INEO EMPREGA II Unha porta cara o emprego
Manual de acollida do usuario
INEO EMPREGA II Unha porta cara o emprego
Expediente TR332A/2018-051-0
MANUAL DE ACOLLIDA DO USUARIO
Páxina 2 de 12
ÍNDICE
1 Introdución. .................................................................................................... 3
2 Participación no programa ............................................................................ 3
2.1 Alta no programa. .......................................................................................................... 3
2.2 Baixa no programa. ....................................................................................................... 4
2.3 Inserción laboral durante ó programa. ........................................................................... 4
2.4 Compromiso de participación. ....................................................................................... 5
2.4.1 Accións obrigatorias. ...................................................................................................................... 5
2.4.2 Cuestionarios de avaliación da calidade. ...................................................................................... 5
2.4.3 Rexistro no portal INEO EMPREGA. ............................................................................................. 5
2.4.4 Rexistro en INEO App Traballo. ..................................................................................................... 8
3 Axudas de transporte e medidas de conciliación. ...................................... 9
3.1 Servizo de gardería. .................................................................................................... 10
3.2 Axudas de transporte público. ..................................................................................... 10
3.3 Axudas de transporte en vehículo propio. ................................................................... 11
4 Datos de contacto. ....................................................................................... 12
4.1 INEO Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia. .......................................... 12
4.2 Servizo de Programas Mixtos. Programas Integrados. ............................................... 12
INEO EMPREGA II Unha porta cara o emprego
Expediente TR332A/2018-051-0
MANUAL DE ACOLLIDA DO USUARIO
Páxina 3 de 12
1 Introdución.
"INEO EMPREGA II, unha porta cara o emprego" é un programa integrado de emprego aprobado pola
Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia dirixido á mellora da ocupabilidade e a
inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego. Enmárcase dentro da Orde do 31 de
maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en
práctica de programas integrados de emprego de Galicia, e se convocan para o ano 2018.
As principais características que definen INEO EMPREGA II son:
Ámbito territorial: Vigo.
Nº de participantes: 100
Colectivo: Persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación.
Obxectivo de inserción: 40%
Data de inicio: 15 de novembro de 2018
Data de fin: 14 de novembro de 2019.
As principais accións que se levarán a cabo no marco deste programa son:
a) Información, orientación e asesoramento.
b) Formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas.
c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a búsqueda de emprego.
d) Habilidades sociolaborais e talleres de entrevista.
e) Fomento da capacidade emprendedora.
f) Prospección empresarial.
g) Emparellamento de ofertas de traballo cas persoas demandantes de emprego participantes.
h) Formación para o emprego.
i) Prácticas profesionais non laborais.
j) Obradoiros sobre mobilidade laboral.
2 Participación no programa.
2.1 Alta no programa.
A túa incorporación ó programa foi notificada ó Servizo Público de Emprego de Galicia, quedando a túa demanda
de emprego en suspensión coa situación administrativa con causa 699 e anotarase o inicio dun itinerario 0007
“Programas experimentais” mentres dure o período de desenvolvemento do programa.
INEO EMPREGA II Unha porta cara o emprego
Expediente TR332A/2018-051-0
MANUAL DE ACOLLIDA DO USUARIO
Páxina 4 de 12
A suspensión da túa demanda de emprego tradúcese en que non é necesario a renovación trimestral da
tarxeta de demanda de emprego ata o remate do programa. Con todo, si a próxima data de renovación da
tarxeta de demanda de emprego está entre os 10 días seguintes a súa incorporación ó programa, é recomendable
que te poñas en contacto ca túa oficina de emprego para confirmar que a túa tarxeta está en situación de
suspensión.
2.2 Baixa no programa.
No caso de querer causar baixa no programa antes da súa finalización, deberás asinar a Ficha de baixa que che
facilitaremos, no que deberás indicar o motivo da mesma de xeito claro e conciso, xa que será o motivo que
trasladaremos na notificación ó Servizo Público de Emprego de Galicia.
Posteriormente, terás que acudir a túa oficina de emprego para solicitar que a túa demanda de emprego deixe
de estar suspendida. Do mesmo xeito, unha vez finalizado o programa, debes acudir a maior brevidade posible a
túa oficina de emprego para que a situación da túa demanda sexa actualizada, facilitándoche en ámbolos dous
casos, unha nova tarxeta de demanda na que consten as próximas datas nas que debes acudir a renovala.
