12 de agosto 2012 A loita continúa - terraetempo.gal de agosto de 2012 baixa.pdfnós propi@s, das...

16
www.terraetempo.com 12 de agosto 2012 A loita continúa [Discursos] Nestor Rego e Iván Rivas Cadernos de Pensamento Nacionalista CPN 16

Transcript of 12 de agosto 2012 A loita continúa - terraetempo.gal de agosto de 2012 baixa.pdfnós propi@s, das...

Page 1: 12 de agosto 2012 A loita continúa - terraetempo.gal de agosto de 2012 baixa.pdfnós propi@s, das que queremos ser mere-centes, para as pór -como Moncho Reboiras- ao servizo da causa

www.terraetempo.com

12 de agosto 2012

A loita continúa[Discursos]

Nestor Rego e Iván Rivas

Cadernos dePensamentoNacionalistaCPN 16

Page 2: 12 de agosto 2012 A loita continúa - terraetempo.gal de agosto de 2012 baixa.pdfnós propi@s, das que queremos ser mere-centes, para as pór -como Moncho Reboiras- ao servizo da causa

2 www.terraetempo.com

12 de agosto de 2012Ferrol

Page 3: 12 de agosto 2012 A loita continúa - terraetempo.gal de agosto de 2012 baixa.pdfnós propi@s, das que queremos ser mere-centes, para as pór -como Moncho Reboiras- ao servizo da causa

3www.terraetempo.com

Moncho ReboirasA loita continúa

Page 4: 12 de agosto 2012 A loita continúa - terraetempo.gal de agosto de 2012 baixa.pdfnós propi@s, das que queremos ser mere-centes, para as pór -como Moncho Reboiras- ao servizo da causa

4 www.terraetempo.com

Discursos pronunciados na Homenaxe da Unión do Povo Galego a Moncho Reboiras (Ferrol, 12 de agosto de 2012)

Page 5: 12 de agosto 2012 A loita continúa - terraetempo.gal de agosto de 2012 baixa.pdfnós propi@s, das que queremos ser mere-centes, para as pór -como Moncho Reboiras- ao servizo da causa

5www.terraetempo.com

Hai 37 anos a dominación dun pobo so-bre outro asasinou a este galego defensor da liberdade, en Ferrol, nos estertores dunha di-tadura. É por esta razón pola que hoxe, como cada ano nos reunimos aquí. E trinta e sete anos despois os galegos e as galegas aínda non somos libres. Trinta e sete anos despois os galegos galegas continuamos atados ás cadeas da discriminación. Os galegos e gale-gas seguimos languidecendo nunha esquina do Estado Español, trinta e sete anos des-pois, os galegos e as galegas continuamos no exilio na nosa propia terra.

Son tempos convulsos, de conflito, de movementos permanentes e temos que es-tar preparados para enfrontar esta incerteza. Vivimos dentro dun modelo económico des-piadado, no que o poder político conflúe co poder económico, onde a UE é a perfecta representación deste modelo, onde o BCE é un lobby da banca de determinados estados, do poder económico de determinados esta-dos. E o deseño da UE tivo este obxectivo de dominio duns sobre outros desde a súa creación.

A esta UE preocúpalle moi pouco o des-envolvemento económico e a xeración de emprego. O euro non está en perigo e as de-cisións que se toman de control da inflación e a imposición do pacto fiscal benefician a es-tas entidades financeiras. Todo o contrario da idea que se nos transmite constantemente de que a centralidade europea e a centralidade española están constantemente achegando diñeiro e subvencionando á periferia, cando a realidade é totalmente á inversa porque temos que dicir que hoxe hai máis fluxo de diñeiro da periferia á centralidade que vice-versa.

E con este obxectivo aplícannos un dobre discurso. Por unha banda afirman permanen-temente que non se pode facer nada diante das decisións que se toman desde Europa, que non hai alternativa. E ao mesmo tempo aseguran que fóra do Euro estaríamos moito peor, que debemos agradecer o feito de nos manter dentro do establishment de normali-dade, incluso chegan a utilizar o argumento da solidariedade razoando que coa saída do

euro de calquera estado a UE se desfaría despois de tanto traballo e tantos beneficios.

