Rede Museística ProvincialArea de Cultura Excma. Deputación Provincial de Lugo
Museo Fortaleza San Paio de Narla
INDICE
1. LIMIAR......................................................................................................2
2. MELLORAS DO EDIFICIO.......................................................................3
3. RESUMO ANUAL DE VISITANTES.........................................................8
4. PROGRAMACION..................................................................................14
4.1. ACTIVIDADES ESCOLARES.....................................................14
4.2. PROGRAMA INTERXERACIONAL............................................21
4.3. PROGRAMA DA TERCEIRA IDADE..........................................22
4.4. SEMANA DOS MUSEOS............................................................25
4.5. OBRADOIROS DE VERÁN.........................................................34
4.6. OBRADOIROS DE NADAL.........................................................51
4.7. OUTRAS ACTIVIDADES............................................................58
5. CATÁLOGO............................................................................................77
Museo Fortaleza San Paio de Narla
1. LIMIAR
A Idade Media é unhas das épocas máis prolificas en canto á conservación
de monumentos pétreos, testigos mudos das guerras irmandiñas. Actualmlente
conservanse vaios edificios, un dos símbolos mais representativos en Friol, é a
Fortaleza de San Paio de Narla asentada sobre un castro celta, dedicada dende o
ano 1983 nun Museo: “de todos e para todos”. Un xenuino paseo pola historia
medieval a través das súas exposicións, lendas,... onde se inicia a reconstrución
da vida nun palacio medieval e a súa utilización didáctica.
San Paio de Narla e a historia feita palabra e realidade
Museo Fortaleza San Paio de Narla
2. MELLORAS DO EDIFICIO
Servizo de Internet no despacho para usar o ordenador portatil.
Servizo de telefonía no despacho.
Reparación de goteiras na Capela.
Reposición de bombilla e sistema de iluminación, por parte do servizo de
mantemento da Diputación, cando son de fácil reposición e urxencia son
reparadas polo persoal da fortaleza.
Iluminación exterior.
O museo de San Paio de Narla, en Friol, conta cun novo sistema de
iluminación que permitirá contemplar a fortaleza con maior detalle e
mellorar a seguridade das visitas. As luces, de alta potencia e baixo
consumo, foron sufragadas pola área de cultura da Deputación, dirixida
por Antón Bao.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
San Paio unha gaiola de luces e soños na voz de Brais
A diferencia de perspectivas e importancias do que facemos.... Magnificamos,pensamos algunha vez que o que facemos é importante.... (que absurdo).Logo de pasar varias noites plantexando a montaxe da iluminación da Torre de San Paio de Narla de preparar tanto os procedementos administrativos como a iluminación con criterios museográficos(dos de verdade) rematamos o traballo (minto remataremos cando a empresa cobre a factura).
O resultado do traballo feito está ahí espero que vos guste. Este contenedor ten a dignidade dunha das mellores pezas do museo e o traballo de iluminación non foi doado. Paciencia , técnica, visionado con distintas lúas....distintas perspectivas do edificio...distintos tipos de luz.Estou contente co traballo feito, ainda que poda parecer unha simple mellora de iluminación para min é algo máis...(GARDOME AS MIÑAS SENSACIÓNS SOBRE ESTE TRABALLO)
Lembrei cando entrei no museo e non entendía pq o arqueólogo(cando se estaba montando a sección de arqueoloxía) me tiña dúas horas diante de determinadas pezas mentras el as iluminaba ía movendo...
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Deus sabedes o que eu sinto son demasiado previsible pero ... que sinte a torre?
Como todalas noites, a torre foise acubillar xunto a capela. Esta, de mala gana, moveuse un pouco para lle deixar sitio.
- Xa estamos!- rosmou a capeliña.
- A ver cando te deitas cando a xente nena! Aínda por enriba deixache-las luces prendidas!
- Pero ti que dis ho! Que luces prendidas!
- Non me mintas, seica estivo Paquita outra vez ordenando a ferramenta nas cuadras? Seguro que adormeceu alí, ti por non molestar estiveche velándoa e esqueciche as luces acesas.
A torre non fixo caso algún ás palabras da capeliña e teimou en se durmir de novo. Era certo que Paquita estivera traballando até tarde, mais o das luces era invento do mal espertar na ex-relixiosa. Como lle é propio a Dona Xiá, no canto de enganchar no sono enganchou nun estado entre a vixilia e o soño. Sentía ben as súas pedras como se estivese esperta, sen estalo. Unhas imaxes oníricas iluminábanlle os adentros, as estancias. Fixo repaso, unha por unha, non fora ser que a rosmona compañeira de cubil tivese razón. E foi ser que non; ningunha luz do seu interior quedara esquecida. Algo máis relaxada durmiu, non sen antes recebir un par de couces máis un responso da capela.
Xa na madrugada, case na terza vixilia, a capeliña comezou a rebumbiar. Non daba creto ao calor que desprendía a súa compañeira.
- O desta muller é moito, meu deus, nin que a estivesen a roxar! Ca, ca!.- cabilou non sen antes separarse un chisco.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
A mañá chegou con Paquita abrindo a porta principal da Fortaleza. As dúas señoras tiraron a nugalla con máis esforzos dos habituais. Coloradas as dúas, rosmaban polo baixo unha de outra. Pasaran unha calor do demo toda a noite. Aínda sendo xa primavera fora moita quentura de noso señor.
- Oi nena! Como ferves! Esta noite non fun quen de pegar ollo!- dixo a Torre.
- Descarada! Eras ti soíña, querida. Habiaste ver, roxada coma un forno!.- respostou a capeliña.
- Eu? Non mintas, nena, non mintas, que aínda che ha sangrar de novo a tumba dos teus adentros.- asegundou maliciosa a Torre
- Non te metas con dona Catalina! Que teima lle tes a pobre muller. Vasco das Seixas era un brután e non hai máis.-encabuxouse a capeliña
- Algo faría a pendanga!.- cismou a vella.
- Burra vella, que mala memoria tes! Ademáis que terá que ver o touciño coa velocidade, botas unha calor polas noites que abafas!.- estoupou a capeliña.
- Haia paz! Haia paz.- intercedeu o Pombal con notoria sorna no seu sotaque.- Non dou creto, e logo non vos enterachedes?
- Enterarnos de que, casoupo con furados!.- Berraron as dúas, feridas no orgullo.
- Dona Xiá, bótelle un ollo á Paquita. Está no computador da recepción vendo unhas fotografías recén recibidas.
Sen deixar de bourear, a Vella Torre, concentrouse na súa estancia primeira. Nela, Paquita pasaba unhas fotografías en formato jpg. Dona Xiá comezou, desta vez por causa dela, a
Museo Fortaleza San Paio de Narla
roxar polos catro muros. Unha certa alegría subíulle por tódalas habitacións, coma unha corrente de aire cálido, tan forte que levantou os faldóns das camas; incluso Paquita tivo que termar do pelo para que non se lle desfixese o peinado.
