13 Novembro 2013 - BXVAC

36
XINZO Páx.10 COMARCA Páx.15 COMARCA Páx.12 Número: 84 - Ano:VIII - Novembro 2013 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 DEPORTES Páx.26 PROVINCIA Páx.24 O club Limiactiva presenta a tempada 2013/2014 O Concello de Xinzo vén de contratar o proxecto museístico a unha empresa sevillana /M. REJO. O CDR O Viso pon en marcha un servizo de orientación laboral As taxas municipais de Xinzo subirán co IPC en 2014, un 0,3% Os concellos do rural ourensán suspenden en internet “Envellecemento activo” no concello de Vilar de Santos Última impulso para o Museo do Entroido Medio Ambiente investirá máis de 800.000 euros na mellora do Limia [p. 14] [páx. 14]

description

Xa está aquí o número de novembro da publicación Barrios para Xinzo, Verín, Allariz e Celanova. As súas portadas recollen imaxes da Feira do Outono, cita consolidada xa no calendario de eventos de Allariz; do Museo do Entroido de Xinzo, que última os seus contidos; e do mercado solidario que organizou a Cruz Vermella en Verín para recadar fondos para as familias máis necesitadas da comarca.

Transcript of 13 Novembro 2013 - BXVAC

Page 1: 13 Novembro 2013 - BXVAC

XINZO Páx.10 COMARCA Páx.15COMARCA Páx.12

Número: 84 - Ano:VIII - Novembro 2013 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

DEPORTES Páx.26PROVINCIA Páx.24

O club Limiactiva presenta a tempada 2013/2014

O Concello de Xinzo vén de contratar o proxecto museístico a unha empresa sevillana /M. REJO.

O CDR O Viso pon en marcha un servizo de orientación laboral

As taxas municipais de Xinzo subirán co IPC en 2014, un 0,3%

Os concellos do rural ourensán suspenden en internet

“Envellecemento activo” no concellode Vilar de Santos

Última impulso para o Museo do Entroido

Medio Ambiente investirá máis de 800.000 euros na

mellora do Limia [p. 14]

[páx. 14]

Page 2: 13 Novembro 2013 - BXVAC

� BARRIOSNovembro de �013

VERÍN E COMARCA

A Xunta achega o 84% do orzamento e a Deputación o 16%

Redacción

O Concello de Verín vén de iniciar as obras de reur-banización da praza da Mercé, dentro do seu plan de protección do casco his-tórico da vila. A actuación consiste na mellora da rede de saneamento, no soterra-mento das liñas de alumea-do eléctrico, de telefonía, do servizo de gas e dos co-lectores de lixo, así como a urbanización da propia pra-za, na que se colocará nova pavimentación e mobiliario urbano.

A actuación está finan-ciada cunha subvención da Consellería de Economía e Industria para zonas peonís e comerciais, que cubre o 75% do custo total da obra.Está previsto que as obras rematen no prazo dun mes.

Os traballos de urbani-zación da praza da Mercé, contemplan a unificación a un único nivel das rasantes existentes, eliminando o re-salto entre as beirarrúas e a calzada para adaptarse á Lei de accesibilidade e su-presión de barreiras.

Tamén se renovará o pavimento, que tiña bas-tantes pedras deterioradas, así como a execución de colectores soterrados para a xestión de residuos de modo diferenciado. En con-creto colocaranse dous de material orgánico, un para plástico e outro para vidro, o que permitirá potenciar a

importancia do reciclaxe e separación de materiais, e eliminar os colectores en superficie, finalizando así cos malos olores e feísmo neste contorno.

Amais, o proxecto in-clúe a renovación de parte da rede de saneamento e de recollida de pluviais; e a instalación do alumeado público en liñas subterrá-neas, antes inexistente. Cúmprese así o Plan Es-pecial de Protección e Re-forma Interior do Barrio de San Lázaro e do núcleo antigo de Verín, que xa es-tablecía a eliminación dos tendidos eléctricos e tele-fónicos aéreos.

A instalación dunha boca de rego, o enganche da canalización de gas solicitado polos veciños da praza e a canalización subterránea de telefonía tamén están previstos na actuación.

Por último, colocarase novo mobiliario urbano, como bancos, papeleiras e árbores.

Anteriores actuaciónsAnteriormente, a través

das mesmas axudas da Consellería de Economía e Industria xa se tiñan mello-rado outras zonas do casco histórico de Verín, como as prazas Maior e García Barbón, ou as rúas Mer-ced, Amaro Refojo, Cruz, Pozo, Traviesa, Viriato, Aduana, Lisa e Olivar.

Comezou a reurbanización da praza da Mercé4 Mellorarase a rede de sanea-mento e soterraranse os colecto-res e o alumeado público, entre outras actuacións.

Aspectos das obras na praza da Mercé./CdV.

Redacción

Os verineses gozarán en �015 do novo Centro Cul-tural das Artes, se se cum-plen os prazos dados polo presidente da Xunta, Alber-to Núñez Feijóo, durante a sinatura do convenio entre Concello de Verín, Depu-tación de Ourense e Xunta de Galicia que financiará esta infraestrutura cultural. Será preciso un investi-mento total de 3,3 millóns de euros, que achegará na súa maior parte a Xunta (o 84%), mentres que o res-tante 16% será financiado pola Deputación.

No acto de sinatura, no que participaron o conse-lleiro de Cultura, Xesús Vázquez, o presidente da Deputación ourensá, José Manuel Baltar, e o alcal-de de Verín, Juan Manuel Jiménez, destacouse a importancia desta infraes-trutura para a localidade e a comarca. “Faltábanos un espazo para os grandes acontecementos e, tamén, funcionais espazos para que a creatividade das no-sas xentes, especialmente os máis novos, puideran desenvolver todas as súas capacidades”, subliñou o rexedor, recordando que na actualidade só existe unha sala con 70 asentos e que grazas a esta sinatu-ra “se cumpre unha vella aspiración dos veciños de Verín”.

Unha cuestión que ra-tificou Núñez Feijóo, re-cordando que este acordo supón dotar a Verín dunha infraestrutura imprescin-dible para facer máis rica e máis plena a vida dos �5.000 veciños da comar-ca de Monterrei. O titular da Xunta afirmou que as necesidades culturais de Verín non poden satisfa-cerse co actual auditorio, e resaltou que a Xunta xa se implicou na redacción do proxecto en �010 e agora renova ese compromiso, “proporcionando o orza-mento que permitirá con-verter ese proxecto nunha realidade”. Feijoo desta-

cou que deste xeito, sálda-se unha débeda pendente desde hai tempo con Verín, ao tempo que se avanza no obxectivo de Goberno de facer da cultura un ben ao alcance de calquera gale-go, independentemente do lugar no que resida. Tamén lembrou, ao igual que fixo na súa intervención o pre-sidente da Deputación de Ourense, que este novo cen-tro cultural será realidade grazas á colaboración entre administracións e celebrou que a maioría dos concellos

O Centro Cultural das Artes de Verín custará 3,3 millóns de euros4 O Concello de Verín, a Xunta de Galicia e a Deputación de Ouren-se asinan un convenio para a construción da infraestrutura cultural.

O presidente da Xunta durante a sinatura do convenio para construir o Centro Cultural das Artes de Verín./CONCHI PAZ.

O Centro Cultural das Artes de Verín ubicarase nunha parcela entre o ma-nantial de Fontenova e a rúa San Antón. Albergará un salón de actos principal, cafetaría, aseos e zona ad-ministrativa; ademais dun espazo para a formación musical e de danza, sala de

Infografía do futuro Centro das Artes de Verín.

exposicións ou de interpreta-ción.

Será unha instalación res-pectuosa co medio ambiente, conformada por pequenas edificacións nas que se res-pecta o esquema de volumes independentes ao exterior e espazo común e de relación ao interior. Todo co obxec-

4 Características do Centro Cultural das Artes

tivo de crear un espazo para que toda a cidadanía da comarca poida dispoñer dun espazo para gozar da ampla oferta de actividades culturais que ofrecen tanto a Consellería de Cultura e Educación como as dife-rentes asociacións e com-pañías da bisbarra.

da provincia teñan asumido a necesidade de unirse para ser máis eficientes e opten ás subvencións da Xunta de forma concertada.

Outros investimentos da Xunta no municipio

O presidente do execu-tivo galego aproveitou a visita a Verín para recordar que esta actuación cultural súmase a outras recollidas nos Orzamentos da Comu-nidade para �014, como o investimento de 1,6 millóns de euros no polígono indus-

trial de Pazos, que pretende aumentar as capacidades de Verín no eido empresarial; ou os recursos orientados a seguir mellorando o sa-neamento e a depuración de augas na vila; ou a co-laboración co Concello na adecuación da Casa da Xu-ventude como sala de expo-sicións e oficina de turismo.

Page 3: 13 Novembro 2013 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �013

3VERÍN E COMARCA

A Eurocidade Chaves-Verín contará cunha Escola Superior de Saúde4 Ofertará novas titulacións de ensino superior: fisioterapia, po-doloxía, nutrición e dietética.Redacción

A Escola de Enfermería de Chaves ampliará a súa oferta formativa pasan-do a denominarse Esco-la Superior de Saúde da Eurocidade. No centro, no que se matriculan xa máis alumnos españois que portugueses, imparti-ranse as novas titulacións de fisioterapia, podoloxía, nutrición e dietética.

A finais de outubro, os rexedores de Verín e Cha-ves, Juan Manuel Jimé-nez e António Cabeleira, recibiron a responsables de área médica e de enfer-mería da Universidade de Barcelona que visitaban a Eurocidade co obxecto de presentar o proxecto edu-cativo destinado a ampliar a oferta formativa da “Es-cola de Enfermagem Dr. José Timóteo Montalvão Machado” de Chaves, que pasará a denominarse Es-cola Superior de Saúde da Eurocidade.

Este proxecto educativo transfronteirizo permitirá non só mellorar a calidade deste centro educativo, no que decenas de alumnos flavienses e verineses cur-san estudos, senón tamén ampliar a súa oferta de titu-lacións no sector da saúde, benestar e lecer. As novas

titulacións de ensino superior serán as de fisioterapia, po-doloxía, nutrición e dietética. Unha ampliación de especia-lidades que xa se atopa na úl-tima fase de tramitación ante o Ministerio luso de Saúde. Este ensino superior estará unido a un novo ensino pro-fesional que, ademais das ra-mas de hostalaría e turismo, contará coas de administra-ción, informática e saúde.

Tratarase dunha forma-ción educativa con recoñe-cemento académico e ins-titucional tanto en España e Portugal. “Estamos de noraboa, é unha excelente noticia para a xente do noso municipio e comarca, xa que tras moitas xestións lo-grouse que neste centro se impartan unhas das titula-cións máis demandadas no territorio nacional”, recoñe-ceu o alcalde verinés.

Xornadas formativasRedacción

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado realizará os días �0 e �1 de novembro, na sede da Euro-cidade Chaves-Verín, unhas xornadas formativas para apoiar aos mozos e mozas na xestión de proxectos que queiran emprender.

Preténdese que estas xor-nadas sexan un punto de en-contro empresarial que en-globe as últimas tendencias aplicables a todas as áreas da empresa, para aportar claves sobre as novas técni-cas que afronten con éxito a xestión empresarial, facen-do fincapé nos emprende-dores e naqueles mozos que

Encontro para emprendedoresRedacción

A Fundación Galicia Eu-ropa organiza os días 14 e 15 de novembro o encontro ‘Punto Verde. Unha idea, un proxecto, un plan de negocio verde (do pano da mesa ao plan de negocio)”.

As xornadas terán lugar na sede da Eurocidade en Feces de Abaixo, e teñen por obxectivo informar, aseso-rar e promover novas ideas e proxectos de mozos que aposten polo medio rural, e facilitar un ámbito de inter-nacionalización de produ-tos e sistemas en territorios transfronteirizos.

As actividades realizaran-se mediante o establecemen-

to de grupos dinámicos que traballarán as ideas se-leccionadas, enfrontándose ao reto de formular esque-maticamente o concepto a transmitir, desenvolver un plan de negocios “non formal” e establecer estra-texias de comunicación no aspecto ambiental.

Actividades das dúas xornadas

O xoves presentaranse e seleccionaranse as ideas, formaranse os equipos de emprendedores, e desen-volveranse obradoiros de modelo de negocio e de comunicación ambiental. O venres continuará o tra-ballo en equipo, con elec-ción das ideas finalistas, a súa presentación e un colo-quio final.

desexen dar continuidade as empresas familiares me-diante o relevo xeracional e lles falten as ferramentas necesaria para iso.

Financiamento e inter-nacionalización

Na primeira xornada, “Financia o teu negocio” daranse a coñecer as distin-tas posibilidades de finan-ciación alternativas para a creación de novas empre-sas. Na segunda, “Claves para a internacionalización da túa empresa”, orientara-se aos asistentes tanto no proceso de selección dos mercados obxectivos para realizar o proceso de inter-nacionalización como na organización dos recursos para o seguimento das súas actividades internacionais.

Autoridades e responsables académicos na visita á Eurocidade.

Na actualidade, a “Es-cola de Enfermagem Dr. José Timóteo Montalvão Machado “de Chaves im-parte a licenciatura en enfermería, os posgraos de actualidade en xes-tión, coidados paliativos, supervisión en clínica de enfermería, urxencia e emerxencia; así como o mestrado en enfermería comunitaria e as especiali-zacións en enfermería co-munitaria, enfermería de rehabilitación, enfermería médico-quirúrxica e en-fermería de saúde infantil e pediátrica.

Nos últimos anos o nú-mero de estudantes espa-ñois incrementouse; de

feito no último ano lecti-vo entraron 39 estudantes españois fronte aos �0 portugueses. Aínda que a maioría de alumnos espa-ñois son de Verín, tamén hai estudantes de Ouren-se, Xinzo de Limia, Lugo e Pontevedra, que se de-cantan por este centro ao posuír un recoñecido pres-tixio no ámbito da saúde a nivel internacional, e ser unha escola referente en intercambio de experien-cias sanitarias no ámbi-to transfronteirizo, con moitos dos seus alumnos realizando a correspon-dente formación práctica en centros hospitalarios galegos.

4 Estudos con interese para o alumnado galego

Page 4: 13 Novembro 2013 - BXVAC

4 BARRIOSNovembro de �013

PUBLICIDADE

Manuel Pardo es prepa-rador de oposiciones de Jus-ticia en Academia Proxecto. ¿Cómo se encuentra en la actualidad la posibilidad de obtener un puesto de traba-jo en el ámbito judicial?

“Ha salido publicada en el BOE del �4 de octubre la con-vocatoria del proceso selecti-vo para ingreso en el Cuerpo de Gestión Procesal y Admi-nistrativa y se abre un plazo de �0 días para formalizar la solicitud de admisión en el proceso.”.

¿Es una buena oportuni-dad para obtener un puesto de trabajo?

“Teniendo en cuenta las restricciones presupuestarias, la oferta no es muy generosa y obliga a los candidatos a dar lo mejor de sí, a luchar y pelear por ser el número uno. Cataluña convoca 90 plazas, Madrid 54, Andalucía �9, C. Valenciana �6, Canarias 19 y para el ámbito no transferido 18 plazas, sumadas promo-

ción interna y turno libre”.¿Que nos puedes comen-

tar del trabajo que estáis realizando en Academia Proxecto?

“Llevamos trabajando con un grupo reducido de personas desde octubre del año pasado, preparando el programa de la oposición. Les informamos de la posibilidad de la convoca-toria para este año y decidie-ron apostar por su preparación con tiempo suficiente; confie-mos en que su apuesta tenga el éxito que se merecen.

No obstante este grupo está abierto a nuevas incorpora-ciones como las que se están produciendo sobre todo tras conocerse la convocatoria; se trata de personas que ya han preparado las oposiciones a la administración de justicia an-teriormente o bien de quienes tienen una formación jurídica que les permite seguir el ritmo de las clases. Vamos a repasar toda la materia y cualquiera en estas condiciones puede

incorporarse a un grupo que le garantiza un nivel de exi-gencia alto y lo prepara para competir en igualdad de con-diciones para conseguir una plaza en esta convocatoria. No negamos que el reto es difícil pero depende del esfuerzo de cada uno, por nuestra parte podemos cumplir con lo que se nos exige para su consecu-ción”.

Y de cara al año 2014, ¿qué nos puedes comentar en cuanto a la oferta de em-pleo público en Justicia?

“Es muy pronto para aven-turar un pronóstico cierto, pero nos encontramos en una situación similar a la del año pasado, a saber: a) se mantie-ne en los Presupuestos Ge-nerales del Estado la tasa de reposición para la Administra-ción de Justicia, b) en la nego-ciación de la oferta de empleo para este año �013 el Minis-terio de Justicia proponía unas 700 plazas más para tramita-ción y auxilio, que fueron des-

cartadas por Administraciones Públicas.

Dependerá pues, de una decisión política que conoce-remos sobre el mes de marzo del año que viene, pero que, de confirmarse, ahora es el momento de comenzar a tra-bajar en la preparación de la oposición”.

¿Estáis pensando en co-menzar un nuevo grupo de preparación?

“Sin perjuicio de seguir trabajando intensamente con nuestros alumnos que se es-tán jugando el aprobado en gestión procesal, comenzare-mos brevemente un grupo de trabajo de cara al año próxi-mo para la preparación de las oposiciones para ingreso en la Administración de Justicia.

