REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA,
FACENDA E ORZAMENTOS
Día: 23.09.2015 Hora: 16:30
A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 23 de setembro de 2015, ás 16:30 horas, no pazo do Parlamento.
A orde do día é a seguinte :
Punto 1. Preguntas orais en Comisión.
1.1 38300 (09/POC-005605)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaDíaz Pérez, YolandaSobre a política prevista polo Goberno galego en relación coa desigualdade social e a pobreza en GaliciaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 509, do 27.08.2015
1.2 38429 (09/POC-005618)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoAdán Villamarín, María do Carme e Jorquera Caselas, Francisco XesúsSobre a valoración e as medidas previstas polo Goberno galego respecto da evolución que presentan os datos publicados polo Banco de España, en marzo de 2015, relativos ao volume de créditos e depósitos bancarios en GaliciaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 509, do 27.08.2015
1.3 39135 (09/POC-005834)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaSánchez García, AntónSobre a reforma fiscal do Goberno central prevista para o ano 2016Publicación da iniciativa, BOPG n.º 505, do 11.08.2015
1.4 39574 (09/POC-005909)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaMéndez Romeu, José Luis e 2 máisSobre a valoración que fai o Goberno galego do informe aprobado en febreiro pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, no que se analiza a contratación pública en España e as oportunidades de mellora dende o punto de vista da competenciaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 512, do 03.09.2015
1.5 39747 (09/POC-005932)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGallego Calvar, María Carmen e 5 máisSobre o resultado da regularización das pensións das persoas emigrantes de Galicia ante a facenda públicaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 512, do 03.09.2015
1.6 40356 (09/POC-006051)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoJorquera Caselas, Francisco XesúsSobre as razóns do baixo nivel de execución dos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2014, así como a opinión do Goberno galego respecto do cumprimento dos obxectivos políticos asignados aos programas que tiveron baixo grao de execuciónPublicación da iniciativa, BOPG n.º 516, do 10.09.2015
Punto 2. Dación de conta
2.1 Programa estatístico anual
25615 (09/PEA-000001)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasInforme de Seguimento do Programa Estatístico 2013Publicación do Informe de seguimento, BOPG n.º 330, do 27.08.2014
37836 (09/PEA-000002)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasInforme de seguimento do Programa estatístico 2014Publicación do programa estatístico anual, BOPG n.º 481, do 17.06.2015
2.2 Modificacións orzamentarias
35412 (09/MOP-000033)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasModificacións orzamentarias correspondentes ao mes de decembro de 2014Publicación do informe, BOPG n.º 437, do 26.03.2015
35544 (09/MOP-000034)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasModificacións orzamentarias correspondentes ao mes de xaneiro de 2015Publicación do informe, BOPG n.º 442, do 06.04.2015
35758 (09/MOP-000035)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasModificacions orzamentarias febreiro 2015Publicación do informe, BOPG n.º 442, do 06.04.2015
36389 (09/MOP-000036)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasModificacións orzamentarias correspondentes ao mes de marzo de 2015Publicación do informe, BOPG n.º 457, do 30.04.2015
37387 (09/MOP-000037)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasModificacións orzamentarias correspondentes ao mes de abril de 2015Publicación do informe, BOPG n.º 473, do 03.06.2015
37947 (09/MOP-000038)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasModificacións orzamentarias correspondentes ao mes de maio de 2015Publicación do informe, BOPG n.º 481, do 17.06.2015
38856 (09/MOP-000039)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasDocumentación respecto das modificacións orzamentais no mes de xuño de 2015Publicación do informe, BOPG n.º 510, do 28.08.2015
39788 (09/MOP-000040)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasDocumentación respecto das modificacións orzamentarias acordadas no período do mes de xullo de 2015Publicación do informe, BOPG n.º 511, do 02.09.2015
2.3 Plan Económico Financeiro Global
