XENÉTICA FONTAO
Nº4 Xuño 2009
LUCUS ENTRA NA ELITE ESPAÑOLA
A RAMA EUROPEADE “LAURIE SHEIK”
XENÉTICA FONTAO, XENÉTICA DE SHOW
XACOBEO: CONSELLOS DE ACOPLAMENTO“LAUR“LAURIE SHEIK”
LUCUS
XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 3
XENÉTICA FONTAO
EDITA:XENÉTICA FONTAO S.A.Fontao, Esperante. Aptdo. 12827080. Lugo
Tfno: +34 982.284.391Fax: +34 982.284.626E-mail: [email protected]: www.xeneticafontao.com
PRODUCE:Transmedia Comunicación & PrensaRonda das Fontiñas, 272, entreplanta A 27002. Lugo
Tfnos: 982.221.278, 610.215.366, 636.952.893E-mail: [email protected]: www.transmedia.es
Tirada :7.000 exemplares
DEPÓSITO LEGAL:LU 173-2008
ÍNDICE
TOUROS PROBADOS......................
FAMILIAS...........................……....….
MELLORA XENÉTICA…..................
ÁLBUM DE FOTOS.........................
4
8
10
13
4462 Granit Blanco
XENÉTICA FONTAO XUÑO 20094 TOUROS PROBADOS
As últimas valoracións oficiais de CONAFE, de decembro do 2008, outórganlle a este semental de Xenética Fontao un respectable posto entre a elite dos mellores touros españois. Lucus ten na actualidade un ICO de 1.989, o que o sitúa entre os mellores 50 sementais de España por ICO e no posto sétimo por tipo (IGT: +2,80).
Castro Blitz Lucus
Castro Blitz Lucus, nacido na Granxa
Gayoso Castro da Deputación Provincial
de Lugo, confirma a súa alta calidade xe-
nética a raíz da publicación das probas
españolas do pasado mes de decembro.
Lucus é un fillo de Fustead Emory Blitz
ET EX-95, semental americano de gran
prestixio internacional, ben coñecido pola
correcta morfoloxía das súas fillas e, so-
bre todo, polo enorme potencial de pro-
dución leiteira que transmite á súa des-
cendencia. Blitz foi usado profusamente
en todo o mundo como pai de sementais.
Tamén en Xenética Fontao, onde Lucus é
o seu mellor fillo.
Lucus é un semental nacido o 11 de
agosto de 2003 e calificado MB-85,
de capa predominantemente branca e
unha morfoloxía moi chamativa, que
reflicte con grande exactitude as vir-
tudes morfolóxicas que debe amosar
un touro da súa idade: grande alzada,
tremendo terzo anterior, amplitude
de peito, fortaleza de lombo, axeita-
da profundidade corporal e boas pa-
tas, ademais dunha grupa con grande
anchura e moi correcta colocación de
isquións.
Lucus ten na súa proba de produción 229 fillas en 196 rabaños, o que lle dá unha altísima fiabilidade á que é a súa segunda proba oficial
española de produción
LUCUS, UN SEMENTAL NOVO NA ELITE ESPAÑOLA
XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 5TOUROS PROBADOS
A FAMILIA MATERNA
A nai de Lucus é Castro 16 Storm Lindy
Guapa ET. Guapa foi unha vaca de gran
morfoloxía, calificada MB-86 no seu pri-
meiro parto, e tamén de alta produción e
con moi boas calidades de graxa e proteí-
na, como amosa o rexistro da súa primei-
ra lactación: 10.824 Qg. de leite ao 4,19%
de graxa e 3,43% de proteína en 305 días.
Estas tremendas calidades foron a cla-
ve para o acoplamento da vaca con Blitz,
un touro do momento que requiría estas
características para equilibrar as súas
porcentaxes negativas de graxa e proteí-
na. Guapa tivo outros tres descendentes
ademais de Lucus, dous machos (un de-
les, calificado MB-86) e unha única fe-
mia: Castro 230 Icelee, calificada MB-85
e filla doutro semental de Xenética Fon-
tao, Summershade Comestar Icelee.