Ofrecemos trabajo, honra-dez y profesionalidad. Conta-mos con la ventaja de que nun-ca hemos dejado de preparar estas oposiciones y nos avalan los resultados de las últimas convocatorias. Tenemos el

material actualizado, los profe-sores al día de las materias que imparten y la organización de todo lo que rodea a una buena preparación lista para empezar en cualquier momento. Esta es nuestra oferta. Lo que deman-damos del alumno es la una apuesta inequívoca por alcan-zar el objetivo sabiendo de la

ACADEMIA PROXECTO, convocadas plazas y abierto plazo de instancias para oposiciones al Ministerio de Justicia

dificultad que el mismo entra-ña en estos momentos. Él es el principal protagonista pero nosotros vamos a facilitarle la consecución de un objetivo común a ambas partes: lograr un puesto de trabajo fijo en la administración de justicia. Es nuestro reto y estamos prepa-rados para ello”.

Manuel Pardo, preparador de oposiciones de Justi-cia de Academia Proxecto.

Cataluña convoca 90 plazas, Madrid 54, Andalucía 2, C. Valenciana 26,

Canarias 1 y para el ámbito no transferido 18 plazas, sumadas promoción interna y turno libre

Page 5: 13 Novembro 2013 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �013

5VERÍN E COMARCA

Redacción

O luns 11 de novembro, coincidindo co día de fei-ra en Verín, Cruz Vermella Monterrei instalou un posto na praza García Barbón para recadar fondos para as fami-lias en dificultades económi-cas da comarca. A partir dun euro, os verineses podían colaborar coa institución be-néfica adquirindo algún dos artigos expostos no stand, na súa maioría libros. O valor simbólico dun euro fixouse, explican desde a Cruz Ver-mella, “de recordatario de que entre todos podemos fa-cer moito”.

Os fondos recadados nesta cita destinaranse ás accións de loita contra a pobreza en-marcadas no Chamamento ‘Agora + que nunca’, lanza-do por Cruz Vermella para

Redacción

O Concello de Verín acaba de asinar un conve-nio co grupo Eroski para a cesión de alimentos ao Banco de Roupa Munici-pal, que serán repartidos de modo diario entre as familias que máis o nece-siten do municipio.

O Concello de Verín é sensible ante as especiais dificultades que atravesan moitas familias e persoas do municipio á hora de cu-brir as necesidades básicas, ben sexa pola situación de desemprego, enfermidade ou outras. Co fin de paliar esta situación, o departa-mento de Servizos Sociais municipal atende desde fai anos esta demanda ordi-naria, con prioridade para

as persoas que se atopan en situación de carencia e ex-clusión. Ata este momento, desde o Banco de Roupa de Verín ofrecíase aos usuarios roupa, calzado, complemen-tos infantís, xoguetes ou libros; ademais de facilitar alimentos en casos e campa-ñas puntuais ás persoas máis necesitadas.

Alimentos de primeira necesidade

O grupo Eroski, coñece-dor deste labor social de-senvolvido polo Concello de Verín, decidiu sumarse a esta actuación e cederá, de modo desinteresado, alimentos de primeira necesidade que se repartirán entre as persoas máis necesitadas, de modo que sempre exista un exce-dente alimentario no Banco

de Roupa Municipal. Neste lugar garantirase a correcta conservación dos produtos recibidos.

Para ser beneficiario desta axuda alimentaria é impres-cindible a valoración previa por parte do departamento de Servizos Sociais do Con-cello de Verín. Estímase que sobre unhas cen familias, de modo regular, poderían beneficiarse destas doazóns de alimentos, que serán en-tregadas pola voluntaria res-ponsable do roupeiro, Rosa Rodríguez, no local situado na avenida Luis Espada nº 81 de Verín.

Eroski cederá alimentos ao Banco de Roupa Municipal 4 Estímase que unhas cen familias verinesas po-derán beneficiarse regularmente destas doazóns.

Os beneficiados deberán estar valorados polos Servizos Sociais

atender ás persoas afectadas pola actual crise socioeco-nómica.

Biblioteca Cruz Vermella Monterrei

conta cun novo apoio para as actividades lúdicas e de

reforzo escolar dos nenos e nenas do Centro de Día para Menores de Verín. Li-bros de consulta, enciclo-pedias, contos e novelas, nutren os andeis do Centro grazas á doazón da Biblio-teca Municipal de Verín.

Cruz Vermella Monterrei organizou un mercado solidario 4 Os fondos recadados destinaranse a axudar ás familias afectadas pola crise na comarca.

A celebración da feira facilitou a afluencia de público ao posto de Cruz Vermella./BORYS MARTÍNEZ.

Page 6: 13 Novembro 2013 - BXVAC

6 BARRIOSNovembro de �013 VERÍN E COMARCA

4 Concurso fotográfico de Portas de Galicia

O Plan de Competitivida-de Portas de Galicia organi-za un concurso fotográfico a través da páxina web www.catroestacionsgastro-nomicas.com e da súa páxi-na de facebook. O premio son tres menús degustación en calquera dos �0 estable-cementos participantes nas I Xornadas Gastronómicas da Caza, Cogumelos e Cas-tañas.

Para participar hai que enviar, ata o �0 de novem-bro, fotos de pratos, produ-tos ou tradicións relaciona-das co outono, que inclúan castañas, setas ou caza. As fotografías máis votadas serán as premiadas.

4 II Xornadas de fotografía

Os Servizos Sociais Co-munitarios Básicos de Ve-rín promoven a realización das segundas xornadas de fotografía, na especialida-de de iniciación e retoque, durante a fin de semana do 16 e 17 de novembro.

As xornadas serán im-partidas polos fotógrafos verineses Borys Martínez e Sergio Crespo, e nelas analizaranse cuestións como manexo dunha má-quina fotográfica e retoque fotográfico.

Durante o sábado 16, de 11 a 13 horas, na aula mul-timedia da Casa da Xuven-tude terá lugar unha clase de iniciación á fotografía; e a partir das 16 horas, os participantes realizarán unha saída fotográfica ao río Támega. E xa o domin-go 17, de 11 a 13 horas, im-partirase a clase de retoque fotográfico na mesma aula multimedia.

Para participar nesta ini-ciativa é necesario contar cunha cámara de fotos con controis manuais, así como inscribirse no departamen-to de Servizos Sociais de Verín. A actividade é gra-tuíta pero para participar é preciso realizar un donati-vo en forma de alimentos non perecedoiros, material escolar, libros ou xoguetes, entre outros, que serán en-tregados ás persoas que os necesiten.

EN BREVE

4Peche por tempada do Parador

O Parador de Verín per-manecerá pechado por tempada os próximos tres meses e medio, cumprin-do así o acordo asinado o ano pasado entre a cadea hoteleira e os sindicatos para evitar o peche da ins-talación.

O hotel reabrirá o vin-deiro �4 de febreiro, coin-cidindo co inicio das fes-tas do Entroido. Durante o período de peche quedará persoal de garda no para-dor para realizar labores de mantemento e atender posibles reservas.

4 Respaldo da crítica aos viños da D.O. Monterrei

A guía de viños “The Wine Advocate” premia os viños da D.O. Monte-rrei, concedendo polo me-nos 90 puntos ao 7�% das mostras valoradas.

O catador Luís Gutié-rrez asina unha reportaxe publicada en eRobertPar-ker.com que recolle unha selección de viños galegos na que Monterrei alcanza excelentes puntuacións. A lista inclúe �5 viños da denominación de orixe, dos cales 18 quedan por riba dos 90 puntos, e un dos brancos é o segundo mellor valorado, con 94 puntos.

Desde o Consello Regu-lador consideran esta unha “excelente noticia” para a denominación que favore-ce “a promoción e amplia-ción de mercados”.

4 Seis novos cursos formativos na aula CeMIT

Durante novembro, a aula Multimedia do Con-cello de Verín ofertará seis novos cursos formativos para os usuarios intere-sados en ampliar os seus coñecementos en novas tecnoloxías.

Os cursos que terán lu-gar son: internet, redes sociais (Facebook), comu-nity manager, certificados dixitais ofimática e ferra-mentas na nube.

Premiados no segundo concurso ‘Busca do patrimonio na Biblioteca’

O mozo de Verín Xoel González Sousa, de 13 anos, resultou vencedor do segundo concurso “Busca do patri-monio na Biblioteca”, organizado pola biblioteca de Ve-rín, coa colaboración do historiador e escritor Bruno Rúa. Cada participante tiña que fotografarse en sete lugares do patrimonio comarcal e para descubrir cada un dos sete es-pazos, facilitábase unha pista previa.

Este mozo resolveu todas as probas nun tempo de marca, tan só cinco días. Como segundas clasificadas quedaron Marta Caneiro Losada e Inés García Novoa. Neste con-curso participaron unha ducia de nenos de 11 a 16 anos da comarca. Os premios, unha tablet para o primeiro clasifi-cado e un móbil para as segundas, foron entregados no Día Internacional das Biblioteca. O gañador, Xoel González, co alcalde Juan Manuel Ji-

ménez. /CdV.

4 Recollida de sinaturas contra a suba do IBI

O BNG de Verín vai co-mezar unha campaña de recollida de sinaturas en contra da suba de máis do 50% do IBI que se vén experimentando no mu-nicipio nos dous últimos anos.

Recordan os naciona-listas que en �01�, o go-berno local de Verín, co voto en contra do BNG, aprobou un incremento de preto dun 38% no IBI. Nesa altura, o BNG con-sideraba que a suba “era desmesurada e fóra de lu-gar”. “Naquel momento tachousenos de alarmis-tas, pero o tempo veu dar-lle a razón o BNG, xa que o goberno non tivo ningún reparo en volver incre-mentalo para o ano �013, no que volve aplicar unha suba dun 15% aproxima-damente”.

4 “Irregularida-des” no obradoiro de emprego

O portavoz do BNG en Monterrei, Alberto Ro-dríguez García, considera que hai “irregularidades” nas contratacions do novo obradoiro de emprego dos concellos de Monterrei, Cualedro, Laza, Oimbra e Castrelo.

Rodríguez García pre-gúntase se se “supón que estamos na igualdade de dereito a recibir un posto de traballo; por que non todo o mundo que está desempregado inscrito no INEM non recibe a su car-ta para poder traballar nun obradoiro?” Segundo o voceiro nacionalista houbo veciños do municipio que cumplían os requisitos e non recibiron a carta para inscribirse no obradoiro e atribúeo a que “todo isto é un paripé, e a xente xa está escollida”.

4 III Pleno Infantil en Verín

O �� de novembro terá lugar, no salón de actos da Casa da Cultura de Verín, a terceira edición do Pleno Infantil co que se conme-morará o Día da Infancia.

Nesta iniciativa, organi-zada por UNICEF e o de-partamento de Educación Familiar de Verín, os prota-gonistas serán estudantes de 6º de Primaria dos colexios Princesa de España, Amaro Refojo e María Inmaculada e de 1º de ESO do centro Apostólico Mercedario.

Os alumnos converteran-se en concelleiros por un día e elixiran un alcalde ou alcaldesa para o que resta de lexislatura escolar. Na sesión abordarán dereitos recollidos na Convención Internacional dos Dereitos do Neno. Ao finalizar, rea-lizarán unha visita guiada ás dependencias munici-pais.

4 Obras en Castrelo do Val

O Concello de Castrelo do Val destinará máis de 38.000 euros á mellora de camiños rurais. En concre-to, mellorarase o acceso a unha vivenda na rúa das Pozas, e na rúa do Poulón, o acceso a unha adega de recente creación, a primeira da DO Monterrei neste mu-nicipio. As obras rematarán nas vindeiras semanas.

As actuacións enmárcan-se no Plan MARCO, que substitúe ao anterior PEIM, e que está integramente financiado por fondos eu-ropeos de AGADER. Un total de 3�.050 euros, aos que se lles suma a achega municipal (para a redacción do proxecto e máis o IVE), de 6.730 euros.

Recentemente, a casa consistorial renovou as súas ventás en virtude dun-ha subvención do Fondo de Compensación Ambiental.

Page 7: 13 Novembro 2013 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �013

7VERÍN E COMARCA

O Departamento de Formación e Orientación Laboral (FOL) e o Depar-tamento de Orientación –en colaboración cos xe-fes dos Departamentos de Formación Profesional e as titorías- do IES García Barbón de Verín están a continuar as liñas de traba-llo habituais e a desenvol-ver un proxecto novidoso de información académica e laboral para o alumnado de Bacharelato e de For-mación Profesional.

Como en cursos ante-riores, o centro realizou durante o mes de outubro unha avaliación das ne-cesidades de información académica e profesional –cos estudantes de Ba-charelato- e no mes de novembro entregará unha carperta informativa indi-vidualizada coa informa-ción solicitada. No caso do alumnado de Forma-ción Profesional, tamén se

leva a cabo unha avaliación de necesidades de informa-ción laboral e se propoñen distintas actividades enca-miñadas a mellorar os pro-cesos de incorporación ao mundo laboral, entre outras, as que se dirixen a fomentar o uso de internet para buscar traballo.

Para o novo curso �013/�014, a proposta do instituto verinés inclúe a participación de antigos alumnos e alumnas que poi-dan colaborar para explicar a súa experiencia académica ou laboral nas aulas ou vía internet –utilizando princi-palmente o correo electró-nico, a aplicación ofimática Google.Drive, a rede social Facebook e o programa sKype-. O proxecto chámase “ATEI” A Túa Experiencia

A túa experiencia INTERESA Proxecto “A.T.E.I.” de orientación académica e laboral no IES García Barbón

Interesa e xa conta cun blog creado no mes de outubro de �013 –http://oquechedigaeu.blogspot.com-

Fomento da cultura em-prendedora

Complementariamente, xa se organizaron activida-des de fomento da cultura emprendedora por parte da Cámara de Comercio (día 4 de novembro) para o alum-nado de Formación Profe-sional; celebrouse o Samaín cun concurso de calacús –colondros- do que resultou gañadora Yaiza García Ló-pez, alumna de �º de Bacha-relato; un Curso sobre Pri-meiros Auxilios realizado pola Cruz Vermella; e unha charla sobre “Tecnoloxía e Sociedade” que tivo lugar o día 7 de novembro.

Participan antigos alumnos explicando a súa experiencia académica ou laboral

nas aulas ou vía internet

Redacción

A área de Maiores do departamento de Servizos Socias de Verín programa, para os meses de novem-bro e decembro, o proxec-to “Anos cumpridos” para as persoas maiores de 65 anos de Verín. A iniciati-va comezou o pasado día 4 en Feces de Abaixo e chegará ao longo destes dous meses ao resto de localidades do municipio co obxectivo de promo-cionar un envellecemento saudable.

En particular, os obxec-tivos deste proxecto, en-marcado dentro do pro-grama de Envellecemento Activo, son fomentar a autonomía e contribuír a atrasar perdas motrices, sensoriais e cognitivas, promover un xeito de vi-vir activo e participativo orientado ao desenvolve-

mento da autonomía per-soal; alentar un compromiso coa vida activa; optimizar as capacidades cognitivas, mo-trices e sensoriais; mellorar habilidades de relación prosocial e comunicación; potenciar capacidades resi-duais da persoa maior nas áreas físicas, de relación e natureza motivacional; im-

“Anos cumpridos” promociona o envellecemento saudable4 A iniciativa chegará aos maiores de Verín nos meses de novembro e decembro.

“Anos cumpridos” basearase en dinámicas grupais, expo-sición de textos reflexivos e técnicas de debate de contidos teórico-prácticos.

pulsar a participación dos maiores nos recursos comu-nitarios; reforzar a saúde, previr e intervir nos estados emocionais complicados relacionados coa súa etapa vital, e proporcionar apoio e asesoramento aos coida-dores informais a cargo de persoas con certo grao de dependencia funcional.

Redacción

Un curso de alemán cuxo inicio está previsto para o próximo �5 de novembro pechará o programa de for-mación en idiomas posto en marcha polo servizo Europa Direct Cámara Ourense e a

Antena Local de Verín. Desde o pasado mes de

xuño impartíronse oito cur-sos de portugués, inglés e alemán nos que participaron 60 alumnos, sendo alemán e portugués, por esta orde, os máis demandados. Entre os asistentes atopábanse per-

soas que tiñan planificada a súa marcha a Alemaña, Suíza, Portugal e Brasil para iniciar unha nova eta-pa laboral.

A maior parte dos alum-nos da comarca verinesa que asistiron a estes cursos son mulleres, teñen un pos-to de traballo e profesións dispares, e mostran inte-rese polos idiomas como unha vía de mellora dos seus currículos ou para a atención ao público, neste último caso sobre todo en portugués.

A Antena Local de Verín organiza un curso de alemán

Page 8: 13 Novembro 2013 - BXVAC

8 BARRIOSNovembro de �013

VERÍN E COMARCA

O tecor societario de Vilardevós estrea directiva4 Empezan o seu traballo con sementeiras en puntos concretos das que 15 hectáreas que xes-tionan e a primeiros de decembro soltarán preto de 180 perdices e 80 coellos.P.L.