39279 (09/PEFI-000006)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasPlan económico-financeiro específico vixente das consellarías, organismos autónomos e sociedades públicas, referencias a 30 de xuño de 2015Publicación da iniciativa, BOPG n.º 511, do 02.09.2015
2.4 Avais e préstamos do IGAPE
35173 (09/IIGA-000021)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasInformación sobre operacións de crédito e préstamo e sobre os avais vixentes no 4º trimestre do ano 2014Publicación da iniciativa, BOPG n.º 436, do 25.03.2015
38311 (09/IIGA-000022)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasInformación sobre a situación das operacións de crédito e préstamo e sobre os avais do IGAPE vixentes no 1º trimestre do 2015Publicación da iniciativa, BOPG n.º 509, do 27.08.2015
2.5 Informe sobre a disposición do Fondo de Continxencia
35759 (09/IDFC-000005)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasInforme sobre as disposicións do Fondo de Continxencia das seccións 23 e 5001 correspondentes ao terceiro trimestre do 2014
36432 (09/IDFC-000006)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasInforme sobre as disposicións do Fondo de Continxencia das seccións 23 e 5001 correspondentes ao primeiro trimestre do 2015Publicación do informe, BOPG n.º 457, do 30.04.2015
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2015
José Antonio Sánchez Bugallo
Presidente da Comisión
RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E
ORZAMENTOSPOR ORDE ALFABÉTICA
Mesa
Vogais
PresidenteJosé Antonio Sánchez Bugallo S
VicepresidentaMaría Isabel García Pacín P
SecretarioMiguel Angel Tellado Filgueira P
Pedro Manuel Arias Veira PXosé Manuel Beiras Torrado AGEJackeline Elizabeth Fernández Macias PJuan Carlos González Santín SCarmen Iglesias Sueiro MFrancisco Xesús Jorquera Caselas BNGJosé Luis Méndez Romeu SMaría Herminia Pouso Maneiro PPedro Puy Fraga PCristina Isabel Romero Fernández PGonzalo Trenor López P
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 23.09.2015 Hora: 16:30
Orde do día
1. Preguntas orais en Comisión.
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 23.09.2015 Hora: 16:30
Orde do día
1.1 38300(09/POC-005605)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda
Sobre a política prevista polo Goberno galego en relación coa
desigualdade social e a pobreza en Galicia
Publicación da iniciativa, 509, 27.08.2015
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
A deputada Yolanda Díaz Pérez, integrante do grupo parlamentario da Alternativa
Galega da Esquerda, ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da Cámara,
presentan a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión III, relativa ao
empobrecemento da clase traballadora.
Coa publicación do informe do INE relativo aos salarios do 2013, Galicia confirma a súa
situación como a terceira comunidade cos salarios máis baixos, malia unha subida
dispar e sesgada do 2,2% no pésimo conxunto do Estado onde continuou a baixada
salarial ao caer un 0,1%. Confirmación atravesada dunha crecente fenda salarial e co
paradoxo neoliberal que representa que as persoas xubiladas cobren máis de media
que a maioría das traballadoras e traballadores agás os de máis idade.
Un traballador galego gañou de acordo aos datos da enquisa salarial 19.824,66 euros, a
terceira media máis reducida, claramente por baixo dos 22.697,9 euros da media
estatal e moi alonxado dos case 27.000 euros que percibe unha persoa asalariada no
País Vasco. Aínda máis se agranda a distancia toda vez que a mediana da retribución
dunha persoa asalariada en Galicia cae ate os 17.187,12 euros anuais.
Dende que chegou Núñez Feijóo a clase traballadora galega padece un progresivo
empobrecemento, ao punto que cos datos publicados polo INE constátase que 177.000
traballadoras e traballadores sobreviven con menos de 375 euros mensuais, crecendo
un 20% a causa da ortodoxia neoliberal (un 52% dese colectivo son mulleres). Entre
4.500 e 9.034 euros (a retribución anual derivada de percibir o importe do SMI) a
enquisa recolle a situación doutros 121.800 persoas asalariadas; para resumir máis dun
tercio da clase traballadora galega sobrevive na pobreza.
A frecha dos salarios castiga a xente traballadora pola súa idade, o seu sexo e a
modalidade de contratación, de xeito que o incremento salarial se acantona nos
tramos de idade máis elevados, en particular a partires dos 55 anos. Ate os 34 anos,
segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se
incorpora a xente nova ao mercado laboral. Por sectores, é na industria onde se aprecia
un claro incremento salarial, precisamente o sector que está a desmantelar a política
ultraliberal do goberno Núñez Feijóo.
