Medidas para a mobilidade·Técnicas de mobilización e transferencia
MOBILIZACIÓN DA PERSOA CARA A UN LATERAL DA CAMA
3| Dispoña o outro brazo debaixo da zona lumbar.
1| Colóquese no lado da cama ao que vai trasladar a persoa.
2| Pase un brazo baixo a cabeza e o colo ata asir o ombreiro máis afastado.
4| Tire suave e simultaneamente cara á posición desexada.
1 2
3 4
FICHA06
RECOMENDACIÓNS
5| Unha vez desprazada esa parte do corpo, poña un brazo baixo os glúteos e outro baixo o terzo inferior da coxa, desprazando o resto do corpo.
5
FICHA06
A| Manteña as costas dereitas; así reduce o risco de contracturas musculares ou hernias discais. Colo e cabeza deben seguir a mesma aliñación.
B| Flexione os xeonllos; así mellorará o equilibrio. Faga que sexan as pernas, e non as costas, as que soporten o peso das persoas.
C| Suxeite a persoa próxima ao seu corpo; isto diminúe a necesidade de forza que se necesita para a mobilización.
D| Separe lixeiramente os pés, un ao lado da persoa e outro detrás; aumentará a base de sustentación e fará a tarefa máis estable.
E| Comece o levantamento co impulso do pé traseiro.
F| Cambie o pé dianteiro na dirección do movemento que vai seguir para evitar a torsión do corpo.
G| É preferible empuxar e desprazar que levantar.
H| Suxeite a persoa do mellor xeito posible. Os dedos sós teñen pouca potencia.
Top Related