Cun proxecto “sólido e viable” comeza a traballar a nova directiva do tecor so-cietario de Vilardevós, que agrupa preto de 300 cazado-res deste municipio. Elixida a mediados de outubro, defí-nense como “unha directiva con experiencia e gañas de traballo para gozar da paixón pola caza e a natureza”, e está conformada por Delfín Delgado como presidente, Alejandro Couso como vice-presidente, Manuel Chaves como secretario, Rogelio Martínez como tesoureiro, J.Manuel González como asesor, e cinco vocais.

Entre as primeiras ini-ciativas que tomaron está a de iniciar a sementeira de centeo nalgúns puntos das 15 hectáreas de monte que xestionan, parte das cales foron afectadas polos incen-

dios este verán, en concreto na zona de Vilar de Cervos. Para febreiro ou marzo do ano próximo teñen previsto realizar importantes desbro-ces; medidas que “facían falta porque o ano pasado non se fixeron”, explica o secretario, Manuel Chaves. Ademais, teñen programado para primeiros de decembro “unha solta programada de 180 perdices e 80 coellos”. A súa intención é soltar en todo o territorio que cubren e ao longo do ano “de 800 a 1.000 coellos”, que crían nunha granxa en Pepín.

Durante a tempada de caza (ata o 6 de xaneiro), �77 socios nativos do tecor, así como outros 57 foráneos e 8 cazadores do tecor de Riós –co que teñen conve-nio- poderán cazar nos mon-tes de Vilardevós, tanto caza menor –ademais de perdices e coellos, faisáns e becadas-

Os membros do tecor de Vilardevós comezaron a sementar nos seus montes.

como caza maior – xabalí e corzos, maiormente.

Cumplimento das nor-mas de seguridade

Preguntado polos últi-mos accidentes ocorridos entre cazadores, Chaves considerounos “incidentes illados” e insistiu que no seu caso “todas as peñas cumpren as normativas e sinalizan ben”. Nesa liña, anunciou que o tecor orga-nizará charlas formativas sobre caza maior, “que é onde se producen os acci-dentes sobre todo”, antes do inicio da próxima tem-pada.

Os responsables do tecor teñen previsto soltar ao longo do ano “de 800 a 1.000 coellos”

Redacción

O Centro BTT Portas de Galicia é xa unha realida-de, froito do convenio de colaboración asinado en-tre Turismo de Galicia e a Asociación de municipios das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras

O Centro BTT Portas de Galicia é un espazo ao aire libre, deseñado e pre-parado para os usuarios de bicicletas todo terreo, que

posibilita o coñecemento do medio rural e natural a través da práctica do ciclis-mo de montaña. Os ciclistas terán á súa disposición rutas nos concellos da Gudiña, A Mezquita, Riós, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

Segundo explicou a direc-tora de Turismo, Nava Cas-tro, durante o acto inaugural, as rutas presentan diferentes niveis de dificultade de modo que todo o territorio, de sur a norte, está conectado. Isto

Inaugurado o centro de bicicletas todo terreo Portas de Galicia4 A Casa da Viúva da Gudiña será punto de acollida.

Autoridades na inauguración do centro BTT.

permite que a distancia en-tre Riós e Viana do Bolo, de case 130 quilómetros, se poida facer por etapas. Habe-rá dous puntos de acollida, o da zona sur na Casa da Viúva da Gudiña e o da zona norte na Casa da Cultura de Viana do Bolo. Nestes puntos, o Centro conta con informa-ción técnica e turística, coa posibilidade de alugar bici-cletas e cascos, cun punto de lavado e instalacións como duchas e vestiarios.

Turismo activoSegundo explicou Castro,

“a posta en funcionamento deste centro supón un novo pulo para a dinamización turística desta zona, a través do fomento de actividades de turismo activo que se poden combinar cos múlti-ples recursos turísticos dos que dispón a zona”.

Page 9: 13 Novembro 2013 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �013

9PUBLICIDADE

Yuly Martínez é a xefa da sucursal Oro x Euros en Xinzo de Limia, unha cadea de establecemen-tos de compra e venda de ouro e prata con pre-senza en toda España con máis de 1� anos de experiencia.

“Con Oro x Euros é moi sinxelo vender o seu ouro e prata, así como rápido, fácil e seguro. Pagamos os prezos máis elevados que poida ato-par. Non importa onde viva, Oro x Euros está dispoñible en calque-ra lugar, tanto si reside nunha cidade coma se vive nun pobo.”

“Como poderían ob-servar, cada vez é máis común atopar carteis de “compro ouro”, apunta Yuly Martínez. “Ante tanta oferta, recomenda-mos que se vaia sempre ao seguro connosco. Ob-terá máis diñeiro polas súas xoias. Garantimos a maior transparencia para cos nosos clientes. Cum-primos todos os requisi-tos legais necesarios para exercer a nosa actividade e ademais somos unha empresa auditada inter-nacionalmente en todo o noso proceso empresa-rial”, explica a responsa-ble de Oro x Euros.

ORO X EUROS OFRÉCECHE O MELLOR PREZO POLAS TÚAS XOIAS

A sucursal de Xinzo forma parte dunha cadea de establecementos de compra en venda de ouro e prata con máis de 12 anos de experiencia

Oro x Euros está situado na avenida de Ourense, 44, de Xinzo

(fronte ao parque da Alameda)Horario: de luns a sábados de 10:30 a 13:30 e de tardes de 16:00 ata as

20:30 horas.

“Ante tanta oferta de ‘compro ouro’, recomendamos que se vaia sempre

ao seguro connosco”

Page 10: 13 Novembro 2013 - BXVAC

10 BARRIOSNovembro de �013 XINZO E COMARCA

Fe de erratasNo número de setem-

bro de Barrios ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova, publicamos unha noticia sobre Multiclínica Xinzo na que por erro atribuía-mos no pé de foto a pro-fesión de “odontólogo” a Javier Gómez Salgado, sen que el tivese nada que ver ou supervisase esa redacción.

Reproducimos de novo aquí a reportaxe co erro co-rrexido; o seu cargo correc-to é o de administrador.

Javier Gómez está ao frente da clínica dental Multiclínica Xinzo S.L., “a clínica naranxa”, e con anos de experiencia no eido.

En Multiclínica Xinzo S.L. son especialistas en implantes, endodoncias, próteses, etc.. Mención especial que os implantes son sen apenas cirurxía e

sen dor.No seu novo local tamén

dispoñen de servizo de fi-sioterapia, podoloxía, lo-gopedia e, proximamente, terán psicóloga e podólo-ga.

Están ao lado da Acade-mia Castelao e a Perruque-ría “La niña de los peines”, no interior das galerías co-merciais Castelao, locais 8

Multiclínica Xinzo trasládase ás galerías comerciais Castelao

e 9. O seu horario é de luns

a venres de 09:30 a 14:00 e de 16:00 a �0:00 horas. Para concertar cita previa é necesario chamar ao telé-fono 988 680 144.

Javier Gómez, administrador de Multiclínica Xinzo, diante da entrada da súa clínica dental en Xinzo.

Son especialistas en implantes, sen apenas

ciruxía e sen dor, endodoncias e próteses

P.Lodeiro

�7 taxas municipais do Concello de Xinzo su-birán o ano que vén un 0,3%, a actualización do IPC. A aprobación inicial destas ordenanzas fiscais contou co voto favorable do grupo de goberno do PP e do concelleiro non adscrito Francisco Rome-ro, mentres que o BNG abstívose, e o PSOE e o non adscrito Manuel Pé-rez Campos votaron en contra. Subliñar que o mesmo argumento, que a suba é moderada, valeu-lles tanto ao BNG como ao PSOE para xustificar o sentido do seu voto.

Á pregunta de Ramiro Rodríguez sobre a orde-nanza nº6, que regula a taxa pola licenza de aper-

tura de locais de negocio, o alcalde confirmou que se re-visará á baixa. “Imos baixa-la porque é unha maneira de incentivar a apertura de empresas e entendemos que a taxa por metro cadrado era abusiva”, valorou Anto-nio Pérez. O rexedor tamén anunciou que se estudará unha simplificación da or-denanza sobre uso de insta-lacións deportivas.

O que si se aprobou por unanimidade foi a instau-ración dunha nova taxa aos caixeiros automáticos que estean instalados na rúa. O edil nacionalista Ramiro Rodríguez valorou que o al-cance da taxa será “limita-do”, estimando nuns 8.000 euros o que se recadará. Tanto el como a voceira socialista alertaron da posi-bilidade de que as entidades

bancarias decidan instalar os caixeiros dentro das pro-pias oficinas para non ter que pagar esta nova taxa.

Mocións aprobadas por unanimidade

Onde non houbo falta de-bate porque se aprobaron por unanimidade foi nos puntos referidos ás apro-bacións iniciais do Regu-lamento Interno do Banco do Tempo, da Ordenanza Reguladora do Servizo de Axuda no Fogar, e das mo-cións conxuntas de todos os grupos municipais contra a reforma da Administración Local e de rexeitamento do terrorismo en xeral e soli-dariedade cos cidadáns do Concello de Beade.

Tamén se puxeron to-dos os grupos de acordo na apertura do expediente

As taxas municipais subirán co IPC en 2014, un 0,3%4 No pleno de Xinzo aprobouse por unanimida-de a declaración como espazo natural de interese local da carballeira de Trandeiras.

encamiñado á declaración como espazo natural de in-terese local da carballeira de Trandeiras. Neste punto, o voceiro do BNG, Ramiro Rodríguez, recordoulle ao alcalde o seu compromiso de conseguir fondos para restaurar o propio mosteiro de Trandeiras, pois “cada ano que pasa deteriórase máis o monumento máis emblemático do patrimonio do concello de Xinzo”. O rexedor popular recolleu o envite aínda destacando que se trata dun proxecto “mi-llonario” e que “ao mellor é difícil sacalo adiante”.

Rexeitadas as mocións sobre o copago

Pola contra, onde apare-ceron diferenzas foi cando se debateron as mocións socialista, nacionalista e do non adscrito Manuel Pérez Campos, sobre o copaga-mento de certos medica-mentos. A oposición con-sideraba “inmoral”, “cruel” ou “mezquina” a medida instaurada polo Goberno central de modo que os en-

fermos crónicos deben pagar parte do custo das súas me-dicinas, e opinaban ademais que non tiña sentido nin disuasorio nin recadatorio. O alcalde xustificou o voto en contra do seu grupo lem-brando que xa existe partida na Concellería de Servizos Sociais “hai moitísimo tem-po” para facer fronte ás pe-ticións de veciños que pre-cisen axuda para o pago de medicación.

A moción de urxencia do PSOE sobre as urxencias de cirurxía pediátrica non se chegou a debatir, por enten-der o PP que era “extempo-ránea, porque agora mesmo está cuberto o servizo de ur-xencias no CHUO”, afirmou o alcalde.

A sesión comezou gardan-do un minuto de silencio en recordo dos mineiros faleci-dos en León.

Neste pleno a oposición calificou de “inmoral” e “cruel” o copago de medicamentos

Imaxe do Mosteiro de Trandeiras./ARQUIVO

A corporación municipal de Xinzo de Limia, durante o último pleno, celebrado o pasado 31 de outubro./PAULA LODEIRO

NOTICIA DE EMPRESA

Decoraciones Lurdes

Lourdes Martínez e Rubén Pérez, xerentes de Decoraciones Lurdes, achéganos á realidade deste establecemento de Xinzo. Considéranse “esa tenda onde as grandes marcas na-cionais comparten escapa-rate coa nosa experiencia. Ofertamos aos clientes calidade, deseño e innova-ción”.

Lourdes e Rubén levan máis de �� anos no mundo da decoración e destacan o asesoramento persona-lizado que realizan a cada cliente, acorde cos seus gustos. “Facemos as nosas achegas coma profesionais no tocante á decoración dunha vivenda: cortinas, alfombras, tapizados, esto-res, etc.

Traballan especialmente con produtos feitos en Es-paña e a calidade é un dos puntos máis importantes e o seu maior respaldo.

A mensaxe que deixan aos seus posibles clientes é clara: “en Decoracio-nes Lurdes, atoparán unha atención personalizada, experiencia profesional en conxunto coas grandes marcas nacionais, así como unha continua innovación para cada fogar.”

A tenda, ubicada na ave-nida de Ourense, 9, abre de luns a venres de 9:30 a 1:30 e de 4:30 a 8:30 horas; e os sábados de 10 a 14 horas.

“Atención persona-lizada, experiencia profesional e unha

continua innovación para cada fogar”,

claves de Decoracio-nes Lurdes

Page 11: 13 Novembro 2013 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �013

11PUBLICIDADE

Page 12: 13 Novembro 2013 - BXVAC

1� BARRIOSNovembro de �013

XINZO E COMARCA

Redacción

O Concello de Vilar de Santos vén de poñer en marcha a edición �013-�014 do seu programa de “Envellecemento Activo”, unha iniciativa que forma parte do Plan de Igualdade e Benestar impulsado polo Concello coa adopción de medidas de igualdade e di-namización social con pro-gramas e actividades aber-tos á participación veciñal, cunha gran influencia na mellora da calidade de vida e do benestar social.

Este programa, que se ven aplicando nos últimos anos, está dirixido funda-mentalmente ás persoas maiores do concello, con actividades adaptadas que se desenvolverán no Cen-tro Social de Parada e no Multiusos da Casa do Con-cello todos os luns, martes, xoves e venres a partir do

15 de novembro ata o mes de xuño do �014. Para o programa funcionará o transporte municipal.

NovidadesA novidade desta edición

radica na colaboración co Centro de Atención de Per-soas Maiores de Vilar de

Santos para a realización do proxecto “Saber enve-llecer: corpo san en men-te sa”, semanalmente con obradoiros de ximnasia, andainas, memoria en mo-vemento, biodanza, relaxa-ción, masaxes, xogos ou psicomotricidade acuática cos mesmos obxectivos xa descritos de prevención da dependencia, fomento da autonomía persoal e man-temento da saúde imparti-dos e dirixidos polo equipo interdisciplinar do centro:

composto por psicóloga, traballadora social, enfer-meira, fisioterapeuta e xe-rocultora.

Ximnasia, memoria e novas tecnoloxías

O obradoiro de xim-nasia activa está dirixido por unha fisioterapeuta. Trátase de ximnasia suave adaptada aos maiores e que ten como obxectivo pro-mocionar a autonomía per-soal. Busca mellorar o seu benestar físico e emocional

Vilar de Santos inicia unha nova edición do programa de “Envellecemento activo”4 As actividades realizaranse de novembro a xuño no Centro So-cial de Parada e o Edificio Multiusos.

a través de exercicios de ximnasia realizando exer-cicios adecuados a cada un dos participantes. Coa chegada do bo tempo o programa realizarase nos parques biosaludables do concello.

No obradoiro de memo-ria os maiores entrenan e exercitan a memoria me-diante exercicios que lles serven tamén para resol-ver problemas cotiás que poden afectar a súa vida diaria. Os obxectivos des-te programa son entrenar aos participantes no exer-cicio da memoria, a aten-ción ou a concentración, estimular os recordos e o aprendizaxe, diminuír os olvidos e despistes na vida diaria para mellorar as dificultades propias da idade, ademais de manter a mente en forma.

Estes obradoiros com-plementaranse con outras actividades, cursos, conferencias e tamén un proxecto piloto es-pecífico sobre residuos, a reciclaxe e o fomento da compostaxe. No Tele-centro do Concello, que está incluído na rede de Centros para a Moderni-zación e a Inclusión Tec-nolóxica, polas tardes, organizaranse activida-des para acercar o uso das novas tecnoloxías ás per-soas maiores.

Os principais obxectivos deste programa son previr a dependencia das persoas maiores, fomentar a súa autonomía persoal e conservar a súa saúde

O alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón, durante a presentación do programa de “En-vellecemento activo” ante os veciños da localidade.

EN BREVE

4Obradoiros de coaching

Sandiás e Xinzo acolle-rán os próximos 16 e �1 de novembro sendos obradoi-ros de formación para a mocidade sobre coaching e oratoria motivacional.

En Sandiás o obradoiro terá lugar ás 11:30 horas na Casa da Cultura, durará dúas horas e os asistentes recibirán un diploma. En Xinzo a cita é na Casa da Cultura ás 18 horas. En ambos casos é preciso a inscrición previa.

4 Charla sobre as pensións

O PSOE de Xinzo or-ganiza o xoves 14 de no-vembro unha xuntanza in-formativa sobre como lles está a afectar os requiri-mentos da Axencia Tribu-taria en materia de declara-cións da súas rendas cando proceden de dous ou mais pagadores aos emigrantes retornados.

Laura Seara, deputada no congreso pola provin-cia, será a ponente da charla, na que informará aos afectados sobre o que os socialistas consideran “unha medida tan sorpresi-va como inxusta” .

A cita é na Casa da Cul-tura a partir das �0 horas.

Page 13: 13 Novembro 2013 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �013

13ESPECIAL

Desde o concello de Mesía, onde se atopa CERÁMICA VEREA, empresa fabricante de tellas desde hai máis de 40 anos, distribúense tellas por barco a países de todo o mundo.

VEREA iniciou no ano �008 a súa aposta pola in-ternacionalización das súas tellas, tanto de tella curva do país como da Spanish S, sendo esta última a máis demandada no mercado americano. Esta saída aos mercados exteriores supuxo para a empresa un gran es-forzo económico, tanto a nivel de investimento en instalacións como no terreo da innovación tecnolóxica. Conseguir as certificacións de calidade necesarias para poder vender en Estados Unidos foi unha das prio-ridades de VEREA, xa que é un país moi esixente coa calidade, e onde é impres-cindible homologar o pro-duto para poder vendelo.