As fendas salariais pódense apreciar en materia de sexo, ao se manter unha diferenza
media de 5.264 euros no ano 2013, logo de acadar un máximo en 2012 (5.332 euros).
Ou entre a modalidade de contratación temporal e indefinida, onde a diferenza case
chega os 6.000 euros.
Os datos do INE sobre a estrutura salarial confirman que no 2013 as clases
traballadoras seguimos a sufrir a acentuación da pobreza e da desigualdade. As
políticas neoliberais si cumpren o seu cometido: abaratar o custo da forza de traballo e
como consecuencia facer máis difícil e/ou insoportable as condicións materiais de vida
para a maioría social deste país.
Polo sinalado, o grupo parlamentario da AGE presenta a seguinte pregunta para a súa
resposta oral na Comisión:
- Síntese satisfeita a Xunta do progresivo crecemento do número de
traballadoras e traballadores galegos que sobreviven por baixo do limir da
pobreza?
- Considera que esa pauperización é a peaxe necesario para que creza o número
de millonarios no noso país?
- Canto sufrimento adicional será necesario inflixirlle a xente traballadora deste
país para que a cobiza empresarial e a violencia política da Xunta se sintan
satisfeitas?
- Valora positivamente a Xunta a crecente desigualdade que reflicten os datos en
materia de salarios?
- Que xustiza aprecia a Xunta en que caian os salarios máis baixos e crezan os dos
directivos?
- Contempla o goberno galego rectificar de plano unhas políticas que provocan o
empobrecemento da clase traballadora galega?
- Vai implementar a Xunta unha política alternativa a que executa na actualidade
e que causa desigualdade e pobreza na nosa sociedade? De ser así, que
actuacións vai desenvolver?
En Compostela, a 26 de xuño do 2015.
Asdo. Yolanda Díaz Pérez
Asinado dixitalmente por:
Yolanda Díaz Pérez na data 26/06/2015 11:44:25
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 23.09.2015 Hora: 16:30
Orde do día
1.2 38429(09/POC-005618)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Adán Villamarín, María do Carme e Jorquera Caselas, Francisco
Xesús
Sobre a valoración e as medidas previstas polo Goberno galego
respecto da evolución que presentan os datos publicados polo
Banco de España, en marzo de 2015, relativos ao volume de
créditos e depósitos bancarios en Galicia
Publicación da iniciativa, 509, 27.08.2015
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
María do Carme Adán Villamarín e Francisco Xesús Jorquera Caselas,
deputada e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego
(BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte
Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa á mala evolución do
crédito en Galiza e as medidas para corrixir esta situación.
O Banco de España acaba de publicar os últimos datos relativos ao volume
de créditos e depósitos por comunidades autónomas referidos a marzo do 2015.
Segundo estes datos, Galiza conta cun volume de créditos de 44.204 millóns de
euros, unha cifra claramente inferior aos 56.754 millóns de euros de depósitos
bancarios. Existe una diferenza de 12.550 millóns de euros, polo que os créditos aos
galegos so cobren o 78% dos depósitos existentes no país, o que supón que o eses
máis de 12.500 millóns de euros emigran do noso país para fornecer crédito a outros
territorios. Se ben nos últimos dous anos Galiza era a segunda comunidade que peor
porcentaxe presentaba na relación entre créditos e depósitos, dende fai uns meses xa
supera a Castela León na primeira posición.
O crédito galego representa só o 3,1% do crédito do conxunto do Estado,
posto que o peso da poboación galega no total estatal é de 5,88%. Isto significa que
o peso do crédito en Galiza é case a metade (0,53) do que nos correspondería de
distribuírse o crédito en función da poboación.
Doutra banda, a evolución recente do peso do crédito galego no Estado está a
ser especialmente negativa, posto que 5 anos antes, no 2009, o crédito galego
supoñía o 3,88% do conxunto estatal. Xa que logo, neste período, o peso do noso
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
crédito no conxunto do estado descendeu 0,78 puntos, o que significa un descenso
do 20,1%. No mesmo período, a evolución do crédito sobre os depósitos
experimentou unha peor evolución. Se no 2009 por cada euro en depósito, existían
1,32 euros en crédito, na actualidade, como sinalamos antes, a cifra sitúase no 0,78,
o que significa que a relación entre créditos e depósitos caeu un 40,9% neste
período.