Guapa, que completa 7 xeracións de
femias calificadas MB ou EX, era unha
filla de Storm e de Oostview Lindy
Stephanie, vaca importada de Canadá
pola Granxa Gayoso Castro no ano 1996,
con catro anos de idade e despois de
O Eixido Luca Lucus
Oostview Lindy Stephanie
ter o seu segundo parto e ser califica-
da MB-87 (cando só transcorreran 26
días desde o parto) no seu país de orixe.
Stephanie, filla de Lindy, foi unha vaca
XENÉTICA FONTAO XUÑO 20096 TOUROS PROBADOS
de tremenda estrutura e cun ubre ex-
celente, alcanzando a calificación de
EX-90 en España na súa terceira lacta-
ción, na que en 410 días produciu 15.198
Qg. ao 4,90% de graxa e 3,34% de pro-
teína.
As altas calidades son un sinal de iden-
tidade desta familia de vacas de orixe
canadense. De feito, Stephanie aínda ten
hoxendía uns índices xenéticos abraian-
tes para graxa e proteína, 17 anos des-
pois do seu nacemento: +0,40 para graxa
e +0,07 para proteína en Canadá, e prac-
ticamente as mesmas cifras en España
(+0,40 e +0,05, respectivamente).
Stephanie tivo dous fillos en Canadá, un
dos cales chegou a ser touro probado. Da
descendencia española, á parte de Guapa
(a nai de Lucus), destacou a súa filla con
Rudolph: Castro 28 Rudolph Lindy Sabela.
As dúas fillas de Stephanie, Guapa e Sa-
bela, figuraron no seu día entre as mello-
res vacas de España por índices. É máis,
Guapa situouse como número 1 por tipo e
número 2 por ICO en xullo do ano 2002.
Sabela, a filla de Stephanie con Rudolph,
foi calificada MB-85 con dous anos e pro-
duciu na súa primeira lactación 11.538 Qg.
ao 3,77% de graxa e 3,21% de proteína en
305 días, e aínda ostenta hoxe uns índices
xenéticos realmente elevados, cun ICO de
2.401 que a situaría entre as mellores va-
cas de España por ICO. Sabela tivo dúas
fillas, unha con Jed e outra cun touro de
monta natural, ningunha das cales tivo
descendencia. É realmente unha mágoa
non ter explorado (xeneticamente falando)
esta póla familiar con máis intensidade.
Volvendo aos ascendentes femias des-
ta familia, en Canadá atopamos vacas
verdadeiramente destacadas, que en 7
elos xeracionais por detrás de Stephanie
reúnen 39 estrelas ao mérito á descen-
dencia e nos remontan ao ano 1949. Son
todas elas reses de gran lonxevidade e
con altas producións: dúas tiveron 10
lactacións, outras dúas, 9 lactacións e
unha, 6 lactacións.
Cómpre destacar unha vaca chamada
Wykholme Dewdrop Debbie MB-85 10*,
nacida no ano 1967, que en 10 lactacións
produciu case 125.000 Qg. ao 4% de graxa
(non hai datos oficiais de proteína, pois
naqueles anos non se medía). Tivo 7 fillas,
un 86% das cales foron calificadas BB ou
mellor (unha EX, dúas MB, tres BB e unha
B). Esta vaca recibiu 9 premios por supe-
rior lactación. É a cuarta xeración por de-
trás de Stephanie, a avoa de Lucus.
Non só lonxevidade e grandes produ-
cións con altas calidades, senón tamén
unha máis que correcta morfoloxía ca-
racteriza esta familia, onde todas as
As “Lucus” son vacas moi finas, con estilo e unha grande angulosidade
(+2,01). Merecen mención especial as grupas, que son moi anchas e cunha
lixeira e moi apropiada inclinación
Lalín Lucus Larsa 6285
Sansalvador Lucus Pena
Lucus ten unha grande alzada, tremendo terzo anterior, amplitude
de peito, fortaleza de lombo, axeitada profundidade corporal e boas patas
XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 7TOUROS PROBADOS
8084 Rosendo Lucus
XENEALOXÍA
♀ WYKHOLME DEWDROP STACY ET MB-87 CAN 7*(KINGSTEAD VALIANT TAB)
↓
♀ OOSTVIEW LINDY STEPHANIE MB-87 SM-90 CAN EX-90 SM-91 ESP(TOWNSON LINDY ET)
↓
♀ CASTRO 16 STORM LINDY GUAPA ET MB-86 SM-86 (MAUGHLIN STORM ET)
↓
♂ CASTRO BLITZ LUCUS MB-85 TL TV(FUSTEAD EMORY BLITZ ET)
femias sen excepción tiveron unha des-
tacada descendencia, con porcentaxes
de entre o 80% e o 100% das súas fillas
calificadas BB ou mellor. De feito, as tres
ascendentes directas de Lucus son fillas
á súa vez de tres touros que foron claros
mellorantes para tipo no seu momento:
Storm, Lindy e Valiant Tab.
