Os veciños non sabían como matala, tirábanlle tiros e non morría. Estaban desesperados e con moito medo.
Entón un día ocorréuselles poñer no medio do camiño onde baixaba beber un burro envolvido en alcatrán. A serpe ao velo, comeuno e morreu.
A cova hoxe en día existe, pódese ver, pero está ata a metade chea de pedras que botaron os veciños porque cando ían co gando ao monte o que caera alí non saía porque era moi fonda.
E ao monte coñéceselle co nome de “Cova da Serpe”.
O NOME DE BECERREÁ Cando os mouros invadiron Becerreá a súa poboación refuxiouse nun
Castelo. Os habitantes, véndose rodeados cando xa levaban máis de 20
días alí agochados, ordenaron soltar unha becerra para que os mouros
pensaran que tiñan moitas provisións e marcharan de alí.
Os mouros retiráronse e así foi que lle quedou á vila o nome de Becerreá.
Sandra e Carlos, 4º EP
Carmen e Mabel, 4º EP
O Santo Graal
do Cebreiro
O lobishome
de Cervantes
A torre de
Hércules
A loba
branca
Bret, Julio, Eimy, Noelia, Héctor, Dani, Carlos e Hugo, 4º EP
- A ferrados!
Entón o pastor marchou á casa buscar un ferrado, pero cando chegou ao monte, a serea xa non estaba.
Sentenza: Se tes moita cobiza ao final quedas sen nada.
Folla
s R
evo
lta
s 5
comarca
Estaba unha vez un pastor gardando as súas ovellas cando, de repente, aparecéuselle unha muller moi fermosa que en vez de pernas tiña cola de pez e con ela tiña xoias e ouro. O pastor quedou encantado coa beleza da serea e cando a ollaba, ela preguntoulle:
Que miras?
O bonita que es e, tamén, as túas xoias.
Queres algunha?
Se mas dás … si
E como as queres, a puñados ou a ferrados?
A SEREA DE FONTES
LENDA DAS PONTES DE GATÍN Nas Pontes de Gatín había uns paus para pasar o río. Nun dos lados vivía unha rapaciña que estaba namorada dun rapaz da outra beira. Cando xa andaban a facer plans de voda, unha noite caeu unha tormenta fortísima e levou con ela as táboas que facían de ponte. Ao erguerse pola mañá e ver o sucedido a rapaza comezou a chorar e alí mesmo apareceuse o demo para facerlle un trato.
O demo construiría unha ponte para que os namorados puidesen casar e a cambio eles deberían entregarlle o primeiro ser que nacese na casa. A rapaza aceptou.
Os namorados casaron e tras un tempo a muller quedou embarazada, pero tamén quedou unha gata que vivía naquela casa.
A muller deu a luz pero xusto unas horiñas antes naceran os gatiños. Esa noite apareceu o demo buscando a súa recompensa; entón foi o rapaz e entregoulle o gatiño.
O demo enfadado deulle unha pata á ponte para tirala, pero fíxoa tan ben, que non o conseguiu.
Sabela, 4º EP
Marián e Mabel, 4º E.P.
Folla
s R
evo
lta
s 6
Benvidas...
Este ano tivemos o pracer de contar, durante máis ou menos Este ano tivemos o pracer de contar, durante máis ou menos
tempo, no noso centro con mestres e mestras dos que tempo, no noso centro con mestres e mestras dos que
aprendemos moito, tanto alumnado como o profesorado e aprendemos moito, tanto alumnado como o profesorado e
que deixaron pegada en todos nós. Amosamos a que deixaron pegada en todos nós. Amosamos a
continuación unha serie de fotos para non esquecelos, xa que continuación unha serie de fotos para non esquecelos, xa que
unha imaxe vale máis que mil palabras. Grazas Estela, Esther, unha imaxe vale máis que mil palabras. Grazas Estela, Esther,
Pilar, Iago e Marcos.Pilar, Iago e Marcos.
… e despedidas
Folla
s R
evo
lta
s 7
NORMAS DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Ler en silencio.
Ao rematar de ler un libro, volve colocalo exactamente no seu sitio para non
desorganizar a biblioteca.
