VECIÑOS ILUSTRES
Rueiro de Teixeiro
Traballo de Lingua GalegaIES de Curtis. 1º B-ESO
Autoría: Laura Astray SánchezÁngel Barral MatosÁngela Prado Penas
Fernández Latorre- Esta rúa adícaselle a D. Juan Fernández Latorre. Nace na Coruña o 8 de Outubro de 1849, e fina en Madrid o 14 de Marzo do 1912.- Por razóns políticas exiliase a Francia.- Volve a Galicia en 1882 e funda La Voz de Galicia xunto con Antonio Prieto Puga e José Manuel Martínez Pérez.- No 1885 convértese no único propietario do xornal.- Foi deputado, logo Subsecretario de Gobernación e Gobernador Civil de Madrid ata a súa morte.
Doutor Martínez Pardo
- Nace na Carregosa – Santaia, onde vivíu ate o 9 de Xaneiro do 1938 data do seu falecemento.
Casa de Martínez Pardo ( Carregosa )
-Exerceu de médico, atendendo aos máis desfavorecidos sen cobrar, incluso procuráballes menciñas.-En agradecemento a tres xeracións de médicos, os veciños puxéronlles unha placa na súa casa.
Placa de agradecemento
Sánchez Vaamonde
- Nace o 10 de Abril do 1749 en Santaia. Na casa do Pazo.- Morre o 4 de Outubro do 1806 en Santiago.
Pazo dos Sánchez Vaamonde (Santaia)
- Catedrático de Teoloxía e Retórica.- Encargado da Biblioteca Arzobispal.- Cofundador da Sociedade Económica de Amigos do País.- Gozaba dunha boa situación económica, que utilizou para mellorar ou remediar moitas necesidades que padecía Galicia.- Entre as tradicións que se contan del, está que foi o introdutor do cultivo da pataca na zona de Curtis e quen trouxo os primeiros eucaliptos, dous dos cales aínda están franqueando a estrada de Santaia.
Casa de veciños de Santaia.
Está adicada a Sánchez Vaamonde
Placa da casa de veciños de Santaia
Pedro Antonio Sánchez Vaamonde
Máis información en:http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2002PDF/2002%20261-274.pdf
Sánchez Anido
- Descendente de Sánchez Vaamonde do Pazo de Santaia.- Foi avogado e alcalde da Coruña.- Sustituíu a Fernández Latorre como Deputado da Coruña- Finado en Madrid o 6 de Xaneiro do 1947.
Castelao-Nace en Rianxo o 30 de Xaneiro do 1886 e morre exiliado en Buenos Aires o 7 de Xaneiro do 1950.-Estudia mediciña en Santiago.-Escritor, debuxante, pintor e político.-Foi un dos fundadores das Irmandades da Fala.-Colabora co xornal El Sol.-Director artístico da revista Nos.-Foi un dos pais do Nacionalismo Galego.- Autor entre outras moitas obras de “Sempre en Galiza” considerada a “Biblia do nacionalismo galego”
-
Casa de Castelao (Rianxo)
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao
Generoso Núñez Rega
- Non logramos atopar máis datos que estes:- Nace en Teixeiro.- Emigra a Arxentina.- A súa volta instálase en Teixeiro e monta a primeira queixería da zona.- Foi alcalde do Concello de Curtis.
Casa de D. Generoso
Casa que se construíu cando volveu de Arxentina. Albergaba a vivenda e a queixería.
Moitos anos despois celebraríanse no baixo o baile, onde ían os mozos e mozas os Domingos pola tarde. Este lugar era coñecido na contorna como “o baile de Suso”.
Ramón Espiñeira
- Desta persoa tampouco logramos obter máis datos que:- Naceu en Santaia, dunha das familias- Foi Alcalde do concello de Curtis.
Doutor Luís Novo
- Médico de familia de Teixeiro (Curtis).- Alcalde do concello de Curtis de 1995 a 1999.- Casado Con Carmen Pita, dos Pita de Betanzos.- Otorgóuselle o título de Cabaleiro de María Pita.- Falece o 26 de Setembro do 2014 aos 85 anos.
Crego Barbazán
- Naceu en Cambados.- Ordénase sacerdote e Teixeiro é a súa primeira parroquia.- Amplía a antiga capela que data do 1791 convertíndoa na actual igrexa.- Ordenou que nos servicios relixiosos os homes sentaran na parte esquerda da igrexa e as mulleres á dereita, para evitar que se falaran. Costume que aínda se nota hoxe.- Foi trasladado polo Obispado a Santiago por problemas xudiciais e ao pouco faleceu.
-
Igrexa de Teixeiro.
A parte central era a antiga capela feita no 1791.
Logo sería ampliada aumentándolle os dous laterais.
Antón de Pepiño- Esta rúa adícaselle a Francisco Antonio Sánchez García- Naceu en Os Modillós (Teixeiro) no 1874 e morre en Santiago no 1939.- Vivíu toda a súa infancia en Teixeiro, emigra a Arxentina e volta a Galicia instalándose en Santiago.- Escritor, poeta e membro da Real Academia Galega.- Donou os terreos para que se fixera a feira en Teixeiro, o Campo da Feira, aínda que o Concello chamoulle Plaza de España.- Fillo predilecto do Concello de Curtis.- Ademáis da calle tamén a biblioteca municipal de Teixeiro leva o seu nome.- Na biblioteca municipal podemos ver os seus manuscritos.- Existe un libro editado polo seu neto Aurelio, coa súa “obra escollida”
Casa de Antón de Pepiño.
LIBROS DO CACIQUE
Chegarallel-a nodizapor medeo do boletín¡Caíra, coiro! Picaradespois de moito sofrir,c'as suas mañas, as suas artese seu poder cacequil.Chegou o papel o tempoqu-acababan de sairda mis-as xentes d'aldea,a quen, según elas, forao terrore no país:-A min rouboume o lugar-Tamen m'o roubou a min-E a min chimpoume por portas-E a min botoume a pidir.-Era un ladrón.-Vai no inferno.-S'o hai nos escapa d'il.
Pero, Fuco, que sabíado qu-era capas D. Luis,(chamábase así o cacique)dixo a quen o quix-ouir:-¿Parcevos que vai no inferno?¡Tedes ben pouco candil!Levou os libros consigo,e, xa o veredes: o finha dar no ceo tantas voltas,romexerá tanto alí,que, tras poñervos a todosc'o Altísimo a pan pidir,havos d-arroubal-o ceocomo vos chapou eiquía térra que non soupestesdefender, por galopís.
Teixeiro, Cruña, 1916
Sánchez Bugallo
- Nace en Teixeiro o 18 de Xaneiro do 1954.- É alcalde de Santiago do 23 de Decembro do 1998 ata o 22 de Maio do 2011.- Pasa en Teixeiro os primeiros anos da súa vida ata que seu pai , empregado de RENFE é trasladado a Santiago.- Mantén aínda relación coa familia de Teixeiro, en Frádegas e O Esmorique.
José Antonio Sánchez Bugallo
Casa onde naceu Sánchez Bugallo
fin
Top Related