A día de hoxe, VEREA é o distribuidor nº1 de tellas no Estado da Florida ( Mia-mi, Orlando, Tampa), no Estado de Texas ( Houston, Dallas, Austin, San Anto-nio), e no Estado de Lou-siana (Nova Orleáns).

Despois da gran acollida no mercado norteamericano CERÁMICA VEREA am-plía os seus horizontes inter-nacionais e así actualmente, envían de forma regular, as súas tellas a países de todos os continentes como:

-América Central: Repú-blica Dominicana, Xamai-ca, Panamá, Guatemala, Costa Rica, Puerto Rico, O Salvador, Honduras, Nica-ragua.

-América do Sur: Chile.- África: Mauritania, An-

gola, Guinea Ecuatorial.- Asia: China, Corea do

Sur. En todos estes países as

tellas VEREA instálanse en vivendas unifamiliares,

pero tamén en multitude de obras de referencia como:

-Hotel Resort Disney da cadea Four Seasons, Orlan-do (USA)

-Resort Cadaqués, Rep. Dominicana

-Resort Bahía Principe Esmeralda, Punta Cana, Rep. Dominicana.

- Urbanización de luxo Aquamarina Cap Cana, Rep. Dominicana (renova-ción de tellados)

Entre os próximos obxectivos internacionais de VEREA está a homologación do seu sistema de colocación de tellados VEREA SYSTEM en Estados Unidos.

A TELLA VEREA, EN TELLADOS DE MEDIO MUNDOA empresa iniciou en 2008 a súa aposta pola internacionalización das súas tellas, tanto de tella curva do país como da Spanish S, a máis demandada no mercado americano

Four Seasons Hotel Resort Disney Orlando, USA.

Resort Bahía Príncipe Esmeralda, Punta Cana, Rep. Dominicana.

Resort Cadaqués, Rep. Dominicana.

A día de hoxe, a empresa galega VEREA é o distribuidor nº1 de tellas nos Estados da Florida,

de Texas e de Lousiana

Page 14: 13 Novembro 2013 - BXVAC

14 BARRIOSNovembro de �013

XINZO E COMARCA

EN BREVE

Medio Ambiente investirá máis de 800.000 euros na mellora do Limia4 Construirase unha nova pasarela peonil de acceso ás piscinas, ampliarase a ponte do Bouzo e mellorarase a capacidade de desaugadoiro deste río.Redacción

O Ministerio de Agricul-tura, Alimentación e Me-dio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfi-ca do Miño-Sil, executará obras de mellora no río Li-mia, ao seu paso polo tra-mo urbano de Xinzo, cun investimento de 837.347 euros.

O convenio foi asinado, nun acto presidido polo delegado do Goberno en Galicia, entre o presidente da Confederación Hidro-gráfica do Miño-Sil, Fran-cisco Marín, e o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez.

O proxectoO proxecto contempla as

actuacións necesarias para levar a cabo o acondiciona-mento e posta en valor do

río Limia, mellorando a súa capacidade como elemento canalizador da drenaxe na-tural, e a integración deste dentro da trama urbana.

Os traballos de restaura-ción e mellora das condicións hidráulicas da canle consisti-rán na limpeza e roza selecti-va da vexetación de ribeira, e na restauración de marxes e de noiros debilitados.

Tendo en conta que a zona de actuación comprende desde a pasarela peonil de acceso ás piscinas municipais até a ponte do Bouzo, o proxecto contempla a construción dunha nova pasarela peonil, de metal con dous metros e medio de ancho e 45 de lonxitude, xa que a existente atópase en moi mal estado, polo que será demolida.

Realizaranse, ademais,

actuacións de ampliación da ponte do Bouzo, cunha sección final de calzada de seis metros que permi-ta o paso simultáneo de dous vehículos, así como dúas beirarrúas laterais, o que supón unha mellora importante da seguridade viaria.

Por último contémplan-se no proxecto obras de mellora na contorna da EDAR municipal, e na zona da Matogueira.

Todas estas melloras realizaranse nun prazo aproximado de 1� meses. As actuacións fináncianse con fondos FEDER.

Redacción

O pasado 19 de outu-bro a Casa da Cultura de Xinzo de Limia acolleu o obradoiro “Muller e saú-de”, organizado pola Aso-ciación Escola Rural de Saúde da Limia.

Esta iniciativa, que con-tou coa colaboración do Concello e que foi impar-tido pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns do SERGAS, tiña como obxectivo mellorar a in-formación e comprensión dos cambios evolutivos na muller, así como previr enfermidades propias do colectivo feminino.

Entre os contidos des-te obradoiro atopáronse asuntos como a meno-pausia e a osteoporose, prevención xinecolóxica,

fisiopatoloxía, e alimenta-ción e exercicio.

Próximos cursosPara os meses de novem-

bro e decembro a Escola Rural de Saúde da Limia xa ten preparados diversos cur-sos. Entre outros contidos abordarán o transplantes de órganos (14 de novembro), úlceras por presión en per-soas dependentes (�1 de no-vembro), alcol e tabaco (�8 de novembro), e alcólicos anónimos (1� de decembro). Para todos estes obradoiros é imprescindible a inscri-ción previa, que todos os interesados poden realizar na Concellería de Servizos Sociais de Xinzo (xunto á estación de autobuses), no 603 784 435 ou no email [email protected].

Un obradoiro analiza os cambios evolutivos na muller4 Organizado pola Escola Ru-ral de Saúde da Limia.

Ampliarase a seis metros a ponte do Bouzo, permitindo o paso simultáneo de dous vehículos

A fisioterapeuta Andrea Budiño , a responsable da Escola Rural de Saúde Lola Rico e a concelleira de Xinzo Loli Calvo.

4 Inmersión en inglés

O CEIP plurilingüe de Vilar de Barrio foi un dos dous centros ourensáns seleccionados para par-ticipar este outono nas estadías para a formación en linguas estranxeiras convocadas pola Conse-llería de Cultura, Educa-ción e Ordenación Uni-versitaria.

Participaron os cinco alumnos de 6º de Primaria do colexio, que durante a semana do 3 ao 9 de novembro compartiron inmersión en inglés con outros escolares. Ademais das clases, realizaron neste idioma as actividades de lecer e deportes, explicaba a directora do CEIP de Vilar de Barrio, quen resaltaba que os escolares “viñeron encantados”. A directora engadía que os estudantes xa estaban acostumados ao inglés, por teren un profesor nativo no centro.

4 Encontros formativos

A ANPA do colexio Rosalía de Castro de Xinzo organiza un ciclo de encontros formativos dirixidos a pais, nais, adolescentes e público en xeral cos que promover o desenvolvemento saudable da familia e xerar espazos de confianza onde pais e fillos “poidan compartir e reflexionar en común sobre as súas inquedanzas e intereses”.

As charlas comezan este xoves 14 de novembro, cunha sesión sobre a importancia da educación afectivo-sexual. O luns 18 abordaranse as conductas adictivas, o martes 26 a influencia das novas tecnoloxías no desenvolvemento da infancia e da adolescencia, e o mércores 11 de decembro a prevención da violencia e as súas manifestacións (bullying, violencia de xénero, violencia filioparental)

Todos os encontros son gratuítos, terán lugar na biblioteca do CEIP Rosalía de Castro en horario de �0 a �1:30 horas e serán impartidos por persoal cualificado.

O subdelegado do Goberno en Ourense, o presidente da Deputación, o delegado do Goberno en Galicia, o alcalde de Xinzo, o presidente da CHMS e o delegado da Xunta, na presentación do convenio para executar as obras no río Limia.

Último impulso ao Museo do EntroidoO Concello de Xinzo de Limia vén de darlle o último im-

pulso ao Museo do Entroido, coa contratación do proxecto museístico a unha empresa de Sevilla. Segundo explicou o alcalde no último pleno, disponse dun orzamento de 150.000 euros (achegado pola Xunta) no que se inclúe obra interior, colocación de equipos audivisuais e dixitalización. O contrato incorpora tamén unha cláusula de actualización de contidos. A previsión municipal é que a musealización quede rematada a 30 de novembro.

Noutro orde de cousas, o Concello vai iniciar en breve as obras de renovación de beirarrúas na N-5�5 no tramo urbano de Xinzo. Unha actuación cofinanciada entre a Consellería de Economía e Indusria e a administración local.Museo do Entroido de Xinzo./M.REJO.

Page 15: 13 Novembro 2013 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �013

15

Oficina do CDR O Viso onde se xestionan os servizos do proxecto RURALEMPRÉGA-T.

Paula Lodeiro

O Centro de Desenvolve-mento Rural O Viso iniciou hai unhas semanas o proxec-to RURALEMPRÉGA-T, de orientación sociolaboral na comarca da Limia. Este servizo, que ten as súas ofici-nas en Xinzo de Limia, con-ta con dúas liñas de traballo principais: por unha banda, a realización de entrevistas personalizadas e individua-lizadas; e pola outra, a oferta de actividades de grupo nas que practicar as habilidades adquiridas.

Carmen Bohórquez, coor-dinadora do CDR O Viso, explica que a primeira di-ficultade coa que se atopa a posta en marcha de RU-RALEMPRÉGA-T “é a falla de coñecemento dos servizos que ofrece, xa que cando se fala de orientación laboral, pénsase que se lle vai contar o mesmo que o que din no INEM, ou na rúa, o caso é que non hai traba-llo”. Bohórquez engade que “se mentres o traballo esca-sea, empregamos ese tempo para formarnos e aprender a buscalo, poderemos afrontar mellor a busca e atopar os poucos empregos que aínda se activan na nosa comarca”. “Igualmente poderemos es-tar mellor con nós mesmos e evitar as consecuencias do desemprego, que poden ser moi leves cun simple desánimo ou moi graves provocando depresións ou problemas engadidos como o alcoholismo. A cuestión é estar ben con traballo ou sen traballo. E como estar ben sen traballo é difícil, qué menos que apoiarse nos ser-vizos que nos ofrecen aten-ción, xustamente para este momento de incertidume e dificultade”, relata a respon-sable do Viso.

Durante este primeiro mes do servizo, a valoración que fan os seus coordinadores é positiva. O número de entre-vistas realizado é de 33, con

1� casos en activo. Bohór-quez explícanos a diferenza: “se queren iniciar un proce-so de busca de emprego e orientación social máis lon-go, ao que se lle chama en terminoloxía de servizos so-ciais Itinerario de inserción (un camiño que require dun acompañamento que pode durar entre 6 meses e 1 ano), ou aqueles que desexan ter entrevistas para facer o cu-rrículo e recibir orientación básica e xeral; este proceso pode ser realizado en 3 ou 4 entrevistas dependendo da situación inicial da que se parte”.

Actividades de grupoA segunda liña de activi-

dades do RURALEMPRE-GA-T consiste na oferta de actividades de grupo nas que practicar as habilidades adquiridas nas entrevistas in-dividuais e poder compartir a busca de emprego. “Come-zarán a finais de novembro, e terán dúas liñas de traballo unha delas relacionada coa busca de emprego, e a outra coas habilidades sociais en xeral, é dicir, coa orientación social”, explica a coordina-dora do CDR O Viso.

Nesta primeira edición os cursos terán unha dura-ción de 8 horas cada un, e

desenvolveranse os días �6 e �7 de novembro; e 3 e 4 de decembro, na Casa da Cultura de Xinzo de Limia. É requisito imprescindible para participar solicitar ins-crición previa. Serán impar-tidos polo traballador social do CDR “O Viso”, Edi Gon-zález, e dúas técnicas exper-tas na materia.

No de técnicas activas de busca de emprego, revi-saranse as técnicas básicas para a busca de emprego e explicaranse os novos ni-chos de actividade laboral na comarca. A coordinadora do CDR O Viso destaca que se trata dun curso “intro-dutorio; preténdese que as persoas que asistan poidan sacar maior partido ás entre-vistas individuais e obteñan a formación para a busca exitosa de emprego en me-nos tempo”.

No de habilidades sociais, “traballaranse de xeito prác-tico as habilidades persoais precisas para a busca de em-prego e para ter igualmente unhas relacións humanas satisfactorias coas que po-der levar unha vida o máis plena posible. Afondarase na comunicación e na reso-lución de conflitos así como no autocoñecemento pero ao igual que no seminario

O Centro de Desenvolvemento O Viso pon en marcha un servizo de orientación sociolaboral na Limia4 Nas súas primeiras semanas de funcionamento os responsables do proxecto, RURALEMPRÉGA-T, xa teñen realizado unha trin-tena de entrevistas a usuarios.

de busca de emprego será de forma introdutoria xa que estas temáticas serían obxecto dunha formación moito máis ampla”, insiste Bohórquez.

Con esta oferta formativa preténdese ver tamén que necesidades explícitas ten a poboación da comarca “e se destes grupos xorde a necesidade de contar con grupos máis estables para traballar estas cuestións; estudiarase esa posibili-dade”, puntualiza Carmen Bohórquez.

O proxecto RURALEM-PRÉGA-T está financiado pola Xunta de Galicia e para acceder a el hai que pedir cita no correo elec-trónico [email protected], no teléfono 988 461 571, ou acudir á ofici-na situada na Praza Maior, 1 – 1º C de Xinzo os luns de 10 a 1� horas ou os mércores de 16:30 a 18:30 horas.

En novembro e decembro realizaranse cursos para practicar as habilidades adquiridas nas entrevistas

Deputación, Inorde e ADEGAL tratan o proxecto “Regenera Limia”4 Baséase na xestión de abonos e fertilizantes para reducir a con-taminación do río Limia.Redacción

O presidente da Depu-tación de Ourense, Ma-nuel Baltar, e o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, xunto co di-rector da Área de Medio Ambiente da institución provincial, Javier Bobe, reuníronse en Xinzo con representantes da Aso-ciación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (ADEGAL) para informalos do proxecto “Regenera Limia”, co fin de poder contar coas súas opinións para fornecer a candidatura do proxecto ao “Programa Life”, co que se pretende reducir a contaminación do río Li-mia.

Dentro deste proxecto, que conta cun orzamento global de �.�48.434 euros, a Deputación implementa-rá na Limia un sistema de control integrado de xes-tión de fertilizantes e abo-nos en solos agrarios, que se levará a cabo en dez parcelas piloto e se pode-rá ampliar posteriormente ao resto de explotacións agrarias.

Ademais, a institución provincial elaborará un mapa de solos e cede unha

parcela de 6.000 metros ca-drados para investigar sobre o tratamento de puríns.

Obxectivos do proxectoAs �3 accións que inclúe o

proxecto “Regenera Limia” -promovido e coordinado pola Confederación Miño-Sil- teñen como obxectivo mellorar o río Limia e a súa contorna, atallando cues-tións como as cianobacte-rias que teñen afectado con especial incidencia no en-coro das Conchas.

Trátase de mellorar a xes-tión medioambiental nos te-rreos agrarios e optimizar o uso de fertilizantes, ademais de investigar alternativas á xestión de puríns e reducir a contaminación por nu-trintes nas augas, todo elo acompañado de formación e información ao cidadán.

Froito desta reunión, nos vindeiros días terá lugar a firma dun acordo entre a Deputación de Ourense e ADEGAL, como forma de garantía dos compromisos adquiridos.

A Deputación doará 6.000 m2 para investigar sobre o tratamento de puríns

Momento da reunión entre Deputación, Inorde e represen-tantes de ADEGAL.

Page 16: 13 Novembro 2013 - BXVAC

16 BARRIOSNovembro de �013

ALLARIZ E COMARCA

Ataques de lobos ao pé das casas causan prexuízos ás explotacións gandeiras4O Sindicato Labrego Galego critica á “inexistente política de control da fauna salvaxe”.Redacción

O Sindicato Labrego Galego (SLG) denuncia ataques de lobos ao pé das casas no municipio de Ma-ceda e critica a “inexistente política de control da fauna salvaxe” da Xunta de Ga-licia.

O sindicato cita o últi-mo caso, acontecido na medianoite do 1 de nov-embro, cando un gandeiro da Teixeira, na parroquia macedá de Castro de Es-cuadro, sentiu ruídos nun-ha finca cercada que ten a escasos 30 metros do seu

domicilio. “Atopou un be-cerro morto e un lobo co-mendo nel. Ao tentar asus-tar ao lobo, o animal se lle arrepuxo, polo que foi até a casa a por unha escopeta para disparar ao aire e di-suadir ao depredador. Aínda que o lobo fuxiu, ao volver ao día seguinte á finca xa devoraran ao becerro case por completo”, recolle o seu relato o SLG.

Este non é o primeiro caso de ataques de lobos na zona, xa que existe super-poboación deste predador e, ante a falla de presas natu-rais, van buscar o alimento

cada vez máis ás explota-cións gandeiras e aos propios núcleos habitados, poñendo en perigo mesmo a integri-dade física das persoas que habitan o rural ourensán.

O Sindicato Labrego Ga-lego xa ten denunciado que o da fauna salvaxe é un problema de orde xeral que afecta a toda a cidadanía e que non para de medrar. “Diante disto, as actuacións da Xunta limítanse a un sis-tema de compensacións ma-nifestamente escaso e inútil, e a unha inexistente política de control da fauna sal-vaxe”, critican. Ademais, os

O último caso, un ataque dun lobo a un becerro nunha finca da Teixeira, na parroquia macedá de Escuadro

territorios cinexeticamente ordenados (tecores), nos que recae parte da responsabili-dade á hora de indemnizar os danos causados pola fau-na salvaxe, estanse a amosar “totalmente impotentes” á hora de manter controlada a poboación destas especies, subliña o SLG.