AS FILLAS DE LUCUS
Lucus ten na súa proba de produción
229 fillas en 196 rabaños, o que lle dá
unha altísima fiabilidade á que é a súa
segunda proba oficial española de pro-
dución (decembro do 2008), con incre-
mento dos números para Qg. de leite (así
como para graxa e proteína, tanto en %
como en quilos totais), sobre a súa pri-
meira proba (xullo do 2008), engadindo a
respectable cifra de 180 fillas.
A melloría tamén é clara tanto na súa
proba de lonxevidade e de reconto de
células somáticas como en tipo, mello-
rando todos os rasgos morfolóxicos e
incorporando 15 novas fillas (agora son
xa 92 en total), co que alcanza o 89% de
fiabilidade na súa proba de tipo. Esta
proba verase fortemente reforzada nas
próximas valoracións de xullo do 2009,
nas que contará con máis de 200 fillas.
As fillas de Lucus son xeralmente va-
cas de capa branca e cunha morfoloxía
moi correcta, animais con boa estru-
tura e capacidade (ICAP: +1,64), altos,
con costelas de fondura axeitada e moi
bo arqueo. As patas teñen gran calida-
de de óso e moi boa colocación, tanto na
súa vista lateral como posterior, cunha
forma do pé moi correcta e un forte án-
gulo podal (IPP +1,54). Os ubres teñen
moi boa textura e insercións destaca-
das, tanto anteriores como posteriores,
potentes ligamentos e escasa fondura
(ICU: +2,43).
As “Lucus” son vacas moi finas, con es-
tilo e unha grande angulosidade (+2,01).
Merecen mención especial as grupas (de-
terminantes en gran medida da forma do
ubre), que neste caso son moi anchas e
cunha lixeira e moi apropiada inclinación.
XENÉTICA FONTAO XUÑO 20098 FAMILIAS DE VACAS
SAN CRISTÓBAL LAURI MTOTO ET, A “LAURIE SHEIK” ESPAÑOLANa gandería San Cristóbal Soc. Coop. de Cabizuela (Ávila) atópase o membro máis destacado da rama europea da lendaria familia “Laurie Sheik”: San Cristóbal Lauri Mtoto ET EX-92 SM-91 2E 6*, que con case 10 anos de idade e 28 descendentes directos rexistrados converteuse xa nunha auténtica vaca de cría no noso país. As 6 estrelas que figuran no seu pedigrí emulan a fazaña da súa prestixiosa avoa, Comestar Laurie Sheik MB-88 23*.
Todo comeza coa copropiedade
que un sindicato de gandeiros
de Bélxica tivo sobre a vaca
canadense Comestar Laurie Sheik, de-
bido á cal chegaron a Europa os seus
embrións cun célebre touro daquel mo-
mento, To-Mar Blackstar-ET. De aquí
naceu unha vaca chamada Belgistar
Less ET, da que Irineo Hernández e os
seus irmáns, propietarios da gandería
San Cristóbal, compraron 3 embrións
co mítico Carol Prelude Mtoto ET. Un
deles deu lugar á vaca San Cristóbal
Lauri Mtoto ET.
Belgistar Bless nunca foi calificada,
pero o tempo demostrou que a súa liña
xenética, Blackstar x Laurie Sheik, foi
un dos cruces dourados da historia da
raza Holstein. Sobre todo, para femias,
San Cristóbal Laurensen
que co tempo reveláronse como auténti-
cas nais e avoas de sementais: Comes-
tar Laura Black MB-87, Comestar Lau-
san Black MB-87, Comestar Lor Black
MB-87 e Black Laure de Bois Seigneur
MB-89, ademais da mencionada Belgis-
tar Bless. Todas elas deron lugar a un
elenco de touros de fama internacional:
Comestar Lheros, Comestar Outside,
Comestar Stormatic, Comestar Lartist,
Comestar Lee, Lystel Leduc ou Bos Ja-
mes Chamoso, entre outros. O cruce
Blackstar x Sheik tamén deu lugar a
machos como Comestar Lanky ou Co-
mestar Leader, se ben o verdadeiro im-
pacto deste cruce recaeu na vía femia.