No caso de que non acudir a túa oficina de emprego nun prazo de 10 días despois de solicitar a baixa e/ou
finalizar o programa, a túa demanda de emprego poderá causar baixa, o que pode afectar ó cobro de calquera
prestación de desemprego que estiveras percibindo nese momento.
2.3 Inserción laboral durante ó programa.
É preciso que nos comuniques calquera colocación durante a execución do programa, para que poidamos ter
en conta a túa dispoñibilidade a hora de participar en calquera das accións programadas durante o tempo que
dure a mesma.
A inserción laboral non é nunca motivo de baixa no programa. Para o caso de que esta colocación remate
antes da finalización do período de execución, deberás darte novamente de alta como demandante de
emprego e comunicarlle a túa oficina de emprego que participas no programa integrado de emprego INEO
EMPREGA II aos efectos de que esta anote de novo a situación administrativa correspondente (699).
Unha vez finalizado o período de contratación, deberás facilitarnos un Informe de Vida Laboral para poder
computar os días de alta laboral e continuarás participando activamente en tódalas accións do programa, ó fin de
asegurar o cumprimento de participación no número mínimo de accións obrigatorias.
INEO EMPREGA II Unha porta cara o emprego
Expediente TR332A/2018-051-0
MANUAL DE ACOLLIDA DO USUARIO
Páxina 5 de 12
2.4 Compromiso de participación.
2.4.1 Accións obrigatorias.
A túa inclusión neste programa integrado de emprego implica o teu compromiso de participación activa no
mesmo, concretándose na asistencia a un mínimo de cinco accións individuais e tres accións
colectivas durante toda a duración do programa.
Tipo de accións Descrición das accións
Individuais a) Información, orientación e asesoramento.
Entrevistas individuais de información, orientación e asesoramento así como de preparación de entrevistas de traballo.
Colectivas
b) Formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas.
Cursos presencias.
Cursos en modalidade de teleformación.
c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a búsqueda de emprego.
Obradoiros presenciais.
Cursos en modalidade de teleformación.
d) Habilidades sociolaborais e talleres de entrevista.
Talleres presenciais.
Cursos en modalidade de teleformación.
e) Fomento da capacidade emprendedora.
Xornada presencial.
Cursos en modalidade de teleformación.
h) Formación para o emprego. Cursos presenciais.
Cursos en modalidade de teleformación.
i) Prácticas profesionais non laborais. Prácticas en empresas.
j) Obradoiros sobre mobilidade laboral.
Mobilidade laboral: saír da zona de confort.
Mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea: rede Eures
2.4.2 Cuestionarios de avaliación da calidade.
Como participante no programa integrado de emprego, comprométeste a realización de cuestionarios de
avaliación totalmente anónimos sobre as seguintes accións do programa:
Orientación: 1 cuestionario por cada sesión.
Formación: 1 cuestionario por cada curso ou taller.
Prácticas profesionais: 1 cuestionario por cada período de prácticas sempre que sexa en distintas
empresas.
2.4.3 Rexistro no portal INEO EMPREGA.
O portal INEO EMPREGA é a aplicación informática a través da cal se xestionarán as distintas accións do
programa. Só con acceder a web pública do portal, xa poderás informarte das últimas novas e eventos publicados,
así como coñecer a formación proposta e as ofertas de emprego publicadas.
INEO EMPREGA II Unha porta cara o emprego
Expediente TR332A/2018-051-0
MANUAL DE ACOLLIDA DO USUARIO
Páxina 6 de 12
É moi importante que unha vez teñas as claves de acceso á parte privada do portal, entres e cumprimentes o teu
perfil. Podes acceder ó portal INEO EMPREGA no enlace e coas claves que se indican a continuación:
http://ineoemprega.agenciascolocacion.com
Correo electrónico: introduce a túa dirección de e-mail.
Contrasinal: introduce o teu DNI e/ou NIE ca/s letra/s en maiúscula/s.
Unha vez dentro, verás a seguinte pantalla:
No lateral esquerdo da túa pantalla situase o menú polo que podes navegar dentro do portal. A opción Inicio,
mostra un resumo do estado de cumprimentación do teu perfil e das ofertas de emprego.
Na opción Mi perfil, móstranse agrupados por pestanas, tódolos campos que podes cubrir para completar o teu
perfil.
INEO EMPREGA II Unha porta cara o emprego
Expediente TR332A/2018-051-0
MANUAL DE ACOLLIDA DO USUARIO
Páxina 7 de 12
É fundamental que manteñas os teus datos de contacto actualizados para que poidamos contactar contigo en todo
momento durante a execución do programa.