- Mira para ahí! Viche!.- trinou a capeliña, contenta coma unha nena .- e que ben saimos eh?
- Como locen os meu muros e as miñas almenas!.- presumiu dona Xiá
- E a miña campaíña, que cousa mais xeitosa!.- fachendeou a capeliña.
- Agora xa non vai patinar ninguén no inverno ao baixar pola rampa medio xeada.- aseverou o Pombal.
- Ei, cuidapaxaros! Que non saes nos retratos!.- ríronse as damas do Pombal.
- O que é guapo, é guapo sempre, miñas señoras.- respostou con elegancia o vello.
Os comentarios alegres movían o ar. Ese ventiño ledo coxegueou nas comisuras da Paquita facendo inzar un sorriso de satisfación. Na pantalla unhas fermosas fotografías amosaban o porte esplendoroso que a nova iluminación lle outorgaba ao conxunto arquitectónico da Torre de Xiá. Luz útil e fermosa. ( Brais García)
Limpeza dos accesos e plataforma do castro da fortaleza varias veces ao ano.
Renovación de materiais de semente naturais;coma espigas de millo, trigo, leña,...
Aspiración de todas as pezas que contiñan todas estas sementes co fin de
eliminarlles a polilla.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Amaño de deshuminficadores.
3. RESUMO ANUAL DE VISITANTES.
Xaneiro Nº total de visitantes 615
Obradoiros 34
5 grupos adultos 376
Visitas individuais 205
Febreiro Nº total de visitantes 339
4 grupos escolares 100
2 grupos adultos 65
Visitas individuais 174
Marzo Nº total de visitantes 1378
16 grupos escolares 362
11 grupos adultos 253
Visitas individuais 763
Abril Nº total de visitantes 1702
Museo Fortaleza San Paio de Narla
19 grupos escolares 533
10 grupos adultos 330
Visitas individuais 839
Maio Nº total de visitantes 1544
19 grupos escolares 531
1 grupo adultos 22
Visitas individuais 991
Xuño Nº total de visitantes 750
10 grupos escolares 250
8 grupos adultos 176
Visitas individuais 324
Xullo Nº total de visitantes 559
2 grupos campamento 42
3 Obradoiros 60
Visitas individuais 457
Agosto Nº total de visitantes 1407
5 Obradoiros 168
Visitas individuais 1235
Setembro Nº total de visitantes 484
2 grupos adultos 70
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Visitas individuais 414
Outubro Nº total de visitantes 513
2 grupos escolares 27
6 grupos adultos 149
Visitas individuais 337
Novembro Nº total de visitantes 659
Grupos escolares 220
Grupos adultos 20
Visitas individuais 419
Decembro Nº total de visitantes 884
Grupos escolares 69
Grupos adultos 167
Visitas individuais 648
Total visitantes anuais 10830
Museo Fortaleza San Paio de Narla
XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOS SET OUT NOV DEC0
200
400
600
800
1000
1200
1400
1600
1800
615
339
1378
1702
1544
750
559
1403
484 513659
884
Por número de visitantes
Museo Fortaleza San Paio de Narla
14%
14%
5%
8%
19%
29%
11%
Por idades
0-1011-1415-1819-2526-4041-6566
0
500
1000
1500
2000
2500
3000
3500
4000
1941
35233891
20118 67 16 32 31
22580 4710336
32851 11 4 64134
Por procedencias
LUGO CIDADE LUGO PROVINCIA GALICIA ANDALUCIA ARAGONASTURIAS BALEARES CANARIAS CANTABRIA CATALUÑACASTILLA-LEON CASTILLA-LA MANCHA EUSKADI EXTREMADURA MADRIDMURCIA NAVARRA LA RIOJA VALENCIA ESTRANXEIROS
Museo Fortaleza San Paio de Narla
0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500
71
1466
1053
1430
1155
2535
3185
Por días da semana
DOMINGOSABADOVENRESXOVESMERCORESMARTESLUNS
Museo Fortaleza San Paio de Narla
XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOS SET OUT NOV DEC ANUALHOMES 299 197 701 858 789 373 282 701 267 246 320 443 5476MULLERES 316 142 677 844 755 377 277 702 217 267 339 441 53540-10 45 10 445 208 147 178 128 189 31 27 80 73 156111-14 23 105 136 297 338 131 28 232 9 55 59 69 148215-18 10 6 94 70 163 1 7 11 7 10 150 46 57519-25 15 65 18 160 275 4 44 110 23 14 32 91 85126-40 106 89 162 272 258 89 110 382 151 99 133 163 201441-65 290 60 372 298 285 303 167 411 244 224 180 268 310266 126 4 151 397 78 44 75 68 19 84 25 174 1245LUGO CIDADE 170 152 322 263 268 171 107 139 124 22 91 112 1941LUGO PROVINCIA 144 19 622 319 857 215 136 373 79 135 294 330 3523GALICIA 272 163 403 959 329 274 175 315 175 237 217 372 3891ANDALUCIA 10 6 4 32 48 12 64 4 5 6 10 201ARAGON 2 2 10 2 2 18ASTURIAS 2 4 13 4 3 7 13 5 4 11 1 67BALEARES 6 2 3 2 2 1 16CANARIAS 8 1 15 3 5 32CANTABRIA 2 1 19 5 1 3 31CATALUÑA 2 2 3 9 6 29 166 3 5 225CASTILLA-LEON 1 2 8 11 4 7 14 16 4 7 6 80CASTILLA-LA MANCHA 2 4 2 5 20 12 2 47EUSKADI 2 4 10 7 55 16 4 5 103EXTREMADURA 2 3 18 11 2 36MADRID 4 3 3 40 5 16 21 103 13 81 11 28 328MURCIA 36 2 13 51NAVARRA 2 3 2 2 2 11LA RIOJA 3 1 4VALENCIA 3 6 1 47 4 3 64ESTRANXEIROS 4 24 10 17 28 25 6 10 10 134MAÑAS 349 207 584 326 597 423 192 504 135 207 220 314 4058TARDES 266 132 794 1376 947 327 367 899 349 306 439 570 6772
LUNS 48 23 71MARTES 30 124 30 519 79 29 47 286 36 43 147 96 1466MERCORES 17 17 135 184 145 64 252 54 26 21 138 1053XOVES 15 60 262 203 270 144 76 205 11 10 38 136 1430VENRES 5 48 107 150 53 190 110 143 76 74 160 39 1155SABADO 458 89 155 319 463 154 155 156 146 192 131 117 2535DOMINGO 90 339 689 240 493 88 107 313 161 168 162 335 3185GRUPOS ESCOLARES 34 100 362 533 531 250 42 50 220 69 2191GRUPOS ADULTOS 376 65 253 330 22 176 60 168 70 189 20 167 1896VISITAS INDIVIDUAIS 205 174 763 839 991 324 457 1235 414 274 419 648 6743DOMINGOS NO MUSEOTOTAIS MENSUAIS 615 339 1378 1702 1544 750 559 1403 484 513 659 884 10830
*RESUME EXTRANXEIROS Az
erba
yan
Chile
/Sah
ara
KAza
jast
an
Fran
cia
Peru
Irlan
da
Cuba
Arxe
ntina
Alem
ania
Bras
il
Port
ugal
Aust
ria
Polo
nia
Cana
da
Belx
ica
Ecua
dor
Italia
Hola
nda
EEU
U
Rum
ania
Colo
mbi
a
ANUALXANEIRO 1 1 2 4FEBREIRO 0MARZO 2 6 8ABRIL 10 2 1 7 4 24MAIO 1 3 6 10XUÑO 2 2 3 2 2 1 12XULLO 4 2 6AGOSTO 4 4 2 5 2 6 2 3 28SETEMBRO 4 3 12 2 3 1 25OUTUBRO 4 1 1 6NOVEMBRO 3 1 6 10DECEMBRO 10 10TOTAL 1 11 2 18 6 10 1 9 7 5 7 8 5 6 18 2 8 7 4 1 7 143
* Nº DE GRUPOS XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOS SET OUT NOV DEC ANUALNº GRUPOS ESCOLARES 2 4 16 19 19 10 2 6 8 3 89Nº GRUPOS ADULTOS 5 2 11 10 1 8 3 5 2 2 1 5 55
RESUME DE VISITAS AO MUSEO SAN PAIO DE NARLA ANO 2010
Museo Fortaleza San Paio de Narla
4. PROGRAMACIÓN
4.1. Actividades escolares
Ao longo do curso ofrécese a posibilidade de solicitar dous tipos de visitas:
guiada e con actividade. Para realizar estas visitas é necesario a concertación
previa das mesmas, concertando con departamento de didáctica.