A falta de presas naturais no monte provoca que os lobos busquen alimento nas explotacións gandeiras. Vista da Se-rra de San Mamede. /ARQUIVO.Redacción

Eladio Mangana e Carlos Gómez foron reelixidos, por unanimidade, presiden-tes locais do PP en Baños de Molgas e Xunqueira de Espadañedo, municipios dos que son alcaldes. Man-gana resaltou que “coa axuda do meu equipo se-guiremos desenvolvendo as actuacións necesarias para que Baños de Molgas me-dre e sexa cada día un lugar mellor para vivir”. Gómez, pola súa banda, dixo na súa reelección que “temos que formar un grupo forte que a través do diálogo e do debate interno busquemos sempre a mellor opción

Reelixidos os presidentes do PP en Baños e Xunqueira de Espadañedo4Eladio Mangana e Carlos Gómez.

Eladio Mangana./PP.

para o concello”.

Próximos congresosNas próximas semanas

proseguen os congresos locais do PP. Entre outros, o da Bola será o 15 de no-vembro, con José Antonio Dapía optando á reelec-ción, e o de Vilardevós o �9 de novembro, con Ma-nuel Cardoso optando á presidencia do partido.

Page 17: 13 Novembro 2013 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �013

17ALLARIZ E COMARCA

Redacción

O Concello de Maceda pedirá fondos á Deputa-ción provincial para cons-truir unha rotonda que reduza a perigosidade do cruce situado ao lado do campo de fútbol.

Este foi un dos acor-dos unánimes que tomou a corporación municipal de Maceda no pleno de novembro, no que tamén se aprobou a municipali-dade do campo de fútbol. Coa cesión por parte do Club Atlético Deportivo

da instalación deportiva, o Concello poderá dotala de céspede artificial.

A edil socialista Ana Ma-ría Rodríguez Blanco ex-presou a súa satisfacción polos acordos e lamentou a “inacción total” da Depu-tación no perigoso cruce. Recordou que a rotonda é unha reiterada petición den-de hai máis de tres anos, e que “non é de recibo que a Deputación respondera cun informe técnico para saír do paso e non fixera nada, cando a veciñanza corrobo-ra a perigosidade do cruce”, declarou a socialista.

Rodríguez Blanco tamén considerou que “tendo en conta a numerosa concu-rrencia de xente nova, na escola de fútbol, así como na actividade tradicional do clube deportivo, é hora

Maceda pide fondos á Deputación para construir unha rotonda4 Acordo unánime do pleno para mellorar a se-guridade viaria no contorno do campo de fútbol.

de reclamar achegas á De-putación, investimentos en pé de igualdade con outras vilas”.

Outras mociónsNo pleno do 7 de novem-

bro, no que se acumularon mocións polo retraso de mes e medio de convocato-ria, tamén se aprobaron por unanimidade as mocións socialistas de rexeitamento do copago farmacéutico, do copago do comedor escolar e da Lei Reforma Local.

Na sesión, Ana María Rodríguez, manifestou es-tar de acordo co anuncio do alcalde de financiar o copago farmacéutico, pero reclamou ordenanza e par-tida orzamentaria. Tal como foi presentado trátase, dixo, “dunha posta en escea para un titular”.

O campo de fútbol pasa a ser de titularidade municipal para instalarlle céspede artificial

O Festival de Xardíns recibiu unhas 40.000 visitas4O público destaca como positivo a incorpora-ción de esculturas ao recinto.P.L.

O IV Festival Interna-cional de Xardíns de Alla-riz pechou as súas portas a pasada fin de semana. A falta do reconto de entradas vendidas nas últimas sema-nas, o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, avanza o último dato coñe-cido, 34.000 visitantes de pago. Cifra que se amplía, se contamos os veciños de Allariz e os menores de 14 anos (que entran gratis), ata os 40.000 visitantes, estima o edil, un número similar ao da edición do ano pasado.

Nos próximos días coñe-cerase que xardín resultou elexido polo público entre as 11 propostas que concur-saban (o xardín nº 1� era o gañador da edición �01�).

Xardín nº 1 do festival./ARQUIVO

Sen querer desvelar o ga-ñador, Varela apunta que o galardón “estaba bastante reñido entre catro”.

Da edición deste �013 o concelleiro de Medio Am-biente destaca a boa acollida que tivo entre o público a in-corporación de esculturas ao recinto do festival.

Próxima convocatoriaNo mesmo acto tamén

se desvelarán os proxec-tos que participarán na edición de �014. Ata o 15 de novembro o Concello de Allariz mantén aberta a convocatoria do próximo ano, que leva por lema “O xardín da abundancia” .

Page 18: 13 Novembro 2013 - BXVAC

18 BARRIOSNovembro de �013

ALLARIZ E COMARCA

Redacción

O Concello de Allariz, cos votos a favor só do BNG, aprobou o orzamen-to municipal para o �014, que ascende a 5.403.88� euros, apenas cen mil euros máis que as deste ano. Se-gundo explicaba o alcalde Francisco García, “estas son unhas contas que per-seguen a dinamización económica, a xeración de emprego e o mantemento das políticas sociais”

O argumento foi rexeita-do pola oposición debido ao incremento de gasto co-rrente e a suba dos recibos do lixo, auga, saneamento, instalacións deportivas ou o imposto de circulación.

A aprobación do orza-mento levou consigo a mo-dificación das ordenanzas e impostos afectados pola suba, así como o novo tributo para a banca polo uso do espazo público con caixeiros automáticos.

Outras mociónsO pleno do pasado �5

de outubro tamén deba-teu tres mocións sobre a eliminación do copago de medicamentos a enfermos crónicos non hospitaliza-dos, a aplicación de novos criterios no financiamento da administración local galega e a correcta sinali-zación da autoestrada A-5� ao seu paso por Allariz. A oposición manifestaba, nunha moción, a súa con-dena a todo tipo de actos de terrorismo.

O pleno municipal aprobou o orzamento para 2014, que ascende a 5,4 millóns de euros4As contas soben en cen mil euros con respecto ás deste ano.

Previo ao pleno, o al-calde de Allariz explica-ba que o orzamento para �014 centraba os seus esforzos en manter unha política municipal de di-namización económica fa-vorecedora da creación de emprego e a atención prio-ritaria ás políticas sociais.

Francisco García ex-plicaba que “a acción do goberno municipal nos últimos anos ten permiti-do contar cun importante sector servizos xerador de riqueza e emprego con proxectos singulares” e citaba como exemplos o centro de tendas outlet, o

acondicionamento de fábri-cas de curtidos para activi-dades comerciais, o Festival Internacional de Xardíns, a potenciación do conxunto histórico, a oferta museísti-ca e unha política de even-tos ambiciosa ao longo do ano, e a aposta por impulsar proxectos de desenvolve-mento local, de comercio de proximidade e de valoriza-ción dos produtos autócto-nos. “Estes programas serán impulsados no �014”.

O rexedor subliñou que os servizos sociais, deportivos, culturais, educativos e festi-vos, mantéñense nas previ-sións do �014.

O alcalde de Allariz, nunha sesión plenaria anterior. /ARQUIVO

O portavoz municipal do PP, Miguel Anxo Ro-dríguez, denunciou du-rante o pleno de aproba-ción do orzamento, que basicamente o aumento da recadación municipal do IVTM é para pagar o aumento de intereses ban-carios por ter que acudir en dous anos consecuti-vos á débeda para pago de facturas existentes.

Os populares piden que cese “a sangría á que o Concello está a someter ás familias alaricanas co-

4 Uns orzamentos para dinamizar a economíaNo apartado de ingresos

prodúcese unha “mínima” actualización anual no caso do saneamento, auga, pisci-na climatizada e recollida de lixo. En canto aos im-postos mantense o gravame establecido no �013 para o IBI no 0,7, e actualízase o imposto de vehículos.

García recoñeceu que o incremento da débeda a longo prazo, “eleva de xeito importante os gastos finan-ceiros municipais e obri-ga a facer un esforzo para afrontar o seu pagamento e estudar a súa cancelación anticipada con cargo á ven-da de parcelas”.

mezando por asumir o seu problema de descontrol do gasto e mala xestión dos caudais públicos”. “Non podemos seguir permitindo que mentres se lles soben os impostos e as taxas ás fami-lias, o Concello non só non faga nin o mínimo esforzo en reducir o gasto senón que descaradamente au-méntao en 300.000 euros”, afirmou o político popular.

O PP non pode admitir que se aumenten de novo os impostos e taxas “pois nos últimos dous anos levamos

xa un acumulado do �1% de vehículos, un 40% de IBI-contribución, unha 70% da auga, polo conve-nio asinado coa Empresa Espiña e Delfín, polo que se programaba unha subi-da dun 5% anual até o ano �015”.

Isto non quedará só aí, denuncian os populares, senón que durante este ano, o Goberno do BNG de Allariz ten previsto le-var a cabo unha Revisión Catastral, coa que pretende recadar �0.000 euros máis.

4 O PP critica o aumento de impostos e taxas

O BNG di que as contas perseguen a “dinamización económica” e o “mantemento das políticas sociais”

O PP rexeitou os orzamentos debido ao incremento do gasto corrente e a suba de taxas

4 Obras no núcleo de San Salvador dos Penedos

A brigada de cantería do Concello de Allariz come-zou en outubro a última fase de urbanización do núcleo de San Salvador dos Penedos. Os traballos consistirán no empedrado de sendeiros e vías secun-darias que rodean o núcleo ademais da restauración dun vello forno co obxec-tivo de que se converta nun foco de actividades para os veciños e a Aso-ciación Andrea, con sede en San Salvador.

Amais, os operarios mu-nicipais realizarán unha serie de captacións para mellorar a capacidade dos mananciais de auga da zona e regularanse as augas pluviais para evitar arrastres de danos no nú-cleo.

4 Finalizadas as obras na rúa Arroio

O Concello de Allariz continúa co proceso de mellora e acondiciona-mento do casco histórico. Os operarios da brigada de obras e cantería do Con-cello veñen de realizar os traballos de colocación de empedrado da rúa Arroio, tras realizar as obras de renovación da rede de abastecemento municipal; obedecendo a un proble-ma de antigüidade da rede e ao aumento de vivendas habitadas na zona.

As obras consistiron na renovación da tubaxe de abastecemento e a amplia-ción das seccións coa fina-lidade de garantir a calidade e caudal do subministro.

4 Doazóns de sangue en Maceda

Este próximo martes 19 de novembro unha unidade móbil do Centro de Trans-fusión de Galicia traslada-rase ata Maceda. O autobús estará ubicado na Rúa Joao de Novoa (Xardíns de Ro-salía de Castro) en horario de 10:00 a 14:00 e 16:00 a �1:00 horas para atender a todos aqueles que queiran doar sangue.

Para quen sexa a primei-ra doazón deben achegarse co DNI.

[+ info: 900 100 8�8]

EN BREVE

Fallados os Premios Manuel Gómez RománRedacción

Xa se coñecen os gaña-dores da IV edición dos Premios Manuel Gómez Román, que concede a Asociación de Amigos do Castelo de Maceda Setes-trelo.

O galardón na modalida-de de edificacións tradicio-nais rehabilitadas ou res-tauradas foi concedido ao proxecto de rehabilitación do Centro de recursos para persoas con discapacida-de en Silleda, do estudo de arquitectura Arrokabe Arquitectos, por conside-rar “que construtivamente úsanse elementos arqui-tectónicos dunha linguaxe contraposta que axuda a definir claramente o que é unha construción rural”.

Mención especialO xurado fai unha men-

ción especial ao proxecto da Fundación Rubido Ro-mero no lugar de Padín (Negreira), do estudo Aba-lo Alonso Arquitectos, re-dactado “polo tratamento dado ao proxecto de recu-peración da sede da funda-ción, polo grao de detalle e respecto á tipoloxía e siste-ma construtivo tradicional galego”.

Na modalidade de cons-trucións adxectivas reha-bilitadas ou reconstruídas prémiase o proxecto de reintegración do patrimo-nio cultural da Chaínza en Santa María do Obre (Noia), do estudo de arqui-tectura Salgado e Liñares, “pola calidade da interven-ción global onde se enten-de o lavadoiro como parte dunha contorna resolta con moito mimo no detalle”.

Os premios serán entre-gados nun acto no Castelo de Maceda o próximo 16 de novembro.

Xurado dos premios.

Page 19: 13 Novembro 2013 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �013

19CELANOVA E COMARCA

EN BREVE

Redacción

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acom-pañado do xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, e de representantes muni-cipais da Merca, Cartelle e Ramirás, inaugurou o obradoiro de emprego que se vai desenvolver duran-te os vindeiros seis meses, promovido polo Consor-cio local do río Arnoia, integrado por estes tres municipios.

Desta iniciativa, na que a Xunta inviste preto de 178.000 euros, poderanse beneficiar 20 desempre-gados dos concellos que forman o Consorcio local, aos que hai que sumar o persoal contratado para dar formación, nas espe-cialidades de albanelería e agricultura ecolóxica.

Rogelio Martínez mos-trou a súa satisfacción por poder inaugurar esta ini-ciativa que “ten un obxec-

tivo claro, dar formación a persoas desempregadas de cara a que logren reinsertar-se laboralmente”. Ademais, o delegado territorial da Xunta subliñou que en total son �5 as persoas que gra-zas a estes obradoiros ob-teñen un posto de traballo, uns formándose e outros formando”, en alusión aos alumnos, titores e monito-res dos dous cursos.

Martínez lembrou que os obradoiros de emprego ofrecen, ademais do acceso das persoas desempregadas a un posto de traballo, unha formación teórica e práctica orientada ás demandas reais do mercado laboral e, polo tanto, afirmou que sempre se dá prioridade a aquelas actividades que son máis susceptibles de xerar novos empregos.

Actuacións nos tres mu-nicipios

O máximo representan-te do Goberno galego en Ourense explicou que ao tempo que os participantes

Un obradoiro de emprego formará 20 desempregados da Merca, Cartelle e Ramirás4 A iniciativa ofrecerá durante seis meses for-mación especializada en albanelería e agricultu-ra ecolóxica.

reciben formación e aca-dan un posto laboral, a co-munidade benefíciase dos labores que levan a cabo.

Deste xeito, o obradoiro levará a cabo actuacións na pranta baixa do antigo centro de saúde da Mer-ca; restaurará a escola da Facha, en Ramirás, e un local que se destinará a centro social de Froxás das Viñas, na Merca; e construirá un alpendre destinado a local social en Teixugueiras, en Cartelle.

Once obradoiros na provincia

Con esta visita, o dele-gado da Xunta en Ourense comezou unha rolda que o levará a coñecer de preto os 11 obradoiros de em-prego que están en marcha na provincia de Ourense nos que poden participar �34 persoas desemprega-das.

A Consellería de Traba-llo e Benestar destina aos obradoiros de emprego que se desenvolven na pro-vincia ourensá �.078.7�0 euros. “Este esforzo en-márcase na aposta firme do Goberno galego pola mellora da empregabilida-de das persoas desempre-gadas en Galicia”, apuntou Rogelio Martínez.

O delegado da Xunta en Ourense cos alcaldes da Merca e Cartelle, a alcaldesa de Rami-rás e o xefe territorial de Traballo e Benestar./XdG.

Na Merca restaurarán o antigo centro de saúde e un centro social en Froxás das Viñas; en Ramirás, a escola da Facha; e en Cartelle, un local social en Teixugueiras

4 Obradoiro de peiteado tradicional

O vindeiro domingo día 17 de novembro, a Aso-ciación Rebulir de Cultu-ra Tradicional de Ramirás organiza o primeiro dos obradoiros deste curso �013/�014.

Este curso terá por eixo central “O Peiteado Tradi-cional”, analizando e po-ñendo en práctica os dife-rentes modelos existentes acorde cos patróns tradi-cionais galegos. Será im-partido por Andrea Pino, quen ademáis de terse de-dicado á música tradicional en diferentes agrupacións desde hai anos, exerce na súa vida profesional como perruqueira.

A formación ten lugar no local de Rebulir en Vi-lavidal (Ramirás) a partir das 16 horas.

[+ info: 639 908 005]

4 Xornadas medioambientais na Bola

O Concello da Bola or-ganiza os días 14 e 15 de novembro unhas xornadas medioambientais. Aborda-rán propostas para a revi-talización socioeconómica do municipio, tratando te-mas como a venda directa de produtos autóctonos; a cría e venda de porcos ca-seiros; ou o asesoramento técnico, axudas, xestión e trámites a seguir.

Ao longo de dúas tar-des, a primeira na Casa do Concello e a segunda no Fogar residencial A Bola, empresarios locais e expertos analizarán estas temáticas, rematando as sesións con degustacións de produtos locais.

4 Cursos na aula CeMIT

A aula CeMIT de Cela-nova organiza catro cur-sos en próximas datas de novembro. Iniciación á informática, busca de em-prego a través de internet, aprende a retocar fotogra-fías con GIMP e navega-ción segura na rede son os temas dos tres cursos, que comezan os días 14, 19, �7 e 30 de novembro.

