limoeiro(Citrus limon)
limonerolemon
citronnierlimoeiro
CLASEAnxiospermasORDESapindalesFAMILIARutáceas
Árbore que pode acadar os 6 m de altura, coa copa de forma redondeda ou irregular. Toda a planta desprende un olor característico.
É unha árbore de orixe asiática moi extendida como cultivo por todo o Mediterráneo. En Galicia é común nas hortas das zonas cálidas.
TALO:O toro ramifícase desde abaixo en ponlas longas, abertas e fexibles. A tona é de cor verdosa escura con finas fendas verticais. Ten espiñas nas ponlas.
FOLLASPersistentes, alternas, de forma oval-alongada e apuntada e a beira lixeiramente serrada. Son algo coirentas e brillantes, de cor verde crara. O peciolo é cilíndrico e ás veces tem unhas pequenas ás.
FLORESSimples e hermafroditas, illadas ou en ramiños. Están formadas por cinco sépalos moi pequenos soldadas, cinco pétalos ovais carnosos e céreos, de cor branca rosada, numerosos estames e un pistilo.
FROITOS (limóns) Son hesperidios ovais cos extremos agudos, coa pel rugosa, de cor amarela crara, con abundante zumo e sabor ácido.
CICLO ANUAL-LIMOEIROFolla
Flor
Froito
xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro
USOS:Froita como alimento, para zumes, confituras, esencias, aromatizante, conservante...En mediciña tradicional o froito usábase como antiescorbútico.
TRADICIÓN ORAL
REFRÁNS
-A laranxa e o limón medios ciruxáns son.-O vinagre e o limón, medio ciruxanos son.
MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro Mon Daporta Internet
Top Related