Post on 09-Mar-2016
description
PROXECTO INTEGRADO “O CÓMIC NA AULA”
TAREFA
Elaborar un cómic a partir dun relato.
OBXECTIVOS
Aprender a linguaxe da banda deseñada.
Elaborar un guión a partir dun relato.
Deseñar un cómic integrando aspectos plásticos e lingüísticos.
MATERIAS
Plástica
Lingua Galega e Literatura
PROCESO
Lectura de varios tipos de cómic na casa: Maus, de Art Spiegelman; Persépole, de Marjane
Satrapi; El héroe, de David Rubín; Historias de Galiza, de varios autores (Carlos de Alfonso,
Idoia de Luxán…) e guión de Carlos Rafael; Punto de fuga, de Miguel Cuba ...
Aprendizaxe da linguaxe icónica: viñetas, bocadillos, planos, ángulos, sinais cinéticos,
expresión xestual.
Proxección na biblioteca do filme Persépolis.
Lectura de A mansión dos Pampín, de Miguel Anxo Prado na aula.
Aprendizaxe da mensaxe do cómic: comprensión da historia. Converter un cómic nun relato.
Lectura e comprensión de relatos e escolla de un para o proceso de conversión dun relato nun
guión. Relatos:
o "O xogo da guerra" e "A rapaza do circo", de Vento ferido de Carlos Casares.
o "Que non quede nada", de Un millón de vacas, de Manuel Rivas.
o "A barra de pan", de Ela, maldita alma, de Manuel Rivas.
o "Que me queres, Amor?", do libro homónimo de Manuel Rivas.
o "Nin en soños vou perder a miña lingua", “O país que falaba” e "O ladrón de palabras",
de Made in Galiza, de Séchu Sende.
o "Isabel", de Marcela Serrano.
ESPAZOS
Aula de Plástica, aula de 4º ESO e biblioteca.
TEMPO
6 sesións en Lingua
10 sesións en Plástica
ORGANIZACIÓN
Grupos de 2-3 persoas. Tendo en conta que no noso centro hai 3 aulas de 4º de ESO con
alumnado que non ten a materia de Plástica como optativa, formáronse grupos de 2-3
alumnos para realizar o guión na aula de lingua, quedando só 2 membros de cada grupo para
traballar na aula de Plástica.
RECURSOS E FONTES DE INFORMACIÓN
Libro de texto Lingua e Literatura 4º ESO, editorial Anaya, unidade 9.
Para lermos cómics, de Agustín Fernández Paz
Cómics da biblioteca.
Enlaces web:
http://www.materialesdelengua.org/LITERATURA/TEXTOS_LITERARIOS/COMIC/pagina1.htm
TEORÍA
http://ntic.educacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2009/playcomic/index_es.html
http://www.makebeliefscomix.com/
http://www.escritores.cl/libros_gratis/Lomena-Guion_de_comic-curso.pdf
http://plastica.manuelbusto.net/recursos/paquete/guion/guion.html
HISTORIA E LINGUAXE (planos, ángulos, bocadillos...):
http://www.uclm.es/profesorado/ricardo/comic2.html
http://www.youtube.com/watch?v=WrFwSXdoINU
http://www.slideshare.net/actimoliner/el-cmic
PLANOS E ÁNGULOS
http://www.slideshare.net/brunoculturaa/1-planos-y-angulos
CASO PRÁCTICO:
http://juegos-y-hobbies.practicopedia.com/como-hacer-un-comic-1546
AVALIACIÓN
Proceso: Coordinación entre os membros, actitude, comprensión, emprego de recursos e
fontes de información...
Produto:
Plástica: a historia gráfica, a presentación, o emprego da linguaxe icónica (ángulos,
planos…), a caracterización das personaxes, a disposición das viñetas...
Lingua: a elaboración dun guión a partir dun relato coa información precisa.
GALERÍA DE FOTOS