Segundo o Proxecto PISA, “a Competencia Lectora consiste na comprensión e o emprego de textos excritos e na reflexión persoal a partir deles co fin de alcanzar as metas propias, desenvolver o coñecemento e o potencial persoal e participar na sociedade”. A lectura non só proporciona información (instrución) senón que forma (educa) creando hábitos de reflexión, análise, esforzo, concentración... e recrea, fai gozar, entretén e distrae. Unha persoa con hábito de lectura posúe autonomía cognitiva, é dicir, está preparada para aprender por si durante toda a vida. Nesta época de cambios vertixinosos na cal os coñecementos envellecen con rapidez, é fundamental ter un hábito lector que nos garanta ter coñecementos frescos, actualizados, pois iso vólvenos laboral e academicamente máis eficientes e competentes. Ter unha fluída comprensión lectora, posuír hábito lector, hoxe en día, é algo máis que ter un pasatempo digno de eloxio: é garantir o futuro das xeracións que neste momento están a se formar nas aulas.
A lectura axuda ao desenvolvemento e perfeccionamento da linguaxe. Mellora a expresión oral e escrita e fai a linguaxe máis fluída. Aumenta o vocabulario e mellora a redacción e ortografía. A lectura permítenos aprender calquera materia desde física cuántica ata matemática financeira. Non hai especialidade profesional na que non se requira dunha práctica lectora q u e a c t u a l i c e c on s t a n t e m e n t e os coñece ment os pa ra fa ce rn os má is competentes día a día. A lectura mellora as relacións humanas, enriquecendo os contactos persoais pois facilita o desenvolvemento das habilidades sociais ao mellorar a comunicación e a comprensión doutras mentalidades ao explorar o universo presentado polos diferentes autores. A lectura dá facilidade para expor o propio
pensamento e posibilita a capacidade de pensar. No acto de ler, establécense conceptos, xuízos e razoamentos xa que, aínda que non sexamos conscientes diso, estamos a dialogar constantemente co autor e coa nosa propia cosmovisión. A lectura é unha ferramenta extraordinaria de traballo intelectual xa que promove o desenvolvemento das habilidades cognitivas fundamentais: comparar, definir, argumentar, observar, caracterizar, etc. A lectura aumenta a nosa bagaxe cultural; proporciona información, coñecementos de diferentes aspectos da cultura humana. A lectura amplía os horizontes do individuo permitíndolle porse en contacto con lugares, xentes, experiencias e costumes afastados a el no tempo ou no espazo. A lectura estimula e satisfai a curiosidade intelectual e científica. A lectura desenvolve a creatividade pois ao ampliar o noso horizonte lexicológico e cultural bríndanos o desenvolvemento dos principais indicadores de creatividade como son: a fluidez, a flexibilidade, a orixinalidade e a sensibilidade. A lectura vólvenos máis tolerantes, menos prexuizosos, máis libres, máis resistentes ao cambio, máis universais e máis orgullosos do noso. A lectura é unha afección que dura toda a vida que pode practicarse en calquera tempo, lugar, circunstancia. Líbranos dos males do noso tempo: a soidade, a depresión, o consumo compulsivo...
COMPETENCIA LECTORA
BIBLIOTECA ESCOLAR /EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
CEIP SAN XOÁN DE BECERREÁ
Recomendacións de
BIBLIOTECA ESCOLAR /EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
CEIP SAN XOÁN DE BECERREÁ
1º CICLO EP
O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS
Oliver Jeffers
Ed. Patasdepeixe
FREDERICK
Leo Leonni
Ed. Kalandraka
QUERIDA SUSI, QUERIDO PAUL
Christinnne Nöstlinguer
Ed. SM
UN CUÍÑO INDEPENDENTE
Jose Luís Cortés
Ed. SM
UN CACHIÑO DE BICA?
Mª Victoria Moreno
Ed. SM
UNHA CHEA DE ALOUMIÑOS
Antonio García Teiheiro
Ed. Xerais
Pág ina 3 Vo lumen 1, nº 1 BIBLIOTECA ESCOLAR /EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
CEIP SAN XOÁN DE BECERREÁ
2º CICLO EP
QUE VACACIONES TAN SUPERRATÓNICAS
Gerónimo Stilton
Ed. Destino
A GALIÑA AZUL
Carlos Casares
Ed. Galaxia
MATEO
Paula Carballeira
Ed. Kalandraka
BERENGUELA. AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA
ESPIÑA DE TOXO
Manuel María
Ed. AS-PG/Xistral
KIKA SUPERBRUJA
(colección)
Ed. Bruño
A MEMORIA DAS ÁRBORES
Xosé Antonio Neira Cruz
Ed. Kalandraka
POLO MAR VAN AS SARDIÑAS
Xohana Torres
Ed. Galaxia
lectura para o verán
BIBLIOTECA ESCOLAR /EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
CEIP SAN XOÁN DE BECERREÁ
3º CICLO EP
BALA PERDIDA
Manuel Rivas
Ed. Alfaguara
A BOLSA AMARELA
Lidia Bojunja
Ed. Galaxia
COUSAS DE NENOS
Castelao
Ed. Galaxia
A MARABILLOSA MEDICINA DE GEORGE
Roald Dahl
Ed. Xerais
AS BRUXAS
Roald Dahl
Ed. Xerais
CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE
Xabier P. Docampo
Ed. Xerais
O ESCARABELLO DE OURO E OUTROS CONTOS
Edgar Allan Poe
Ed. Xerais