Visita de inciación:
Comprende un recorrido por todo o castelo, recomendase para os grupos
que visitan o centro por primeira vez, independentemente do seu nivel educativo.
Duración aproximada de 60 minutos.
Para un mellor aproveitamenteo do Museo Fortaleza San Paio de Narla, xa
que existe unha variedade e riqueza de contidos, e na procura dun novo concepto
de visita máis participativa, como alternativa as tradicionais visitas guiadas e que
implique a colaboración directa de profesores e alumnos, ofrecemos no 2010 un
programa de itinerarios os distintos niveis de ensino:
O Castelo encantado
O Porvir do pasado
O Labirinto do Castelo
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Un Museo de Lendas
O xogo de verbas
Na lareira
A bela durminte
Visita de iniciación
Nivel: Todos os ciclos
Data: Curso escolar
Obxectivo: Comprender que a as sociedades actuais están condicionadas polo
seu pasado histórico. Recoñecer as ferramentas e analizar a súa evolución e
continuidade, así como a necesidade de conservalas para outras xeneracións.
O Castelo encantado
Nivel: 1º e 2º ciclo de Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Identificar as distintas clases sociais; servos, señorío e cabaleiros
meirante os recursos que nos ofrecen as diferentes salas do museo.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
O Porvir do pasado
San Paio de Narla é un museo axente para o coñecemento da vida pasado
dos nosos devanceiros, museos que deben de ser, e son, activos na educación
dos nosas xeneracións.
Nivel: ESO e BAC
Data: Curso escolar
Obxectivo: Estudiar o paso do tempo, no que se desenvolve o señorio de San
Paio de Narla, así como as distintas salas, a través da Lenda da Cova da Serpe.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
O Labirinto do Castelo
Nivel: ESO e BAC
Data: Curso escolar
Obxectivo: Coñecer a etnografía e desenvolver a creatividade do alumnado sendo
conscentes da importancia do pasado para comprender e presente.
Un Museo en Lendas
Nivel: 3º Ciclo de Primaria, ESO e BAC
Data: Curso escolar
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Obxectivo: Coñecer a literatura e a mitoloxía popular do Concello de Friol a
través da comunicación cos nosos maiores.
O xogo de verbas
Nivel: 4º,5º e 6º Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Aproveitar a riqueza e a variedade do patrimonio cultural, tomando
conciencia da importancia do pasado para comprender o presente; para espertar
o interese polas visitas aos museo motivamos con xogos.
A) Nesta fotografía sinala o nome desta peza
B) ¿Sabes o nome de peza que vai do guindastre ó caldeiro?
Museo Fortaleza San Paio de Narla
C) O guindastre recibe tamén o nome de _____________
Localiza nesta sopa de letras as respostas dos apartados C das probas anteriores
e comprobarás que coas letras restantes contadas de 3 en 3 atoparás o nome
deste museo.
Na Lareira
Nivel: Ed. Infantil, 1º e 2º de Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Visitar a cociña para que o alumnado decubra a transformación que
esta dependencia sufriu ao longo do tempo. Compararemos as vellas cociñas e
as comidas que nelas se facían coas actuais
Museo Fortaleza San Paio de Narla
A bela durminte
Nivel: Ed Infantil e 1º e 2º de Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Empregar como fío condutor o conto da Bela Durminte e aproveitar
como recurso os obxectos expostos, nun ambiente, en principio nada atraínte
para o neno, o castelo vaise convertendo nun escenario onde a imaxinación cobra
vida ata materializarse como real.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
4.2. Programa interxerenacional
A través deste programa o que pretendemos é o coñecemento duns
medios artesáns que forman parte da nosa cultura e que tende a desaparecer
ante os novos procesos industrial e tecnolóxicos.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
4.3 Programa da terceira idade
En termos xerais podemos dicir que a historia de Friol é a dos
acontecementos que lles ocorren aos antigos señores, hai que descubrila a base
dos vellos nobres que poboaron a comarca e das épocas en que dominaron o
territorio. Por iso nós creamos o programa da terceira idade.
Ninguén como as persoas maiores, isto é a terceira idade, pode valorar o
patrimonio inmaterial que tiña a transmisión oral da súa época, xa que era o seu
medio de comunicación, e nós os traballadores de museo somos os
encomendados de traspasar o noso legado a outros conecllos, iso é o que imos a
facer cos nosos visitantes da terceira idade.
A serpe que mamaba na mozaChegoume ós meus oídos unha lenda que xa escoitei en varios lugares; ata na lonxana Venezuela. Isto pasou no concello de Friol (Lugo).Conta que unha nai recén parida tiña que ir traballar ó campo. Cada tres horas debía deixar o traballo e ir ata a casa darlle o peito ó seu cativo. Aproveitaba ese momento en que o neno mamaba para deixarse levar polos brazos de Morfeo e descansar un pouco. Cando o cativo deixaba de mamar, a rapaza despertaba e regresaba ó traballo. O neno soía tardar tres horas en pedir de novo teta pero nos derradeiros días aínda non pasara unha hora e xa estaba a chorar pedindo máis comida.A avoa chamaba entón a súa filla para que regresara á casa darlle de comer. Ela viña e a avoa ía ocupar o seu lugar nas tarefas do campo.Aconteceu que ese día chovera e a avoa, para evitar as pozas de auga no chan, verteu nel serrín para que secara as pingas de auga. Cando a rapaza despertou do seu descanso viu con sorpresa unhas marcas moi raras enriba do serrín. Chamou ó seu home, e a seu pai, e eles seguiron aquelas pegadas e atoparon debaixo dunha alacena unha serpe. E, despois de matala, encontraron que o seu bandullo estaba cheo do leite, aínda quente, saído dos peitos da rapaza.Con razón o cativo choraba de fame. Mentres a nai se quedaba durrmida a serpe aproveitaba para zugar ela tamén.