En resumo, Galiza é o territorio que ten un volume máis baixo de créditos en
relación cos depósitos, pero ademais é o que presenta unha peor evolución recente.
Durante os anos de crise, dende 2009 ate a actualidade, Galiza foi a comunidade que
máis peso perdeu no total do crédito concedido no territorio do Estado, cun descenso
do 20,1%; e tamén é o territorio que presenta a peor evolución da ratio
créditos/depósitos. Mentres no 2009 por cada 100 euros en depósito existían 132 en
crédito, na actualidade, por cada 100 euros en depósito so se destinan 78 para o
crédito en Galiza, o que supón un descenso do 40,9%.
Os datos publicados confirman os efectos negativos que a reestruturación
bancaria tivo para Galiza, onde un deseño estatal alleo aos intereses de noso pobo
deu como resultante a perda de entidades financeiras propias, coa bancarización e
venda a prezo de saldo de Novagalicia Banco, así mesmo os datos reafirman a
necesidade de deseñar medidas que favorezan que o aforro galego se traduza e
crédito e investimento no noso país.
Por todo o devandito formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta
oral en comisión:
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
-Que valoración realiza a Xunta de Galiza da evolución recente dos depósitos
e créditos bancarios en Galiza?
-A que cre que é debido que Galiza sexa a comunidade autónoma que ten un
volume máis baixo de créditos en relación cos depósitos?
-A que cre que é debido que Galiza sexa a comunidade autónoma coa peor
evolución na relación entre créditos e depósitos dende o 2009?
-Considera a Xunta de Galiza que a reestruturación bancaria e a perda de
entidades financeiras propias influíu en que Galiza sexa a comunidade autónoma con
peor evolución?
-Que medidas vai impulsar a Xunta de Galiza para reactivar a concesión de
crédito asegurando que o aforro galego se reinvista en Galiza?
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015
Asdo.: María do Carme Adán Villamarín
Deputada do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María do Carme Adán Villamarín na data 01/07/2015 09:55:51
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 01/07/2015 09:55:58
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 23.09.2015 Hora: 16:30
Orde do día
1.3 39135(09/POC-005834)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Sánchez García, Antón
Sobre a reforma fiscal do Goberno central prevista para o ano
2016
Publicación da iniciativa, 505, 11.08.2015
Á Mesa do Parlamento
Antón Sánchez García, deputado pertencente ao Grupo Parlamentar da Alternativa
Galega de Esquerda (EU-ANOVA), ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento
da Cámara, presenta a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión.
O goberno central vén de adiantar a reforma fiscal prevista para o 2016 a xullo deste ano.
Nela, modifícanse os tramos que pagan os contribuíntes segundo a súa renda, pasando
de sete a cinco. Hai unha baixada xeralizada de tipos, é dicir, non se mellora en
progresividade dos tipos. As rendas medias apenas notarán diferenza e resulta
especialmente escandalosa a baixada de tipos (ao 45%) para as rendas máis altas, unha
categoría na que non se fai distingos a partir dos 60.000 euros en diante. A reforma tamén
contén unha baixada de tipos para os rendimentos do capital, recuperando os valores de
2011. Así mesmo, esta reforma inclúe unha rebaixa do tipo xeral do imposto de
sociedades que pasa do 30% ao 25%. Por último, esta reforma segue sen abordar a
cuestión das SICAV.
En resumo, esta reforma significará máis regresividade, máis protección para as grandes
fortunas e maior beneficio fiscal para o mundo do capital que para o mundo do traballo.
Por todo o exposto Alternativa Galega de Esquerda presenta a seguinte pregunta para
resposta oral en Comisión:
Que opina a Xunta de Galicia sobre a reforma fiscal do goberno central?
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2015.
Antón Sánchez García
Deputado do G.P. da AGE.