Fóra do horario dos cur-sos, a aula está aberta a todos os celanoveses.

Moción do BNG para que se instalen paneis informativos

O BNG ten presentado nas últimas semanas mocións que se levarán a debate no vindeiro pleno ordinario de Ce-lanova, pois o do pasado día 5 foi extraordinario.

Nunha delas os nacionalistas opóñense ao copago dos medicamentos por parte de enfermos crónicos non hospi-talizados. Na segunda, piden que se coloquen paneis in-formativos e se cree unha ordenanza sobre a publicidade estática e dinámica no Concello de Celanova

A rebaixa do soldo do alcalde chegará aos xulgados4A oposición aprobou a con-tratación do avogado que defen-derá os intereses do Concello.

Paneis cheos de carteis en Celanova.

P.L.

A corporación de Cela-nova, cos votos da oposi-ción que ostenta a maioría, aprobou en sesión plenaria extraordinaria o pasado 5 de novembro, a contratación dun avogado para defender os intereses do Concello no preito interposto polo alcal-de e tres concelleiros popu-lares.

Os catro demandantes abandonaron a sala durante o pleno por ter interese no punto da orde do día, polo que foi o veterano edil po-pular Maximino Rodríguez quen presidiu a sesión. Este, xunto ao outro concellei-ro do PP non asinante do recurso, Manuel Recarey, abstivéronse na votación para elixir letrado. PSOE, BNG e concelleira non ads-crita escolleron ao avogado

socialista José Arcos para que exerza a defensa do Concello.

Contencioso adminis-trativo contra un acordo plenario

O rexedor José Luis Ferro e os edís Máximo Losada, Pilar Regueiro e Manuel Domínguez inicia-ron un procedemento con-tencioso administrativo ao entender que o acordo plenario adoptado en xu-llo -que rebaixaba o soldo do alcalde e suprimía dúas das tres dedicacións exclu-sivas- foi tomado “seguin-do un procedemento irre-gular polos concelleiros de oposición”.

O alcalde insistiu en que o litixio non está formu-lado contra o Concello de Celanova, “senón contra os concelleiros da oposi-ción e contra o acordo ple-nario tomado por eles, avi-sados de que a tramitación non era legal por vulnerar distintos preceptos”.

O avogado elixido foi o socialista José Arcos

Page 20: 13 Novembro 2013 - BXVAC

�0 BARRIOSNovembro de �013

CELANOVA E COMARCA

Deputación e Concello de Ramirás analizan proxectos de infraestruturas, medio ambiente e cultura4 O ente provincial destina este ano uns 70.000 euros a este mu-nicipio para obras e servizos sociais.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse coa alcaldesa de Ramirás, Pilar López.

Redacción

O presidente da Deputa-ción de Ourense, Manuel Baltar, visitou o Concello de Ramirás e mantivo unha reunión coa súa alcaldesa, Pilar López, e con membros do equipo de goberno local, para analizar os proxectos que se están levando a cabo co apoio da institución pro-vincial.

Neste senso, este ano a Deputación de Ourense achega ao municipio de Ramirás uns 70.000 euros para obras de infraestrutu-ras, mellora da rede viaria e servizos sociais. En con-creto, son �0.000 euros para construir os accesos á praza de Vilaflor, 41.300 euros para a mellora de estradas de titularidade municipal e 8.000 euros para sufragar os gastos de funcionamento do Punto de Atención á In-fancia.

Nos últimos dous anos, Ramirás ten recibido da

Deputación máis de cen mil euros para obras de infra-estrutura, Plan Provincial, saneamento e actividades culturais.

Neste último eido, a De-putación colaborará na VIII edición do Festival Interna-cional de Música “Rebu-

lir”, un festival intercultural que naceu no ano �006 coa intención de achegar ata Ramirás e a súa contorna a grupos de culturas diferen-tes á nosa, e facer que os ve-ciños poidan coñecer outras manifestacións de carácter etnográfico. Por este festi-

val teñen pasado nume-rosos colectivos chegados de toda Galicia, España e outros países, e este even-to consolídase cada ano xa como unha xuntanza lúdi-co-cultural de danza, músi-ca e tradicións sinalada da comarca de Ramirás.

Redacción

O BNG da Merca pre-sentou unha moción (que previsiblemente se deba-tirá no pleno de decem-bro) para que se sinalice na autovía A-5� a igrexa románica de San Pedro da Mezquita. O Bloque levará a mesma proposta ao Parlamento galego e ao Congreso.

A moción pide instar á Xunta “a que faga os trámites necesarios” para que se inclúa a igrexa ro-mánica da Mezquita na

listaxe de destinos culturais correspondente o vixente catálogo de Sinalización Turística Homologada”. Consideran os nacionalistas que unha boa sinalización “inflúe directamente no aumento do turismo e polo tanto é un valor engadido para a dinamización cultu-ral e socio-económica do lugar que está sinalizado”.

No segundo punto, a mo-ción reclama a Xunta, Deputa-ción e Concello que sinalicen debidamente dito monumento na A-5� e nas súas respectivas rede de estradas.

O BNG pide que se sinalice a igrexa da Mezquita na A-524 Con iniciativas na Merca, Parlamento galego e Congreso.

Igrexa románica da Mezquita, na Merca.

Page 21: 13 Novembro 2013 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �013

�1PUBLICIDADE

Page 22: 13 Novembro 2013 - BXVAC

�� BARRIOSNovembro de �013

Que estea de moda e a posibilidade de vendelos son dous atractivos da recollida de cogumelos

S.N.

Sen dúbida, se lle pregun-tamos a calquera veciño de Celanova de que lle sona o apelido Mínguez nos contes-tará que do mundo dos cogu-melos. Porque esta familia é recoñecida tanto dentro da súa comarca como por toda a xeografía galega polo gran labor de divulgación micoló-xica que levan feito nas últi-mas tres décadas.

Ricardo Mínguez (pai) foi o xerme inicial desta afec-ción en 197�, cando chegou a Celanova. El deu forma ás Xornadas Micolóxicas desta vila, que veñen de cumplir �8 anos de existencia, e é todo un referente a nivel de publicacións neste ámbito.

Alejandro Mínguez (o fi-llo maior) continuou co la-bor formativo e agora deu o salto tamén ao mundo da hostelería, cos fungos como base da súa cociña. Por últi-mo, o triángulo complétase con Borja Mínguez (o fillo menor), que ten unha explo-tación de cultivo de cogume-los, algo único e innovador e que proporcionará a Plan

C (a tapería de Alejandro) produtos frescos ao longo de todo o ano.

O xornal Barrios compar-tiu unha tarde con dous de-les, Ricardo e Alejandro, na que nos repasaron todas as súas iniciativas.

Como comezou a familia Mínguez no mundo da mi-coloxía?

Ricardo Mínguez: “Quen comezou coa afección aos cogumelos fun eu. Ao chegar destinado a Celanova dende Madrid en 197� vin que en Galicia a variedade é moi ampla. Polo meu traballo de técnico agrario visitaba o campo a diario e por iso me atopei con esa variedade de cogumelos”.

Alejandro Mínguez: “O recordo que teño de pequeno é recoller cogumelos todos os anos. E xa de maior co-mecei a ter máis vinculación porque cando estaba traba-llando como xornalista vía nomes moi mal escritos, e precísase un rigor científico; polo que comecei a escribir sobre micoloxía. De seguido, cando ao meu pai o chama-ban para unha conferencia e

lle coincidía con outra ía eu no seu lugar”.

Cantas variedades exis-ten en Celanova?

R.M.: “En Galicia hai �.800 especies catalogadas. Na comarca de Celanova po-demos ver con facilidade 80 ou 90 tipos distintos, entre os que se atoparán uns 30 que son moi comestibles, e case non hai especies perigosas”.

Como valorades que na actualidade sexa moi fre-cuente que a xente vaia ao monte a coller setas?

A.M.: “Hai dúas cues-tións. En parte é por moda, neste momento a xente sae ao monte porque se leva. E tamén saen pola situación económica actual. O feito de poder vendelos é outro atrac-tivo da recollida de fungos”.

Pero segue existindo unha parte da poboación que rexeita estes produtos.

R.M.: “Si, porque hai moi-tos fungos bos, pero tamén os hai mortais. Por iso, os que recollen setas sen formación previa corren un alto risco.Hai que coñecer cada cogu-melo por si mesmo. O que sempre dicimos é que a re-gra é que non hai regra, cada exemplar é único. Temos que coñecer todos os elementos que o configuran: se ten ou non sombreiro, anel, bolas,

esponxa, láminas, picos, etc. Intentar identificalos sen ter coñecementos da lugar a erros gravísimos, que fai que haxa intoxicacións. A valen-tía non serve de nada, ante a dúbida é mellor desbotalo”.

Por iso, o labor divulgati-vo que realizades é chave.

R. e A.M.: “Si, agora confían máis. Ao principio o que máis se recollía eran os cogordos, por iso as no-sas charlas serviron para identificar outras especies. E cando decidimos organizar degustacións os restaurantes da zona non querían facelo polo risco que supuña unha intoxicación. Ademais, can-do alguén nos preguntaba sobre unha especie pouco habitual e lle diciamos que podían comela ao día seguin-te descubrías que a tiraran, non se fiaban. Pero todo iso na actualidade xa non pasa tanto. De feito en Plan C (a tapería que Alejandro vén de abrir en Celanova) ofrécese unha carta a base de fungos e outra sen eles e o 95% da xente que vén pide algo que leve cogumelos”.

As de Celanova son das Xornadas Micolóxicas máis lonxevas e exitosas de Galicia.

R.M.: “Si, estamos moi contentos porque nós imos a

dar charlas por Galicia e sa-bemos que o habitual son 10 ou 15 asistentes, e acá conta-mos con 50 ou 60”.

Como foi esta edición?A.M.: “Dende 1995 reali-

zamos as charlas na aula de Cultura de Caixa Galicia, pero o ano pasado xa nos advertiron que sería a última edición que as acollían. Polo que quixemos apurar a aper-tura de Plan C para empregar a súa sala de conferencias. Así, este ano organizamos tres conferencias, e comple-tamos a iniciativa dándolles un pincho. Tamén houbo unha visita á explotación, saída ao campo e unha expo-sición. Ademais, falamos das posibilidades gastronómicas destes produtos, que están totalmente desaproveitadas”.

Hai algunha receita bási-ca e sinxela para a prepa-ración dos cogumelos?

A.M.: “Non, non todos serven para facer revoltos ou guisos. Cada un ten unha textura e un aroma determi-nados e non todos se deben cociñar da mesma maneira.

De todos os xeitos, os expertos din que para po-der diferenciar o sabor dos cogumelos debemos proba-los cociñados unicamente á prancha con sal”.

Con que filosofía de ne-

gocio naceu Plan C?A.M.: “É un lugar único

en España, no que todo xira ao redor dos cogumelos. Na súa carta podemos atopar todo tipo de pratos con fun-gos como elemento central -empanada, sopa, revolto, ensalada, pasta, croquetas, pizza e ata a sobremesa-. Aínda que tamén ofertamos opcións culinarias sen cogu-melos.

Ademais, o espazo está di-vidido entre a tapería, unha zona de reservados e unha sala de conferencias. Nós queriamos ter un punto de encontro, onde poder dar as charlas e ter expostos exem-plares”.

Por que ese nome e por que en Celanova?

A.M.: “Isto tiña que estar en Celanova porque se trata de recoller a historia dos co-gumelos de Celanova, e onde somos coñecidos é acá. E o nome de Plan C débese a que por “c” comeza Celanova, cogumelo, comer, cogordo, champiñón, cantarela... Ade-mais, o plan A e o B son os de sempre, nós imos máis alá, por iso somos o Plan C”.

Que valoración fas deste primeiro mes?

A.M.: “A xente está moi interesada no que ofrecemos e veñen a probar as nosas re-ceitas con cogumelos. Ade-mais, temos a vantaxe de ter a explotación de cultivo, polo que imos ter cogomelo fresco todo o ano. E o que non é cultivado témolo en conserva en seco”.

Unha recomendación para os nosos lectores.

R. e A.M.: “Sempre di-cimos o mesmo, se alguén recolle un cogumelo ten que ser con formación científica, e rexeitar os ditos populares. Non nos debemos fixar só en que sexan vermellos ou crer que se está comido por un animal non son velenosos. Hai que estar sempre moi seguro do que se consume, e ante a mínima dúbida é me-llor non o consumir”.

ENTREVISTA A RICARDO E ALEJANDRO MÍNGUEZ

“Á hora de diferenciar cogumelos a única regra é que non hai regras, cada exemplar é único e

hai que coñecelo por si mesmo”4 Ricardo e Alejandro Mínguez, pai e fillo, fálannos das 28º Xornadas Micolóxicas de Celanova, da súa nova tapería Plan C e dos riscos que supón recoller fungos sen formación previa.

Alejandro Mínguez afeccionouse ao mundo da micoloxía da man de seu pai, Ricardo.

A explotación de cultivo de Borja Mínguez proporcionará a Plan C cogumelos frescos todo o ano./S.N.

A tapería Plan C busca recoller a historia dos cogumelos de Celanova. É un punto de encontro onde degustar e descubrir todas as posibilidades destes produtos

CELANOVA E COMARCA

Page 23: 13 Novembro 2013 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �013

�3PROVINCIA

Ter presente os hábitos de compra do consumidor actual e futuro, influen-ciados pola crise, foi un dos aspectos destacados nestes seminarios

O responsable do Centro Agrogandeiro de Xinzo, Servando Álvarez, e máis o xerente do Inorde, José Manuel Rodriguez, nun dos dous seminarios sobre o sector agrogandeiro.

Redacción

O Inorde organizou dous seminarios en Xinzo de Li-mia e Riós sobre os sectores agrogandeiro e agroforestal, respectivametne.

A actividade formaba parte do proxecto de coope-ración transfronteiriza “Pro-mercado”, do que son so-cios o propio Inorde xunto áa Asociación de Desenvol-vemento do Alto Támega, a Universidade de Tras-Os-Montes e o Centro Empre-sarial Transfronteirizo de Barbadás. O seu obxectivo é incentivar a creación de economía e riqueza a base a recursos endóxenos.

Con estes seminarios formativos buscábase o in-tercambio de información útil para o establecemento de novas empresas comple-mentarias ás xa existentes.

XinzoO futuro da industria

agrogandeira da provincia deberá pasar pola interna-cionalización dos produc-tos, potenciando a dife-renciación das variedades autóctonas. Este foi o eixo central do seminario reali-zado na capital da Limia, que tivo lugar o �9 de ou-tubro no Centro de Desen-volvemento Agrogandeiro. Nesta actividade, ademais, tratouse de concienciar aos agricultores ourensáns de que deben ter presente a in-novación nos seus labores -tanto dende o punto de vista da investigación e o desen-volvemento, como dende o

da diversificación dos pro-ductos e o seu tratamento industrial-.

As funcións do proxecto “Promercado” pasan pola investigación xenética de razas gandeiras e variedades agrícolas, cun salientable esforzo na recuperación do autóctono ourensán. Coñe-cidos son os éxitos da va-lorización do porco celta, a ovella galega ou a pita de Mos. Segundo explicou o xerente do Inorde, José Ma-nuel Rodríguez, hoxe é pre-ciso “pensar a cinco ou seis anos vista, porque da crise está saíndo un novo consu-midor” e, por iso, é preciso centrar os esforzos “naquilo que nos queren comprar”.

RiósAs posibilidades de co-

mercialización de castañas e setas centrou o seminario formativo realizado no Cen-tro de Desenvolvemento

Agroforestal de Riós o 31 de outubro.

O xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, salien-tou o potencial da castaña como “motor económico” para Ourense. Neste sentido, Rodríguez destacou que tra-ballar co castiñeiro é “traba-llar para moitas xeracións” e, por iso, esta árbore pode “crear economía de futuro”. Así, os obxectivos do Inorde dentro do proxecto “Promer-cado” pasan por revitalizar a economía da zona, diminuír o perigo de incendios, au-mentar a produción de setas asociadas ao castiñeiro, así como por detectar e solven-tar as pragas e enfermidades que lle afectan á árbore.

Neste sentido, Manuel

García, secretario da IXP Castaña de Galicia, expli-cou aos asistentes s as liñas de axudas e subvencións para mellorar a recolección do froito e iniciar algunha liña de transformación.

Pola súa banda, o mi-cólogo Borja Mínguez la-mentou o feito de que en Galicia se estea perdendo “o marisco do interior” (as setas). Mínguez perfilou a situación que atravesan a produción e o mercado micolóxico no territorio galego, no que “a maioría das setas recollidas acá te-ñen como destino Francia, Alemania ou Italia, onde as transforman e volven traelas para vendelas en Galicia”.

Seminarios sobre o sector agroindustrial en Xinzo e Riós4 Estas actividades están enmarcadas no proxecto “Promercado”, que busca incentivar a economía a través de recursos endóxenos.

Premio “Ourensanía 2013” para José Rodríguez Castro

O Mosteiro de Oseira acolleu o acto solemne de entre-ga do Premio “Ourensanía �013”, que foi concedido ao ministro xeral da Orde Franciscana dos Frades Menores e arcebispo de Belcastro, José Rodríguez Carballo, nomea-do polo Papa Francisco secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica. O premio, que concede a Deputación de Ouren-se, é un recoñecemento honorífico a aqueles ourensáns que teñen destacado nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais.

