CS probas acceso 2010 parte común lingua galega e literatura versión amarela

Post on 20-Feb-2016

225 views 5 download

description

Proba Lingua Galega. Exame tipo test. Proba de acceso Ciclo Superior. 2010

Transcript of CS probas acceso 2010 parte común lingua galega e literatura versión amarela

Páxina 1 de 6

CSPC001Código

Probas de acceso a ciclosformativos de grao superior

Proba de

Ling

ua g

aleg

a

Linguagalega

Páxina 2 de 6

Parte común LINGUA GALEGA

[CS.PC.001]

1. Formato da proba

Formato

� A proba constará de 20 cuestións tipo test.

� As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.

Puntuación

� Puntuación: 0’5 puntos por cuestión tipo test correctamente contestada.

� Cada cuestión tipo test incorrecta restará 0’125 puntos.

� As respostas en branco non descontarán puntuación.

Duración

� Este exercicio terá unha duración máxima de: 60 minutos.

Páxina 3 de 6

Parte común LINGUA GALEGA

[CS.PC.001]

2. Exercicio

1. Cal é o fonema consonántico correctamente definido?

A /κ/ velar oclusivo xordo. B /φ/ palatal lateral sonoro. C /µ/ alveolar nasal xordo.

2. Cal é a serie de palabras correcta?

A Dúbida, volvoreta, boda, coviza, hibernar, bóbeda. B Absorber, novelo, billa, benvido, rebentar, movible.

C Governo, sebe, gaveta, parabéns, baía, trovador.

3. Cal é a serie que contén só palabras con vogal “o” tónica aberta /Ǥ/:

A Corvo, roda, soben, dogma, voces, lóxico, só.

B Ouro, roda, dormen, dogma, voces, curioso, só.

C Moito, roda, comen, dogma, voces, risoño, só.

4. O verbo callar significa:

A Penetrar un líquido nun corpo permeable.

B Gardar silencio. C Solidificarse un líquido.

5. Cal destas definicións é a correcta?

A Nos ditongos homoxéneos encóntranse nunha sílaba dúas vogais pechadas.

B Nos ditongos decrecentes a abertura vocálica vai de menos a máis.

C Nos ditongos crecentes prodúcese o encontro de dúas vogais de sílabas distintas.

6. Cal é a serie de palabras parasintéticas?

A Cartafol, tampouco, ollomol.

B Paspallás, zigzag, tictac. C Reciclar, descampado, botafumeiro.

Páxina 4 de 6

Parte común LINGUA GALEGA

[CS.PC.001]

7. Cal destas series é correcta?

A Os faxes, os baúles, os rubíes. B Os fieis, os baúis, os bulebules. C Os clubes, os hindúes, os rubís.

8. Cal destas series é correcta?

A A xudía, a ferrolana, a feligresa. B A freira, a egua, a baronesa. C A xudea, a cidadana, a heroína.

9. Cal é a serie de palabras de xénero masculino?

A Negrume, arte, calor, cárcere.

B Pesadume, alma, riso, orixe.

C Acedume, fel, sangue, labor.

10. Cal é a serie de palabras de xénero feminino?

A Epígrafe, síndrome, auga, sebe.

B Pantasma, costume, suor, sinal.

C Ferruxe, diadema, leite, mel.

11. Cal é a serie de palabras correcta?

A Décimo terzo, doble, vinteún, cuarenta.

B Décimo sétimo, triplo, cincocentos, trintaavo.

C Décimo octavo, duplo, catro centos, cincuenteavo.

12. Cal é o tempo verbal correcto?

A Andei, andaches, andou, andamos, andastes, andaron.

B Quepa, quepas, quepa, quepamos, quepades, quepan.

C Decía, decías, decía, decíamos, decíades, decían.

13. Cal é o tempo verbal correcto?

A Valga, valgas, valga, valgamos, valgades, valgan.

B Dicirei, dicirás, dicirá, diciremos, diciredes, dicirán.

C Coubese, coubeses, coubese, coubésemos, coubésedes, coubesen.

Páxina 5 de 6

Parte común LINGUA GALEGA

[CS.PC.001]

14. Cal destas oracións contén un presente histórico?

A Hai un mes que non vou ao cine.

B Rosalía escribe a súa poesía no século XIX. C O ano ten doce meses.

15. En cal destas oracións se pode conxugar o infinitivo?

A Este curso teñen que saírme ben os exames.

B O tren vai saír ás doce e cuarto. C Chamáronme xusto despois de saír do teatro.

16. Cal destas oracións é impersoal?

A Manqueime.

B A casa vendeuse a bo prezo. C Quedaron totalmente abraiados pola noticia.

17. Cal destas oracións compostas contén unha oración subordinada substantiva?

A Alarmouno que non o chamase.

B O rapaz co que falabas é fillo seu. C Ana lembrouse cando a chamei.

18. Cal destas oracións contén un pronome de solidariedade?

A Téñote por unha persoa moi responsable.

B Vouche dar o regalo que comprei.

C Foivos tan rápido que gañou a carreira.

19. Cal é a serie de adverbios de modo?

A Acaso, disque, seica, talvez. B Talmente, soamente, mesmamente, xustamente.

C Adrede, amodo, devagar, gratis.

20. Cal é a serie de conxuncións causais?

A Como, pois, porque.

B Mais, pero, senón.

C Conforme, consonte, segundo.

Páxina 6 de 6

Parte común LINGUA GALEGA

[CS.PC.001]

3. Solución para as preguntas tipo test

Nº A B C

1 X

2 X

3 X

4 X

5 X

6 X

7 X

8 X

9 X

10 Anulada (+0,5)

11 X

12 X

13 X

14 X

15 X

16 X

17 X

18 X

19 X

20 X

Nas preguntas de test, por cada resposta incorrecta descontaranse 0’125 puntos. As respostas en branco non descontarán punt uación.