Asinado dixitalmente por:
Anton Sánchez García na data 23/07/2015 13:37:49
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 23.09.2015 Hora: 16:30
Orde do día
1.4 39574(09/POC-005909)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Méndez Romeu, José Luis e 2 máis
Sobre a valoración que fai o Goberno galego do informe
aprobado en febreiro pola Comisión Nacional dos Mercados e da
Competencia, no que se analiza a contratación pública en
España e as oportunidades de mellora dende o punto de vista
da competencia
Publicación da iniciativa, 512, 03.09.2015
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
José Luis Méndez Romeu, Juan Carlos González Santín e José
Antonio Sánchez Bugallo, deputados pertencentes ao Grupo
Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no
artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a
seguinte Pregunta para a súa reposta oral en Comisión 3.ª,
Economía, Facenda e Orzamentos.
A Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia aprobou en
febreiro pasado un informe analizando a contratación pública en España
e as oportunidades de mellora dende o punto de vista da competencia
O informe cuantifica o peso da contratación pública no 18´5 % do PIB,
arredor de 194.000 millóns de euros anuais. A Comisión considera que
ese volume de fondos públicos ten implicacións na competencia e na
regulación dos mercados, polo que estima urxente e prioritario o
regulamento do aprovisionamento público. Igualmente, defende unha
contratación pública máis transparente, competitiva e que sexa
economicamente eficiente en beneficio tanto dos cidadáns como das
empresas e das propias administracións públicas.
A Comisión constata a pervivencia de problemas estruturais no
aprovisionamento público e máis especificamente na contratación
pública, que, en moitos casos, non permiten garantir a concorrencia
efectiva nos mercados. A diferencia doutros mercados, na contratación
pública hai elevadas barreiras de entrada, por exemplo nas concesións
públicas ou os custos necesarios para participar nunha licitación.
Tamén a multiplicidade de órganos de contratación con
heteroxeneidade de procedementos, a información asimétrica.
A Comisión estima que en ausencia de presión que exerce a libre
concorrencia, as desviacións poden incrementar os custos nun 25 %
As reformas que a Comisión demanda son as seguintes:
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
a) Maior acceso, transparencia e publicidade, incluíndo a maior
motivación do procedemento elixido, a erradicación de criterios de
selección ambiguos ou excesivamente discrecionais, a eliminación dos
procedementos que non reúnan suficientes garantías de publicidade,
b) Supresión de sistemas de valoración pouco claros ou subxectivos,
dando preeminencia ó prezo.
c) Dispoñibilidade da información do procedemento de forma simétrica
para todo os operadores potencialmente interesados.
d) Incrementar a transparencia e publicidade da Administración en
relación cos procedementos en curso, pechados ou planificados.
Doutra banda a Comisión demanda unha maior estandarización das
diferentes categorías de contratos, facilitar que no procedemento
electrónico exista bidireccionalidade, efectuar valoracións económicas
da non concorrencia, por exemplo nas encomendas de xestión, realizar
auditorías de custo, revisar os procesos de fixación de prezos nos
concursos.
A reflexión da CNMC é importante para todas as administracións
públicas. Non se coñece a posición do Goberno galego. E por iso que se
formula a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión 3ª.
1.ª) Qué valoración fai a Xunta do informe devandito?
2.ª) Qué medidas están previstas en Galicia?
Pazo do Parlamento, 4 de agosto de 2015
Asdo.: José Luis Méndez Romeu
Juan Carlos González Santín
José Antonio Sánchez Bugallo
Deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Jose Luis Méndez Romeu na data 04/08/2015 16:19:55
Juan Carlos González Santín na data 04/08/2015 16:20:04
José Antonio Sánchez Bugallo na data 04/08/2015 16:20:10
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 23.09.2015 Hora: 16:30
Orde do día
1.5 39747(09/POC-005932)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Calvar, María Carmen e 5 máis
Sobre o resultado da regularización das pensións das persoas
emigrantes de Galicia ante a facenda pública
Publicación da iniciativa, 512, 03.09.2015
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Carmen Gallego Calvar, Juan Carlos González Santín, Carmen Acuña
do Campo, José Luis Méndez Romeu, María Quintas Alvarez e José
Antonio Sánchez Bugallo, deputadas e deputados pertencentes ao Grupo
Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo
152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte
pregunta para a súa resposta oral en Comisión 3.ª, Economía, Facenda e
Orzamentos.