E por outra banda ameázannos cunha saída do euro cando o último que este ca-pital financeiro querería é mesmamente isto e a nós, o único que nos reportaría, serían beneficios.

Tempos convulsos para reaxirIván Rivas

Iván Rivas, portavoz do BNG no concello de Ferrol

Page 6: 12 de agosto 2012 A loita continúa - terraetempo.gal de agosto de 2012 baixa.pdfnós propi@s, das que queremos ser mere-centes, para as pór -como Moncho Reboiras- ao servizo da causa

6 www.terraetempo.com

Entrementres, os partidos estatais non queren afrontar o debate de fondo e perma-necen inmersos en debates superficiais so-bre se hai que ser máis ou menos austeros, sobre se se debe investir un pouco máis. O propio adalid da progresía e novo socialismo europeo, encarnado no novo presidente fran-cés, non cuestiona os límites de déficit públi-co nin o pacto fiscal definido desde a UE e fala unicamente de acompañalo de políticas de maior investimento.

A suposta radicalidade política sitúa o pro-blema no descontrol das entidades financei-ras e o capital que consideran transnaciona-lizado pero que ten fondas raíces no poder político de estados moi concretos, recorren-do á universalidade do problema como mé-todo para resolver a globalización. Situados na comodidade da abstracción, este debate non representa ningún conflito para os pode-res fácticos.

E o Estado Español asume este deseño porque cuestionalo suporía cuestionar a pro-pia idea de España, porque a España ven-lle moi ben xustificar o problema en Europa, porque semella evadilos de responsabilidade algunha. Como no caso dos gobernos muni-cipais como o do Concello de Ferrol ao que lle vén moi ben xustificar o desmantelamento

de todas as bases para o desenvolvemento económico da cidade nas decisións que se toman desde o Estado. E non poden cuestio-nar este deseño porque comparten a estrutu-ra, partillan o mesmo modelo xerárquico, por-que as relacións de dominio e xerarquía en Europa son as relacións de xerarquía dentro do Estado Español, porque comparten unha visión do mundo paternalista e esquilmadora, porque o conflito actual é un conflito ideolóxi-co e Europa e o Estado Español están a re-afirmar as súas posturas. Porque en definiti-va, esta crise económica derivou en doutrina recentralizadora, en redución da liberdade, e no espolio continuado das nacións discrimi-nadas.

O argumento da situación económica esta a servir para producir os maiores avances ideolóxicos do centralismo español dos últi-mos anos, para culminar co proceso de espo-lio e asoballamento dos pobos e das nacións. E é por isto que non estamos ante un período máis da historia, estamos a vivir un momento fundamental para o desenvolvemento futuro destas nacións e destes pobos.

Porque estes poderes fácticos son os que sosteñen a España no seu deseño de dominio, e se os partidos de ámbito estatal cuestionasen estas relacións xerárquicas

Page 7: 12 de agosto 2012 A loita continúa - terraetempo.gal de agosto de 2012 baixa.pdfnós propi@s, das que queremos ser mere-centes, para as pór -como Moncho Reboiras- ao servizo da causa

7www.terraetempo.com

cuestionarían o modelo de España, por iso é fundamental BANKIA e non o é NGB.

Porque o Estado Español comparte esta visión xerárquica do mundo, o Estado Es-pañol non cuestiona o modelo inxusto do reparto da riqueza no mundo, o Estado Es-pañol ten que manter as súas relacións de dependencia interna para manter a súa esen-cia, non pode cuestionar un modelo que el mesmo aplica no seu ámbito de actuación. O Estado Español antepón a súa definición ideolóxica aos seus conflitos externos, prio-riza a súa definición antes que replantearse un marco de relacións diferentes en Europa e no mundo, prefire “una España roja a una España rota”.

Por isto o primeiro que temos que vencer é este colonialismo, este centralismo espo-liador, e para isto a resposta debe adaptarse aos valores de cada nación. As condicións iniciais son determinantes e a acción colec-tiva debe responder a esas particularidades. O punto de inicio é mudar as relacións de po-der, cambiar eses estados que responden a poderes institucionalizados pola representa-ción das nacións e das maiorías sociais.