Blackstar x Laurie Sheik foi un dos cruces dourados da historia da raza
Holstein
Xenética Fontao probou no seu día dis-
tintos sementais descendentes de Laurie
Sheik: o seu fillo con Mason, Comestar
Mason Enter EX-92, e un neto, fillo de
Derry, chamado Cederry De Bois Seigneur
EX-90. A nai deste último foi unha vaca
criada en Bélxica chamada Te Glaure
De Bois Seigneur, filla de Townson Lin-
dy e da propia Laurie Sheik. A lista dos
sementais postos en proba por Xené-
tica Fontao descendentes das fillas de
Blackstar e de Laurie Sheik é realmente
innumerable.
Se os ancestros de Lauri Mtoto son
dignos de mención, non o é menos a súa
proxenie, tanto vía macho como vía fe-
mia, destacando pola súa gran calidade
en diversos aspectos: produción, mor-
foloxía e caracteres secundarios. E non
é de estrañar, pois Lauri Mtoto é unha
vaca de gran morfoloxía, calificada dúas
veces EX e con altísimas producións. En
dúas das súas catro lactacións rexis-
tradas superou a mítica barreira dos
20.000 Qg. de leite en 305 días (máis de
97.000 Qg. de leite de produción vitalicia
nas súas catro lactacións naturais), con
niveis realmente altos de proteína e de
graxa.
Por se isto fora pouco, os datos de
lonxevidade (117) e reconto de células
somáticas (118) son realmente impac-
tantes. Todo iso proporciónalle un ICO
de 3.098, ocupando o posto número 7 das
mellores vacas españolas despois de ter
liderado este ránking en varias avalia-
cións anteriores. As súas fillas acom-
páñana xa nos postos de honor do rán-
XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 9FAMILIAS DE VACAS
king español por ICO: S. Cristóbal Laura
Champion MB-87, con máis de 51.000
Qg. de leite producidos nas súas dúas
primeiras lactacións naturais, é a núme-
ro 9. HS CYL Genetical Lautit ET BB-84,
con 15.855 Qg. de leite en 344 días na súa
primeira lactación, é a número 15. San
Cristóbal Balada Titani ET BB-84, con
13.880 Qg. de leite en 300 días da súa
primeira lactación, é a número 5.
Outro membro destacado desta saga fa-
miliar é a vaca Baldomero Lena Goldwyn
MB-85, número 30 do ránking español
por ICO, que tamén descende de Belgistar
Less, neste caso dunha filla desta co touro
italiano Campogallo Slocum Schering ET
chamada Baldomero Schering Less ET, da
Ganadería Baldomero S.C. de Tineo (Astu-
rias).
Lauri, ademais das xa mencionadas,
ten outras fillas (xovencas a día de hoxe)
con distintos touros: Toystyory, Bolton,
Goldwyn, Roy e Roumare, que segura-
mente darán moito que falar nun futuro.
A descendencia de Lauri vía macho é
tamén digna de mención, pois “a Mtoto
de San Cristóbal”, como é comunmente
coñecida, ten nada máis e nada menos
que 8 fillos e 5 netos en distintos centros
de inseminación. Cómpre destacar o
seu primeiro fillo en ter proba oficial, S.
Cristóbal Hidalgo Iron, probado en Italia,
froito dunha exportación a ese país de
embrións de Lauri con Boss Iron ET, que
sen dúbida transmite con intensidade
as bondades da familia xa comentadas.
Así o reflicte a súa proba oficial italiana,
con 133 fillas en 86 establos e un 92%
de fiabilidade: +822 Qg. L +37 Qg. G +18 Qg.
