Post on 10-Mar-2016
description
VISITA A CULTURGAL
Club De lectura “Tinta Viva”
1
ES SÁNCHEZ CANTÓN
2 DECEMBRO 2011
Á PROCURA DOS LIBREIROS
Prezados libreiros:
Como sabedes, somos un grupo de alumnado do IES Sánchez
Cantón. Temos un club de lectura no centro que se chama “Tinta Viva” e coma membros deste club non podemos deixar de sentir
curiosidade pola vosa profesión e preocupación polo futuro das librarías. Agora estamos nun período de crise que non sabemos cando
rematará. Se isto supón un problema para todos os tipos de traballos, é de supoñer que vós, os libreiros, tamén estaredes afectados.
Sabemos que a venda de libros decaeu e supoñemos que estades a pasar por unha situación moi difícil e non queremos nin imaxinar que
o futuro das librarías poida estar en perigo. Preguntámonos cales serán as vosas inquedanzas e se pensades que esta difícil situación
ten arranxo.
Queremos darvos as grazas por estar hoxe connosco, e non só por estar hoxe senón pola vosa dedicación ás librarias, vendendo eses
libros tan marabillosos, aínda que non todo o mundo os aprecie. Non
aceptamos que o voso futuro estea en perigo. Que sería de nós se non existiran as librarías? Si, poderiamos seguir vivindo con aparente
normalidade, pero os nosos preciosos libros desaparecerían, e xa non poderiamos gozar das súas follas nin do olor das súas páxinas,
nin das cores das ilustracións. Teriamos que ler sempre nun aparello electrónico plano onde todo é virtual. Non é que pensemos que non
teñen vantaxes pero non é o mesmo. Por iso queremos desexarvos sorte; é un desexo un pouco egoísta porque sobre todo pensamos en
nós e en todo o que perderíamos.
A verdade é que estamos moi preocupados polo que vos poida pasar; sodes os nosos libreiros de toda a vida, esas persoas que imaxinamos
lendo e lendo todo o día, coa gran sorte de ter sempre libros novos entre as mans. Queremos que continuedes nas nosas cidades, que
nunca vos convirtades en lenda porque aínda que agora a xente teña
eses aparellos súper "guais" seguimos precisando da vosa axuda, do voso consello. Non creades que non! Cremos que despois de todo non
debedes ter medo a nada, e tranquilos, non permitiremos que vos
VISITA A CULTURGAL
Club De lectura “Tinta Viva”
2
ES SÁNCHEZ CANTÓN
2 DECEMBRO 2011
extingades como os dinosauros, iso si que non!. Porque veredes, aínda nos peores momentos, ou precisamente neses momentos duros
e difíciles estamos seguros de que sempre virá algunha persoa interesada en atopar unha aventura nova na que adentrarse... E quen
mellor ca vós para servir de guía.
Como compartimos un aprezo moi especial polos libros pregámosvos
que nos aceptedes este pequeno agasallo. É unha reproducción do cadro que dá a benvida á nosa biblioteca. Como é unha homenaxe á
lectura e aos mundos infinitos que ela nos brinda pensamos que ninguén o merece máis ca vós.
Grazas e coidádevos moito.