O punto de partida é recoñecer a diver-sidade, admitir a igualdade na pluralidade, cambiar as relacións de poder e a natureza dos estados e isto significa profundos cam-bios políticos. Por isto propoñemos unha proveitosa relación baseada no respecto mu-tuo e no diálogo simétrico e sincero. Este é o momento para afondar nos cambios que requiren as nosas nacións, fortalecendo e dinamizando os mercados internos, con-sagrando a soberanía dos pobos, perse-verando nos nosos proxectos industriais, marcando distancias co ultraliberalismo. Temos que converter estes tempos en tem-pos novos, con novas miradas e actitudes diferentes. Aspiramos a relacións fraternas e respectuosas que reafirmen a nosa von-tade de non permitir xamais unha violación á nosa soberanía, e sen necesidade de falsos protectorados. Así entendemos cal-quera relación de respecto entre dous po-bos, independentemente do poder destes. Estamos a lembrar o 37 aniversario do asa-sinato dun galego na procura da liberdade, por esa liberdade procurada con sangue po-los nosos predecesores, debemos decidir as nosas propias formas de goberno, perseguir

Page 8: 12 de agosto 2012 A loita continúa - terraetempo.gal de agosto de 2012 baixa.pdfnós propi@s, das que queremos ser mere-centes, para as pór -como Moncho Reboiras- ao servizo da causa

8 www.terraetempo.com

o noso propio desenvolvemento económico, social e cultural, en función dos intereses e necesidades do noso pobo. E debemos de-cidilo libremente, sen intromisións externas e de acordo co principio de igualdade. Necesi-tamos consagrar o dereito á libre determina-ción, tan esencial pero á vez tan precario á hora de tramitar a convivencia práctica entre nacións e pobos.

Esta forma alternativa de concibir a so-ciedade e a natureza non é espontánea, é produto da extraordinaria, diversa e den-sa riqueza cultural do noso pobo, da nosa bagaxe política, que soubo sobrepoñerse á adversidade, que nunca claudicou fron-te á opresión, que repudia a inxustiza. Son os obreiros, labregos, pequenos propieta-rios, poetas, os que venden nos mercados, os mestres, gandeiros, é, en definitiva, o conxunto do pobo galego o que ten o derei-to a participar na construción do noso futuro. Galiza é un pobo que segue sendo mozo, grazas á sabedoría das nosas culturas pasa-das. Un pobo que pensa diferente, grazas ao compromiso dos nosos predecesores. E por propoñer isto pode que nos acusen de trai-dores, de insolidarios, de desfacer a unidade de acción. Pretenderán converter á vítima en verdugo. Máis, onde reside a traizón máis que nun Estado que impón durante décadas e utiliza como moeda de cambio coa UE un veto político que continúa na actualidade, a un sector como o naval, estratéxico para o desenvolvemento económico dunha cidade como Ferrol e para Galiza?

Onde reside a traizón máis que naquelas organizacións que durante 30 anos se opuxe-ron ao levantamento deste veto político?

Onde reside a desigualdade máis que nun Estado e nas súas organizacións políti-cas que illan e exclúen a Galiza de ter unhas infraestruturas ferroviarias que vertebren o territorio e que no resto do Estado levan 20 anos implementando, mentres que aquí pre-tenden desmantelalas?

Cal é a solidariedade dun Estado e das súas formacións políticas que durante déca-das esquecen o saneamento da nosa ría e agora pretenden que lles paguemos por per-mitirnos costear nós mesmos unha infraes-trutura que neste suposto Estado solidario e equitativo lles corresponde a eles asumir.

Que solidariedade é ter que pagar por vi-vir? Onde reside a xustiza dun Estado que mantén os privilexios dos seus órganos de control físico e psicolóxico, do actual Minis-terio de Defensa e da Igrexa católica, que le-van séculos ocupando o noso territorio? Cal é a liberdade dos galegos emigrados da súa propia terra?

Estes son os exemplos da liberdade, da solidariedade, da xustiza, da igualdade do Estado con nós. E eu pregúntolles aos ada-lides desta liberdade, desta fraternidade e desta igualdade que me expliquen se esta é a loita final, se isto é o fin da opresión.