P, cos seguintes índices morfolóxicos: Tipo,
+1,55; Ubre, +1,95; Patas, +0,84. Os carac-
teres secundarios son 112 para células so-
máticas (número 3 do ránking italiano para
este carácter), 111 para lonxevidade (nú-
mero 7), 104 para fertilidade (número 12) e
107 para facilidade de parto (número 12).
Hidalgo é, xa que logo, un especialista nos
denominados caracteres secundarios ou de
saúde (que tanta importancia teñen na ac-
tualidade), o que lle dá un PFT (índice combi-
nado italiano) de 1.560 e un honorable posto
29 entre os 100 mellores touros italianos.
Hidalgo tamén ten proba en España, inferior
á italiana en produción (+317 Qg. de leite),
superior en tipo (IGT: +2,03) e igualmente
chamativa para lonxevidade (116) e reconto
celular (112), cun ICO de 1.751.
Outro fillo probado de Lauri é S. Cristóbal
Almanzor Champion ET, irmán completo
de S. Cristóbal Laura Champion ET, xa con
proba oficial española (se ben con baixa fia-
bilidade aínda) e un ICO de 2.278, que o si-
tuaría actualmente no posto 12 do ránking
español dos mellores sementais por ICO.
Xenética Fontao apostou con forza por
esta familia ultimamente, poñendo en
proba varios xovencos da mesma, como
San Cristóbal LASSON (Bolton x San Cris-
tóbal Laura Champion ET) e San Cristóbal
LAURENSEN (Roumare x San Cristóbal
Balada Titani ET).
San Cristóbal Lauri Mtoto
Fillas de Laurie Sheik na granxa Comestar (Canadá) Comestar Laurie Sheik
“A Mtoto de San Cristóbal” ten 8 fillos e 5 netos en distintos centros
de inseminación
XENÉTICA FONTAO XUÑO 200910 MELLORA XENÉTICA
XACOBEO: CONSELLOS DE ACOPLAMENTOMario Xacobeo ET foi o touro máis solicitado polos gandeiros na campaña de adquisición conxunta de doses seminais deste ano en Galicia. O seu uso está a ser moi intenso no resto de España e noutros países, tanto de América (Canadá e EE.UU) como de Europa (Inglaterra, Alemaña, Francia, Holanda, Bélxica e Italia). Estas recomendacións van destinadas a obter a maior calidade posible na descendencia deste semental estrela.
Coa publicación das últimas pro-
bas españolas de sementais
de CONAFE, en decembro do
pasado ano, Xacobeo afianzouse con so-
lidez no número 1 do ránking dos mello-
res touros nacionais, ao que xa chegara
en xullo do 2008. Non só o seu intere-
sante pedigrí, senón unha rotunda proba
de produción e tipo, así como a impre-
sionante conversión da súa proba oficial
española ás probas dos distintos países
realizadas por Interbull, fixeron que a
demanda nacional e internacional deste
semental se disparara ata chegar a al-
canzar valores inusuais para un semen-
tal español.
Sen embargo, existe unha máxima ben
coñecida e que debemos respectar: “A
existencia do touro perfecto é unha qui-
mera”. É dicir, non existe un semental
cuxa utilización poida ser masiva e in-
discriminada, esperando obter bos re-
sultados sempre e sobre calquera vaca.
Dito doutro xeito, non existe un touro
que acople ben con todas as vacas, aín-
da que, efectivamente, toda vaca teña un
ou varios touros preferentes para o seu
acoplamento.
Se ben é certo que Xacobeo é un touro
de fácil utilización, debido ás bondades
da súa proba, debemos ter en conta unha
serie de factores, fundamentalmente re-
feridos a tres aspectos: pedigrí e con-
sanguinidade coa poboación de vacas
existente, caracteres produtivos e, por
último, os rasgos morfolóxicos do seu
patrón de transmisión.A Parada Xacobeo Arca
XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 11MELLORA XENÉTICA
PEDIGRÍ
Xacobeo é un fillo de Mara-Thon BW
Marshall, e se ben é un dos seus me-
llores fillos a nivel internacional, non é
o único. Todo o contrario, o seu pai, BW
Marshall, foi un dos touros máis inten-
samente usados como pai de sementais
en todo o mundo, co cal hai moitos fillos
en activo en diversos países. Non pasa o
mesmo coas súas fillas, que en Europa
son moi escasas debido a que nunca se
puido importar o seu seme desde EE.UU.
