Resumo tema 1.- Ciencias da Natureza 5º Os seres vivos distínguense dos inertes en que nacen, medran, reprodúcense e morren. Isto recibe o nome de ciclo da vida.
Todos os seres vivos realizan 3 funcións vitais:
Nutrición: consiste en tomar do medio os alimentos e substancias necesarias para vivir, e expulsar do noso organismo as substancias de refugallo.
Relación: consiste en ser conscientes dos cambios que se dan no medio onde viven e reaccionar ante eles.
Reprodución: permítelle aos seres vivos ter descendentes coas mesmas características que eles.
Os seres vivos estamos formados por unha ou varias células. As células realizan as 3 funcións vitais e fórmanse a partires da división doutras células iguais.
As células están formadas por membrana (envoltura que rodea á célula), citoplasma (substancia entre o núcleo e a membrana que contén os orgánulos) e orgánulos (realizan funcións celulares).
Hai células eucariotas (núcleo ben definido), como as animais e vexetais e procariotas.
Nos seres vivos unicelulares (1 célula), esta leva a cabo todas as funcións vitais. Nos pluricelulares (moitas células), estas organízanse segundo a función que realizan en tecidos (muscular); os tecidos que realizan unha mesma función forman un órgano (músculo) e varios órganos forman un aparato (locomotor)
Os seres vivos son moi diferentes uns dos outro. A pesares diso podemos agrupalos en cinco grandes grupos chamados reinos:
Reino dos animais: formado por seres pluricelulares que se alimentan doutros seres vivos e que se poden desprazar. Diferenciamos:
.-Vertebrados: con columna vertebral (xouba, can, pomba...)
.-Invertebrados: sen columna vertebral (araña, verme, ameixa...)
Reino das plantas: formado por seres pluricelulares que fabrican o su alimento a partires de auga, minerais e dióxido de carbono (fotosíntese) e non se desprazan. Hai dous grandes grupos de plantas:
.- Plantas con flor que se reproducen mediante sementes.
.- Plantas sen flor, que se reproducen mediante esporas.
Reinos dos fungos: nin se desprazan nin fabrican o seu alimento. Aliméntanse doutros seres vivos ou de restos destes. Poden ser unicelulares (fermentos) ou pluricelulares (cogomelos, mofos).
Reino moneras: seres vivos unicelulares moi sinxelos (bacterias). As bacterias foron os primeiros seres vivos da Terra. Hai bacterias beneficiosas e prexudiciais.
Reino protista: seres vivos moi diversos. Dous grandes grupos: algas (fabrican o seu alimento e viven na auga) e protozoos (seres vivos unicelulares que non fabrican o seu alimento).
animal vexetal
Top Related