Post on 08-Mar-2016
description
RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN: LIBROS, TEATRO, CINE
EDLG IES LAGOA DE ANTELA-BIBLIOTECA
Para 1º ciclo de ESO
O tempo das palabras en voz baixa, de Anne-Lise Grobéty Óscar e o heroe desta historia son moi amigos; co-mo tamén o son os seus pais, amigos e amantes da poesía, aos que lles gusta rir e falar no xardín. Pero un día todo abanea, cando chegou o tempo das pa-labras en voz baixa, cando as voces comezaron a
mudar de entoación e intensidade. E houbo cada vez máis bandei-ras e desfiles, ata o día en que todo quedou patas arriba, o día ne-gro na escola.. Para 2º ciclo de ESO
Unha bolsa de canicas, de Joseph Joffo Joseph Joffo naceu en Francia en 1931 e na súa no-vela cóntanos a través dos ollos inxenuos dun neno como foi a súa vida desde 1940, cando os nazis chegaron a París. A fuxida del e de seu irmán Mau-rice ata a costa mediterránea, unha nova fuxida...
Viaxan a pé, en tren, autobús e en calesa. Pasan fame, frío, medo e aprenden a sobrevivir nun escenario de guerra e persecución...
Para 4º de ESO e BAC
Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Mon-teverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e en-
carcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. Entón, comprobará que nunca podemos fuxir do noso pasado e que as feridas mal curadas non deixan de supurar. O encontro coa ánima do seu pai, na desolada casa familiar cam-biaralle a vida para sempre.
Menú de enganos, Núñez Singala Conxunto de relatos que sorprenden, que “enganan”. Un exercicio-xogo literario que atrapa a quen le. Retranca, dobres interpretacións, frases que alimentan.
Sunset Park,
de Paul Auster
Miles Heller é un mozo que abandonou a univer-
sidade e fuxiu dos pais. Vive atormentado pola
culpa: sen querelo provocou a morte do seu me-
dio irmán. En Florida mantén unha relación cu-
nha escolar adolescente, Pilar, mais cando a familia dela amea-
za con sacar á luz a relación, Miles decide protexer a moza vol-
vendo a Brooklyn, onde comeza a vivir de ocupa mentres se
prepara para a inevitable confrontación co pai.
Tardes con Margueritte, de Marie-Sabin-Roger Esta é unha novela para rir, para pensar, para sen-
tir, para emocionarse. Unha historia con dous
personaxes inesquecibles. Germain coñece a
Margueritte, unha velliña adorable que sabe todo
o que hai que saber sobre os libros e, sobre todo, coñece cal é a
súa forza e como nos poden cambiar a vida para sempre.
Futuro imperfecto, Xulia Alonso Nárrase a historia dun amor e a experiencia da súa perda por culpa das drogas.
Deus xogando aos dados,
De Fernando Méndez
Un cura galego desaparecido hai vinte anos, ma-
fiosos, oportunistas e catro escritores de fama
internacional. A novela asenta a súa trama no
feito histórico de que España recibiu entre os
anos 1942 e 1944 máis de 5.000 lingotes de ouro que os nazis
obtiveron das moas, as xoias e demais pertenzas dos xudeus,
segundo informes desclasificados do Departamento de Estado
dos EE.UU. Este ouro manchado en sangue serviu para pagar os
produtos que España enviaba a Alemaña durante a Segunda
Guerra Mundial, entre eles volframio das minas galegas..
1Q84,
de Haruki Murakami
En xaponés, a letra q e o número 9 son homófo-
nos, pronúncianse kyu, de xeito que 1Q84 é, sen
selo, 1984, data con sonoridade orwelliana. Os
personaxes da novela viven nun mundo alterado:
Aomame, unha muller que traballa como instrutora nun ximna-
sio e é unha asasina, e Tengo, un profesor de matemáticas que
tamén é un escritor secreto e aspirante a novelista, levan vidas
solitarias e os dous perciben á súa maneira leves desaxustes na
realidade que os rodea e que os han levar inexorablemente a
un destino común.
Pa
ra B
AC
e a
du
lto
s
BANDA DESEÑADA
Maus, de Art Spiegelman
Art Spigelman relata a historia do seu pai Vladek, sobrevi-
vente de Auschwitz, á vez que traza un retrato deste na
actualidade. Ademais da barbarie nazi intérnase na psicoloxía do pai,
na sombra dunha nai suicida e na pantasma dun irmán ao que non
coñeceu. Os xudeus rdebúxanse coma ratos e os nazis coma gatos.
POESÍA
Makinaria, de Carlos Negro
Un libro para os malotes de quince anos, de versos con mú-
sica, tuning, gasolina, testosterona, alcohol e morte.
Estremas, de Ana Romaní
Diálogo entre corpo e lingua, coa literatura como único lu-
gar desa posibilidade .
Todas as mulleres que fun, de Andrea Nunes
Os afectos. A identidade feminina, construída a contrafío da
opresión. A Matria, o país. A utopía. Son algúns dos alicer-
ces dos versos deste libro.
TEATRO
Recomendamos o Festival de Teatro Internacional de Ribada-via, que se celebra a partir do 15 de xullo:
http://mitribadavia.com/
CINE A culpa é de Fidel (título orixinal: La faute à Fidel) Francia, 2006 Directora: Julie Gavras Anna é unha nena de nove anos que vive unha vida conforta-ble ata que a norte dun tío que loitou contra Franco vén alte-rar a súa vida. Unha chea de acontecementos transformarán a súa visión do mundo. Rede de libros: http://www.redelibros.com/social/book/ Blog con moitos libros: http://trafegandoronseis.blogspot.com/search/label/Libros Itinerarios lectores para ESO e BAC: http://www.blogoteca.com/nostamennavegar/index.php?cod=74929#comentarios Máis lecturas: http://www.blogoteca.com/nostamennavegar/index.php?cod=85612#comentarios
Cociñando ao pé da letra,
de Yolanda Castaño e Andrea Costas
Un texto para saborear as palabras ben escritas en receitas con-
tadas doutro xeito. Un libro que une os verbos cociñar e escribir.
Voces e receitas de vinte e unha escritoras e escritores galegos:
Anxos Sumai, Celso F. Sanmartín, Carmen Blanco, Rosa Aneiros,
Lupe Gómez, Fina Casalderrey, Xabier P. Docampo, Chus Pato,
Lucía Aldao, Marica Campo, Agustín Fernández Paz, Cándido
Pazó, María Reimóndez, Antón Lopo, Manuel Lourenzo….
PARA LER, VER, COCIÑAR, COMER E AGASALLAR