Biblioteca
“Avilés de Taramancos”
A continuación hai unha muralla composta por 2 muros, entre os cales está unha
estreita entrada facilmente defendible.
No interior obsérvanse unhas 20 vivendas circulares nas que non hai portas nin
ventás.
O castro de Baroña está no concello
de Porto do Son (A Coruña).
Foi construído no século I a.C. Está
situado nun pequeno istmo. Conta cun foso
defensivo de 4 m de ancho e 3 m de fondo.
O Castelo de Soutomaior é un castelo medieval do século XII, lugar de orixe e centro de poder dunha das liñaxes mais significativas da Galicia medieval, os Soutomaior. Alcanzou o seu máximo esplendor con Pedro Madruga.
Sitúase na cima do monte Viso, a 119 metros sobre o nivel do mar, dominando a unión dos ríos Oitavén e Verdugo, na provincia de Pontevedra. O conxunto ocupa 25 hectáreas de terreo.
Ten un dobre perímetro amurallado. Quedou moi danado durante as Revoltas Irmandiñas
(século XV).
Conserva a primitiva torre da homenaxe, que acada unha altura de 15 m en varias
plantas, tendo algún dos seus muros un espesor de máis de 3 m e medio.
A Catedral de Santiago, comezouse a
construír no ano 1075 no concello do
mesmo nome.
É un templo relixioso católico.
Tralo descubrimento do sepulcro do
apóstolo Santiago no ano 813, edificouse
no lugar unha igrexa, que máis tarde sería
convertida en catedral, dada a grande
cantidade de peregrinos que chegaban.
Destacan o Pórtico da Gloria (Mestre Mateo) e o gran incensario: “O botafumeiro”, de
metro e medio de altura e 62 kg de peso
Ten 5 torres. A basílica mide case 100 m de lonxitude.
Foi declarada Ben de Interese Cultural e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
O Papa Calisto II (século XII) decidiu nomear Ano Santo os anos nos que o 25 de xullo
caese en domingo. Isto faría de Santiago o centro de peregrinación máis importante de
toda Europa.
Está na parroquia de Oleiros, no Concello de
Ribeira.
Foi construído no entre o 4000 e o 3600 a.C.
Mide 1,80 m de alto.
É un monumento funerario megalítico,
formado por oito grandes laxes de granito. Son
os restos dunha tumba de corredor con cámara.
Conta con algún petróglifo gravado.
O dolmen de Axeitos é un monumento funerario levantado na época neolítica (IV
milenio a.C.). Oito grandes laxes de granito fincadas na terra conforman unha planta
poligonal sobre a que se apoia outra lousa horizontal de 4,5 por 3,5 m; aínda conserva
dous das laxas que conformarían o corredor de entrada. Apenas se conservan restos do
túmulo de terra que adoitaba cubrir este tipo de construcións.
A muralla de Lugo comezou a
construirse probablemente
contra o ano 260.
Ten forma de elipse
imperfecta de 2.266 m de
lonxitude. A súa altura varía
entre os 8 e os 12 metros; o
camiño sobre a muralla varía
entre os 4, 5 e os 7 metros de
largo.
Inicialmente tiña 5 portas de entrada á cidade (agora 10) e moitas torres das que
só se conserva unha.
Servía para protexer a súa cidade. Na parte exterior da muralla un foxo con
forma de V podía encherse de auga en caso de perigo.
No ano 2000 foi declarada Patrimonio de Humanidade pola UNESCO.
A Ponte Romana ou Ponte Vella cruza o Río Miño na cidade de Ourense. Foi construído no século 1d.C., formando parte da Vía Nova. Conserva sete arcos dos once orixinais. Está declarado monumento histórico e na actualidade é peonil.
Mide 370 m de longo, acadando unha altura máxima de 39 m. O arco central mide 43 metros, sendo ata o século XIX o máis amplo de España. Contaba cunha torre defensiva ata o século XIX, que forma parte do escudo da cidade.
A Torre de Hércules foi construída como
faro polos romanos entre os séculos I e II,
sendo na actualidade o único faro de orixe
romana en funcionamento.
Mide 68 metros de altura e 10 metros de
ancho. Antigamente subíase por unha
rampla exterior á actual torre. Os muros
acadan un grosor de máis de 1,50 m.
A lenda conta que Hércules enterrou a
cabeza do seu inimigo, o xigante Xerión,
tras tres días de loita e sobre ela levantou a
torre. No escudo da cidade da Coruña
aparece a Torre de Hércules coa cabeza de
Xerión debaixo dela.
É patrimonio nacional da humanidade pola UNESCO. Atópase na Coruña.
É propiedade privada e, a pesares de estar declarado Ben de Interés Cultural. A súa
visita non está permitida.
Na actualidade o pazo acolle un restaurante.
O Pazo Torre de Xunqueiras está
situado no Concello de A Pobra do
Caramiñal.
É unha fortaleza do século XIII. Foi
derruída polos Irmandiños no 1467.
Na actualidade consérvase a torre
de homenaxe, que sufriu moitas e
importantes modificacións e un pazo
de estilo renacentista que se distribúe
no seu interior por medio dun claustro.
Alumnado de 6º nivel CEP Pilar Maestú Sierra
2013-2014