A serpe de MirazCóntanme que alá polá década de mil novecentos corenta en Miraz, unha aldea do concello de Friol (Lugo), aconteceu un feito que deixou a tódolos veciños cheos de estupor.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Na casa dos Morandeira, unha das tantas familas que vivían, e viven, alí, e que como medio de vida se adican á cría do gando, á recollida e venda da leite, tiñan unha boa cantidade de vacas. Os dous rapaces máis cativos da casa ían tódalas mañáns levar as vacas ás chousas a pastar. Logo, polas tardes, cando os rapaces chegaban á casa co gando os maiores preparábanse para muxir.Sempre comezaban muxindo as vacas que tiñan para a venda do leite e remataban coa que quedaba na casa para facer os queixos e a manteiga coa tona.A vaca, Rubia se chamaba, que deixaban para iso sempre era a que máis leite soía ter pero dun tempo para acó comezara a mermar ata que atoparon a "sorpresa".Resulta que aquel día a moza da casa decidiu muxir a Rubia e así adiantar os laricos. A sorpresa foi moi grande cando viu enrodelada na pata traseira do animal unha serpe que estaba mamando dos tetos da vaca.Chamou ós homes da casa pero eles agardaron para matala a que a serpe rematara o seu xantar, por medo a que mordera ó animal.Só os que viron aquilo e logo mataron o animal acreditan nesta historia que xa é unha lenda naquela contorna.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
8 de Maio de 2010
4.4 Semana dos museos
EXCURSIÓN A
SAN PAIO DE NARLA
Museo Fortaleza San Paio de Narla
ç
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Visita da Harmonía: Momo sinte, Momo escoita, Momo ve.
Visita telefónica para cegos.
“Museos para a harmonía social”
San Paio de Narla é un museo que quere abrir as súas portas a
pluralidade, eliminando todas as barreiras. O mellor exemplo é unha invidente que
concoce o museo (Pilar Yáñez) e intenta explicalo vía telefónica a Miguel Moreno
diretor do museo tiflológico da ONCE e desta visita participaremos os visitantes
asistentes formando unha convivenza física sen barreiras socioculturales,
lingüísticas, psíquicas e físicas.
Obradoiro: Ética e multiculturalidade
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Historias a carón da lareira para contar e cantar
Que mellor recordo que as estancias do museo de San Paio de Narla para
facer viva a memoria a carón do lume dende o nacemento ata os nosos tempos. A
discapacidade faise realidade a través de Pilar Yáñez, invidente.
Concerto de Ugía Pedreira e Fred Martins
Os trovadores facían cantigas en San Paio de Narla a carón do lume e dos
señores feudales. Hoxe faino Ugía Pedreira e Fred Martins na noite dos museos
cos visitantes nocturnos que nos acompañan, nestas fermosas pedras.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Cando un museo prenténdese abrir a todo tipo de público, cabe
preguntarse ¿Cómo vai ser isto posible? San Paio de Narla “É un museo de todos
e para todos”, é dicir, o que é óptimo para un público infantil pode selo tamén para
a 3ª idade. Este é o obxectivo da Rede Museísitica.
Teatro escolar
Polo grupo de teatro “Algo mais que pan e queixo” basado na lenda dos
señores da Fortaleza San Paio de Narla (Doña Catalina de Andrade e Señor
Vasco da Seixas) Alumnos do colexio Dr. López Suárez de Friol. Baixo a dirección
dos mestres Carricoba e Blanca.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Museo Fortaleza San Paio de Narla
4.5 Obradoiros de verán
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Campamento de Arqueoloxía
Este obradoiro de verán pretende achegar aos participantes, á historia de
Roma, a través dos recursos dos que dispoñemos.
Unha peza de San Paio
Obxectivo: Investigar, conservar e expoñer nun museo.
Cada neno convértese nunha peza de museo que el mesmo elixe, o primeiro paso
que fai e fotografiala, e partir de ahí asume os distintos pasos para poder ser unha
peza de museo: estudiala, conservala, e ao final expoñela.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Rede de historias, xogo de rol: Os Irmandiños
As vivencias do pasado rexurden nun ámbito idóneo, para que gocen da
consideración que merecen e fagan sentir interese pola historia desta fortaleza.
Obxectivos:
Achegar a historia medieval de Galicia aos nenos e nenas.
Facer que confeccionen o seu propio material de xogo, deste xeito a
unidade didáctica prevé impartirlles unhas nocións básicas de
heráldica.
Un acercamento ao estudo da socioloxía medieval galega, xa que se
lles fará un contexto social e histórico.
Explicáraselles a estrutura dunha irmandade (cuadrilleiros).
Comprender como se estrutura unha fortaleza medieval: paseo de
ronda, torreón, foxo…cómo facer unha fortaleza inexpugnable? qué lle
falta hoxe a San Paio?
Propoñer modelos alternativos de lecer, nos que se fomente a
convivencia e o traballo en equipo.
Estimular a creatividade e a imaxinación dos nenos e nenas.
A actividade consta dunha fase teórica e doutra práctica, na primeira o que se pretende
impartir é unha lixeira idea do que foi a época medieval en Galicia e a repercusión que tiña
a tódolos efectos a Revolta dos Irmandiños. Incidindo con especial atención no papel que
Museo Fortaleza San Paio de Narla
desempeñou o señorío de San Paio de Narla e a relevancia da fortaleza como continente do
mesmo.
FASE PRÁCTICA:
En dous bloques: primeiramente fárase un obradoiro no que se confeccionaran o seu
material: armamento e indumentaria. Para o cal proporcionaráselles modelos que tomarán
como guía, é dicir, será o que diseñarán para posteriormente lucir.
Nun segundo apartado, situase a elección do personaxe ou rol que vai adoptar cada neno
e nena. Sendo prioritario establecer un reconto de cantos nenos e nenas participan na
actividade, e dividilos en grupos que representarán o espectro social da época medieval:
altos burgueses, baixos burgueses, bachareis, bandidos, campesiños, fidalgos, mariñeiros,
mendigos, mercenarios, menciñeiros, monxes, trobadores…isto polo que respecta ao bando
dos irmandiños. No que atinxe ao bando dos malfeitores, hai que comentar que este
engloba ás tropas defensoras da fortaleza de San Paio de Narla, o señor Vasco das Seixas e
o seu séquito de nobres, exército, menciñeiros… Sería interesante intentar dar unha política
de unión fraternal entre a coroa castelá, tendo en conta a liñaxe castelá de Catalina de
Andrade, esposa de Vasco das Seixas, e a coroa galega representada na devandita persoa.
