FILLOAS
Estela Fernández Sánchez
Ingredientes:
Auga, fariña, ovos e unha pizquiña de sal
Preparación:
Bótanse nun recipiente a auga, a fariña, os ovos e o sal. Bátese todo cun
batedor de arame ou cun garfo, ata que
queda unha pasta fina.
Ponse a quentar unha tixola untada cun anaco
de touciño e, cando estea quente, bótase un
unha cullerada pequena de masa, para que a
filloa saia fina. Cando estea pasada por un lado, dáselle a volta para que se
pase polo outro lado.
E para rematar, sácanse as filloas da tixola e bótanse nun prato. Botáselles un
pouco de azúcar, pero tamén a algunhas persoas gústanlles cunha pouca de
nata ou de canela e…listas para comer.
Ummm, que pinta teñen!!
BRAZO DE CIGANO
Gladys Enríquez García
Ingredientes:
*Biscoito:
8 ovos
8 culleradas de azúcar
4 culleradas de fariña
*Recheio:
Crema pasteleira:
1 ovo
2 xemas de ovo
150gr. de azúcar
50 gr. de fariña
½ l de leite
Casca de limón
Preparación crema pasteleira
Ponse a cocer o leite coa corteza de limón. Aparte, bátense ben o ovo, as
xemas, o azúcar e a fariña. Cando estea todo ben misturado, engádese o leite
coado e ponse a cocer, sen deixar de mover durante 5 minutos. Retírase e
déixase arrefriar.
Preparación brazo de cigano:
Bátense as xemas co azúcar até que acaden un volume; engádese a fariña e,
finalmente, as claras en castelo. Nunha forma plana bótanse no forno (sobre a
forma poñer papel de aluminio) e cocer a forno
medio.
Preparamos unha servilleta mollada con auga
tépeda estendida. Sepárase o biscoito do papel
e colócase sobre a servilleta. A parte dourada
ponse para abaixo. A seguir, esténdese o recheo (crema pasteleira) enrólase e
polvíllase con azúcar glass.
Arroz Frito
Iris Liu
Ingredientes:
Chícharos
Cenoira
Cebola
Ovos
Salsa de Soia
Viño de mesa
Sal
Aceite
Arroz cocido
Xamón de Iorque
Preparación:
Botamos aceite nunha tixola e agardamos a que saia un pouquiño de fume.
Poñémolo a fogo medio e
incorporamos o ovo batido e
separámolo en moitos pedaciños. A
seguir, engadimos os chícharos, a
cenoira pelada e cortada en dadiños
e o xamón de Iorque, tamén en
dados.
Remexemos durante cinco minutos
e incorporamos o arroz. Imos
aplastando o arroz e remexendo.
Agora temos que botarlle sal, un
pouquiño de salsa de soia e outro pouquiño de viño de mesa.
Para rematar, botamos a cebola cortada en pedaciños moi pequenos para dar
aroma.
E xa o podes servir!
Roscas de namorados
Victoria Ares Amil
4 ovos
½ copa de coñac
½ copa de viño doce
1 sobre de lévedo
Raspadura de 1 limón
14 culleradas de aceite
14 culleradas de azúcar
Fariña
- Mesturar todo e incorporar a fariña ata conseguir que a masa non se pegue ó
recipiente.
- Deixar repousar ½ hora, cortar a masa en tiras e facer a forma das roscas.
- Fritir en abundante aceite.
Polvillar con azúcar glass.
Tarta de Santiago
Antía Castro Silvar
Tempo: 1 hora
Ingredientes:
350 grs de fariña
500 grs. de améndoa moída
500 grs. de azúcar
250 gr. de mantenga
8 ovos
¼ l de auga
Raspas de limón
Azúcar glace
Preparación:
Batemos os ovos, o azúcar, a fariña, a manteiga e a auga, todo xunto durante
media hora. Acrecentamos a améndoa moída e a raladura de limón. Cando
estea todo ben feito, poñémolo nunha forma engraxada e metémolo no forno.
Unha vez cocida e fría, desmoldamos a torta e decorámola con azúcar glace
Rissóis de carne
Rosa Manuela Barbosa Bessa
Massa:
1/2 litro de água
300 grs. de farinha
10 grs. de sal
100 grs. de manteiga
Uma casca de limão (a receita original não leva)
Noz-moscada (a receita original não leva).