Se non recordas onde estaba o libro, pregunta ao teu mestr@ ou
encargad@.
Coida os libros, evitando manchas, rasgaduras… pasa as páxinas con
coidado e sen mollar os dedos, así os libros durarán moito máis tempo.
Non comas nunca dentro da biblioteca, para evitar a falta de hixiene: é
prexudicial para a conservación dos libros.
Cando queiras sinalar unha páxina, faino cun marcador, nunca dobres as
puntas das páxinas.
Pide axuda para escoller un libro se non se che ocorre ningún.
Se un libro che gustou moito, recoméndallelo aos teus compañeir@s. Podes
empregar o “Taboleiro da biblioteca”
Hai certos libros, como as enciclopedias, que só se poden consultar na
biblioteca.
Os ordenadores da biblioteca son exclusivamente para consultas; non podes
xogar, descargar nin instalar programas, chatear… Debes deixar constancia
por escrito do teu uso do ordenador.
O préstamo habitual será dun libro, se queres levar máis dun, consulta co
mestr@ ou encargad@.
Na biblioteca podes ler libros, revistas, consultar no ordenador; tamén
podes xogar a xogos que se realicen en silencio: xadrez, crebacabezas,
puzles...
Folla
s R
evo
lta
s 8
SOMOS ESCRITORES XAN XOGANDO AO GOLF
Había unha vez, un neno chamado Xan ao que un día ocorréuselle xogar ao golf.
Chegou ao campo e, como non sabía xogar, tirou a bola tan lonxe que foi parar a un
bosque. Foi en busca dela e atopouna ao lado dunha cabana moi ben feita na que
había un cartel que poñía: “Escola de golf A Marmota”. Entrou dentro e atopouse
cunha marmota. O neno, Xan, díxolle se lle podía ensinar a xogar, e esta marmota
ensinoulle tan só nun día a ser un bo xogador de golf.
O neno volveu ao campo, pousou a bola no céspede, tirou e... fixo un “albatros”, é
dicir, meteuna nun golpe. Xan seguiu xogando e xogando ata que se converteu no
mellor do mundo.
Pablo Montaña, 6º EP
Gústame debuxar,
as árbores pintar,
cun lapis e goma
debuxo o que se me ocorra.
Debuxo unha montaña
que sempre estivo nevada,
debuxo un grande val
e o río co seu caudal
Poema
Folla
s R
evo
lta
s 9
CONTO
Nunha aldea moi, moi afastada de Oriente vivían un leñador, que pasaba o día
cortando leña, e o seu fillo, un mozo que destacaba pola súa intelixencia e o seu afán
de aprender. Pero o leñador non lle ían ben as cousas e o mozo tivo que deixar os
estudos para axudar ó seu pai.
Unha mañá o mozo achegouse ó río e oíu unha voz que gritaba: ¡Sáquenme de aquí!
Entonces viu no río unha botella e colleuna.Dentro había un sapo que intentaba saír
desesperadamente. Quitou o tapón e o sapo creceu ó saír, tanto creceu que era
como un pino.
O sapo dixo:
- Son un espíritu, estaba encerrado alí desde hai máis de 3.000
anos e xurei matarte.
- Tranquilo, xigantón - dixo o mozo.
- O meu poder é limitado - dixo o sapo.
Reducindo o seu tamaño meteuse na botella, tirouna, pero
empezou a berrar outra vez.
- Sácame de aquí, colmareite de riquezas e bens - dixo
aporreando o cristal.
O mozo compadeceuse e soltouno. O espíritu entregoulle unha pedra branca e
díxolle: - Toma, calquera metal que toques ca pedra converterase en ouro.
O mozo tocou o machado e converteuse en ouro. Ó día seguinte levaron o machado a
xoiería da cidade e o neno puido terminar os estudos e converterse nun enxeñeiro.
Eu son Mario
e fun ó acuario,
e de volta parei no terrario.
Vin unha serpente de cascabel,
que se chamaba Anabel
escapouse a pitón
e armouse un follón.
Saín pitando
e seguiuse armando
ata que chegou Servando
que é un policía Normando.