Asemade isto permitirá ampliar o número de roles a desempeñar.
Formáranse os grupos principais: irmandiños e malfeitores, de cada bando deberá saír
un representante, dos irmandiños sairá o campesiño máis aventaxado e dos malfeitores será
o máis carismático o que represente a Vasco das Seixas. Que coa súa garda deberá
defendela fortaleza para evitar que sexa tomada polos irmandiños. Convén responder a
unha serie de interrogantes, coma por exemplo:
E LOGO COMO FOI QUE SE ENFADARON OS IRMANDIÑOS?
Museo Fortaleza San Paio de Narla
O que pasou foi que os bos dos irmandiños cansáronse de ver cómo a miseria e a peste
negra se cebaba con eles, namentres nos castelos os nobres divertíanse e tiñan unha serie
de privilexios só por ser dunha liñaxe máis prestixiosa. Estaban fartos de ter que traballar
para os señores que enchían o bandullo a súa costa mentres eles non podían alimentar aos
seus fillos. Ademais tiñan que pagar trabucos (impostos) ao clero.
Era unha época de incertidume e de moito perigo, había moitísimos ladróns que
asaltaban os viandantes polos camiños o que daba inseguridade, ademais estaban as bandas
dos malfeitores que atacaban impunemente; pois eran defendidas polos señores e bispos.
Estas bandas tiñan acubillo nos mesmos castelos, e a parte máis substanciosa do que
sacaban ía a parar ás arcas dos seus propietarios.
Desamparados pola xustiza e cansos de que as bandas acubilladas nos castelos lles
roubasen os bois, as bestas, os cartos e todo canto se lles antollase, os sufridos habitantes
das cidades, unidos aos labregos, acordaron organizar asociacións veciñais coa fin de
establecer a a orde en toda Galicia. A estas xuntas chamáronlles irmandades e nelas
debatíase cómo acabar cos nobres e bispos.
Por un lado están os irmandiños e por outro os cuadrilleiros, xefes militares das
irmandades, mandando cada un deles cen irmandiños armados.
Parte de interacción cos nenos e nenas.
A POR TODAS, MORTE Á MONARQUÍA E A IGREXA!!!!
Pero antes da comezar a batallar, da historia tédevos que enterar!
UN POUCO DE CONTEXTO HISTÓRICO
Museo Fortaleza San Paio de Narla
No ano 1467, miles de homes e mulleres marcharon contra os castelos berrando ¡Viva a
Santa Irmandade, morran os cabaleiros e os cregos! Foi tan enorme o exército irmandiño,
que os bispos e señores, sorprendidos e atemorizados, apenas ousaron enfrontarse a eles. O
exército popular asaltou as fortalezas, botando abaixo os muros defensivos.
Os señores como Pedro Madruga e o arcebispo Fonseca, incapaces de someter a
revolución irmandiña, tiveron que fuxir a Portugal. Vencida e fuxida pois a nobreza, as
Irmandades tomaron o goberno de Galicia, adicándose a pór orde nos camiños e a xulgar a
señores e bandoleiros. Conseguiron acabar con tódolos malfeitores e arrastráronnos ao
patíbulo, aforcándoos e apoderáronse de fortalezas consideradas inexpugnables.
Pero os nobres moi pillos eles, estaban agochados en Portugal, non se resignaban a
perder os seus antigos privilexios. Así que Pedro Álvares de Soutomaior, máis coñecido
como Pedro Madruga, falou cos seus parentes e amigos, entre os que se atopaba o rei de
Portugal, e pediulles axuda para recuperar as terras e fortalezas que deixara en Galicia.
Parte de interacción cos nenos e nenas:
A onde se dirixen estes nobres?
Queredes saber cómo continua a historia?
Se é si, berrade moi forte siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii!!!!
Por favor, iso é todo o que sodes capaces de berrar?
Cómo se nota que sodes de Friol! menudo irmandiños e irmandiñas máis malos imos
ter!
A ver, ensinádeme se tedes bos pulmóns!!! berrade con forza!!!
QUÉ PASOU DESPOIS, ENTÓN?
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Pois que todos lle dixeron a Pedro Madruga que si, que o socorrían. De maneira que na
primavera de 1464 Pedro Madruga pasou o Miño, disposto a recobrar o que lle quitaran as
Irmandades.
Os irmandiños alertados pola presenza en Galicia do exército de Pedro Madruga,
intentaron frealo seu avance opoñendo resistencia, pero Pedro Madruga coñecía moi ben a
táctica militar. Uniuse ás tropas do arcebispo de Fonseca que tamén viñera a Galicia a
recuperalas súas propiedades, e estableceron o cerco da cidade, daquela amurallada.
Parte de xogo de rol e de interacción cos nenos e nenas:
Loitade irmandiños, defendede o que tanto caro vos custou acadar!!
Ánimo nobres e cabaleiros, recuperade as vosas pertenzas!!
Ui, ui, eu non sei a quen animar e vos? Sabédelo?
Daquela, qué lles pasou aos irmandiños?
Non lles quedou máis remedio que presentala rendición, despois de loitar nunha
encarnizada e cruenta batalla, na que mesmo o propio arcebispo Fonseca houbo de morrer
dun saetazo nunha perna.
Xa postos outra vez nos seus castelos e pazos, os vellos señores tomaron de novo o
goberno de Galicia. Moitos dos irmandiños foron executados. Os membros da irmandades
mailos labradores tiveron que erguer á súa conta os derribados muros da fortaleza e pagar
centos de marabedís pola recostrucción.
Volta á dureza da vida…
A derrota dos irmandiños supuxo que Galicia non se puidese desenrolar como o resto de
Europa, situación que aproveitaron os funcionarios e señores do reino de Castela, que
entraron en Galicia sen demasiados problemas. De maneira que o Reino de Galicia xa non
Museo Fortaleza San Paio de Narla
estaba gobernado polas Irmandades, nin polos señores galegos, nin polo arcebispo de
Compostela, só por xente castelá de Isabel “la Católica”
Agora xa vedes o que lles pasou os irmandiños, imósvos repartilo papel que vos toca a
cada un. Se vos toca ser un irmandiño , pensades deixar que o señor vos coma a vosa terra
e vos mate de fame? e se sodes un señor, nobre, conde … Vades permitir que os labregos
se vos rebelen?
Quen será quen? Os nenos e nenas de San Paio e ensinanvos a vós, os de Tor e os de
San Ciprián, o papel que tiveron cada un deles e delas, e as regras básicas do xogo:
Haberá dous bandos, un será o do bando dos malfeitores que abrangue nobres, condes,
bispos, reis… e outro será o do bando dos benfeitores no que se acollen labregos,
zapateiros, xastres, carpinteiros, pequena burguesía. Pero claro, quen será cadaquén?.
