Post on 07-Mar-2016
description
O PROBLEMA DE GALICA
Galicia está sufrindo
polos homes orfos
e os campos mortos
e os corazóns rotos.
IAGO FERREIRO ARES. (6º)
ALMA PERDIDA
Alma das pombas,
cantigas perdidas,
o resplandor das pólas
na noite perdida.
DIEGO PÉREZ. (6º)
Cariñoso día,
alma partida
o gozar da vida
o resplandor do día.
ROSALÍA E A SÚA …
Rosalía e a súa poesía
Rosalía e a súa patria querida
Rosalía e os seus cantares
Rosalía e a súa ledicia
Rosalía e o seu amado Murguía.
PAULA CAICEDO(6º)
CAMPAÍÑAS DA NOITE
Campaíñas que soan
a medianoite,
rompendo os corazóns,
facendo feridas no seu interior.
PAULA GIL(6º)
A FELICIDADE
Eu encontro a felicidade
nun sono,
cando toco a terra,
vexo a alegría
Vexo a alegría
cando toco a terra
e ando eternamente
pensando na terra
e ando soñando
coa natureza.
ANDRÉS NOVOA (6º)
A VIDA DE ROSALÍA
En Santiago de Compostela vive Rosalía.
María e Xosé son pais de Rosalía
En galego e castelán escribe Rosalía.
No 1837 naceu a nosa Rosalía.
Con Manuel Murguía casou Rosalía.
“Cantares Galegos” escribiu Rosalía
RAPAZA MORENA
Rapaza morena
que canta no mar,
prepárame comida
na mesa que estás.
PAULA GRADÍN POSADA (6º)
BONITA CANCIÓN
Rosa agasalla unhas rosas
á neniña que toca a gaita
Ela toca unha canción
co amor do seu corazón.
QUERO…
Quero xantar
Torrixas con mel,
Vinagre e sopiñas
E leite e papiñas.
Despois de xantar
O doce tomarei,
Noces e viño
E moito café.
De cea tomarei
Patacas asadas
E doce mel.
ZELTIA PATIÑO DIÉGUEZ . (6º
ROSALÍA
Rosa lía as rosas novas.
Rosa lía as Follas Novas das rosas.
Rosalía canta ás rosas coas súas cousas novas.
Rosalía sempre se lía nas rosas novas.
Rosalía canta en galego ás súas rosas.
AS NUBES
Vexo nubes no espazo
Mentres tomo leite nun cazo.
Unhas son brancas,
Outras son negras.
Sopran os ventos
Sen orden nin tempo.
PATRICIA GIL RODRÍGUEZ(6º)
ROSALÍA
Rosalía cántalle ás “Follas Novas” das rosas
Rosalía canta con ledicia ás súas rosas .
Rosalía canta ao redor das rosas.
Rosalía canta coas rosas en harmonía.
Rosalía fala galego coas súas rosas.
EU TEÑO……
Eu teño unha flor no pelo
E corenta rosas no corazón
Cada pétalo unha vida
E cada espiña un corazón.
TATIANA ÁLVAREZ CUEVAS(6º)
O CORAZÓN BLANCO
O corazón branco quedou
Sorrindo no peito
Para ver a neve
Do branco corazón .
XOEL (6º)
AMOR IMPENSABLE
Penso en ti, rosiña,
Rosiña, penso en ti
Si souberas meu amor
O doce da vida,
E si souberas,meu amor
O doce son do teu tambor.
DAVID ARAÚJO(6º)
CANTA,MENIÑA
Eu quero que cantes meniña,
que toques o tambor,
dentro do teu corazón,
pídocho por DIOS.
ROSALÍA
Rosalía canta ao mar.
Rosalía escribe poesías ás súas fillas.
Rosalía pensa en Manuel Murguía.
Rosalía mira as follas que crecen día a día.
Rosalía xoga coas súas sete fillas.
LAURA RICÓN. (6º)
FANTASÍA
Papiñas ricas darei,
sopiñas ricas darei,
Queres cantar ?
Na miña festiña poderás !
Meniña
toca a gaitiña,
produce a melodía.
PABLO TABOADA CONS (6º)
PEQUEÑO ESPIRITU
Un pequeno espírito
Que te pode morder
Que lle tes medo
Porque podes morrer
ÓSCAR (6º)
ROSALÍA
Rosa coa osa da rosa canta.
Rosalía canta en galego coas follas das rosas.
Rosalía no 17 de maio lía.
Rosalía canta na rosa galega de Santiago de Compostela.
Rosalía só lía cando ía marusía e de casa saía.
DOR DE ENTRAÑAS
Hoxe as entrañas consumíronseme
cunha dor moi toliña,
procedente dunha dimensión chamada “ aló”,
procedente dunha dimensión ferida.
DAVID SOLER (6º)
O QUE FACÍA ROSALÍA
Rosalía lía nas rosas.
Rosalía escribiu “ Follas novas”.
Rosalía escribiu nas rosas.
Rosalía escribiu sobre todo tipo de cousas.
ESTEBAN TELLERÍA(6º)
ROSALÍA
Rosalía e a súa pena
Rosalía e a súa terra
Rosalía e a súa perda
Rosalía e a súa enorme doenza
Rosalía e a súa gran tristeza
NOELIA SERRANO (6º)