Rodríguez Carballo agradeceu o premio (que consis-te nunha figura de bronce do escultor Xosé Cid, ademais dunha copia da acta do xurado) e dixo recibir o galardón “como unha honra que acollo en nome de todos os ouren-sáns, para que sigamos sendo embaixadores desta terra da chispa alí onde nos atopemos e sexa cal sexa a nosa ocupación”.

O arcebispo de Belcastro, José Rodríguez Carballo, reci-be o premio “Ourensanía 2013” de mans dos presidentes da Xunta e da Deputación. /ALBERTE PAZ

Manuel García, secretario da IXP Castaña de Galicia.

Tanto no seminario de Xinzo como no de Riós houbo argumentos comúns. Un deles expresouno o di-rector do Centro de Desen-volvemento Agrogandeiro da Limia, Servando Álva-rez, que destacou que, para el, o futuro pasa por explo-rar novas vías de mercados con produtos de fácil pro-dución en Ourense, como poden ser os cultivos fo-rraxeiros, as plantas agroe-nerxéticas, os derivados dos viñedos coma o vina-

gre ou os licores, os cereais, os productos de horta e ex-plorar novas posibilidades da pataca. Todo isto, “pasa por poñer da nosa parte para fomentar o cooperativismo e o asociacionismo”, engadiu.

O enxeñeiro técnico agrí-cola Rafael García, tamén presente en ambas xorna-das, analizou diferentes estratexias empresariais agroalimentarias, lembrán-dolles aos presentes que, debido á coxuntura econó-mica actual, o gasto fami-

liar en alimentación pasou de supoñer un 50% da economía familiar hai uns anos a un 17% na actua-lidade. “A crise fixo que o consumidor volvérase máis racional e calculador nas súas compras”, polo que a principal necesidade é “que saiban que exis-timos”, algo para o que se precisan campañas de promoción que contribúan á internacionalización e a evitar a importación de productos estranxeiros.

4 Innovación e promoción son chaves

Georgeta e Xulio Esté-vez son os responsables do Restaurante Río Salas de Xinzo de Limia. Este ma-trimonio leva máis de 10 anos de experiencia no sec-tor, comenzando no mundo da hostalería en Alemaña.

“Restaurante Rio Salas é un restaurante de trato familiar e cercano. A cali-dade vai acompañada dun servizo rápido. É unha op-ción fantástica para comer en familia ao medio día. Tamén é un bo lugar para celebrar cenas para grupos, cumpreanos, etc.”, expli-can os seus propietarios.

“A nosa especialidade é dispor dunha ampla carta de productos. Actualmente temos moitos pratos com-binados, así como ensala-das, sandwiches, bocatas quentes e fríos. Ademais, todos os domingos, temos uns callos riquísimos que teñen sona entre os comen-

sais”, engaden.

Pizzas con ingredientes 100% italianos

“Recentemente, comenza-mos coa elaboración de piz-zas con ingredientes 100% italianos: mozzarella, salami pepperoni, salsa de tomate, etc. Tammén temos tapas, almorzos con bolería fresca, torradas, etc. Para aqueles que prefiren levar a comida á casa poden facer o pedido por teléfono e recoller no es-tablecemento”.

Restaurante Río Salas mantén un ambiente agra-dable, ideal para todos os clientes, grandes e peque-nos. Está situado na rúa Río Salas de Xinzo e abre de lns a venres de 7:15 a �3:30 horas, os sábados de 8:30 a �3:30 horas; os domingos e festivos de 9:30 a �3:30 horas. A cociña permanece aberta de 1�:30 a 15:30 e de 19:30 a �3:30 horas.

Restaurante Río Salas, unha boa opción para comer en familia

Page 24: 13 Novembro 2013 - BXVAC

�4 BARRIOSNovembro de �013

PROVINCIA

Os concellos rurais suspenden en internet4 Agás excepcións, os municipios non aproveitan as vantaxes das novas tecnoloxías para relacio-narse cos seus veciños.

Unha aula de novas tecnoloxías dun municipio ourensán./ARQUIVO

Paula Lodeiro

Empregan os concellos ourensáns rurais internet para relacionarse cos seus habitantes? Preocúpanse de teren as súas páxinas webs actualizadas? Utilizan as novas redes sociais para dar a coñecer a actualidade do seu municipio a veciños e visitantes? A resposta é non na maioría dos casos, salvo honrosas excepcións.

No periódico Barrios quixemos comprobar como é o uso das novas tecno-loxías por parte dos muni-cipios ourensáns e, lamenta-blemente, aínda queda moito camiño por percorrer.

Na parte positiva, a maio-ría dos concellos dispoñen de páxina web. De feito, dos 35 municipios que conforman as comarcas de Monterrei, A Limia, Allariz-Maceda e Terra de Celanova, só cinco non teñen espazo propio na rede: Cartelle (afirma que está en desenvolvemento), Gomesende, Porqueira, Os Blancos e Trasmiras.

Pouco actualizadasCon todo, poucas destas

30 webs pasan o cribado dunha mínima actualización que as faga atractivas e úti-les para os posibles usuarios.

4 Verín, Allariz ou Vilar de Santos despuntan no uso das redes

Con todo, hai concellos que si se deron conta da importancia de manter unha canle de comunica-ción aberta e actualizada cos veciños no mundo vir-tual. Exemplos son o se-gundo municipio máis po-boado da provincia, Verín (www.verin.es), ou Alla-riz (www.allariz.com), pero tamén outros peque-nos como Vilar de Santos (www.vilardesantos.com) ou Sandiás (www.sandias.es). Os catro casos contan con webs actualizadas, in-cluso o deseño da de Vilar de Santos foi renovado recentemente e ofrécese en tres idiomas (galego, castelán e portugués).

As catro localidades

tamén teñen presenza en redes sociais, en concreto Facebook. Amais, o Con-cello de Allariz ten Twitter oficial e proximamente o de Verín sumarase a esta rede.

No que coinciden fontes destes catro concellos é que a presenza en internet “é fundamental, cada vez máis”, explican desde Vilar de Santos, e que a web se trata dunha ferramenta “im-prescindible para establecer unha comunicación directa entre o concello e os seus veciños, así como os po-sibles visitantes”, apuntan desde Sandiás. Na mesma liña opinan os responsables da web de Allariz, e desde a de Verín engaden que “per-mite aproximar a realidade

e actividades municipais aos veciños e veciñas, con-sultar horarios, iniciativas desenvolvidas, e incluso te-léfonos, a calquera hora sen necesidade de acudir á casa consistorial. Tamén permite realizar trámites on line o que reduce o tempo de de-manda e resposta”.

A administración elec-trónica

Neste punto, a adminis-tración electrónica, é onde máis fraquean as webs mu-nicipais, con excepcións. Na de Verín por exemplo, desde a opción “Oficina Virtual” accédese á admi-nistración electrónica, unha plataforma que permite a tramitación on line de cal-

quera tipo de prodecemen-to co Concello de Verín.

En Allariz, os empa-droados ou residentes temporais poden conse-guir a Tarxeta de Cidadán que lles permite acceder ao apartado Allariz Dixital e facer trámites a través de internet.

Na de Vilar de Santos polo momento só se per-mite a descarga de im-presos, pero o Concello estuda incluir “outro tipo de tramitacións electróni-cas”.

Por último, a páxina de Sandiás remite á ventaí-ña on line da Deputación Provincial, que permite realizar multitude de trá-mites.

Entre as desactualizadas es-tán as páxinas dos concellos de Sarreaus (as últimas no-ticias que publica datan de �011), Baños de Molgas (o calendario que presenta data de �008), Baltar, Vilardevós, Calvos de Randín e Verea (non incorporan noticias), Ramirás, Paderne de Alla-riz, Pontedeva, Xunqueira de Espadañedo, Laza, Cua-ledro e Rairiz de Veiga.

Si se actualizan, en maior ou menor grao, as de Verín, Allariz, Vilar de Santos, Celanova, Sandiás, Mace-da, Vilar de Barrio, A Bola, Castrelo de Val, Riós, Oím-bra, Monterrei, Xunqueira de Ambía, Quintela de Lei-rado, Padrenda, A Merca e Xinzo de Limia. Esta última, para un municipio da súa poboación e tendo en conta o feito de que foi renovada o ano pasado, presenta esca-sas noticias e enlaces de sec-cións que non funcionan.

Formas de contacto co usuario

Como forma de recibir suxerencias ou demandas dos usuarios-veciños, a maioría dos sites dispoñen dun formulario de contacto ou dun correo electrónico ao que dirixirse. Malia todo, para realizar esta reportaxe puxémonos en contacto con algúns deles (como Xinzo, Sarreaus, Cualedro, Celano-va, Monterrei, A Bola, Riós,

Ramirás ou Baltar) empre-gando algunha destas dúas dúas vías, sen que ata o mo-mento obtivesemos respos-ta. Nalgún caso en concreto, como a web de Laza, a sec-ción “contacto” non remitía a ningunha parte.

Neste rápido repaso ás webs municipais dá a sen-sación de que a maioría dos concellos contaron con apoios doutras administra-cións á hora de crealas, pero non así para o seu mante-mento.

Cinco municipios non teñen sequera páxina web

Page 25: 13 Novembro 2013 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �013

�5DEPORTES

11.078 inscritos na carreira popular do San Martiño4 Récord absoluto de inscritos na carreira máis antiga de Galicia.

A proba absoluta comeza ás 11, a escolar ás 12.30 e a de cativos ás 13 horas

R. Torres

Unha San Martiño de ré-cord. Ao peche do prazo de inscricións a cifra total da carreira máis antiga de Ga-licia, a da capital ourensá, é de 11.078 inscritos entre as tres categorías. 5.789 na carreira absoluta; 3.596 na escolar e 1.693 na proba novidosa deste ano: a dos cativos (para nenos e nenas nados no ano �005 e poste-riores).

Unhas cifras mareantes, xa que nunca antes se lo-grara sobrepasar a cifra dos 10.000 inscritos. Parte da

culpa do éxito nas inscri-cións é a instauración da terceira carreira (a de cati-vos); demandada desde fai un tempo e posta en acción este ano.

Horarios e premiosO domingo 17 de no-

vembro, dará comezo ás 11 horas desde a ponte do Milenio, a carreira absoluta sobre un percorrido homo-logado de 10.000 metros. A partir das 1�:30 será o tur-no dos escolares, que per-correrán 4.700 metros, e ás 13 horas chegará a hora dos cativos que terán que cubrir unha distancia de 1.700 me-tros.

Todas as probas remata-rán en Pardo de Cela, á al-tura da entrada do pavillón dos Remedios.

Recibirán premios os tres

mellores clasificados de cada categoría. Así mesmo, entregarase un premio es-pecial de 500 euros a aquel participante (tanto masculi-no como feminino) que con-siga superar o mellor tempo acadado ata o momento na proba absoluta. Os homes deberán baixar de �8:49 e as mulleres de 3�:45.

Ademais destes recoñece-mentos aos máis destacados atletas, todos os participan-tes recibirán unha camiseta conmemorativa, avitualla-mento ao final da carreira e servizo de fisioterapeuta se o desexan.

Quilo-metroUnha das novidades, á

marxe do estritamente de-portivo, deste edición será a celebración da campaña “quilo-metro”, que consiste

no reto de donar un total de 10.000 quilos de alimentos non perecedeiros (garavan-zos, fideos, leite, aceite, azucre, conservas, chocola-te, galletas,...) ao Banco de Alimentos.

Para completar este reto todos os ourensáns que o desexen (sen necesidade de atoparse inscritos na proba) poden colaborar achegando este tipo de produtos os días 15, 16 e 17 de novembro ao pavillón dos Remedios, pa-ralelamente á celebración da Feira do Corredor (ven-res 15 e sábado 16).

Recollida de dorsais e feira do corredor

A recollida de chips e dorsais será o venres 15 de novembro, entre as 16 e as �0 horas, e o sábado 16, de 9 a �0 horas, na cancha central do pavillón dos Re-medios.

Durante o venres 15 (pola

A campaña solidaria “quilo-metro” pretende acadar os 10.000 quilos en alimentos. Todos os que o desexen poden achegar produtos os días 15, 16 e 17 de novembro aos Remedios

tarde) e sábado 16 (pola mañá), na cancha central dos Remedios, celebrarase a segunda edición da Feira do corredor. Conferencias da man de expertos abor-darán todo o relacionado co deporte, ademais de presen-tarse novidades en material deportivo.

Responsables deportivos do Concello de Ourense presentaron a campaña “Quilo-metro” que se desenvolverá con motivo da carreira do San Martiño. /RAMSÉS.

Page 26: 13 Novembro 2013 - BXVAC

�6 BARRIOSNovembro de �013

DEPORTES

Raúl González durante a súa proba.

Redacción

Integrantes do Actyon-Academia Postal Merida do CC Maceda participaron en Euskadi na dobre cita da Copa Federaciones.

O sábado 3 de novembro a cita era en Llodio (Ála-va). Nunha xornada inusual pola climatoloxía (moi esti-val para a época) tomaban parte da competición preto de 400 ciclistas. En canto aos macedáns, Iván Feijóo era noveno na súa recén estreada categoría cadete e segunda carreira en ciclo-cross; Feijóo estivo en todo momento loitando entre os postos quinto e undéci-mo. Xiana Conde, pola súa banda, finalizaba en oitava posición. Román Saa, en cadetes chegaba á meta no posto 31 e, en júniors, Raúl González era �4º.

MuskizO domingo 3 os de-

portistas ourensáns tiñan outra cita, nesta ocasión en Muskiz. Se o día anterior o clima era caloroso, nesta ocasión a abundante choi-va caída pola noite deixaba un circuíto moi embarrado. Iván Feijóo, tras varias caí-das, finalizou 17º despois de marchar en tramos na

O CC Maceda, na Copa Federaciones de BTT4 Varios integrantes do club ourensán participa-ron nesta dobre cita en terras vascas.

décima posición; Román Saa era 40º. Xiana Con-de remataba na súa proba na mesma posición que Saa (10ª). Raúl González cruzou a liña de meta no posto �3.

A tempada de ciclocross acaba de comezar e tocan dous meses de intensas carreiras para os ciclistas macedáns.

Redacción

A Asociación Deportiva Limiactiva celebrou o pa-sado domingo día �0 a pre-sentación da tempada �013-�014. O lugar elixido para

o evento foi a Cervecería Avenida, de Xinzo de Li-mia.

Óscar Gómez, presi-dente de Limiactiva, fixo un breve repaso sobre a historia deste club, fun-

Posta de longo de Limiactiva 2013-20144 Repartiron os premios da pa-sada tempada e presentaron as novidades da nova.

dado no ano �005, cando só contaba cunha decena de socios. Actualmente supera os 80 socios entre as seccións de atletismo e a de orientación, de nova creación esta tempada.

Proxectáronse vídeos con imaxes das activida-des realizadas polo club, como foron as Olimpíadas Escolares, a Carreira Po-pular Torre do Castro de Sandiás ou o Circuíto Li-miactiva de Orientación.

Durante a presentación repartíronse os premios correspondentes ao rán-king Limiactiva 1�-13 para todas as categorías desde prebenxamín até veteranos.

FuturoO futuro para esta Aso-

ciación espérase promete-dor pois cada ano aumen-ta o número de socios así como a participación en cada unha das actividades organizadas.

Para os interesados en formar parte desta asocia-ción aínda está aberto o prazo de inscrición da súa escola de atletismo (sec-cións atletismo e orienta-ción).

[[email protected]]

Atletas e familiares visionando un vídeo do club Limiacti-va./MIGUEL REJO.

R.T.

As Escolas Deportivas do Concello de Verín es-trean disciplina este tem-pada. Trátase do atletismo, que xa logrou os primeiros éxitos na primeira cita do ano: a carreira da Carba-lleira (Ourense).

Os rapaces das ED de Verín participaron en to-das as categorías base se-gundo a súa idade; en total foron 17 menores os que participaron nesta cita na capital da provincia.

En benxamín masculino, Anxo Losada foi primeiro e Paulo Simón, segundo. En infantil feminino, Ola-lla Bandín foi e terceira e na mesma categoría pero en masculino, Fiz Losada foi terceiro.

San MartiñoA vindeira cita para

estes atletas será o 17 de novembro, de novo en Ourense, para participar

O atletismo estréase nas Escolas Deportivas de Verín4 Na primeira cita oficial lograron 4 medallas.

na 37ª Carreira pedestre po-pular do San Martiño. Unha proba que é a decana de

todas as populares galegas e que congrega cada ano a milleiros de participantes.

Novas equipacións O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o

concelleiro de Deportes, Víctor Manuel Baladrón La-mas, presentaron as equipacións deportivas dos equipos competitivos pertencentes ás Escolas Deportivas Mu-nicipais.

Nos últimos anos incrementáronse tanto as seccións competitivas (ás que participan en competicións ofi-ciais) como as modalidades que non o son, duplicándo-se o número de menores pertencentes ás Escolas Depor-tivas Municipais. Cabe destacar este ano o convenio co Verín CF que fai que as súas categorías de base pasen a depender das EDM (Escolas Deportivas Municipais); o fútbol sala incorpora equipos femininos e créase a sec-ción de atletismo.

Presentación das equipacións 2013-2014.

Participantes das EDM de Verín na carreira da Carballeira -Ourense-.