Aquí adxúntase a relación de nenos e nenas de San Paio de Narla que participaron na
actividade, tan só habería que elaborar a correspondente lista para cada museo: o de San
Ciprián e o Pazo de Tor e animalos a que viñesen a xogar a San Paio de Narla .
Museo Fortaleza San Paio de Narla
BANDA DOS MALFEITORES
Sara – Alfonsina de Fonseca (abadesa)
Cristina – Berta
Ana – trobadoresa
Miguel – cabaleiro
Borja – cabaleiro
Dani – Vasco das Seixas
Alba – a doncela Dulcinea
Andrea – Ana de Souza e Andrade (monxa benedictina)
Patricia – Catalina de Andrade
BANDA DOS BENFEITORES
Beatriz – a modista Xoana
Noelia – a artesana Xela
David – o carpinteiro Santiago
Santi – o gandeiro Nuno que é o cabecilla dos Irmandiños
Andrián – o ferreiro Pedro
Luis Miguel – o tecelán Manuel
Ismael – o colleitador de viño Xurxo
Rubén – o criador de carneiros Afonso
Laura – a tendeira Ximena
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Como se comeza a xogar?
O xogo ten que comenzar do seguinte xeito:
Un campesiño, podemos dicir un tal Nuno, erixe a súa voz zaherida polo cansancio e os
múltiples abusos da nobreza que o cansan e o fatigan, por insta aos seus cónxeneres a que
collan as armas e os fouciños e se rebelen contra o poder opresivo dos nobres. O rapaz que
represente a Nuno terá que desplegar as súas mellores dotes de persuasión para conseguir
que o resto dos compañeiros o secunde, cando consiga telos ánimos enfervorizados,
deberán acercarse as portas do castelo e ameazar a Vasco das Seixas de que se non é máis
magnámino e benévolo cos seus vasallos, rebelaránse e tomarán a fortaleza.
O bando dos malfeitores, encabezada e capitaneado por Vasco das Seixas, nunha
actitude arrogante e desafiante, lonxe de amedrentarse, envalentónanse, e castigan a súa
ousadía cun incremento de tarefas no campo e co gando. Os campesiños teñen que tragarse
o seu orgullo e cumplilos mandatos, pero finxiran estar conformes, xa que pola noite,
armados de fouces, deciden asaltalo castelo. O seu ataque, por pór un exemplo, podería ser
respostado co lanzamento de aceite fervendo dende as amenas da torre que abrasa os que
trepan pola torre de homenaxe, evidentemente ambos bandos terán armas para se defender,
pero en ningún momento éstas serán punzantes, puntiagudas en exceso ou metálicas.
O groso da revolta consiste, claro ésta, no enfrentamento, así uns irán caendo na batalla
(insistirlles en que terán que aprender a xogar e aceptalas derrotas) e serán atendidos polos
menciñeiros do seu bando. O xogo rematará cando os do seu bando, véxase irmandiños,
atopen a bandeira (previamente os respectivos bandos agocharán candansúa barreira) do
seu contrincante, os malfeitores, asi térana que roubar e levala para o seu campo onde a
cravaran en sinal de victoria sobor doutro bando que quedará derrotado; obviamente o
equipo despoxado da súa insignia terá que evitar que a bandeira do seu castelo ou da súa
Museo Fortaleza San Paio de Narla
vila caia en mans inimigas porque suporá a súa derrota e, consecuentemente, o remate do
xogo.
Unha vez que a actividade vaia para diante e collendo forma, elaborase un guión máis
polo miúdo onde se dispoñerá, máis exactamente, o que ten que dicir cada xogador, en
función de cantos haxa. De igual maneira, pensamos que se podería facer alusións á peste
negra, unha persoa vestida de negro simbolizará a peste e abrazará a soldados e
campesiños, no momento en que abrace a un combatente, quedará “morto” e non poderá
seguir xogando. Cada bando terá dous “comodíns peste negra” que serán letais, para que se
fagan unha idea, moi sui generis, do mortífera que foi a peste na sociedade medieval
galega daquel entón.
Se sobrase tempo, incluso se poderían facer torneos ou xustas a cabalo, ao máis puro
estilo medieval. Xunto a esto, queremos salientar que a actividade pódese facer dous
seguidos sen resultar repetitiva, xa no que o ano que gañen os irmandiños, ao ano seguinte
os malfeitores pediran a “revancha”.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Twister da diversión histórica
Para tódolas idades, se ben o axeitado e acortalos grupos en función das idades, é dicir, non é viable que nenos de 4 anos xoguen con nenos de 12 anos, porque os poden esmagar e mancar.
O xogo consistirá en dispór un taboleiro xigante, no que en vez dos míticos lunares, haberá lunares, sí, pero un tanto especiais. En cada círculo ou lunar dispoñerase un personaxe da fortaleza de San Paio de Narla: Berta, Catalina de Andrade, Vasco das Seixas, a serpe, o namorado de Berta, os vasalos, os criados, as doncelas, os personaxes da Revolta dos Irmandiños (Tomamos San Paio!)…e as pezas máis identificativas da museoloxía de San Paio, así situaranse almireces, pezas de acibechería, pezas de etnografía como a pezoeira, a sella, a lareira…
A carón do taboleiro, haberá un panel en forma de diana máis pequeño con dúas frechas, éste activase xirando e cando para de xirar, mirase onde apunta a frecha, por exemplo Alberte (nome hipotético) xira a frecha:
ALBERTE: Tocoume a frecha no amarelo onde está Catalina de Andrade, e a punta está situada no azul que é onde está un bureau de escribanía.
MONITOR/A: Moi ben Antón, tés que por o pé no amarelo (onde está un debuxo que representa a Catalina de Andrade) e a man no azul onde está a peza do bureau de escribanía. Agora van ir meténdose máis compañeiros, e terás que gardar ben o equilibrio para gañalo xogo e por iso non poderás caer ao chan ¿entendiches?
A continuación, irán entrando máis compañeiros, que xirarán tamén a frecha, e iranse dispoñendo sobor do taboleiro, até que vaian perdendo o equilibrio e só quede un. Ese será o flamante vencedor se é capaz de contar unha historia de 2 minutos con dez elementos que figuren no taboleiro, e non vale repetir, se se repite hai que voltar comezar, por exemplo:
Un día Berta estaba escribindo unha carta no seu bureau, mentres a criada na lareira, facía o xantar. Ese día había sopa de allo e a criada machacaba o allo nun morteiro que din que tamén se chama almirez.
De repente, o día escureceu e non vían nada, polo que encenderon un quinqué. Berta agardaba polo seu
mozo e tiña medo de que a súa nai Catalina de Andrade, e o seu pai, Vasco das Seixas non o aceptaran.
Se o neno ou nena que quedou de último, conta unha historia similar a ésta sen perdelo equilibrio, será quen se alce coa victoria.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Videorede
Obradoiro de introdución ao mundo da informática, onde os nenos
aprenden as ventaxas e inconvintes da web, como facer unha, así como
programas de radio, tv e redes sociais.