Rematado xa o prazo establecido polo Goberno do Estado para a
regularización das pensións das persoas emigrantes ante a facenda pública,
compre facer balance dos resultados acadados con esta regularización e das
cuestións pendentes de resolver por parte da administración respecto do
trato igualitario dos pensionistas emigrantes cos pensionistas do Estado.
Os e as socialistas sempre entendemos que a regularización da situación
tributaria das persoas pensionistas emigrantes se tiña que facer de oficio e
non a instancias dos mesmos, posto que podía suceder que moitas persoas
non accederan a este trámite polas súas propias dificultades de mobilidade,
recursos, etc. Así, temos aínda a día de hoxe colectivos que solicitan
ampliación do prazo de regularización e tamén anomalías na propia
regularización, cómo non recoñecer as sentenzas xudiciais xa existentes
sobre as pensións de Alemaña exentas de tributar antes do 2013.
Consideramos ademais que o feito de que a meirande parte das persoas
afectadas non teñan recoñecidas en España as súas incapacidades prexudica
gravemente a súa situación comparativa ante a facenda pública polas
exencións que non disfrutan, entre outras.
Ante esta situación, os deputados e as deputadas que asinan formulan as
seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:
1. Coñece o Goberno galego o resultado da regularización das persoas
pensionistas emigrantes de Galicia?
2. Si é así, cantas persoas accederon a esa regularización?
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
3. Ten calculado o Goberno galego as persoas que por distintas
circunstancias non accederon á mesma? Si é así, cantas son? Que
accións vai levar a cabo a Xunta de Galicia para atender a estas
persoas?
4. Que anomalías detectaron na regularización? Cantas persoas con
pensións de Alemaña foron obrigadas a tributar cando non tiñan que
facelo? Está o Goberno de Galicia atendendo a esas persoas para que
poidan reclamar ante a facenda estatal esa situación?
5. Que xestións fixo o Goberno galego para que as distintas
incapacidades que as persoas pensionistas emigrantes teñen
recoñecidas nos países aos que emigraron sexa homologadas en
España? Con que resultados?
6. Si se equiparan as incapacidades, poderán esas persoas reclamar o
cobrado indebidamente pola facenda estatal?
7. Esta satisfeito o Goberno galego co trato dado pola facenda estatal
aos pensionistas emigrantes galegos?
Pazo do Parlamento, 11 de agosto de 2015
Asdo.: Carmen Gallego Calvar
Juan Carlos González Santín
Carmen Acuña do Campo
José Luis Méndez Romeu
María Quintas Alvarez
José Antonio Sánchez Bugallo
Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Carmen Gallego Calvar na data 11/08/2015 10:23:34
Juan Carlos González Santín na data 11/08/2015 10:23:59
María del Carmen Acuña do Campo na data 11/08/2015 10:24:08
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Jose Luis Méndez Romeu na data 11/08/2015 10:24:12
Maria Remedios Quintas Alvarez na data 11/08/2015 10:24:19
José Antonio Sánchez Bugallo na data 11/08/2015 10:24:23
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 23.09.2015 Hora: 16:30
Orde do día
1.6 40356(09/POC-006051)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre as razóns do baixo nivel de execución dos orzamentos da
Xunta de Galicia para o ano 2014, así como a opinión do
Goberno galego respecto do cumprimento dos obxectivos
políticos asignados aos programas que tiveron baixo grao de
execución
Publicación da iniciativa, 516, 10.09.2015
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputado do Grupo Parlamentar do
Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,
presenta a seguinte Pregunta para a súa resposta oral na Comisión 3ª de Economía,
Facenda e Orzamentos, relativa á baixa execución dos Orzamentos da Xunta de Galiza
en 2014.
Recentemente acaba de publicarse o “Estado de Execución dos Orzamentos da
Xunta de Galiza para 2014". Para o citado ano, o grao de execución total foi do 90,5%,
quedando polo tanto a décima parte do orzamentado sen executar. Ademais, dunha
análise detallada do grao de execución observamos como determinadas áreas ou
programas, que consideramos que boa parte deles teñen un carácter estratéxico, presentan
unha moi baixa execución lastrando así o cumprimento dos seus obxectivos.