Cando un galego reaxe é tildado de extre-mista, como se debese ficar pasivo e amar ao seu inimigo, e non pretendo derrubar a uns para poñer a outros pero hai quen pon a uns no primeiro lugar e estes os poñen a eles e a nós no último, e isto, non é traizón?

En nome da liberdade e da solidariedade espolian o noso territorio. Trátase do conven-cemento de que os dereitos só son para uns cantos. A procura da liberdade só debe ser para eles, a igualdade só para eles.

E é por isto polo que nestes momentos necesitamos ser fortes e contundentes, ne-cesitamos liberármonos do noso medo para que a nosa presenza libere aos demais. Non precisamos de debates sobre lugares co-múns, sobre cousas triviais, non precisamos declarar o noso amor pola humanidade, pola democracia, o que necesitamos é acción, necesitamos abordar os problemas profun-dos, romper as cadeas da dominación. Ne-cesitamos construír a verdade, para que un día coma hoxe, dentro de 37 anos aqueles que acudan a este mesmo lugar cando miren cara atrás e nós vexan rexios, seguros e con forza poidan seguir mirando cara adiante tal e como facemos nós hoxe.

Page 9: 12 de agosto 2012 A loita continúa - terraetempo.gal de agosto de 2012 baixa.pdfnós propi@s, das que queremos ser mere-centes, para as pór -como Moncho Reboiras- ao servizo da causa

9www.terraetempo.com

Cando dicimos Reboiras, estamos a dicir intelixencia política e coraxe, compromiso, abnegación, firmeza e patriotismo; cualida-des todas elas que quixermos asumir para nós propi@s, das que queremos ser mere-centes, para as pór -como Moncho Reboiras- ao servizo da causa da liberación da Galiza. Por iso este acto que organizamos todos os anos non é nunca un acto de nostalxia, mais de xustiza. Un acto de merecido recoñece-mento ao camarada que deu a vida pola li-berdade do seu pobo, mais tamén un acto de afirmación do noso ineludíbel compromiso patriótico.

Cando se fala do contributo de Moncho Reboiras ao nacionalismo galego contempo-ráneo sinálanse sempre cualidades como as que veño de mencionar, imprescindíbeis nun militante revolucionario. Mais, sobre todo,

destácase, acertadamente, a clarividencia política sobre a necesidade desta nosa Na-ción se dotar dos instrumentos precisos para construír por si propia un futuro diferente de benestar e liberdade. Saliéntase, en definiti-va, o seu papel no asentamento teórico do criterio de autoorganización do pobo galego e aínda na súa plasmación práctica, na que Moncho Reboiras traballou activamente nos seus anos de militancia política, particular-mente na formación dos primeiros xermes sindicais. Foi a consecuente defensa dese principio o que permitiu disputar o campo sindical á esquerda española e construír un sindicalismo de clase propio, non dependen-te, que co tempo viría a tornarse nesa firme e combativa realidade que é hoxe a CIG, a Confederación Intersindical Galega, a máis numerosa organización do nacionalismo ga-lego hoxe.

A loita continúaNestor Rego

Page 10: 12 de agosto 2012 A loita continúa - terraetempo.gal de agosto de 2012 baixa.pdfnós propi@s, das que queremos ser mere-centes, para as pór -como Moncho Reboiras- ao servizo da causa

10 www.terraetempo.com

O principio de autoorganización definiu, por tanto, o nacionalismo contemporáneo desde as orixes e marcou a súa práctica, converténdose na columna vertebral da na-ción. E convén lembralo agora que outros o esquecen, intereseiramente, antepondo aos intereses do País os propios intereses e am-bicións persoais, envoltas -iso si- no grandilo-cuente discurso da emerxencia nacional; na práctica, vendedo os principios por un prato de lentellas oferecido amabelmente pola es-querda española. O nacionalismo galego que quixer merecer o nome de tal defenderá sem-pre, sempre, sempre, con coherencia, na teo-ría e na práctica, a autoorganización do pobo galego, en todo momento, en todo lugar, en todos os ámbitos, sabendo perfectamente – como sabía Moncho Reboiras- que é a úni-ca garantía de conseguirmos avanzar para o obxectivo da soberanía nacional.