Dende a opción Mi Curriculum, poderás xuntar unha versión do teu CV en formato pdf ou Word. Tamén podes
xerar e descargar un CV cos datos que figuren no teu perfil, tanto cos teus datos persoais como anónimo.
Dende a opción Mis Documentos poderás xuntar todo tipo de documentos como títulos, certificados, cartas de
recomendación, etc. que acrediten todo o teu perfil.
Na opción Mis ofertas terás acceso a tódalas ofertas de emprego clasificadas segundo o estado no que se
encontren:
INEO EMPREGA II Unha porta cara o emprego
Expediente TR332A/2018-051-0
MANUAL DE ACOLLIDA DO USUARIO
Páxina 8 de 12
Recomendadas: aquelas ofertas nas que aínda non te inscribiste pero nos que o teu perfil podería
encaixar.
Inscrito: todas aquelas nas que xa te inscribiste.
Seleccionado/a: aquelas nas que o teu estado é seleccionado para o posto.
Contratado/a: aquelas nas que fuste contratado con anterioridade.
En Mis cursos de formación poderás ver os cursos publicados no portal clasificados en Recomendados e
Inscritos.
Dende a opción Solicitar Cita Previa, poderás concertar unha cita individual de orientación para o día e hora que
mellor che vaia, dentro das franxas horarias dispoñibles.
2.4.4 Rexistro en INEO App Traballo.
Por medio desta aplicación web móbil, poderás estar informado/a en tempo real das novas, actividades, mensaxes
e ofertas de emprego que se publiquen consultándoas directamente dende o teu smartphone.
INEO EMPREGA II Unha porta cara o emprego
Expediente TR332A/2018-051-0
MANUAL DE ACOLLIDA DO USUARIO
Páxina 9 de 12
Podes acceder o aplicativo web móbil no enlace http://ineo.apptrabajo.com/ e rexistrarte primeiro. Unha vez
rexistrado/a, a conta pode tardar en activarse ata 24 horas (fins de semana e festivos excluidos). Una vez activada
a túa conta, poderás acceder introducindo:
Usuario: o teu DNI e/ou NIE ca/s letra/s en maiúscula/s.
Contrasinal: o contrasinal que indicaras no reixstro da túa conta.
3 Axudas de transporte e medidas de conciliación.
Para facilitar a túa participación nas accións do programa integrado de emprego, poranse en marcha as seguintes
medidas:
Flexibilidade horaria en para asistir as accións individuais de información, orientación e asesoramento
establecendo quendas tanto en horario de mañán como de tarde.
Utilización de medios dixitais coma chamadas de Whatsapp, Skype, etc. para sesións individuais de
información e asesoramento.
Programación do cronograma de accións presenciais conforme ó calendario escolar para evitar na
medida do posible realizar accións nos períodos de vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa ou de
pontes entre festivos nacionais, autonómicos ou locais (Vigo). Se ben non será posible non programar
ningunha acción durante as vacacións de verán, tentarase que as actividades durante os meses de Xullo e
Agosto, sexan as mínimas imprescindibles.
Establecemento de horarios das accións colectivas presenciais axeitados ós do transporte público e
información sobre os mesmos para optimizar os teus desprazamentos.
INEO EMPREGA II Unha porta cara o emprego
Expediente TR332A/2018-051-0
MANUAL DE ACOLLIDA DO USUARIO
Páxina 10 de 12
Fomento do uso compartido de vehículos particulares entre os/as participantes do programa naquelas
accións que se poidan desenvolver fóra do ámbito do Concello de Vigo tales como cursos ou prácticas
profesionais non laborais.
Aposta pola modalidade de teleformación na programación diferentes cursos para evitar os
desprazamentos e como medio de apostar polo fomento do uso das tecnoloxías.
3.1 Servizo de gardería.
Ponse a disposición dos/as participantes no programa un servizo de gardería para fillos/as menores de tres
anos para a participación nas seguintes accións:
asistencia a sesións individuais de información, orientación e asesoramento ou preparación de entrevistas
de traballo.
asistencia as sesións de cursos presenciais.
acudir a entrevistas de traballo.
realizar prácticas profesionais non laborais.
Este servizo requirirá de solicitude previa ca antelación suficiente para poder xestionalo. Poderáse
instrumentalizar de dous xeitos:
Utilizando as garderías e/ou ludotecas propostas por INEO e cas que xa se ten un acordo,
encargándose esta do abono directamente dos servizos.
Utilizando a gardería elixida polo/a participante e aportando a INEO a factura do servizo pagando a
través dunha liquidación mensual de gastos.