Obxectivos:
Coñecer as ferramentas necesarias para a creación de arquivos sonoros e
visuais e para a súa posterior publicación na rede.
Participar na creación de contidos para os diferentes canais abertos no
museo.
Coñecer, utilizar e transformar os diferentes tipos de formatos sonoros e
audiovisuais.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Obradoiro de transmisión de saberes dende a mirada da experiencia: inciación a cesteria.
Esta actividade forma parte dun programa mais amplo que ten unha
finalidade didáctica consistente nun concepto de educación integral en valores.
Do que se trata é de que os nenos aprendan a ser, a coñecer, a facer e a convivir
xuntos; desenvolvendo deste xeito as catro categorías básicas definidas no ano
1996 pola UNESCO sobre a Educación en Valores.
Estes obradoiros teñen unha duración media dunha semana ademais de
explicar a técnica falase das orixes, e das distintas tipoloxías de cestos, segundo
a zona; e as utilidades que se lle queiran dar a estes obxectos artesanais de tanta
tradición; en definitiva, trátase de coñecer a cultura e o patrimonio de cada zona a
través dos cestos.
O curso foi impatido por Pilar Yañez, invidente, mestra que hai dez anos
perdeu a vista e que se integrou no proxecto, rescatando deste xeito a súa
Museo Fortaleza San Paio de Narla
competencia docente ao acercala de novo ao mundo da infancia, onde fixo unha
grande aportación, tanto polas súas ensinanzas no eido da artesanía cesteira,
como no que atinxe ao aspecto docente e á posta en valor das escolas unitarias,
que ela defende por considerar beneficiosa a convivencia de nenos de diferentes
idades polo que se aportan entre si, algo que se reproduce nos obradoiros.
Re-trato te retrato: obradoiro para avós e netos
A primeira parte do programa consiste nunha pequena introdución ao tema
do RETRATO: que é?, de qué se compón?, como foi a súa evolución no mundo
da arte?... e tódalas conversas e dúbidas que o retrato poida espertar tanto nos
nenos coma no seus acompañantes de viaxe, os seus avós.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Obxectivos:
Entender o concepto de retrato
Comprender a evolución do concepto na historia da arte
Comentar as características dos retratos expostos
Debatir sobre os posibles puntos de vista dos participantes
Reflexionar sobre o retrato no seu entorno.
Taller de autoretratos
Coa axuda dos seus avós e compañeiros cada participante fará o seu
propio autorretrato.
Obxectivos:
Imaxinar unha imaxe de sí mesmos
Exteriorizar trazos da súa personalidade
Compartir cousas íntimas cos seus compañeiros
Aprender a indagar nos seus gustos, aficións, estados de ánimo,
carácter, formas de actuar, recordos, …
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Os xogos romanos de taboleiros
Actividade realizada polos monitores da Asociación Cultural “Caetra
Lucensium MMX”
Obxectivos:
Estimular a curiosidade pola patrimonio histórico e cultural de Lucus
Augusti e promover de modo lúdico compentencias ligadas ás áreas das
matemáticas e da historia.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
4.6 Obradoiros de Nadal
Neste Nadal preparamos un programa especial coa memoria como eixo temático
central, que só é un anticipo dunha amplia e variada oferta adicada a memoria
que poñeremos en marcha durante todo o ano no 2011.
Concienciar a sociedade sobre a rehabilitación da memoria cultural e lingüística
dos que nos precendenron na vida e asegurar a transmisión do nosos patrimonio
ás seguinte xeracións é o obxectivo.
Todas as actividades incluídas neste programa
potencian novas capacidades cognitivas:
- Aprender a coñecer
- Aprender a ser
- Aprender a vivir xuntos
- Aprender a facer
E sobre todo: Emoción, a importancia da
emoción e o asombro na arte de medrar.
BLOQUE 1: O MUSEO CONTA A SÚA HISTORIA… A NOSA/VOSA HISTORIA
Dedicaremos este bloque á reconstrución da memoria de cada museo de maneira
que forme parte da memoria de cada un.
OBRADOIRO DE MONICREQUES
Museo Fortaleza San Paio de Narla
BLOQUE 2: OS OBXECTOS CONTAN A TÚA HISTORIA
¿Que información nos facilitan os obxectos? Trataremos de responder neste
bloque esta pregunta e probaremos como un pequeno fragmento cerámico nos
pode dar información fiable, veraz e a abundante para a reconstrución da historia.
OBRADOIROS DE CERÁMICA: “COCENDO A VERDADE”
Museo Fortaleza San Paio de Narla
OBRADOIROS SOBRE A MEMORIA DOS SOPORTES: “DO PAPEL Á WEB”
Museo Fortaleza San Paio de Narla
BLOQUE 3: EL/ELA CONTA A TÚA HISTORIAA memoria conta na tradición oral cun dos seus máis antigos aliados para perpetuarse ao longo do tempo. Neste bloque veremos diferentes formas de tradición oral que serviron e aínda serven como vehículo da memoria. Como se escribe a historia oral: os relatos , as crónicas, as pequenas historias… , que investiga a historia oral: mentalidades, cultura, cotidaniedade.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
BLOQUE 4: TODOS CONTAMOS NESTA HISTORIANeste bloque traballaremos a diversidade e a inclusión. Abordaremos a inclusión desde o punto de vista da xestión pública. E gozaremos dun obradoiro de coiro que nos botará moita luz sobre a memoria.
OBRADOIRO: DENDE A LUZ DA ESCURIDADE
Museo Fortaleza San Paio de Narla
XORNADAS SOBRE XESTIÓN PÚBLICA INCLUSIVA E ACCESIBLEPELEXAR POLO POSIBLE, LOITAR POLO INVISIBLE
(Avance do programa específico destas xornadas que precisarán inscrición
previa)
Museos, temas e datas:
Museo de San Paio de Narla, Friol
Domingo, 19 de decembro
Temas: A responsabilidade social dun museo. Actos solidarios: Sahara, memoria
e esquecemento.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Domingo, 9 de xaneiro
Temas: Arte como Integración. San Paio de Narla
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Museo Provincial do Mar, San Cibrao.
Sábado, 18 de decembro
Temas: As barreiras da comunicación. Programa de Xestión Pública Inclusiva:
Presentación do proxecto de eliminación de barreiras. Comunicación e nova
montaxe do Museo Provincial do Mar.
Venres, 7 de xaneiro
Temas: Programa de Xestión Pública Inclusiva: Teatro aplicado á
responsabilidade social (Programa aberto, inscrición previa mañá e tarde).
Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos
Luns, 20 de decembro
Temas (Actividades prácticas): Programa Museos e Memoria 2007-2011:
Alzheimer. Reminiscencias e lembranzas. A cociña da memoria con AFAMON
(Programa pechado para afectados, familiares e coidadores AFAMÓN).
Sábado, 8 de xaneiro
Temas (Actividades prácticas): Programa Xestión Pública Inclusiva. Tratamos
capacidades e diversidades: capacitemos, recapacitemos, non discapacitemos
(Programa aberto, inscrición previa mañá e tarde).