Estamos, con efecto, nunha situación de emerxencia, da que só conseguiremos saír confiando nas nosas propias forzas porque, amigas e amigos, nunca virá de fóra remedio ou esperanza, como dixo o poeta Celso Emi-lio naqueles anos de lucidez política en que partillou militancia na UPG con Moncho Re-boiras. Unha situación de emerxencia na que xa estábamos, por certo, no mes de xaneiro, que exixía – e exixe- da máxima xenerosida-de e da máis forte unidade para articularmos unha resposta masiva e contundente do pobo galego. Que exixía -e exixe- ilusión e confian-za, porque a esperanza tamén se constrúe, tamén se vai tecendo día a día. Que exixía -e exixe- abnegación e traballo militante, do que

foron exemplo persoas como Reboiras, e que está a demostrar a militancia do BNG para deixar claro na sociedade que frente a esta situación convulsa e dificil existen alternati-vas, existen outras políticas que van permitir ao pobo galego saír desta crise con máis be-nestar -non con menos-, con mais democra-cia -non con menos- e tamén con máis auto-goberno -non con menos, como pretenden o goberno español e o Partido popular.

E hoxe podemos afirmar -sen triunfalismos estériles mais con lexítima satisfacción- que estamos non bon camiño. O nacionalismo, o BNG, está a se revelar diante dunha cidada-nía galega farta de agresións políticas e so-ciais que xeran tamén dramáticas situacións persoais, como a única forza que planta cara, que apela á mobilización, á insubmisión e á rebeldía, mais tamén que presenta propos-tas, demostrando que outras políticas son posíbeis e necesarias. Hai apenas 3 días, un medio de comunicación galego publicaba unha curiosa crónica titulada ‘O verán feliz do Bloque’ en que recoñecía, non sen sorpresa, que o BNG estaba a alargar a capacidade de mobilización e de influencia social e electoral como o mostraban o Día da Patria e o recen-te inquérito do CIS. Pois ben, nin é casua-lidade nin a nós nos colle por sorpresa: é o resultado do traballo de miles de mulleres e homes que cren na Galiza e confían na ca-pacidade política do pobo galego. Tamén o resultado do esclarecemento político necesa-rio. Sabíamos que fronte á maior agresión e á maior involución social, política e democrá-tica coñecida desde a transición era preciso

Page 11: 12 de agosto 2012 A loita continúa - terraetempo.gal de agosto de 2012 baixa.pdfnós propi@s, das que queremos ser mere-centes, para as pór -como Moncho Reboiras- ao servizo da causa

11www.terraetempo.com

alternativas claras, activismo, firmeza e con-tundencia, que permitise -que está a permitir- ao nacionalismo consolidarse como a forza referencial de todas as persoas que no noso País queren mudar a situación dramática que estamos a vivir e queren frear a ofensiva an-tisocial e antigalega en curso.

Moncho Reboiras tivo que enfrontar a do-minación española, a loita pola liberdade e polos dereitos da clase traballadora, en con-dicións de particularmente duras, de ditadu-ra, con risco para a súa vida, e non por iso recuou ou abandonou. Hoxe a situación é de novo extremamente difícil. Na verdade, nunca foi fácil para o nacionalismo, mais ago-ra debemos enfrontar a máis forte ofensiva antisocial, antidemocrática e antigalega nos últimos 30 anos. E non imos recuar nin aban-donar. Non imos sequera deixarnos confundir nin condicionar polas falacias do poder e a permanente presión mediática que de forma constante deturpa, manipula e difunde as consignas de resignación e desesperanza. Non é tempo de sermos timoratos. Precisa-mos é firmeza. E aquí estamos, outra vez, defendendo firmemente os dereitos da clase traballadora, defendendo a liberdade frente aos intentos de coartala, defendendo a de-

mocracia frente á manipulación e a fraude, defendendo Galiza cando ninguén máis a defende.