Mario Pérez, 6º EP
Poema
Folla
s R
evo
lta
s 1
0
O GATO MIZIFÚ
Na casa do tío Ramón de Cervantes había un gatiño chamado Mizifú. Era un gato
siamés moi bonito e cariñoso pero naquela casa había moitísimos gatos.
Entón a súa dona díxolle á súa irmá se o quería, porque ela tiña moitos e non os daba
mantido. A súa irmá díxolle que si, que facía falta un gato na súa casa para cazar os
ratos, que había moitos.
Ao día seguinte a dona de Mizifú tiña que ir de matanza á casa da súa irmá e xa
aproveitou para levar o gato que parecía que presentía o que ía ocorrer porque non
quería ir con ela no coche, pero ao final Mizifú subiu ao coche e foron á casa da irmá
da dona.
Chegou alí e soltouno para que correra a coñecer a súa nova casa, pero cal foi a súa
sorpresa que non o volveron a ver. Pensaron que estaría por alí escondido.
Chegada a noite a dona de Mizifú foi para a súa e cando chegou viu a Mizifú
esperándoa na porta, entón a dona de Mizifú chamou a súa irmá e díxolle que non
buscara a Mizifú que estaba con ela e alí quedaría para sempre.
Dani Fontal , 6º EP
SEÑOR VENTURA…
Señor sempre puntual,
Señor Ventura
Sempre por aí,
Repartindo dozura.
Sempre vas á fotocopiadora
Para fotocopias fotocopiar,
Cando se estropea,
Poste nela a arranxar.
Ti sempre polas clases,
Traendo alegría ós nenos,
Aínda que xa non esteas,
Sempre te quereremos.
5º EP
Folla
s R
evo
lta
s 1
1
S.D.Becerreá Fútbol 7
Este ano o equipo S.D.Becerreá empezamos a xogar na liga de fútbol 7 de Lugo alevín.
Empezamos moi ben a tempada xa que quedamos terceiros na liga. Agora estamos loitando polo título de copa. Estamos de primeiros no grupo 4, a punto de clasificarnos para os cuartos de final. Esperamos que nos toque o Sagrado Corazón, ao que cremos que lle podemos gañar facilmente, pero non nos podemos confiar. Este ano imos estrear o noso campo, pero eles din que non queren vir ao noso novo campo, porque como empezamos a temporada no campo de Frigsa que debemos tamén acabala alí.
Somos o equipo menos goleado da copa. O noso campo non é moi bo pero a nós gústanos. O 25 de abril xogamos o noso primeiro partido contra a Sarriana-A neste novo campo. Ao final gañamos 5-2 con moi mala arbitraxe.
Rubén, Dani, Álvaro, Alex, e Xairo., 6º EP
Folla
s R
evo
lta
s 1
2
Este ano para celebrar o Día da Paz, entre
outras actividades, organizamos a V Carreira
Quilómetros de Solidariedade. Consistía en
correr polo patio do noso colexio por unha
razón moi importante: recadar cartos para
axudar aos nenos e nenas de Níxer. Eles están
pasando fame e necesitan medicamentos.
A verdade é que nos sentimos moi ben ao
saber que aínda que non fora demasiado
axudamos aos nenos de Níxer todo o que
puidemos. O diñeiro que recadamos axuda
cambiar a súa vida.
Tamén lles limos aos nenos e nenas do colexio
unha carta dunha nena de Níxer.
Ese día pasámolo moi ben. Primeiro correron
os más pequenos e logo os maiores. Ao final
de todo déronnos un diploma pola nosa
colaboración e participación.
Gustaríanos que esta experiencia volvera a
repetirse. Foi inesquecible, porque axudamos
a que moitos nenos non morreran.
A carreira fixémola o mesmísimo Día da Paz, o
30 de xaneiro, como celebración dese día tan
especial do ano.
Tiñamos que buscar patrocinadores que nos
pagasen polos quilómetros simbólicos que
corríamos e xuntando o de todos os nenos e
nenas do colexio xuntamos máis de 600 €.