4.7. Outras actividades
Obradoiro do Liño4º Ciclo USC
Xaneiro 2010
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Programa de Actos de Apoio ao Labirinto ArioXaneiro 2010
Santa Eulalia de Bóveda perdia no Labirinto Ario
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Obradoiro do Moble50 alumnos do obradoiro do moble da Deputación Provincial da Coruña,
estudiaron técnicas de traballo do moble a través das distintas pezas que nós
expoñemos durante unha xornada práctica na Fortaleza de San Paio de Narla,
técnicas como: tallado a visel, marquetería, columnas salomónicas,... levándoa á
práctica en pequenas réplicas de madeira feitas por eles.
Febreiro 2010
Silla de litera
Barroca
S. XVIII
Frente con escudo dos Montenegro e Neira Gaioso
Cadeira de man
S. XIX
Decoración vexetal- heráldica
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Armario aparador
Madeira de cerdeira
Apliques e medallóns metálicos
Pés en forma de estipite
Neoclásico S. XIX
Armario de Sancristía
1ª mitade do S. XVII
Madeira de castiñeiro
Decoración con motivos florales
Consta en su interior de 31 caixóns
Reloxo de caixa alta
Madeira e papel estampado
Reloxo de caixa alta
Madeira e lámina de papel estampada
1820
Reloxo de caixa alta estilo inglés
S XVIII
Madeira dourada e policromada
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Armario popular
Finais S. XVII , principios S. XVIII
Con tallas a bisel
3 corpos, con un corpo tipo bargueño
Bargueño Renacentista
Finais S. XVI
Con ferraxes e pechadura en ferro forxado e con dúas asas para o transporte.
Escano de levante
S. XVI
Madeira de castiñeiro
Lacena con corpo superior calado e dúas portas con columnas torneadas e dous corpos inferiores
S. XVIII
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Cunqueiro
Madeira de castiñeiro
S. XVIII
Lacena
Moble popular
S. XVIII
Dous corpos
Madeira de castiñeiro
Huchas señoriais
Talla a bisel
Finais S. XVII principios S. XVIII
Capoeira
S. XVII
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Madeira de castiñeiro
Artesa
Moble popular
Actual
Armario Barroco
S. XVIII
Pintado con motivos florais e paxaros exóticos
Columnas salomónicas e gran escudo blasonado
Bargueño
S. XVII
Ten no seu interior 6 gabetas
Cama de arte popular
Finais S. XVII principios S. XVIII
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Cabezal cheo de motivos, rosetas e estrelas
Cofaina
Decoración andaluza
S XVIII
Cadeira fraileira
Finais S XVII principios S. XVIII
4 tallas a visel con motivo de espiral
Madeira de castiñeiro
Cadeira de madeira de castiñeiro
Finais S XVII principios S. XVIII
Balaustros torneados
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Don Pedro ou sillón baixo
Madeira de castiñeiro pintado en verde dourada e vermello
Finais S. XVII principios S. XVIII
Rolo popular
Madeira de castiñeiro
S. XIX
Cama nobre
S. XVII
Columnas salomónicas
Incrustación de carei
Y en el remate la representación de la cruz taraceada
Berce en madeira de castiñeiro
S. XVIII
Forma tronco cónica.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Obradoiro de igualdade Marzo 2010
Desde o 4 ata o 15 de marzo os museos da Rede Museística da
Deputación de Lugo súmanse ás conmemoracións arredor do Día da Muller, 8 de
marzo, e do Ano Internacional do Achegamento entre Culturas, promovido pola
UNESCO, con diversos actos e actividades
A celebarción do Día da Muller cada 8 de marzo serve para visibilizar as
loitas e demandas que significaron avances na vida de millónns de mulleres
creando novas formas de pensamento.
A Área de Cultura da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística,
programa unha serie de actos para amosar distintas experiencias, culturas,
políticas e orixes étnicas, que comparten o obxectivo común de superar a
Museo Fortaleza San Paio de Narla
violencia e a pobreza para contribuír a que mundo que queremos sexa de paz,
xustiza , liberdade, igualdade e a solidariedade.
Club Literario do Xoán MontesAbril 2010
Doce alumnos de segundo e terceiro da ESO do instituto Xoán Montes
tiveron un encontro aquí San Paio de Narla con escritores, dentro dunha
actividade do club de letura do centro, que prestende fomentar a paixón literaria.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Obradoiro “Follas Novas, Novas Follas”Follas Novas. Novas Follas é un proxecto de intercomunicación dos
museos da Rede Museística da Deputación de Lugo coa sociedade no que
participan profesorado e alumnado de diversos centros escolares, xunto con pais
e nais ,avos , avoas. Un experimento comunicativo que pretende, como grande
obxectivo, o achegamento dos máis novos ao marabilloso mundo da lectura.Que
mellor forma de homenaxear a Rosalía de Castro que lendo e analizando a súa
obra para educar en valores neste ano que a Unesco adica o achegamento entre
culturas.
Fixémoslle chegar ós centros educativos das diferentes zonas onde se
enmarcan os museos da Rede, esta folla de carballo para que traballasen cos
nenos o tema da inmigración dende a obra de Rosalía.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
As follas seguirán a sua viaxe primeiro pola Casa-Museo Rosalía de Castro
e logo pola "Biblioteca Nacional de la República Argentina" e o "Museo de la
Inmigración Argentina.
Para ver toda a información referente ao proxecto temos as páxinas:
http://www.wix.com/redemuseistica/follas-novas
http://follasnovasnovasfollas.blogspot.com
http://facebook.es
Con este proxecto gañamos o “Premio de Experiencias Pedagóxicas”,
organizado pola Casa-Museo de Rosalía.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Miércoles 19 de enero del 2011
LugoCarlos Vázquez
lugo/la voz 11/6/2010
O proxecto «Follas novas, Novas follas» que desenvolve a Rede Museística de Lugo vén de acadar onte o Premio Rosalía de Castro para Experiencias Pedagóxicas. Este galardón concédeo a Fundación Rosalía e participan no mesmo a Consellería de Educación, a Dirección Xeral de Política Linguístia e o Concello de Santiago. Para optar a este recoñecemento pedíase unha unidade didáctica que empregara metodoloxía axeitada, contara con material de apoio e demostrara a labor realizada polo alumnado.
A idoneidade da selección de contidos e sentidos, a escolla de textos rosalianos, o carácter innovador, a atención a diversidade, o emprego de novas tecnoloxías e a implicación de toda a comunicade educativa, foron outros dos requisitos que se tiveron moi en conta á hora de seleccionar o proxecto gañador. O certame pedagóxico que organiza a fundación que preside a lucense Helena Villar Janeiro cumpre este ano súa sexta edición.
O premio será entregado o vindeiro 15 de xullo.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Visita do Club de moteros Lóstregos-Lucus
Visita do Club de automóviles clásicos e militares de Galicia
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Visita da Cruz Vermella
5. CATÁLOGO
Top Related