Porque estamos fartos de constatar que temos un goberno que non defende os intere-ses do noso País. Moi ao contrario, estamos diante, sen dúbida, do peor goberno da his-toria recente de Galiza, cun balance neste fin de lexistaluta desolador: perto xa de 300.000 desempregad@s, o lume arrasando os nosos montes e as nosas fragas após ter abandona-do toda política de prevención e de recortar en extinción, as nosas caixas desaparecidas e aínda en grave risco de expatriación e de roubo do aforro galego, os nosos sectores produtivos abandonados, o naval sen carga de traballo, os servizos públicos en proceso de deterioro para facilitar a privatización, a nosa lingua desprotexida e atacada... e agora aín-da o Partido popular e o Sr. Feijoo pretenden perpretar unha fraude democrática, a maior fraude política dos últimos tempos, para se aseguraren de continuar no poder. Pois que saiban que non llo imos permitir, o nacionalis-mo non llo vai permitir. Derrotaremos o Partido popular, para derrotarmos as súas políticas, mudaremos de goberno para mudar de políti-cas. Ese é o noso reto inmediato.

Page 12: 12 de agosto 2012 A loita continúa - terraetempo.gal de agosto de 2012 baixa.pdfnós propi@s, das que queremos ser mere-centes, para as pór -como Moncho Reboiras- ao servizo da causa

12 www.terraetempo.com

Vivimos un proceso de degradación social e política acelerado, con precarización das condicións de vida, diminución de salarios, eliminación de dereitos laborais e da negocia-ción colectiva, perda de dereitos individuais e colectivos (aí está a ameaza da nova lei do aborto) e aínda, cun proceso de recentraliza-ción política e de involución democrática sen precedentes. Os poderes fácticos do Estado e o partido popular usan a crise como coar-tada para facernos retroceder decenios nos dereitos conquistados. Criminalizan a pro-testa, reducen a cero a xa cativa capacidade de autogoberno que tiña o noso país e, non contentos con iso, deturpan a democracia, todo para asegurar a continuidade das súas políticas e da situación de dependencia da Galiza.

Mais, ao mesmo tempo, tamén se pon en evidencia a crise de lexitimidade do sistema político español, cada vez máis cuestionado socialmente, e mesmo de elementos que até o de agora eran tabú, practicamente incues-tionábeis, como a monarquía. Por iso non debemos desaproveitar a oportunidade de criar contradicións defendendo propostas perfectamente comprensíbeis e asumíbeis socialmente e que, ao tempo, van directas ao

corazón do sistema: postos a recortar, que recorten no exército, máis de 7.000 millóns de euros (cantidade, por certo, superior á que o Estado destina por xunto a educación, sanidade e dependencia), que eliminen os ministerios coas competencias transferidas, que supriman as subvencións á Igrexa cató-lica e retiren a relixión do ensino no canto de reducir profesorado, que supriman as depu-tacións provinciais, obsoletas e desnecesa-rias ou aínda, que supriman a Casa Real, esa familia de parasitos sociais que viven a corpo de Rei á costa da cidadanía (e aínda ten o Borbón a desfachatez de nos pedir sa-crificios, xusto antes de subir ao avión para ir de cazaría a África, iso sí, pagado polos nosos cartos). Se queren recortar, que elimi-nen a monarquía! Postos a despedir, en lu-gar de empregados e empregadas públicas, que despidan o Borbón e até, se queren, coa indemnización que marca a nova lexislación laboral por 40 anos de non facer nada!

Amigas e amigos, temos nos próximos meses retos complexos e importantes aos que facer fronte e estamos certos de que, se mantivermos o rumo, os imos salvar con re-sultados positivos para o nacionalismo e para o País.

Page 13: 12 de agosto 2012 A loita continúa - terraetempo.gal de agosto de 2012 baixa.pdfnós propi@s, das que queremos ser mere-centes, para as pór -como Moncho Reboiras- ao servizo da causa

13www.terraetempo.com

En primeiro lugar, temos que enfrontar esta nova vaga de medidas antisociais con absoluta contundencia. Con mobilizacións, preparando unha nova folga xeral masiva, que dea conta clara do absoluto rexeita-mento do pobo galego a estas políticas. Tamén con propostas, porque esta crise que se di global non nos afecta a todos por igual. Galiza, como nación dependen-te, está a pagar dobrado as consecuen-cias da crise: precarización laboral cos salarios e tamén cos pensións mais baixas do Estado Español, emigración -novamen-te emigración- desmantelamento dos no-sos sectores produtivos, eliminación dos instrumentos financeiros galegos, recen-tralización política... Por iso é absoluta-mente acertada a política do nacionalismo de defender unha saída galega da crise, que pasa por nos dotarmos de capacidade de decisión e dos instrumentos precisos para efectivizala, que pasa no inmediato pola banca pública galega, pola soberanía fiscal e financeira, polo apoio á economía produtiva, pola defensa dos servizos públi-cos, por un marco galego de relacións la-borais... Unha saída galega, social e xusta á crise que pasa, en última instancia, pola soberanía nacional.

