FUNCIÓN de RELACIÓN
Esta función consiste nos seguintes procesos:• Adaptar ao Organismo as continuas condicións cambiantes tanto do medio externo coma do interno.• Relación e coordinación da diferentes partes do corpohumano, para que funcionen coma un TODO.
É o estado de equilibrio dinámico ou o conxunto de mecanismos polos que todos os seres vivos tenden a alcanzar unha estabilidade nas propiedades do seu medio interno e, polo tanto da composición bioquímica dos líquidos e tecidos celulares, para manter a vida sendo a base da fisioloxía.
A unidade básica do sistema nervioso é unha célula moi especializada
chamada neurona, que se distingue dunha célula normal pola súa
incapacidade para reproducirse, o cal explica que toda lesión cerebral sexa
definitiva. As neuronas miden menos de 0.1 milímetro.
N
E
U
R
O
N
A
S
O sistema nervioso central está
formado por: a medula espiñal,
estrutura alongada de tecido brando,
situada ao interior da columna
vertebral; e o encéfalo, estrutura
voluminosa situada sobre a medula
espiñal e ao interior do cranio.
No encéfalo podemos distinguir tres
estruturas: o cerebro, o cerebelo, o
bulbo raquídeo.
Todo isto está protexido por sólidas
estruturas óseas, que no seu
conxunto reciben o nome de estoxo
cranio-raquídeo, porque está
formado polos ósos do cranio e as
vértebras da columna vertebral.
Ademais das estruturas óseas, o
sistema nervioso central posúe
outros elementos de protección: as
meninxes.
As
Meninxes
As 3 meninxes, duramadre ,aracnoides e piamadre, limitan 3 espazos, o epidural, o
subdural e o subaracnoideo. O espazo epidural é aproveitado na medula para inxectar
anestésicos locais conseguindo anestesia temporal do abdome e membros inferiores
Son varias as funcións das meninxes:
* Protección biolóxica: impide, a modo de filtro, a entrada de substancias e
microorganismos prexudiciais.
* Protección mecánica: Esta importantísima función permite que pequenos golpes na
cabeza non supoñan un grave perigo para a vida do ser humano.
É o encargado de conectar todos os receptores e efectores do
organismo cos Centros Nerviosos. Está constituido polos nervios.
Dende un punto de vista funcional, o SNP está formado por:
1. Sistema Nervioso Somático: Cumpre as seguintes
funcións:
a) Recibir a información dos estímulos procedentes do exterior
e da posición do noso corpo.
b) Levar as ordes para a contracción dos músculos voluntarios.
Estas dúas funcións lévaias a cabo grazas aos Nervios
Craniais e Raquídeos.
2. Sistema Nervioso Autónomo: Regula e coordina as
funcións involuntarias do noso organismo.
Está formado polo SIST. NERV. SIMPÁTICO e polo SIST.
NERV. PARASIMPÁTICO.
Sistema endócrino
O sistema endócrino ou hormonal é
un conxunto de órganos e tecidos do
organismo que liberan un tipo de
substancias chamadas hormonas e
está constituído ademais destas, por
células especializadas e glándulas
endócrinas.
CARACTERÍSTICAS DO SISTEMA ENDOCRINO
A transmisión da
información realízase
mediante a secreción de
certas substancias de
natureza química
A actuación é máis lenta que
no sistema nervioso.
A acción é máis duradeira
que no caso do sistema
nervioso.
As hormonas son moléculas orgánicas de composición
química variada que, ao chegar por vía sanguínea a certas
células, células diana, fan que estas leven a cabo
determinadas accións, como coordinar, controlar e
regular diferentes órganos, para que todo o corpo
funcións correctamente como unha unidade.
GLÁNDULAS ENDOCRINAS E HORMONAS LIBERADAS (I)
Hipófise xera as seguintes hormonas:
Antidiurética (ADH), diminúe a cantidade de auga eliminada polos
ouriños.
Oxitocina, contrae os músculos do útero durante o parto
Hormonas estimulantes das demais glándulas.
Hormona do crecemento, promove o alongamento dos ósos e o
crecemento en xeral
Tiroide
Tiroxina, aumenta a intensidade do metabolismo.
GLÁNDULAS ENDOCRINAS E HORMONAS LIBERADAS (II)
Paratiroide
Parathormona, regula a cantidade de calcio e fósforo no
sangue.
Capsulas suprarrenais
Adrenalina, prepara o organismo para un esforzo e ten
accións semellantes ás do sistema nervioso simpático.
Corticoides, regulan varios procesos metabólicos e a
cantidade de auga nos tecidos.
Controla a concentración de sodio e potasio en sangue.
GLÁNDULAS ENDOCRINAS E HORMONAS LIBERADAS (III)
Páncreas
Insulina, aumenta a utilización de glicosa polos músculos e outros tecidos.
Glicagón, estimula a conversión de glicóxeno hepático en glicosa do
sangue.
Testículos
Andróxenos, Producen e manteñen os carácteres sexuais masculinos.
Ovarios
Estrógenos, producen e manteñen os carácteres sexuais femininos.
Progesterona, permite a implantación do embrión no útero.