RESUMO TEMA 2 LINGUA GALEGA 5º
As palabras sinónimas son aquelas que teñen o mesmo significado ou moi parecido: agardar, esperar.
As palabras antónimas son aquelas que teñen significados opostos ou contrarios. Os antónimos serven para expresar ideas contrapostas: arrefriar, quecer.
A linguaxe do verso caracterízase polo ritmo, pola medida dos seus versos e tamén pola rima que hai entre eles. Cada liña escrita denomínase verso. Un grupo de versos forma unha estrofa. Isto en conxunto é o que se denomina poema.
Os primeiros textos que conservamos na literatura galega son as cantigas medievais, que son composicións escritas do século XII ata o XIV. Eran compostas polos trobadores e interpretadas polos xograres. Había cantigas de tres clases: Cantigas de amigo, de amor e de escarnio e maldicir.
Un enunciado é unha palabra ou conxunto de palabras que expresa unha idea completa. Hai dous tipos de enunciados:
*Unha frase é un conxunto ordenado de palabras entre as que non hai verbos en forma persoal, pero que ten sentido. (Ollo co can!)
*Unha oración é unha palabra ou conxunto de palabras ordenadas con sentido completo e verbo en forma persoal. (Tede coidado co can).
Regras xerais de acentuación
O acento gráfico nas palabras agudas ponse cando a forza cae na última sílaba e as palabras rematan en vogal, -n, -s e -ns.
café camión galés peóns
Non levan til se acaban en ditongo decrecente, seguido ou non de -s.
acabei ademais
Levan til ou acento gráfico as palabras graves nas que a forza se realiza na penúltima sílaba e rematan en consoante distinta a -n ou -s.
carácter escáner
As palabras esdrúxulas son nas que recae o acento gráfico na antepenúltima sílaba e todas levan acento gráfico.
hipopótamo esdrúxula fantástico
Descrición de persoas.- en follas aparte, pegadas na libreta.
1.- Rodea a sílaba tónica, indica se é A, G ou E, e pon til cando debas:
crater lostrego autobus reloxo portatil
sabado carcere chimpance automobil nariz
comedor futbol tunel examinar bombons
2.- Di por que levan ou non til as palabras anteriores: cráter leva til
porque é unha palabra aguda rematada en consoante distinta de -n, -s.
3.- Emparella os sinónimos: 4.- Emparella os antónimos:
cadea ventre atopar esquecer
fortuna loitar lembrar empurrar
abdome cárcere doce perder
pelexar erguer tirar amargo
alzar sorte limpar luxar
4- Escribe 3 frases e 3 oracións.
Top Related