Contexto histórico. Panorama xeral
Durante a maior parte do século XIX Galicia vai pasar por momentos de grave crise.
A emigración.
1 2
Castela
Portugal
América
Os que emigran son mozos e homes, o que supón unha merma da potencial forza de traballo que existe no agro galego, co agravante das levas para os servizo militar e as guerras.
Esta crise dá lugar a un dos fenómenos sociais máis relevantes da época contemporánea galega:
No agro, a pervivencia dos foros, ralentiza o acceso á propiedade da terra e, xa que logo, impide a modernización. Hai que lembrar que, en boa medida, o diñeiro procedente do aforro na emigración, irá parar á compra de terras. A isto debemos unir os novos impostos do Estado, tan abusivos que axiña se coñeceron co nome de trabucos, aos que hai que engadir os dezmos que se pagaban á igrexa.
A falta dunha clase social dirixente. A nobreza fora xa descabezada nos Séculos Escuros; a fidalguía, en boa parte, caera na ociosidade e no absentismo; a burguesía existente é feble ou foránea. As conserveiras irán parar a mans de industriais cataláns ou vascos; no comercio salientarán os maragatos. Ademais, a política do goberno central non favorece sectores nosos como o téxtil ou a curtición de peles.A falta de vías de comunicación perpetuará o país no atraso.
Defensa das linguas
Reacción ás invasións
napoleónicasEspírito do
Romanticismo
Boa parte da prensa do momento, a nivel de cabeceiras, centra o seu interese nun necesario rexurdir de Galicia: El Iris de Galicia (1841), El Idólatra de Galicia (1841-42), La Situación de Galicia (1842-43), La Aurora de Galicia (1845), El Fomento de Galicia (1845)...
Ao longo do século, distínguense estas catro etapas na conformaciónda nosa literatura:
1) 1808-1837: Literatura de circunstancias, motivada na súa maior parte por sucesos históricos ou políticos.2) 1837-1863: Precursores do Rexurdimento.
3) 1863-1888: Rexurdimento pleno.4) A partir de 1888: Depresión finisecular.
Literatura de circunstancias (1808-1837)
Os primeiros textos en galego deste século publícanse en folletos ou na prensa. Son mostra da preocupación existente:
a) Por mor da invasión francesa (1808). A reacción contra os franceses plásmase en textos literarios que incitan o pobo a levantarse en armas. Destaca a composición Proezas de Galicia, escrita en forma dialogada, de Xosé Fernández Neira.
b) Tomando partido nos enfrontamentos ideolóxicos entre liberais e conservadores. Estes textos dialogados, vían luz na prensa durante os gobernos liberais, e trataban temas como a constitución de 1812, os impostos, as eleccións, a actitude da Igrexa nestas disputas, etc.
Tamén consideramos contemporáneas destas mostras, as composicións en galego ("Alborada" e "Égloga") do poeta viveirense Nicomedes Pastor Díaz, nas que predomina a inspiración romántica e a temática amorosa.Así mesmo, convén reseñar unha pequena peza teatral, titulada A casamenteira, escrita en 1812 por Antonio Benito Fandiño e que trata sobre os os casamentos amañados.
O asunto desta pequena peza teatral é a mediación dunha peculiar Celestina galega que coas súas artes persuasivas amaña os casamentos por interese ou trato. Se atendemos á data da escrita da obra, 1812, podíamos cualificar a peza coma o texto fundacional da literatura dramática galega contemporánea.
O Prerexurdimento (1833-1863)
O provincialismo é un movemento de identificación con Galicia, protagonizado por núcleos intelectuais e universitarios.
O seu obxectivo principal é conseguir que sexa considerada unha única "provincia", a imaxe e semellanza do antigo Reino de Galicia.Curiosamente, o provincialismo xorde como reacción á división provincial feita polo Estado e que fragmentaba o territorio galego en catro provincias.
Tamén denunciaban, a nivel económico, o trato discriminatorio que padecía Galicia, convertida nunha "verdadeira colonia da Corte".
O momento culminante do provincialismo dáse en 1846, coa participación no levantamento progresista de Antonio Solís e que rematará co fusilamento dos mártires de Carral.
Galicia é unha provincia únicaé a primeira mostra de conciencia política galeguista
-Non utilizaban o galego pero:-Reclaman o dereito a seren escolarizados en galego-E o recoñecemento da especificade lingüística
1861: Primeiros Xogos Florais con composicións en galego.
Terreo cultural
estudo da historia de Galiza. Verea Aguiare Benito Vicetto.
Primeiras gramáticas e dicionarios
Poemas musicados
Recuperación da literatura
MirásSaco e ArceMarcial Valladares
PintosFrancisco AñónAlberte Camino
Temática xeral dos precursores:AmorNostalxiaPaisaxePreocupación lingüística, cultural, social e políticaCostumismo
Xoán Manuel Pintos
1853 ; A gaita gallega, tocada polo gaiteiro, ou sea Carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega.
ideoloxía
normativización
Igualdade romances
Críticacastelanización
Diglosia
Libro misceláneo de intención patriótica que se basea no diálogo entre un gaiteiro galego e un tamborileiro castelán.Organízase en sete “ foliadas”.Usa a prosa e o verso.Usa o galego, o latín e o castelán.Contén relacións de vocabulario coa etimoloxía latina, observacións gramaticais e fonéticas.Toca temas sociais, culturais e lingüísticos: desgaleguización da Administración e a Igrexa, situación diglósica...
Francisco AñónHome idealista, participou na revolta provincialista de 1846, feito polo que tivo que marchar a Portugal, Andalucía e Madrid. Participou nos Xogos Florais da Coruña en 1861, nos que foi premiado pola composición “ A Galicia” e moitos dos seus poemas en galego foron publicados na prensa da época predominando dúas temáticas:• Amor bucólico vencellado á natureza.• Galiza: paisaxe idealizada e dignificación do
país.
71
Ao igual que os demais precursores, conta cunha obra en galego moi limitada (algo máis que unha ducia de poemas). Os máis coñecidos son "Nai chorosa" e "O desconsolo". No primeiro unha nai chora por un fillo; e, no segundo, un amante, lamenta a perda da namorada. Outros poemas seus teñen un alento folclórico, como "A foliada de San Xoán" ou "Repique", recréanse na paisaxe ("As fontiñas"), cantan unha cidade ("A Ferrol"), etc.
Alberto Camino
Top Related