UXÍO NOVONEYRA
Letras Galegas, 2010
Naceu no lugar de Parada, nas montañas do Courel, o 19 de xaneiro de 1930, no seo dunha familia de labregos
Na imaxe, Uxío na casa familiar do Courel
Con seus pais: José e Manuela
A paisaxe agreste do Courel, onde pasou a súa infancia e outras etapas da súa vida, marcou a súa obra poética
Augas Brancas da Rogueira!Bouzas pechas d’uces e xestas!!Abrairas teixos faias xardois e
reboleiras!
Outo bosco calado!Fontiñas do corzo!Carrozos picafondo!Non hai outro templo máis vasto nin outro credoque este silencio
Bouza: terreo a monte, cheo de matos, especialmente toxos, xestas…Abrairas: abeleirasXardón: acivroReboleira: sitio poboado de rebolos (carballo novo)Carrozo picafondo: regueiro que baixa irado do bico ó fondo dun monte ou fraga
Con 15 anos marcha a estudar
bacharelato a Lugo. Alí entra
en contacto con Pimentel, Fole, Fernández de la Vega ou Ramón
Piñeiro.Ao rematar os
estudos volve para O Courel.
Aos 19 anos marcha a estudar a Madrid. Comeza a escribir poemas en castelán. Pero enferma, con 21 anos,
e volve ao Courel.
Volverá a Madrid para traballar na radio e na televisión e alí colabora co grupo Brais Pinto e publica o seu
primeiro libro, Os eidos (1955), no que aparecerían os temas que marcarían toda a súa obra.
…pero logo seus pais enfermaron e Novoneyra volveu a Galicia para coidalos. Aquí coñeceu a outros escritores, pintores,
poetas, xornalistas...
…e a Elba Rey, da que se namorou, e coa que casou.
Marcharon a vivir a Santiago. Tiveron tres fillos: Branca-Petra, Uxío e Arturo
ANDA o vento ceibe polos eidoscon tódalas áas soltasbrúa nos castiñeirosripa as lousas dos teitosi escachafoula nas portas.
ESCACHAFOULA: fai un gran ruído.
En 1966 volve ó Courel, onde viviu ata 1983, ano en que traslada a residencia a Santiago.
Foi un poeta moi querido e recoñecido polos seus libros e por defender Galicia, o galego e as inxustizas.
Por iso nomeárono presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega
Novoneyra morreu en
Santiago en outubro do
1999 e soterrárono no
cemiterio de san
Froilán en Lugo.
Homenaxe, en Parada, da asociación galega de
escritores.
MAÑÁNS de xeada!Espertar co día á ventanencollerse na camaachegar a roupa á carai ouvir andar tropeando pola casa.Canta a vacacas astas na escada.Canta o galopandeando o corpo i o canto.
Top Related