Este ano participaron máis de 1.000 colexios
e máis de 200.000 alumnos e alumnas de
toda España. Imaxinádevos canto se haberá
recadado entre todos para axudar aos nenos
e nenas de Níxer. Gustaríanos que nos
próximos anos todos os colexios fixeran o
mesmo. Este ano foi así pero outros anos
poderíamos axudar a nenos doutras rexións
do mundo que tamén sofren grandes
dificultades .
NÍXER
Xairo, Elena, Candela e Alex, 6º EP
Folla
s R
evo
lta
s 1
3
Folla
s R
evo
lta
s 1
3
O LIBRO VIAXEIRO Unha das propostas do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística para este curso foi a realización do libro viaxeiro, coa mascota da nosa biblioteca como protagonista.
Os nenos e nenas de Educación Infantil
comezaron este conto ó que titularon :
“As viaxes de LLaqx”
A raíz desta actividade xurdiu na aula de 4 anos, coa profe Esther, un novo
proxecto, onde os nenos e nenas indagaron e aprenderon moitas cousas
sobre Australia e en especial de Bob e Sam, dous Koalas que quedaron sen
casa por mor dos incedios. Aquí tedes unha mostra de cómo traballaron:
Folla
s R
evo
lta
s 1
4
4
anos
Folla
s R
evo
lta
s 1
5
Folla
s R
evo
lta
s 1
6
5 anos
Facemos poemas
Folla
s R
evo
lta
s 1
7
Mara, María,Xairo,Candela, Elena e Rebeca, 5º EP
O pasado 29 de abril viaxamos ás Fragas do Eume. Fomos os nenos e nenas dos colexios de Becerreá, as Nogais e Doiras. Foi moi divertido pero non só por ir alí a aprender senón por coñecer aos nenos e nenas das Nogais e de Doiras.
Fomos cuns guías por uns camiños cheos de barro e lama, explicáronnos cousas do monte, vimos vacas e cabalos, piñas roídas polos esquíos e tamén vimos o río Eume dende un miradoiro cunha vista moi bonita. E tamén paramos a ver o mosteiro de Monfero, onde aproveitamos para xogar un rato.
Despois de comer en Betanzos fixemos unha visita a un parque chamado O Pasatempo. Alí había covas e tamén un labirinto, que era moi fácil. Ao rematar a visita guiada fomos a unha zona do parque onde había bambáns e xogos e pasamos un bo rato xogando todos xuntos, incluídos os profesores.
Un dos mellores momentos foi a volta no autobús, cantando todos a canción de
Carrascás, que nos aprenderon os profesores, poñéndolle noivos e noivas a todo o
mundo, ¡¡que divertido!!
EXCURSIÓN ÁS FRAGAS DO EUME
Folla
s R
evo
lta
s 1
8
Había unha vez unha clase normal ou iso parecía…
Dous nenos chamados Álvaro e Santi semellaban ter un comportamento pouco normal, porque un día no cuarto de baño un neno chamado Adrián, alias o rape, viunos transformarse en monstros.
Adrián fixo coma se non vira nada e os monstros foron directos onde Marinela, porque poñía moitos deberes e non lles daba tempo a maquinar os seus plans .
Coma xa estaban fartos de aguantar as súas broncas, secuestrárona e escondérona nun rocho onde había produtos de limpeza. Despois volvéronse invisibles e apareceron na clase cos disfraces de nenos.
Ó día seguinte, todos os profesores andaban a buscar a Marinela e ninguén a atopaba. Adrián estaba moi preocupado porque vira ós monstros facer a súa trasnada. Non aguantou máis e ó día seguinte contoulles todo ós seus compañeiros e díxolles que se isto seguía así o mundo acabaría por se destruír. De súpeto, no patio oiuse:
UN METEORITO CAERA NO PATIO!!
Pero todo quedou nun susto e non fixo ningún dano, pero cal foi a nosa sorpresa que ó día seguinte os nenos e nenas da clase de 5º levantáronse todos con superpoderes e decidíronse a acabar cos monstros. Sergio podía utilizar técnicas ninja, Rubén tiña superforza, Álex lanzaba coitelas ao menear o pelo, Dani convertíase en ferro e Adrián convertíase nun home rape. Todas as nenas tiñan o corpo de goma e podían estiralo e encollelo todas as veces que quixeran.
en
5º
boom!!!!!!