Tamén en 2 meses se vai iniciar -10 anos despois- o xuízo polo desastre do Prestige. Un desastre que non foi só consecuencia do accidente dun barco mais da má xestión, da incompetencia e do desleixo político do Par-tido Popular nos gobernos galego e español. Ese foi o momento -lembrade- en que ficou máis claro para quen quixese velo que a Es-paña non lle importaba Galiza, como non fose para a manter dominada; que non lle in-teresaba a situación dos galegos e galegas que ficaron abandonad@s á súa sorte, pro-vocando a maior reacción da sociedade ga-lega con protestos masivos na rúa. Pois ben, agora que pasamos igualmente por unha si-tuación de emerxencia, en que os gobernos do PP nesta ocasión non están ausentes se-nón que son os principais e activos inimigos, temos que recuperar o espírito de Nunca Máis, temos que converter o xuízo do Pres-tige nun xuízo político da sociedade galega ao Partido Popular, non só por como xestio-nou aquela crise e a subsecuente política de seguranza marítima e protección da costa, mais tamén por como está a xestionar a cri-se actual. Estamos, pois, na hora de lembrar a vella consigna Marea negra, nunca máis! mais tamén de berrar alto e claro Recortes, nunca máis! Precariedade, nunca máis! Emi-

Page 14: 12 de agosto 2012 A loita continúa - terraetempo.gal de agosto de 2012 baixa.pdfnós propi@s, das que queremos ser mere-centes, para as pór -como Moncho Reboiras- ao servizo da causa

14 www.terraetempo.com

gración, nunca máis! Saqueo ao pobo, nunca máis! Perda de de-reitos, nunca máis! Recentraliza-ción, nunca mais! Fraude política, nunca mais! É hora de berrarmos, por tanto, definitivamente... Parti-do Popular, nunca máis!

E temos que berralo na rúa e nas urnas. A mellor resposta que podemos dar ás políticas do PP, para alén de masivas mobiliza-ción sociais; a mellor resposta á tramposa e fraudulenta manobra de Feijoo para degradar a demo-cracia e asegurar o poder, é un voto masivo no BNG. Un voto que permita mudar o governo para podermos tamén mudar de políticas. Un voto que permita, en calquera caso fortalecer a posición do nacionalismo, avanzar en capacidade de resposta e mobili-zación, en organización, en conciencia nacio-nal. Que supoña en definitiva, un paso firme e decisivo no camiño da soberanía. Porque, amigas e amigos, cando dicimos Moncho Reboiras, a loita continúa! estamos a afirmar o noso compromiso co obxectivo da autode-terminación do noso pobo, un compromiso que posibilite que o soño de Reboiras dunha

Galiza libre, dun Estado galego democrático, laico e republicano acabe materializandose máis cedo que tarde na República da Galiza, coa que tamén nós soñamos. Porque, como ben afirmou Castelao, Galiza só deixará de loitar pola liberdade cando a consiga. Por iso, con Castelao, con Bóveda, con Casal, con Vítor Casas, con Camilo Diaz, con Amador e Daniel, con Moncho Reboiras, con todos os mártires da liberdade, gritamos mais unha vez, hoxe e sempre, a loita continúa!

Viva Galiza ceibe e socialista!Viva a República da Galiza!

Page 15: 12 de agosto 2012 A loita continúa - terraetempo.gal de agosto de 2012 baixa.pdfnós propi@s, das que queremos ser mere-centes, para as pór -como Moncho Reboiras- ao servizo da causa

15www.terraetempo.com

Page 16: 12 de agosto 2012 A loita continúa - terraetempo.gal de agosto de 2012 baixa.pdfnós propi@s, das que queremos ser mere-centes, para as pór -como Moncho Reboiras- ao servizo da causa

CPNCadernos de PensamentoNacionalista

www.terraetempo.com