Mª José Urruzola
*1 Aprendendo a distinguir as agresións
*2 Onde acostuman a suceder
*3 Que facer se tes sido agredida
*4 Que facer cando outra rapaza che conte que
ten sido agredida
*5 Que facer para colaborar a que non existan as
agresións
*Dos tres tipos de violencia, a que máis acostuman a padecer as mozas da túa idade é a violencia sexual
*Para que che sexa fácil distinguir se unha relación é agresión sexual ou non, podes fixarte nalgúns indicadores como estes:
*Cando unha persoa toca o teu corpo sen o teu consentimento.
*Cando ti aceptaches unha relación con outra persoa, pero ela pásase do grao de relación que ti queres ter.
*Cando unha persoa converte unha relación que en principio é correcta en agresión, pola intencionalidade, o ton, o poder ou a forza…
*Cando se insinúan ou relacionan contigo a través de xestos que ti non desexas.
*Cando alguén interpreta que un xogo de sedución é unha xustificación, para chegar ao teu corpo sen que ti queiras.
*Que é o que está pasando hoxe?
*Hoxe as agresións sexuais están tan aceptadas, que algunhas veces non se detectan; outras, non se lles dá suficiente importancia e con moita frecuencia confúndense coas bromas, sen distinguir que unha broma é algo que fai graza e a agresión, algo que molesta e ofende.
*Aínda que algunhas persoas e os periódicos e a televisión, queren facer ver que os homes agreden cando se emborrachan, están deprimidos, enfermos…, hoxe sabemos que existen varias causas que explican por que suceden as agresións.
*Algunhas mulleres cren que teñen que aguantar, calar… e algúns homes cren que teñen que ser prepotentes, dominar ás mulleres para manifestarse fortes…
*Algunhas agresións teñen causas sociais
*O sexismo que aínda existe, xerarquiza aos homes sobre as mulleres, presentándoas como subordinadas e obxectos para o home.
*A desvalorización do corpo das mulleres.
*A representación do home como obsesionado sexualmente.
*A cantidade de agresións a mulleres que se están dando, fai que pareza normal este comportamento por parte dalgúns homes.
*A escasa crítica e denuncia que se produce cando ocorre unha agresión sexual.
*A falta de educación sexual adecuada ás mozas e mozos.
*Outras agresións teñen causas persoais
*As situacións de insatisfacción e frustración levan a
algúns homes a buscar compensacións sexuais, crendo que
así van a arranxar os seus problemas persoais.
*A falta de información sexual das mozas e dos mozos.
*O costume dalgunhas mozas e mozos de aceptar os
comportamentos sexistas cotiáns como se fosen o normal
e por iso, non criticalos.
*Consecuencias
*Moitas mozas pensan que teñen que aguantar as agresións
como cousas que lles pasan a case todas.
*Moitas veces téndese a comprender ao agresor e, aínda
que pareza incríble, ata a xustificalo.