Folla
s R
evo
lta
s 1
9
Reuníronse todos no patio do colexio e foron onde os monstros. Armouse unha batalla campal. O monstro Álvaro, sacou un tanque alieníxena de man con mira telescópica e o monstro Santi, sacou unha pistola láser. Álvaro disparou o seu tanque pero Dani converteuse en ferro e non lle afectou. Álex moveu o pelo e cravoulle a Álvaro unhas coitelas nos pés. Despois saíu Sergio e atravesou a Álvaro cunha técnica ninja chamada “rashengan” que consistía en facer unha bola de enerxía na palma da man. Rubén meteulle un empurrón a Santi e saíu voando, logo Adrián transformouse en home rape e comeu a Santi; Álvaro aínda seguía vivo e entre todas as nenas fixeron cos seus corpos un tirapedras e lanzárono polo aire e foi caer na rama dunha árbore de Cadoalla. Todo o mundo aclamou a clase de quinto!
Pero aínda quedaba o máis importante: salvar a Marinela. Adrián díxonos onde se atopaba e todos fomos rescatala. Todo quedou nunha anécdota porque Álvaro e Santi tamén se atopaban ben despois de ser posuídos por aqueles terribles monstros.
E así é como a paz chegou ao planeta grazas á clase de quinto. pero na nave dos monstros encontrouse un texto gravado:
Este misterio aínda segue sen resolver…
Sergio, Santi, Adrián e Rubén , 5º EP
Folla
s R
evo
lta
s 2
0
OS FÓSILES
Os fósiles son restos de seres vivos ou das súas
actividades como, por exemplo, as pegadas
que deixan nalgúns camiños, excrementos ou
ovos. Co paso de millóns de anos foron
cambiando e acabaron transformándose en
rocha.
Xeralmente, as partes que se fosilizan son as
máis resistentes, como os esqueletos ou as
cunchas. Tamén hai fósiles de partes de
plantas, talos, follas ou resina. Na resina fósil
en ocasións aparecen restos de seres vivos
que quedaron atrapados nela, como insectos,
e son moi bonitos de ver porque parecen
intactos a pesar de ter millóns de anos.
Os fósiles teñen gran valor xa que nos
permiten saber moitas cousas do medio
ambiente das épocas nas que se formaron. Por
exemplo, os restos de bivalvos, como as
ostras, indican a sedimentación no fondo dun
mar pouco profundo; os excrementos
fosilizados permítennos saber de que se
alimentaban algún seres vivos e as pegadas
dos dinosauros proporciónannos información
sobre a súa forma de desprazarse.
Hai pouco estudámolos en Coñecemento do
Medio e vimos unha colección de minerais e
fósiles que ten o colexio e tamén vimos un
documental moi interesante de fósiles de
dinosauros da Patagonia (Arxentina) no museo
Domus da Coruña.
Rubén e Santi, 5º EP
Folla
s R
evo
lta
s 2
1
CARTA DUN FILL@ A TODOS OS PAIS DO MUNDO .
Non me deades todo o que vos pido.
Ás veces, só vos pido para ver ata canto podo coller.
Non me gritedes.
Respéctovos menos cando o facedes e ensinádesme a gritar a min tamén. E eu non quero
facelo.
Non me deades sempre ordes.
Se no canto de ordes ás veces me pedísedes as cousas, eu faríao máis rápido e con máis
gusto.
Cumpride as promesas, boas ou malas.
Se me prometedes un premio, dádemo, pero tamén se é un castigo.
Non me comparedes con ninguén, especialmente co meu irmán ou a miña irmá.
Se me facedes sentir mellor que os demáis, alguén vai sufrir, e se me facedes sentir peor
que os demáis, serei eu quen sufra.
Non cambiedes de opinión tan a miúdo sobre o que debo facer.
Decidide e mantede esa decisión.
Deixádeme valerme por min mesmo.