(país do que é orixinario BW Marshall),
debido a determinadas restricións sani-
tarias impostas pola Unión Europea, polo
que as únicas fillas de BW Marshall en
Europa, e polo tanto en España (onde só
figuran dúas fillas vivas rexistradas no
Libro Xenealóxico da Raza Frisona), son
Unha precaución a tomar á hora de usar o seme de Xacobeo é
evitar poñelo nas netas de BW Marshall por vía paterna e, se acaso, nas fillas de Rudolph
froito da importación de embrións, nos
que si se permitiu o uso de BW Marshall
como pai e a súa posterior importación.
En canto á súa liña materna, Xacobeo
é fillo dunha das mellores fillas de Ru-
dolph a nivel mundial, calificada EX-94
aos cinco anos de idade en EE.UU. e que
responde ao seguinte pedigrí: Rudolph
x Mandel x Blackstar x Cleitus x Arlin-
da Rotate. Se ben todos eles son touros
que deixaron unha importante pegada na
raza frisona, a maioría atópase bastante
lonxe na cadea xeracional das nosas va-
cas de hoxendía, agás Rudolph, do que
todavía persisten os seus xenes na ca-
bana frisona actual de calquera país.
Polo tanto, unha precaución a tomar á
hora de usar o seme de Xacobeo é evitar
poñelo nas netas de BW Marshall por vía
paterna e, se acaso, nas fillas de Rudol-
ph, se ben nestas últimas o coeficiente
de consanguinidade non superaría os lí-
mites recomendados.
CARACTERES PRODUTIVOS
Xacobeo transmítelles ás súas fillas un
tremendo potencial leiteiro que respon-
de fielmente ao pedigrí reseñado antes,
no que figuran touros moi destacados
para produción de leite. As “Xacobeo”
son vacas de altas producións, con moi-
tos quilos de leite, de proteína e, en me-
nor medida, de graxa.
Para as altas producións destas vacas,
as porcentaxes de proteína que reflic-
ten son realmente importantes, se ben
se debe ter en conta un certo efecto de-
presor da porcentaxe de graxa, buscado
hoxendía por moitos gandeiros.
CARACTERES MORFOLÓXICOS
O alto nivel morfolóxico das fillas de
Xacobeo, ademais das súas altas pro-
ducións, é o outro piar fundamental
da proba deste semental. As 119 fillas
calificadas que aparecen na súa proba
de decembro pasado, e que o situaban
como touro número 2 por tipo a nivel
Castragude Susao Xacobea 103
XENÉTICA FONTAO XUÑO 200912 MELLORA XENÉTICA
nacional, aumentaron ata 186 a día de
hoxe, confirmando as expectativas.
As “Xacobeo” son vacas altas e cun
grande estilo, de cabezas finas e longos
pescozos, con forte liña dorsolumbar e
potentes lombos. A angulosidade é ex-
trema, os costelares son amplos, aber-
tos e de axeitada fondura, sobre todo a
nivel abdominal. As grupas adoitan ser
de anchura media, pero moi limpas e co-
rrectas, con moi boas insercións de cola
e libres de defectos. As patas teñen unha
gran mobilidade, cunha boa forma do pé,
tremenda calidade ósea e excelente vis-
ta posterior, sendo rectas na súa vista
lateral. Os ubres son de gran calidade
e textura, extremadamente recollidos e
con fortísimas insercións anteriores. Os
ubres posteriores son altos e anchos e
amosan un bo ligamento suspensor me-
dio. A colocación e lonxitude de tetos son
moi correctas.
A excelencia en ubres e patas, que se
traduce en altas cifras para lonxevidade,
xunto coa chamativa angulosidade, son
sen dúbida os sinais de identidade de
Xacobeo. Se algún rasgo morfolóxico de-
bemos observar con atención á hora de
acoplar a Xacobeo nas nosas vacas, po-
dería ser algún relacionado coa potencia
do tren anterior: anchura de peito, aper-
tura do costelar torácico e, ás veces, al-
tura ao terzo anterior.
