UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 0-1ESCOLA INFANTI DE TUI
CURSO 2016/17
Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1
INDICE
1. O PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN
2. ALIMENTACIÓN
3. DESENVOLVEMENTO MOTOR
4. DESCANDO
5. HIXIENE
6. O XOGO E MATERIAIS DE XOGO
7. O ROL DO ADULTO
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1
1.PERÍODO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL
Tempos progresivos.
Manter continuidade na persoa de referencia que permanece os primeiros días coas nenas e
nenos na aula.
Preparación dos espazos previo á incorporación das nenas e nenos á aula.
Materiais comúns e adaptados ao momento evolutivo de nenas e nenos.
Respectar os obxectos de transición. Respectar costumes familiares e incorporar
progresivamente ás rutinas da aula.
Xerar un ambiente tranquilo e relaxado.Coidar a temperatura (nin demasiado frío nin
demasiada calor).
Actitude atenta aos sinais das nenas e nenos que indiquen unha necesidade (durmir, cambiar
o cueiro, comer,...).
Os tempos das familias na aula, as acollidas e recollidas aproveitaranse para trasladar
información sobre o desenvolvemento do neno.
De ser/ter maiores inquedanzas as familias, emprazaremos a unha titoría.
A comunicación coas familias será de xeito individualizado, evitando dar información
sensible (estado de saúde, incidencias,..) que poidan escoitar terceiros.
Abanear ás nenas e nenos para durmir e consolar pero non empregar como recurso para
entretelos. O cambio de espazos, materiais e actividades para o xogo autónomo será
prioritario.
O uso do chupete limitarase á demanda da nena e neno; antes do seu uso excesivo, teranse
en conta outras estratexias (cambio de actividade, de espazo, de materiais,...).
A propia familia poderá entrar na aula para deixar ao neno no espazo de xogo, cando
camiñen poderán entrar por eles mesmos sen necesidade de que as familias invadan o espazo
de xogo. Que as familias entren na aula non supón que a educadora deixe o que está facendo
para atendela: a prioridade será sempre o neno que está connosco. A familia pode agardar.
Que a familia entre na aula non supón que o intercambio de información interrompa a
actividade que nese momento se desenvolva na aula.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1
2. ALIMENTACIÓN
Colaboración e participación da figura de referencia.
Incorporación progresiva atendendo ao seu desenvolvemento evolutivo:
. No colo mentres non se senta por si mesmo e non mostra interese por asir a culler.
. Na trona cando se manteña sentado e teña interese pola culler. Técnica das dúas culleres.
. Na mesa cando teña interese por comer só.
O espazo da aula deberá coidarse para xerar un ambiente tranquilo e relaxado:
Material ordenado.
Diferenciar claramente o espazo para comer do espazo de xogo (nese mesmo espazo
tamén se lle ofrecerá a froita da media mañá).
Na aula no primeiro e segundo trimestres; en usos múltiples no terceiro trimestre.
Atención individualizada:
No primeiro trimestre será un adulto por neno e no colo.
Un adulto por neno e na trona.
En grupos de catro en mesa e trona: dous adultos.
En grupos de catro en mesa no comedor de usos múltiples: un educador.
Dinámica de alimentación:
Agardar a que o neno abra a boca para introducir o alimento.
Permitir que coma coa man.
Ofrecer a culler cando mostre interese.
Ofrecer o vaso para beber cando mostro interese (sempre visible).
Manter á nena e neno limpos (favorecer a autonomía non supón que se bañen en puré).
Manter o espazo limpo (limpar a trona, a mesa entre prato e prato, sempre que se estime
oportuno).
Respectar o apetito do neno.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1
3.DESENVOLVEMENTO MOTOR
⁂ Respectar os ritmos e rutinas que as crianzas traen do seu fogar.
⁂ A posición inicial a adoptar na aula vai ser deitado e boca arriba, para que pequenas e
pequenos vaian adquirindo os diferentes movementos, posturas,... segundo as súas
necesidades e capacidades e seguindo a evolución natural de cada un/ha. No caso de ter
costumes da casa (sentado en hamaca, por exemplo) haberá que contemplar tempos curtos
ao inicio para non provocar angustia no neno/a.