Se vós facedes todo por min, eu nunca poderei aprender.
Non digades mentiras diante de min, nin me pidades que as diga por vós, aínda que
sexa para sacarvos dun apuro.
Facédesme sentirme mal e perder a fe no que me dicides.
Cando eu fago algo malo, non me esixades que vos diga o porque o fixen.
Ás veces nin eu mesmo o sei.
Cando esteades equivocados en algo, admitídeo e medrará a opinión que eu teño de
vós, e así ensinarédesme a admitir os meus erros tamén.
Tratádeme coa mesma amabilidade e cordialidade con que tratades aos vosos
amigos.
Porque sexamos familia non quere dicir que non podamos ser amigos tamén.
Non me digades que faga unha cousa que vós non a facedes.
Eu aprenderei sempre o que vós facedes, aínda que non o digades. Pero nunca farei o que
vós dicides que hai que facer e vós non o facedes.
Cando vos conto un problema meu, non me digades "non teño tempo para bobadas",
ou "iso non ten importancia".
Tratade de comprenderme e axudarme.
E querédeme.
E decídemo.
A mín gústame oirvos como mo dicides, aínda que non creades necesario dicirmo.
J.J.BRUNET
Folla
s R
evo
lta
s 2
2
UN DÍA NA NEVE!!UN DÍA NA NEVE!! Este inverno, como nevou tanto, os
nenos e nenas de 5º e 6º fixemos unha
viaxe á estación de esquí Leitariegos, en
León. Pasámolo moi ben. Déronnos
unhas clases para aprender a esquiar
porque ninguén sabía.
Subimos aos telecadeiras e tiñamos un
pouco de medo e, aínda por riba, a
algúns paráronnos no medio do camiño.
Cando chegamos arriba, ao baixar das
telecadeiras, fomos todos xuntos con
dous monitores. Eles ensináronnos a
esquiar. Estivemos con eles toda a mañá,
pero pola tarde estivemos sós, ou mellor
dito, cos profesores do colexio, pero ao
noso aire. Había unas perchas polas que
subíamos máis arriba da pista.
Caemos moitas
veces, ¡que risas
botamos!, porque
non era moi fácil
esquiar e as botas
pesaban bastante e
son moi incómodas
e os esquís tamén
eran bastante
incómodos para
agarralos e tamén
pesaban o seu.
Cando acabamos de esquiar baixamos de
novo á base da estación polas
telecadeiras e despois paramos para
merendar nunha área recreativa onde
había xoguetes e un parque. O colexio
invitounos a tomar algo.
Mara, Rebeca, Santiago, Candela e Elena, 5ª EP
Folla
s R
evo
lta
s 2
3
Folla
s R
evo
lta
s 2
4
Folla
s R
evo
lta
s 2
4
ARTE COAS MANS
Paxariño Bolboreta
Xirafa Elefante
Pavo
O lobo
Folla
s R
evo
lta
s 2
5
Folla
s R
evo
lta
s 2
5
Caracol
Polbo Dragón
Pavo Real
Coello
Os nenos e nenas da aula de 3 anos coñecemos moitíííísimos
animais, e ademáis sabemos debuxalos moi ben. Fixémolo todo
coas nosas dúas mans.
Folla
s R
evo
lta
s 2
6
Folla
s R
evo
lta
s 2
7
Folla
s R
evo
lta
s 2
8
Folla
s R
evo
lta
s 2
9
Folla
s R
evo
lta
s 3
0
Folla
s R
evo
lta
s 3
1
Este curso 2008-2009 a Biblioteca do
noso cole fichou pola “Revolución” da
man da súa dinamizadora, Uxía, e duns
ávidos e enérxicos lectores e moi bos
colaboradores en todas as iniciativas
propostas.
Despois dunha
composición formal
dos libros e da
decoración, había
que buscar unha
mascota, na se
volcaron todos os
nenos e nenas e
naceu o incrible
pirata LLAQX. Con él fomos surcando os
mares da lectura e deténdonos en
moitos portos:
O Nadal, no que Llaqx lles
recomendou aos Reis Magos
libros para regalar.