Por exemplo, se nos atemos aos diferentes capítulos, observamos como existe
unha grande diferenza entre eles no grao de execución. Os que rexistran unha máis baixa
execución son os investimentos reais (71,9%) e as transferencias de capital (67,3%),
mentres que as operacións financeiras (capítulos 8 e 9) superan unha execución do 80% e
o resto de capítulos superan unha execución do 97%.
Se observamos o grado de execución atendendo ás consellerías, observamos un
comportamento similar. Unha consellería que é fundamental para impulsar o crecemento
económico e que conta con grandes programas de incentivos para a dinamización
económica como é a Consellería de Economía e Industria resulta ser a consellería con
máis baixa execución, un 61%. Nesta consellería, atendendo á execución por capítulos de
gasto, todos os capítulos superan o 99% de execución, a excepción do capítulo 7, xa que
as transferencias de capital apenas chegan ao 52,2%. Trátase precisamente do capítulo
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
onde se recollen varias liñas de dinamización económica a través de subvencións aos
diferentes axentes galegos.
Algo semellante ocorre coa Consellería de Medio Rural e Mar, que contando con
amplos programas de incentivos para a dinamización económica do medio rural e do mar,
presenta unha execución do 69,8%. Nesta consellería, a execución das transferencias de
capital quedáronse nun escaso 61%, e servizos como a Secretaría Xeral do Mar executou
un exiguo 24,3% do seu orzamento. Tamén unha consellería virada ao investimento como
é a do Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas atópase cun grado de execución do
66,5% no seu capítulo 6.
Se atendemos á a execución dos diferentes programas, moitos deles ligados ás
consellerías citadas anteriormente, existen algúns programas relevantes cunha execución
moi baixa. Destaquemos algúns:
Fomento da rehabilitación e da calidade da vivenda (7,3%).
Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica
(64,1%).
Apoio á modernización, internacionalización e mellora da
competitividade, innovación e produtividade empresarial (40,8%).
A execución dos programas relacionados co emprego é realmente
preocupante: mellora e fomento da empregabilidade (67,3%), intermediación e
inserción laboral (64,2%), formación profesional de desempregados (71,8%), mellora
da cualificación do emprego (32,3%).
Os relacionados co medio rural e o mar presentan tamén unha moi baixa
execución, o que en programas como a mobilidade de terras agrarias ou a
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
implantación de sistemas produtivos agrarios sustentábeis supuxo execucións por
debaixo do 40%.
Os datos de execución para o ano 2014 amosan unha deficiente práctica e xestión
orzamentaria. Resulta evidente que ante tan baixos grados de execución orzamentaria
dificilmente se puido conseguir os obxectivos fixados en cada consellería, servizo ou
programa que presenta tais execucións. Polo tanto, actuacións clave da Xunta de Galiza
están a verse lastradas. Cabe preguntarse, por exemplo, que política de fomento da
rehabilitación e da calidade da vivenda realizou a Xunta de Galiza no 2014 executando
soamente o 7,3% do citado programa.
Por todas estas razóns formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta oral
na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos, relativas á baixa execución dos
Orzamentos da Xunta de Galiza en 2014.
-Considera a Xunta de Galiza que o grao de execución do orzamento da Xunta de
Galiza correspóndese cunha boa práctica e xestión orzamentaria?
-A que cre a Xunta de Galiza que é debido o baixo nivel de execución das
consellerías, capítulos e programas citados?
-Cre a Xunta de Galiza que os programas que amosan baixos graos de execución
acadaron o obxectivo político que tiñan asignado?
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2015
Asdo.: Francisco Xesús Jorquera Caselas
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 01/09/2015 11:39:07
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 23.09.2015 Hora: 16:30
Orde do día
2. Dación de conta
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 23.09.2015 Hora: 16:30
Orde do día
2.1 Programa estatístico anual
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 23.09.2015 Hora: 16:30
Orde do día
2.2 Modificacións orzamentarias
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 23.09.2015 Hora: 16:30
Orde do día
2.3 Plan Económico Financeiro Global
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 23.09.2015 Hora: 16:30
Orde do día
2.4 Avais e préstamos do IGAPE
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 23.09.2015 Hora: 16:30
Orde do día
2.5 Informe sobre a disposición do Fondo de Continxencia
Top Related