Calquera dos máis de 30 álbumes desta serie creada en 1959 polos franceses René Goscinny e Albert
Uderzo constitúe un divertido xeito de achegármonos ó mundo
romano.
Publicados, en galego e castelán, na editorial SALVAT
É certo: as aventuras de Harry Potter non suceden en Roma, mais hai abondosas referencias ó latín nos nomes dos personaxes e nos
esconxuros que enchen este mundo de magos saído do maxín de J. K.
Rowling
Traducción ó galego: editorial GALAXIA
Traducción ó castelán: editorial SALAMANDRA
Corrupción, avances
tecnolóxicos, investigación científica, e tamén amor,
danse cita nesta novela
de Robert Harris,
ambientada nas
derradeiras horas da
cidade antes de ser
seputada pola erupción do
volcán Vesubio o 24 de agosto
de 79 d.C.
Publicado en castelán na editorial
RANDOM HOUSE MONDADORI
Un curioso sabio romano viaxa a
Xudea arredor do cambio de era coa intención de seguir un tratamento nun
balneario (pois padece unha
molesta doenza). No pobo de Nazaret
coñecerá a un rapaz cuxo pai,
carpinteiro, está acusado de asasinato.
Convencido polo neno para que
axude ó seu pai, axudará a resolver o caso. Humor e intriga para esta
noveliña de Eduardo Mendoza
Publicado en castelán na
editorial SEIX BARRAL
Un xeito lixeiro de tomar contacto coa historia da Antiga
Roma, partindo dun concepto que está na conciencia de moita
xente na actualidade: que os romanos eran, supostamente, algo
tolos e bastante depravados (cousa que motivou, por
certo, a súa ruína). Idea, como todas as simples, falsas, pero
que non impide sorrir, sobre todo se está expresada con
retranca, como neste libro
Publicado en castelán na
editorial MOLINO
Enfocado como unha guía turística actual, este libro pódese ler como
unhas instruccións para calquera que viaxase á Cidade
Eterna arredor do ano 300 d.C., no momento do seu
máximo esplendor arquitectónico. Por suposto, tamén nos falan dos costumes
romanos, unha información útil para calquera
visitante
Publicado en
castelán na
editorial OCÉANO
Todo un best-seller en Italia,
este libro de Alberto Angela
propónnos unha viaxe á Roma do
ano 115 d.C. durante un día:
desde o amencer ata ben entrada
a noite, descubrimos
como pasaban o tempo os antigos
romanos, tanto no aspecto
público como no privado
Publicado en castelán na editorial LA
ESFERA DE LOS LIBROS
Como diciamos, existe o tópico
de que a sociedade da Antiga Roma
estaba dominada por
unha búsqueda desenfreada do pracer. En Los
placeres en Roma, Jean-Noël Robert aborda
con rigor o tema, mais sen
resultar aburrido. En fin, un libro sobre o ocio para o teu tempo de ocio
Publicado en castelán na
editorial EDAF
Manfredi, coñecido no
mundo literario polas súas
novelas históricas sobre
Alexandre Magno, compón
agora unha ficción sobre un
dos acontecementos
capitais da historia romana: o asasinato de
Xullo César (sentimos
desvear o final, pero o máis interesante
acontece antes)
Publicado en castelán na
editorial GRIJALBO
Isaac Asimov fíxose famoso polo seu labor
como divulgador de
coñecementos científicos e
como escritor de ciencia-ficción,
pero tamén escribíu libros
sobre a Historia da Humanidade. Os dous volumes
sobre Roma serven para
achegarse á súa historia con amenidade
Publicados en castelán en
ALIANZA EDITORIAL
De novo unha
historia que acontece nos días finais da
cidade de Pompeia, aínda que neste caso domina a
escena unha historia de
amor tipicamente romántica
Publicado en castelán na
editorial PLANETA
Robert Harris segue a aproveitar a historia de Roma
para escribir relatos tendo moi
presente os sucesos reais (ou polo
menos, o que nos contan os antigos). Neste caso, trátase
das manobras políticas de Marco
Tulio Cicerón (avogado, político e
escritor do que conservamos
moitas obras). Todo un retrato das ambicións dos
protagonistas dos derradeiros anos da República romana
Publicado en castelán na
editorial RANDOM HOUSE
MONDADORI
O británico Robert Graves
imaxinou unhas memorias do Emperador
Claudio nas que o protagonista
relata o acontecido dentro da
dinastía Xulia-Claudia. Intrigas,
asasinatos, mentiras e ambicións persoais
desmesuradas. Nos anos 70, a
BBC non resistíu a tentación de
facer unha adaptación televisiva
Publicados en castelán nas
editoriais EDHASA e ALIANZA
Marguerite Yourcenar invade a mente do
Emperador Hadriano,
home de fonda formación
filosófica, para reflexionar
sobre a traxectoria vital dun
home que tivo o poder
absoluto e que intentou
empregalo para o que el entendía que
era o ben.
Publicado en castelán na
editorial EDHASA
Non esquezas nunca que a lectura é un dos praceres máis duradeiros e intensos (si: aínda que non o creas) que
podes experimentar. Se te deixas enganchar, esta droga vaite acompañar durante toda a túa vida e permitirache
ampliar a túa mirada sobre o mundo. Pódesme crer: estacho a dicir un libroadicto incurable