Botou a andar tamén o “Libro
Viaxeiro” coas “Viaxes de Llaqx”
O xogo “Busca a Resposta” no que
os mellores detectives-lectores
acadaban premios por atinar ás
preguntas sobre libros propostos
para cada ciclo.
A Biblioteca dos peques, co
p r é s t a m o d o s l i b r o s
correspondentes.
O día Internacional do Libro.
A colaboración dos papás e avós
de Educación Infantil para
contarnos contos…
Se nos quedou algo no tinteiro, seguro
que moitas cousas, non vos preocupedes,
no Blog da Biblioteca:
http://ceipsanxoanbecerrea.blogspot.com
podedes BUSCAR, RECORDAR E
IMAXINAR.
Aviso para os navegantes dos mares de
LLAQX: LE, LE, LE… e non deixes de LER.
Así era a nosa biblioteca...
… e así é agora!
O recuncho de infantil
ANDAINAS DA BIBLIOTECA
Folla
s R
evo
lta
s 3
2
A páxina web do colexio está na dirección
http://centros.edu.xunta.es/ceipsanxoan
Gustaríanos que todos os nenos e nenas do colexio soubesen da existencia da nosa páxina web e que llelo dixeran aos seus familiares e amigos.
Na parte de arriba, debaixo do logo do colexio, hai dous enlaces ás galerías fotográficas, nas que colocamos todas as fotos das excursións, visitas e festas do colexio. Pódense ver como unha presentación, imprimir ou descargar e a nós gústanos moito velas e lembrar o ben que o pasamos.
No menú lateral hai varias seccións con información do colexio, do curso e, sobre todo, do que máis nos interesa a nós, do alumnado e de música e lectura.
Por exemplo, os alumnos e alumnas de 5º e 6º fixemos un libro virtual, ao que lle chamamos “O libro das infinitas historias” no que puxemos varios contos feitos por nós.
Aquí tedes algúns dos contos do noso libro virtual, que podedes ler na páxina do cole:
O libro das infinitas historias:
1. Dinosauros en Galicia
2. As pantasmas e a guerra de 5º
3. Pablo e Ángel no Samaín
4. El deseo de ser piratas!!
5. O cadro roubado
Despois de ler os contos se queredes podedes deixar comentarios dicíndonos se vos gustaron ou non, saudar, propoñer outro final ou outra historia…
Temos unha sección de curiosidades musicais con enlaces a xogos musicais, páxinas interesantes, etc. Tamén temos enlaces educativos cos que aprender algunhas cousas como xeografía, o relevo terrestre, ríos, montañas ou ortografía, unha sección con algúns dos nosos traballos, coas festas escolares, días especiais… ou un enlace ao Blog da Biblioteca.
Tamén queremos recordarvos que hai un enlace á revista Follas Revoltas, para que poidades ler a
A PÁXINA WEB DO COLEXIOA PÁXINA WEB DO COLEXIOA PÁXINA WEB DO COLEXIO
Adrián, Lucía e Sergio, 5º EP
Folla
s R
evo
lta
s 3
3
PUBLICIDADE PUBLICIDADE PUBLICIDADE
Folla
s R
evo
lta
s 3
4
Departamento de Orientación
Folla
s R
evo
lta
s 3
5
Folla
s R
evo
lta
s 3
6
Folla
s R
evo
lta
s 3
7
Folla
s R
evo
lta
s 3
8
Folla
s R
evo
lta
s 3
9
Poderías dicir que regra rexe a
formación de esta serie?
Folla
s R
evo
lta
s 4
0
Busca o nome de 10 deportes en inglés
David, Daniel, Pablo e Cristian de 6º EP
SUMA MÁXICA
Cinco máis un e quinientos,
daralle, querido lector
unha planta, e non minto.
Se vemos un ángulo de 25 graos cun lente que aumenta 4 veces o tamaño dos obxectos, canto medirá o ángulo a través do lente?
Serie de números: Os números que seguen están ordeados e forman unha serie.
0542986731
O Señor Casanova di: “todas as miñas gravatas son vermellas agás dúas, todas son grises excepto dúas e todas son azuis excepto dúas”. Dacordo a isto, cantas gravatas ten o señor Casanova e de que cores son?