⁂ Na aula permaneceremos descalzos.
⁂ Anticipar e verbalizar as accións. O adulto comunicará ao neno que é o que vai acontecer co
seu corpo (voute coller, voute soar, ven comer, imos durmir,...).
⁂ O traslado das nenas e nenos que non camiñan e non gatean será no colo. Cando gateen
favoreceremos que o fagan polos seu propios medios, aínda que lles leve máis tempo. Na
medida do posible evitaremos trasladar ao nenos que non camiñan da man.
⁂ Cando son pequenos, ao cargalos no colo evitaremos movementos bruscos da cabeza,
intentado sempre que a leve apoiada. A mellor postura para cargar ao lactante é coa cabeza
apoiada.
⁂ Evitaremos o uso colchonetas porque dificultan o movemento. Usaremos o propio chan ou
tapices.
⁂ Facilitaremos o desenvolvemento motor a través do xogo espontáneo, en diferentes espazos
e superficies: aula, patio, corredoiro, usos múltiples, camiños sensoriais,...
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1
4. DESCANSO
Evitar situacións de angustia que alteren o descanso.
Mecedora para os nenos que precisen; progresivamente iranse incorporando á cama.
Dormen nas camas baixas para favorecer o contacto directo co educador e para favorecer a
autonomía de nenas e nenos.
Respectarase o ritmo de descanso de cada nena e neno. Non se espertan nin se manteñen
espertemos para comer.
Manter o espazo de durmir limpo, ordenado e ben ventilado. As mantas mándanse a lavar
cada quince días para a casa.
Respectarase o uso de chupetes e obxectos de transición. Identificar.
Anticipar a acción: agora imos durmir, recollemos e imos durmir, logo de comer imos
durmir,...
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1
5. HIXIENE
Individualizada. Momento tranquilo e relaxado para o neno.
Na medida do posible, todas as educadoras manterán a mesma rutina no cambio:
Anticipar a acción (trasladarlle ao neno que o colles para levalo a cambiar, avisar cando
é máis pequeno e preguntar cando é máis maior).
Tombar con coidado no cambiador (cunha man na cabeza para tombalo).
Ter sempre as cousas necesarias antes de iniciar a actividade: roupa de cambio, luvas,
toalliñas, cueiro, crema,...
Quitar os zapatos (de telos postos) e logo o pantalón. Se é necesario, logo a camiseta e
body.
Solicitar a colaboración (estirar brazos, responder coa mirada, coa actitude relaxada,...) e
agardar por ela. Tanto no desvestido como no vestido. Na medida do posible, a
educadora verbalizará as súas accións e as anticipará.
Se está moi entretido no seu xogo pódese esperar a cambialo ou a que o propio neno
manifeste sinais de estar incómodo.
En canto se poñen de pé por si mesmo, lavan as mans antes e despois de comer na pila,
mentres a hixiene será na zona da bañeira sentados.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1
6. O XOGO E MATERIAIS DE XOGO
O principal xogo vai ser o seu PROPIO CORPO.
Na medida do posible, trataremos de empregar materiais naturais para traballar as
sensacións a través do seu corpo: teas, botellas de sons, axóuxeres,...
NON SE LLES OFRECE O MATERIAL NA MAN.
O material de xogo será presentado en CESTOS para facilitar a orde e a accesibilidade libre
e voluntaria.
Comezaremos coa realización de masaxes unha vez as crianzas estén familiarizados.
Realizaranse individualmente, nun ambiente tranquilo e cunha toalla cálida colocada
debaixo da nena ou do neno.
Na medida do posible, o material e a proposta de xogo se manterá nos recantos, alfombras
ou tapices, para favorecer un ambiente ordenado.
Unha vez se advirta a dispersión da nena e neno co material proposto, recollerase e se fará
outra proposta.