Levar todos os componentes ao lume a ferver, excepto a farinha.Ao levantar
fervura, mistura-se-lhe a farinha, mexendo com uma colher de pau, o mais
rápido possível.
Quando estiver feita em forma de bola, retirar para cima de uma superfície
fria. Logo que esteja fria, estende-se com o rolo, polvilhando com farinha.
Ingredientes:
carne estufada
farinha
salsa picada
cebola
azeite
Picar a carne e reservar o molho. Num tachinho fazer um refogado com o
azeite e a cebola. Adicionar molho e a farinha fazendo uma espécie de
béchamel. Juntar a carne e a salsa picada. Deixar apurar um pouco e já está
pronto a aplicar nos rissóis.
Montagem dos rissóis:
Colocar colheradas de recheio sobre a massa, fechar e cortar os rissóis com
ajuda de um corta-massas ou, na sua falta, usar uma tigela. Passar por ovo
batido e pão ralado e levar ao congelador (se for para servir no dia não
precisam de congelar).
Bolinhos de bacalhau
Rosa Manuela Barbosa Bessa
Ingredientes
600 grs. de bacalhau demolhados
400 grs. de batata cozida
2 dentes de alho amassados
1 unidade de gema de ovo
quanto baste de sal
quanto baste de salsinha picadas)
quanto baste de farinha de trigo
quanto baste de óleo de soja
1 unidade de pimentão vermelho
1 unidade de clara de ovo batida
Modo de preparação:
Coloque o bacalhau em água fervente e deixe levantar fervura. Depois, escorra
e espere esfriar. Em seguida, desfie o bacalhau. Misture as batatas reladas, o
bacalhau, a gema de ovo, a clara, o alho e a salsinha picada Misture bem e
corrija o sal. Obs: se a massa não estiver dando liga, coloque um pouco de
farinha de trigo. Modele os bolinhos.
Pataniscas de bacalhau
Rosa Manuela Barbosa Bessa
Ingredientes:
Bacalhau
salsa
cebola
ovos
farinha
sal e pimenta
água gaseificada
água de cozer o bacalhau
óleo para fritar
Preparação:
Faz-se o bacalhau em lascas. Pica-se muito bem a salsa e a cebola.
À farinha juntam-se os ovos e mexe-se tudo. Junta-se a salsa e a cebola e
rectifica-se de sal e pimenta. Junta-se a água de cozer o bacalhau, o bacalhau,
e, em último, a àgua gaseificada. Mexe-se bem. Frita-se às colheradas em óleo
bem quente, deixando escorrer sobre papel absorvente.
Rabanadas
Aroa Freije Torneiro
Ingredientes:
6 rebanadas de pan de molde
400 ml de leite
6 ovos
60 gr de azucre
9 culleradas de aceite de oliva
6 culleradas de mel
Un pelizco de canela moída
Unha pizca de menta.
Preparativos:
Cortar as rebanadas de pan de molde á metade. Verter400 ml de leite nunha
fonte. Incorporar 60 gr. de azucre e un pouco de canela, o leite e mesturalo
ben.Empapar o pan no leite e colocalo nun prato. Bater o ovo na fonte do leite
e pasar o pan polo ovo.
Elaboración:
Quentar 9 culleradas de aceite de oliva nunha tixola a fogo lento. En canto o
aceite estea quente, poñer a fritir o pan. Unha vez dourado por un lado, darlle
a volta.
Pasar as torrixas a unha fonte con papel de cociña para que absorva o exceso
de aceite. Fnalmente, serve as torrixas nun recipiente e decóraas con follas de
menta para lles dar un toque refrescante. A seguir, rociar con mel e xa estarán
listas para comer.
Torta de queixo
Alfonso José Chas Seijas
Ingredientes:
4 queixiños
3 ovos
1 cartón de nata líquida pequeño
1 culleradiña de royal ou lévedo
1 iogur natural
Polo envase do iogur, medir:
1 de azucre
1 de fariña
1 de leite
Preparación:
Bátese todo xunto e métese no forno a 220º de 30 a 40 minutos, nun molde
bañado con manteiga.
Bon apetito!!!
Top Related