Podes atopar ao home entre os grans de café?
O tío Arnulfo ten 68 anos e o seu afillado Rodulfo 37, cantos anos hai que don Arnulfo tiña o dobre da idade de Rodulfo?
As solución a estes acertixos atoparalas na web do cole nos próximos días
Folla
s R
evo
lta
s 4
1
Podes adiviñar a quen pertencen estas fotografías?... Inténtao!
Todos son traballadores do cole.
1 2 3 4
5 6
7
8
13
10 9 11 12
14 16 15
Folla
s R
evo
lta
s 4
2
Folla
s R
evo
lta
s 4
3
Os nosos profes
Nós sete:
BRAIS ALEX DAMIÁN PABLO U.
MIGUEL TAMARA PABLO P.
Folla
s R
evo
lta
s 4
4
Folla
s R
evo
lta
s 4
5
Fixemos este traballo os
nenos e nenas de 1º de
primaria: Pablo, Yolanda,
Diego Armando, Lucía, Laura,
Miguel Ángel, Elisa, Diego e
Samara.
Folla
s R
evo
lta
s 4
6
VENTURA As dúas primeiras acepcións da verba “ventura” que atopamos no diccionario son felicidade e sorte. Coñecendo ao noso Ventura parece que non podía ser doutro xeito.
Leva másis de 30 anos coidando de que xeración tras xeración de rapaces de Becerreá tiveran o colexio sempre en perfecto estado de revista. Actuaba cun cariño ao colexio, que parecería que fora da súa familia, e de feito sempre puxo empeño en conseguir que o colexio fora unha gran familia.
Dende o posto de conserxe, o seu bon facer, o cariño que lle poñía ao traballo, a súa experiencia e sobre todo, o seu sentido común, o sentidiño con que facía as cousas, situarono como o auténtico “pai” do colexio. Así os rapaces chamámballe, ademáis “o dire pequeño” en contraposición co “dire grande” que lle reservaban a Manolo.
Ventura (“Aventura”) coidou das instalacións e máis da xente. Tiña unha actitude paternalista cos pícaros, chegando a converterse nunha
extensión dos pais dentro do colexio.
Pero non só coidou dos alumn@s, tamén se encargou de coidar, e ata diría que de mimar, ao profesorado que traballamos neste centro, facéndonos a vida moito máis fácil e axudándonos a desenvolver o noso traballo con máis eficacia e con máis alegría.
Tras máis de 30 anos de adicación intensa, chegoulle o momento de retirarse coa discreción que lle caracteriza e tamén coa ledicia e a satisfacción do traballo ben feito.
Diciamos ao principio que as acepcións de felicidade e sorte parecían evidentes coñecendo a Ventura: a felicidade que sempre amosou con seu sorriso e que sempre procurou para os que o rodeaban, e a sorte que tivemos de disfrutar durante estes anos da súa compaña.
Finalmente non podemos máis que, volvéndolle unha pequena parte do cariño que él nos ten regalado, desexarlle un retiro “venturoso”, e recordarlle que ésta seguirá sendo sempre a súa casa.
Grazas Ventu, e ata sempre!!
Folla
s R
evo
lta
s 4
7
Coa profe de prácticas, Laura, os nenos e nenas de infantil puxéronse ó día en canto á boa
alimentación se refire, xa que a base dunha boa saúde parte dunha dieta sana.
UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA
FIXEMOS ENTRE TODOS O NOSO
PROPIO CONTO DA EIRUGA
E UNHA EIRUGA CUN MENÚ
SAUDABEL FEITO POR NÓS
APRENDIMOS O PROCESO DE
METAMORFOSE DA EIRUGA E TAMÉN
VIMOS COMO CAMBIAN AS PERSOAS
FIXEMOS UN LIBRO DAS FROITAS
E ATA FIXEMOS UNS PINCHOS MORUNOS CON FROITA VARIADA
Existe un pensamento
dende o momento en que
existe unha lingua, unha
cultura, un xeito de vivir e
de contemplar o mundo.
Top Related