Na medida do posible, á hora de recoller solicitamos o material ao neno, non llo retiramos
da man sen avisar.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1
PROPOSTAS ESPECÍFICAS PARA 0-1
PROPIO CORPO TEAS
AXÓUXERESCESTO DOS TESOUROS (pedras, piñas,
flores, cabazas, cunchas, CD's,..)
CAIXAS E DADOS SENSORIAIS ARROLOS E ABANEOS
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1
MASAXES BOTES E TAPAS
PELOTAS MÓDULOS DE PSICOMOTRICIDADE
TIPI (tenda campaña)EXPERIENCIAS, PANEIS E CAMIÑOS
SENSORIAIS
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1
CUCU-TRAS. AGOCHADAS CONTOS
TRICICLOS E COCHES TRICICLOS
CONSTRUCIÓNS. ENCAIXABLES EAPILABLES.
HEURÍSTICO
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1
AUGA AREA
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1
DESENVOLVEMENTO DO XOGO NO PRIMEIRO ANO DE VIDA
IDADE COMO ACTÚA A NENA E NENO MATERIAIS
3-6 meses
Mira con curiosidade obxectoscolocados preto del.
Alcánzaos ou empúrraos ou intentacoller ditos obxectos.
Pasa os obxectos dunha man aoutra.
Tea suave e de cores.
Obxectos que se poidansuxeitar cunha soa man quesexan lixeiros.
6-9 meses
Descobre que pode facer ruídogolpeando os obxectos: contra ochan, un obxecto contra outro,...
Colle os obxectos con maiorhabilidade e déixaos caer.
Estírase, roda, arrástrase ougatexa para coller un obxecto.
Axóuxeres nos cales a nenae o neno poidan ver de ondeprovén o son.
9-12 meses
Deixa caer e coloca obxectos máispequenos dentro dun obxectomaior e con abertura, sácao evolve metelo.
Coloca, move e empurra obxectos.
Boles e tapas.
Cesto con obxectos.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1
MOBILIARIO PICKLER
MATERIAL CARACTERÍSTICAS
A motricidade libre e a a posibilidade de despregar assúas iniciativas, propicia na nena e neno recurrir atodo o repertorio de movimentos que ten súadisposición, de acordo ao seu nivel dedesenvolvemento escolle o que mellor se adapta a súaacción.
O triángulo de Pickler é un elemento motriz quepermite moitas accións as nenas e nenos. Subir,baixar, trepar, saltar, xirar …
DADO
O descubrimento por parte dos bebés de que podendesprazarse, cara os sete u oito meses, representa ungran cambio na súa vida: ademais do cambio posturalque xa tiñan conseguido, poden ir a descubrir oespazo o un obxecto que lles chame a atención. Ocecrecemnto psicomotriz toma impulso e os bebésmostran unha gran satisfacción ao comprobar as súascapacidades.
A motricidade libre e a a posibilidade de despregar assúas iniciativas, propicia na nena e neno a posibilidadede recurrir a todo o repertorio de movementos queten a súa disposición, de acordo ao seu nivel dedesenvolvemento escolle o que mellor se adapta a súaacción.
O arco Pickler é un elemento motriz que permitemoitas accións as nenas e nenos. Subir, baixar, trepar,saltar, xirar …
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1
7. ROL DO ADULTO
Atención aos sinais de comunicación da nena e neno.Os silencios e as miradas como formas
de comunicación. Anticipación das súas accións co corpo do neno ao neno (vouche limpar o
nariz, collereite,...)
Traballo en equipo.
Comunicación bidireccional coas familias.
Seguimento do desenvolvemento evolutivo da nena e neno a través do diario de aula.
Compromiso coa formación permanente.
Xerar espazos que estimulen o aprendizaxe autónomo.
Favorecer a autonomía da nena e neno. Autoregulación. Darlles tempos.
Facer propostas, solicitar, pedir axuda,... evitar dar órdenes.
Acompañamento respectuoso no caso dos conflitos ente iguais. Avaliación da situación.
Evitar xulgar.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Top Related