3.2 Axudas de transporte público.
Terás dereito a percibir a compensación dos gastos do uso de transporte público (urbano e/ou interurbano) pola
túa participación nas seguintes accións do programa:
asistencia a sesións individuais e/ou colectivas de información, orientación e asesoramento ou
preparación de entrevistas de traballo.
asistencia ás sesións de cursos presenciais.
realizar prácticas profesionais non laborais.
Non se inclúen aquí os custes polo desprazamento a entrevistas de traballo.
O importe da axuda será o xustificado con cada un dos billetes presentados (ida e volta), sempre que se
correspondan con traxecto entre o teu domicilio (considerando a tales efectos o que figure como domicilio de
intermediación laboral na túa oficina de emprego, na data de incorporación ao programa) e o centro onde se
desenvolvan as accións e viceversa.
INEO EMPREGA II Unha porta cara o emprego
Expediente TR332A/2018-051-0
MANUAL DE ACOLLIDA DO USUARIO
Páxina 11 de 12
3.3 Axudas de transporte en vehículo propio.
Terás dereito a percibila se o teu domicilio de intermediación laboral na data de incorporación ó programa
estivera situado fóra do Concello de Vigo, nos supostos e cumprindo os seguintes requisitos:
Que non exista medio de transporte público entre o teu domicilio (considerando a tales efectos o que
figure como domicilio de intermediación laboral na túa oficina de emprego, na data de incorporación ao
programa) e o centro onde se desenvolvan as accións e/ou viceversa.
Que existindo medio de transporte público, este non teña un horario regular que permita compatibilizalo
cos horarios das accións.
Que existindo medio de transporte público, en casos excepcionais, debido a problemas das
comunicacións ou de conciliación familiar, circunstancia previamente valorada e autorizada en cada
caso.
Tamén terás dereito a percibila aínda que o teu domicilio de intermediación laboral estea no Concello de Vigo,
cando as accións se desenvolvan en centros situados fóra do Concello de Vigo, e se dean igualmente os
supostos mencionados con anterioridade.
Para xustificar o cumprimento de tódolos requisitos establecidos para percibir esta axuda, deberás aportar a
seguinte documentación:
Certificación da oficina de emprego do teu domicilio de intermediación laboral na data de
incorporación ó programa.
Declaración xurada na que se faga constar que se dan tódalas circunstancias previstas anteriormente
que xustifican o uso do vehículo propio.
As accións polas que terás dereito a percibir esta axuda son as mesmas indicadas para as axudas de transporte
público, quedando así mesmo excluídos os desprazamentos para acudir a entrevistas de traballo con
independencia do concello no que estea ubicada a empresa.
O importe da axuda a percibir será o resultado de multiplicar o número de quilómetros (ida e volta) por 19
céntimos de euro (0,19 €/km) e polo número de días de asistencia as accións.
O aboamento das axudas de transporte tanto público como en vehículo propio, farase por mes vencido,
mediante transferencia bancaria, no prazo de 10 días dende que presentes o modelo de liquidación
mensual dos gastos e os documentos xustificativos que deban acompañar dita liquidación. Será preciso, que
cando menos na primeira liquidación xuntes a certificación bancaria do código IBAN da túa conta na que queres
que se faga o aboamento e da que deberás ser titular.
INEO EMPREGA II Unha porta cara o emprego
Expediente TR332A/2018-051-0
MANUAL DE ACOLLIDA DO USUARIO
Páxina 12 de 12
4 Datos de contacto.
4.1 INEO Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia.
Dirección: Avda. de García Barbón, 104 Edificio. Vista Alegre, Oficina 10.
36201 Vigo. Pontevedra.
Teléfono: 986 112 570
Web: https://ineoemprega.agenciascolocacion.com
Email: [email protected]
Persoal: Luis Rey Fernández-Arrurty Elena Monsalve Álvarez Sabela Pillado Oujo
Director do proxecto Técnica de orientación Técnica de orientación
María Isabel Pérez Fernández 608 217 725 650 918 574
Apoio e xestión administrativa [email protected] [email protected]
4.2 Servizo de Programas Mixtos. Programas Integrados.
Dirección: Edificio Administrativo Xunta de Galicia.
San Lázaro s/n. 15781 Santiago de Compostela. A Coruña.
Consellería de economía, emprego e industria.
Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral
Teléfonos: 981 545 945 – 881 999 629
Web: http://emprego.ceei.xunta.gal/programas-integrados
Email: [email protected]
Top Related