É Galiza un país subvencionado?
Realmente dependemos da caridade do estado?
O actual sistema de financiamento ven derivado dunha sacralizada constitución española que
partindo do principio de negación da realidade plurinacional do estado español erixe como
soberanía única, orixinal, indiscutíbel e indubidábel á soberanía estatal, identificada como Nación española: unha e indivisíbel.
Vexamos os Resultados do Sistema de Financiamento en 2007
Tendo isto en conta, non debería estrañar que a través do Sistema de Financiamento se pretenda transmitir a ideoloxía
básica, primaria do españolismo radical e moderado: a falacia de que Galiza sobrevive grazas á existencia e
xenerosidade do Estado.
No puede subsistir sin
nuestra ayuda.
Para eles iso é tan evidente como que o Sol xira arredor da Terra (verdade radical na época medieval).
Galicia no puede valerse por si misma.
Qué e a Cesta Tributaria?É onde se integran ou depositan “unha parte”
dos impostos estatais.
IMPOSTOSAO
ESTADO
Qué é o Fondo de Suficiencia?
É a diferenza entre as necesidades de gasto e os ingresos derivados da Cesta Tributaria.
Non é máis ca unha póla da árbore españolista para facernos crer que non poderiamos vivir sen a protección
de “papá estado”.
Mediante o actual Sistema de Financiamento das CCAA, o conxunto do españolismo académico e político pretende facernos crer que as Comunidades Autónomas que reciben cartos do Fondo de Suficiencia son “pobres” e só poden financiar os servizos transferidos grazas á solidariedade
das CCAA alcumadas como “ricas”.
Segundo o cal, Cataluña, que recibe do Fondo de
Suficiencia o 75% do caso galego, sería a quinta
comunidade máis pobre por detrás de Andalucía, Galiza
Canarias e Castela León.
Cataluña pobre??
Todas as empresas públicas e a maioría das grandes empresas privadas, teñen a súa sede social fóra da Galiza, maioritariamente en Madrid.
Por iso os tributos do imposto de sociedades, do IVE, das súas operacións no exterior, ou as retencións dos traballadores non se realizan na Galiza, senón que tributan directamente en Madrid.
Así se explica que en 2007 a Comunidade de Madrid recaude:
-O 35% do IRPF e do Imposto de Sociedades.- O 55% do imposto sobre a renda dos non residentes.-O 42% do IVE.-O 82% de todos os impostos especiais. -O 62% do imposto sobre primas de seguros.
En conxunto case o 42% da totalidade da recadación derivada do sistema de fiscal español, a pesar de que o PIB deste territorio é o 17,7% do total español.
Os impostos que non “pasan” pola Cesta Tributaria e van directamente para o estado, a pesar de que saen dos petos das galegas e dos galegos, suman un total de 5180 M€.
Tamén hai outros impostos que non están integrados no Sistema de Financiamento (o imposto de sociedades, de
primas de seguros, de tráfico exterior, rendas de non residentes…) e que equivalen ao 6% da recadación estatal
(52.424,6M€) dos mesmos: 3145,5 M€.
Como consecuencia do Sistema Fiscal español, Galiza soportaría 4238 +5180 = 9418,2 M€ de impostos aos que
habería que sumar os 3145,5 M€ de impostos non integrados no Sistema de Financiamento.
En total: 12563,7 M€
Galiza entrega ao estado 12.563,7 M€
12563,7 M€
8129 M€
O estado entrega a Galiza 4237,83 M€ (SdF) + 3891,23 M€ (Fondo Solidariedade)= 8129 M€
Galiza dá máis do que recibe!
É Galiza quen subvenciona ao estado e non ao revés!
Unha realidade ben diferente da que nos quere presentar
o patético españolismo académico e político.
12563,7 – 8129,0 4434,6 M€.
Galiza perde 4434,6 M€!!!
O incansábel españolismo afirmará contra vento e marea os feitos “evidentes” da “solidariedade”
estatal e da Galiza subvencionada.
“Dale” a los gallegos una
parte de lo que nos entregaron
ellos antes.Vale, pero solo
una parte, con el resto nos quedamos
nosotros, como siempre.
Son conscientes de que se perden estas armas perden a razón da súa existencia, da súa fe, das súas crenzas.
Ficarían totalmente desarmados. O pobo galego
tornaríase máis libre, algo que non están dispostos a aceptar de ningunha maneira.
Hai que negar a realidade, a verdade.
Compre rachar co engano, coa ficción.Galiza non vive da caridade do estado.
Galiza vive do traballo das galegas e dos galegos!!!
Galiza precisa un novo Sistema de Financiamento para lograr un auténtico
autogoberno.
Galiza non precisa que ninguén lle regale nada. Tan só o dereito para que o noso pobo poida exercer a súa capacidade para desenvolver
as grandes potencialidades do nos país.
E moito pedir?
FONTES DE INFORMACIÓN: http://www.terraetempo.com/media/documentos/0Xose_Diaz_Diaz_Soberania_e_Sistema_de_Financiamento.pdf
-Revista Terra e Tempo nº 145-146 [Xaneiro–Xuño de 2008]
Ver presentación: “É Galiza un país subvencionado?”
Música de “Saraibas” e “A Quenlla”.