Por todo iso, Xacobeo é un touro ideal
para aquelas liñas xenéticas que ne-
cesiten incrementar a súa produción e
mellorar rasgos morfolóxicos tan im-
portantes como ubres e patas, á vez
que dar un toque de calidade xeral e
feminidade a aquelas vacas de grande
estrutura, anchos peitos, fondos coste-
lares anteriores e grupas anchas, que
rozan un exceso de fortaleza, mesmo
certa rudeza.
Estas liñas ás que nos referimos poden ser:
Liñas Durham. Xacobeo resulta un
acoplamento ideal sobre as fillas de
Dúplex (neste caso, sería un acopla-
mento correctivo moi axeitado, ade-
mais de proporcionar altísimos índi-
ces xenéticos á descendencia). Tamén
sobre as fillas de Mr Sam, Damion,
Dancer ou calquera fillo de Durham,
que transmita as súas coñecidas ca-
racterísticas de extrema fortaleza.
Liñas Emory. Como as represen-
tadas polas fillas de Allen, Empire,
Fontans ou Cid.
Liñas Lindy. Fillas e/ou netas de
Lheros, Louro, etc.
Liñas Jocko Besn. Fillas do mes-
mo Jocko Besn e as súas netas, vía
os seus fillos como, por exemplo,
Roumare.
Liñas Juror. Fillas de Roy, Cubeiro,
etc.
Liñas Manfred. Fillas de Oman.
Liñas Mtoto. Fillas de Mtoto, Shottle,
etc.
E, en xeral, tamén sobre todas aquelas
xovencas de grande estrutura e ausen-
cia de consanguinidade, pois lembremos
que Xacobeo ten unha gran facilidade de
parto, debido en parte á calidade xeral
das súas crías e, en particular, á finura
de óso e moderada anchura de grupa das
mesmas.
Débese ter en conta un certo efecto depresor da porcentaxe
de graxa, buscado hoxendía por moitos gandeiros
Xacobeo é ideal para dar un toque de feminidade a aquelas vacas de grande estrutura que rozan un exceso de fortaleza,
mesmo certa rudeza
Vilanova Xacobeo 5381
Areán Xacobeo Xacobea 9943
Á PROCURA DA EXCELENCIAO labor de Xenética Fontao singularízase por ter introducido en España algunhas das mellores liñas xenéticas do mundo, para obter a partir delas tanto sementais para poñer en proba como femias que sirvan nun futuro como nais de sementais. Deste xeito, as ganderías poden incorporar membros das máis destacadas familias Holstein a nivel mundial. Esa é a nosa principal razón de ser. A ninguén se lle escapa que o beneficio principal desta actividade redunda nos produtores e ten un reflexo económico, fundamental para
un sector batido pola crise. Pero ademais da variable produtiva, que é esencial, non podemos esquecer que a boa xenética tamén produce beleza. Estes animais fermosos, de morfoloxías que rozan a excelencia, son motivo de orgullo para os seus criadores e para todos os que contribuímos á súa concepción e saúde. Presentamos nas seguintes páxinas unha mostra de animais premiados nos últimos meses en diferentes concursos da raza frisona. Todos eles teñen en común o selo de Xenética Fontao.
ÁLBUM DE FOTOS
Sandamil MS Megamagic Melani Fontestriz Chamoso Chamosa Vilarmor Draco Alore 1011
Gaigo Elegant Curuxela Fontestriz Elegant Elegante
Rego Chamoso Perla 8318 Quintá Botafogo Fogata Callobro Iago Anaquiña Gz
Rego Elegant Sonia 8797
ÁLBUM DE FOTOS
Rigueiro Altus Negriña O Eixido Lema Duno Perrelos Gol Dora
Nodi Colter Kali Pozosaa Louro Mina 6801
Tato Pantera Botafogo Perrelos Amada Botafogo Callobro Vértigo Plastilina GZ
Tasil Six Seda 3098 Veigueiro Deroles Navia Rey 429 Sachiña Sacho
Paulina Elegant Unai Celeiro
ÁLBUM DE FOTOS
Xacobo Xacobeo 6079 Rigueiro Cid Noche Gaigo Bonita 6293 Dancer
O Eixido Luca Lucus Quinteiro Dancer Danza Cando Cid Chus
Gaigo Gamesa Picolo Romualdo Tonecha Elegant Menor Dancer Casta
Outeiro Darter Mandela Sabiola Cubeiro Pereira A Parada Xacobeo Arca
Top Related