INTRODUCIÓN AO ESTUDO DA HISTORIA
QUE É? a Historia é a ciencia que estuda o pasado, os seus feitos máis importantes é como vivían as sociedades (conxunto de persoas) noutras épocas.
EN QUE CONSISTE? nos seguintes aspectos respondendo a cuestións importantes:
PARA QUÉ SERVE? A Historia axúdanos a comprender o pasado, ensinanos porque somos cómo somos, que nos une aos demáis e que nos diferencia.
QUEN A ELABORA? os historiadores.
CAL É O TRABALLO DO HISTORIADOR?
ESTE? ESTE?OU
os historiadores recollen a información, analizana e publicana. O seu obxectivo non é contar os feitos do pasado senón explicalos.
A PARTIR DE QUE SE ELABORA? Para coñecer o pasado, é necesario interpretar os restos dos nosos devanceiros.
- Estes restos son as fontes.
- Reconstruir a historia é como levar a cabo unha investigación policial. As fontes serían as pistas para reconstruir o pasado.
Existen diferentes tipos de fontes:
Fontes oraisFontes escritas
Fontes iconográficas Fontes materiais
Entón: son estas fontes históricas???
O TEMPO HISTÓRICO Os historiadores deben datar no tempo os
aspectos que estudian. Se é posible, determínase o ano exacto.
En moitas ocasións non hai datos de abondo que permitan establecer unha data exacta, polo que se utilizan periodos máis amplos: década, século, milenio, era ou idade.
Coñecer a data é moi importante, xa que senón a soubesemos non seriamos capaces de establecer a orde dos feitos, nin diferenciar as causas das consecuencias, polo que a historia xa non explicaría o pasado, e carecería de sentido.
O sistema de medida de tempo na maior parte do mundo é a era cristiá (ano 1 = nacemento de Cristo) ou calendario gregoriano. Todo o que sucedeu antes, dicimos que sucedeu antes de Cristo (a. C.) e o que se produciu logo, dicimos que pasou despois de Cristo (d. C. ou nada).
Excepcións a este sistema:
o Islam (mundo musulmán): o ano 1 = ano da Héxira (fuxida de Mahoma da Meca) e usa ano lunar (non solar coma nós). Hoxe en día están no 1431.
Calendario hebreo: ano 1 = creación do mundo según os xudeus (ano 3760 a. C.), polo tanto hoxe en día os hebreos están no 5770 (3760 + 2010).
ETAPAS DA HISTORIA Para estudiala mellor, os historiadores dividiron a
Historia en períodos, primeiro en 2 grandes:
Prehistoria: vida do ser humano antes de coñecer a escritura.
Historia: vida do ser humano despois da escritura.
Á súa vez a Historia divídese en 4 grandes períodos (por agora), marcado os seus inicios por algún acontecemento que cambiou a forma de vida.
Prehistoria Dende a aparición do home (2 millóns a. C.) ata a aparición da escritura (4.000 a. C.)
O INICIO DA IDADE MEDIA: O FINAL DO IMPERIO ROMANO
- O final do Imperio Romano produciuse por 2 causas:
Crise interna.
Invasións dos pobos xermanos (chamados bárbaros polos romanos, é dicir estranxeiros).
- Os pobos xermanos habitaban ao norte do Imperio, máis alá dos ríos Rin e Danubio. Eran pobos seminómadas:
a) Parte destes pobos vivían en pequenas aldeas dedicándose á agricultura.
b) A outra parte eran pastores nómadas.
Desde o S. III grupos de xermanos comezaron a traspasar as fronteiras do Imperio (limes), de forma pacífica, tolerada por Roma, ou violenta, en forma de enfrontamentos militares.
Top Related