R. Torres

Un Cidade As Burgas superior supera ao Pon-te Ourense na xornada número oito da Primeira División do fútbol sala. O resultado final foi de 4-1 para as franxiverdes.

Levaban seis encon-tros disputados nas tres últimas tempadas na elite do fútbol sala nacional, e sempre con vitoria ponti-

Un Cidade superior supera ao Ponte4 4-1 foi o resultado final.

na. Nesta ocasión o Cidade soubo vencer nun encontro que se lle puxo de cara aos dous minutos.

Peque ao segundo pao introducía na portaría rival o balón tras un centro de Vanessa. Nada máis co-mezar o segundo tempo, Vanessa lograba o segundo tanto franxiverde. Pero aos poucos minutos Drica re-curtaba as diferenzas.

Cando máis presionaban Vanessa Sotelo./R.T.

as pontinas, Peque lograba o terceiro tanto do Cidade.

Á desesperada as albine-gras buscaron a remontada, pero Vanessa lograba desde medio campo subir ao elec-trónico o cuarto tanto local.

Page 27: 13 Novembro 2013 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �013

�7 OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4FIRMA INVITADA

Os gobernos do PP, en Madrid e en Galicia, teñen entre unhas das súas prio-ridade políticas desmontar o estado do benestar que tanto tempo e esforzo nos custou articular a todos; non soportan que en cues-tións tan básicas como son a educación ou a sanidade, independentemente do ní-vel económico que cada un teñamos, os dereitos e as oportunidades sexan as mesmas para todos, e por iso non desaproveitan oca-sión ningunha para atacar estes dous piares funda-mentais do estado do be-nestar, cando non é pola vía da privatización é pola vía do recorte de servizos ou prestacións, utilizando para iso sempre a mesma xus-tificación, a optimización dos recursos económicos.

Recentemente, en Ouren-se tomaron a decisión de eliminar o servizo de cirur-xía pediátrica urxente, o que significa que se algún dos máis de 30.000 ne-nos/as ten a mala sorte de precisar unha intervención en horario de 3 da tarde a 8 da mañá, será derivado a Vigo, coas consecuencias negativas que iso pode ter para a súa saúde e o trastor-no e os prexuízos que iso

supón para a súa familia. A medida é, desde calquera punto de vista, un auténtico despropósito; tanto é así que se xerou unha alarma social que desenvocou nun-ha importante mobilización cidadá, o que fixo recuar á dirección do SERGAS, iso si mediante un parche que para nada soluciona o problema xerado, proble-ma que só se soluciona coa contratación de máis profe-sionais que garantan a pres-tación do servizo durante as �4 horas do día os 365 días do ano.

Esta desafortunada medi-da, desgraciadamente non é un feito illado; nos últimos anos, no plano da asistencia sanitaria, o PP, en base a unha suposta optimización de recursos económicos, ten recortado en persoal, en medios e en servizos, recor-tes que están tendo unha in-cidencia directa na calidade da atención que se lles pres-ta aos cidadáns. Por este camiño, ante un problema grave de saúde só vai que-dar o vello recurso de enco-mendarse a un santo e rezar. Curiosamente, se un neno/a de Ourense precisa unha in-tervención urxente entre as 3 da tarde e as 8 da mañá, non haberá un cirurxián

pediátrico para operalo no CHUO, pero os seus pais si poderán solicitar os servizos dun cura que rece para que non lle pase nada ao neno, porque esta atención si que está cu-berta as �4 horas do día no Hospital de Ourense, chegando á surrealista si-tuación de que no CHUO prestan servizo só dous ci-rurxiáns pediátricos, pero para atender as cuestións de fe hai catro curas.

Queda claro que os re-cortes dos gobernos de Rajoy e Feijoo e a tan cacarexada austeridade, pode converterse en des-atención e maltrato para os cidadáns… claro que sempre quedará rezar para os que sexan crentes, para os que non o sexan, nin iso.

Xosé Manuel Pérez Bouza, coordinador en

Ourense de Compromi-so x Galicia

Ante o deterioro da sanidade pública...

“Estes días vimos pechar o “Bar Chaves”, deixán-donos anécdotas e recordos”

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

A penúltima...

Os domingos, cando era neno, de vez en can-do, saía cos meus pais de ronda, percorrendo algúns dos bares e tabernas de Verín. Quedoume aquel cheiriño das tapas, do viño e da xolda. Dende San Lázaro ata o cruce de Sousas era “a ronda da es-trada xeral”, onde daquela máis de 30 bares daban vida a un paseo imborra-ble que a pesar do tempo segue vivo no meu maxín. Algúns daqueles bares non podo recordalos con claridade, mais en moitos deles puiden vivir anéc-dotas que gardo con satis-facción.

Comezaba a ronda no fermoso barrio de San Lazáro, o bar do “Tito”, entroideiro e cigarrón, o bar do “Clemente”, o bar “Tufín”, onde xurdiu o sonado crimen do bar Tu-fín, parodia narrada polos incribles “Fan-fan e Pal-mero” nun apaixonante entroido a finales dos 70, e, como non, o bar “Cuba-no”, cuna da inigualable comparsa de carnaval “O paraugas do Xosé”, con paparotas e un sinfín de recordos perpetuos.

“A Josefa”, o bar “Be-nito”, o bar do “Zurria” e o “Caneda”, onde as tazas do viño branco do país ru-laban sen pausa, escancia-do con arte a brazo alzado polo señor Sergio, dignifi-cando o máxico oficio da taberna. Foi no emblemá-tico bar “Deportivo”, sito na actual praza do Rei, onde exerceu docencia hostaleira o querido e re-cordado señor Pepe, “O Pepe do Deportivo”, co selado da quiniela e o si-multáneo, cos resultados dos partidos escritos a tiza na pizarra, o alborozo que el mesmo facía para dar ambiente, berrando ao in-finito “unha de calmares para a dúas” e lle respos-taban “oído cociña”, ines-quecible! Tamén estaba o bar “Alfonso”, aberto �4 horas, onde se xuntaban os derradeiros “fokis” da

noite e os primeiros madru-gadores. Dende alí escoi-touse o ocurrido nun parti-do do Verín, que alguén por teléfono ía narrando dende Seixalbo, e que o inxenioso Alfonso, cun altavoz, pro-longou para toda a concu-rrencia. Aquel día gañamos a primeira Copa.

Pola súa banda, no bar “Pasaxe”, que tiña dúas en-tradas, unha pola estrada e outra pola rúa Maior, servía o señor Luis “Bicho” unha tapiña de riles guisados de aperitivo que sabía a gloria bendita. Tiña unha máquina de vinilos, onde a canción “El vals de las mariposas” de Dani Daniel rachaba coa pana, mentras os maiores apuraban o vermut.

Ao chegar ao bar “Ces-teiro” mudaba todo. Merce-des, a nai de Lola e Toño, ensinoume a saborear os mellores berberechos do mundo, e uns callos insu-perables. Mais, sen dúbida, a trastenda simpática de Mercedes era o ingrediente principal dun local único.

O bar “Chispa”, na etapa de Domingos e Mariluz. Eles facían os calamares máis sabrosos do planeta, e foi onde comecei a temer a mirada sátira, pícara e ca-brona dunha careta antiga de cigarrón que colgaba na parede.

O bar do “Luis da Briga-dilla”, o bar “Pepe... tacita”, o bar “Cine” -dentro do cine Oterino-, o bar “Villaza” e o lexendario restaurante “Zapatillas” -onde o Carlos “Tatarí” fíxome a proba de escoller entre un billete de cen pesetas, outro de qui-nientas e outro de mil. E eu, rapaz noble e inocente, trinquei o de cen, que era o que máis coñecía, ante a incredulidade do Pepe “Za-patillas”, que aceneaba coa man por tras, para que lis-cara co de mil-.

O “Café a Peña”, “O Casino” cos bailes do car-naval, o “Aurora”, o “Café Novo” -que máis tarde foi “Cafetería París” onde o “Chas”, barman elegante, dos de antes, con chaleco e

paxarola, dominaba as artes da cafetería moderna-. O bar “Pachín”,” o da Luisa, a “Fonda da Amadora”, o inesquecible “Café Bue-nos Aires”, “As Elviras”, o bar “Juan José”, e o bar “Brasil”, daquela, comple-taban o elenco de bares da vía central que atravesaba o noso pobo.

Estes días vimos con pena que o entrañable “Bar Chaves” pechaba as súas portas definitivamen-te, deixándonos a todos un sinfín de anécdotas e no recordo o infatigable labor do señor Isaac e da señora Xenerosa, con aqueles es-quisitos bocatas de panceta, e de sardiñas, os xeados de corte talla grande, o cosqui-lleo na gorxa das burbullas do “fru-fru” do Sapa, e as galletiñas de nata, que eran a delicia dos pequenos. Alí era o centro neurálxico do quecemento en calquera día de Entroido, punto de encontro da xuventude de moitas xeracións, e posa-da dos máis pintorescos e intrépidos personaxes da vila.

A vida corre e obríganos a pasar páxina, mais temos de balde a opción de re-cordar as cousiñas que nos agradaron e os lugares onde alomenos alguna vez fomos felices, e que agora xa non os podemos gozar.

Tomemos... a penúltima, en homenaxe a todas aque-las xentes que en grupo ou en solitario formaron parte daquel fermoso e enesque-cibel ambiente dos bares e tabernas do paseo da es-trada xeral en Verin. Sen esquecer tamén os bares da praza, os da muralla e os do barrio antigo, que forma-ban a outra ruta do interior, e que, sen fallo, daremos conta deles noutra ocasión.

Miguel A. Prieto “Chita”

“No CHUO prestan servizo só dous cirurxiáns pediátricos, pero para atender as cuestións de fe hai catro curas”

A película “9 olas” estreouse en Xinzo4 Estará nos cines Gesma ata o xoves 14.

Fotograma dunha escea de “9 olas” rodada na lagoa de Antela.

Redacción

O cine Gesma de Xinzo de Limia acolleu o pasado 8 de novembro a estrea de “9 olas”, unha película indepen-dente escrita e dirixida polo

cineasta italo-ourensán Si-mone Saibene, e que é a súa primeira longametraxe.

O argumento comeza nal-gún punto da fronteira entre Galicia e Portugal, lugar no que un home esquece todos

os seus recordos ao beber auga dunha fonte. O prota-gonista comeza así un ca-miño cara á súa verdadeira identidade.

Localizacións na LimiaA película rodouse en

localizacións de Ourense, O Couto Mixto e Ponteve-dra. Lugares como a lagoa de Antela, o río Limia ou o Café Rudi da paza Maior de Xinzo, foron as localiza-cións escollidas por Saibene para levar adiante a rodaxe da película. Pero, ademais, en “9 olas” participan tamén veciños do pobo e socios da Festa do Esquecemento.

A película ocupará a car-teleira do Cine Gesma ata o 14 de novembro con pases ás �1 horas. A dona da sala, María Alonso, apostou por proxectar esta película in-dependente. “Estou moi contenta de estrear un filme ambientado na miña terra”, dixo.

Page 28: 13 Novembro 2013 - BXVAC

�8 BARRIOSNovembro de �013

OCIO E CULTURA

Exitosa Feira da Castaña e do Cogumelo de RiósRiós acolleu o � e 3 de novembro a XIX Feira da Castaña e o Cogumelo. A venda de

castañas, setas e prendas artesás de produtores da zona foron algúns dos atractivos desta celebración, que contou coa presencia de numerosos visitantes que non quixeron perder a degustación de chourizos, castañas asadas, cogumelos e viño. Tamén as autoridades acudi-ron a esta cita gastronómica, como o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, que se divertiu co desfile dos escolares disfrazados de castañas.

Primeiro Festival da Vendima de MonterreiO 19 de outubro celebrouse o I Festival da Vendima de Monterrei, unha iniciativa que buscou

potenciar o enoturismo da comarca. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o alcalde de Verín, Jiménez Morán, foron das autoridades presentes nesta primeira edición e participaron nas visitas ás Bodegas Gárgalo, Quinta do Buble e Boo Riveiro. Así mesmo, o festival incluíu unha escenificación do pisado da uva, unha mostra de artesanía e produtos locais, obradoiros de iniciación á cata, actividades para nenos, xogos tradicionais e concursos, todo tendo como telón de fondo o magnífico escenario do Castelo de Monterrei.

O delegado da Xunta e o conselleiro de Cultura e Educación observan o desfile dos esco-lares do CEIP As Vendas da Barreira, disfrazados de castañas para a festa. /RAMSÉS

Setas e cogumelos foron un dos alimentos protagonistas da XIX Festa da Castaña e o Cogumelo de Riós. /RAMSÉS

O presidente da D.O.Monterrei e a directora de Turismo de Galicia observan unha peza de artesanía nun dos stands instalados no castelo de Monterrei /BORYS MARTÍNEZ.

O froito da vide foi trasladado nun carro de cabalos ao Castelo, onde se escenificou a operación do pisado da uva, a través da danza e a música tradicional. /BORYS MARTÍNEZ.

Posto de castañas asadas en Riós. /RAMSÉS

Page 29: 13 Novembro 2013 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �013

�9OCIO E CULTURA

Feira do Outono en Allariz, cita consolidada Produtos de horta, cogumelos, castañas e noces, pans e doces, queixos, leite e carne ecolóxicos, embutidos... con todo isto e moito máis atopáronse os que visitaron Allariz na fin de semana do 9 e 10 de novembro, dentro da XVIII Feira do Outono, unha cita xa consolidada que ofertaba tamén menús e tapas de outono en 18 locais da vila, ou actividades complementarias como unha saída ao campo para recoller setas e a posterior charla micolóxica na Praza de Abastos. Obradoiros infantís, un recuncho para o tapeo, e sorteos de cestas con produtos de outono, un menú para dúas persoas nun restaurante de Allariz e unha estancia de fin de semana nun establecemento da localidade foron outros dos incentivos que tivo o público para achegarse ata o recinto feiral, instalado no instituto da vila. Asemade, houbo un concurso de tapas frías para afeccionados que completou a axenda da feira, que despide o calendario de eventos de Allariz ata o Nadal.

VII Carrada do viño en VerínNumerosos asistentes gozaron da sétima edición da “Carrada do viño” de Verín o pasa-

do sábado 9 de novembro. Repartíronse 800 litros desta bebida ao longo das cinco paradas que compoñen a ruta, que comeza no Mesón do Castro para logo dirixirse ao casco antigo da vila, que acolle esas cinco “estacións”, nas que os presentes degustaron empanada, xamón asado, cachucha, bica, licor café e, como non, moito viño. Por seis euros os parti-cipantes gozaron de barra libre en todo o percorrido, e recibiron unha taza e un pano con-memorativos. Ademais, os máis cativos tamén puideron participar na celebración, neste caso con mosto e auga.

A localidade de Sorga, na Bola, festexa o seu magostoForon moitos os magostos que ao ancho e longo da nosa provincia tiveron lugar nesta

segunda fin de semana de novembro. E os veciños de Sorga, no municipio da Bola, non quixeron ser menos. Maiores e pequenos gozaron dun menú composto por año, chouri-zos e castañas, tralo cal foi o turno da boa música e os bailes. Tratouse dunha xuntanza máis das que este pobo organiza ao longo do ano, porque calquera festividade é boa para compartir e celebrar entre esta gran familia. Sandiás ou Castrelo do Val foron outros dos puntos da xeografía ourensá que celebraron xa os seus magostos populares.

Veciños de Verín portando un dos carros da Carrada o pasado sábado. /B. LORENZO Os festeiros deron boa conta do menú composto por chourizos e castañas. /S.N.

Un dos stands da Feira do Outono instalado no pavillon do instituto de Allariz, no que ademais da venda de produtos, tamén houbo espazo para as degustacións e os obradoiros infantís. /P.LODEIRO.

Charla-coloquio “Unha aproximación ao coñecemento dos cogumelos nos nosos ecosis-temas”, na Praza de Abastos de Allariz, onde durante a tin de semana estivo instalada unha exposición micolóxica e etnográfica. /P.LODEIRO.

Page 30: 13 Novembro 2013 - BXVAC

30 BARRIOSNovembro de �013 AXENDA / ARTIGOS

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Turismo no sur de Ourense e en Tras Os MontesEstas dúas rexións con-

tíguas son dunha gran atracción e beleza, desde a gastronomía, bo ambiente e espectaculares paisaxes.

En pleno concello de Montalegre, na confluen-cia do Gerês e do Barro-so, aparece a bonita aldea de Pitões das Júnias con paisaxes que nos permi-ten imaxinar como serían os días no principio do mundo. Aí podemos en-contrar un escenario de gran beleza, nas agullas dos Cornos da Fonte Fría (1.500 metros de altura), nos tonos verdes dos seus prados e pastos. O encan-to de outra hora aparece nunha antiga edificación romántica, situada nun val periférico, o arruinado Mosteiro de Santa María das Júnias do século IX, posiblemente ligado ao veciño convento galego de Santa María de Osei-ra, onde os frades desta

Música - �5 de novembro - Con-

certo da pianista María del Mar Blanco Moreno - �0 h. - Casa da Cultura de Verín

Obradoiros- 16 e 30 de novembro,

e 14 e �8 de decembro - Taller de ganchillo XXL - 17.30 h. - Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía

- 17 de novembro - Ta-ller de tear - 16 h. - O So-cial - Acevedo (Xunqueira de Ambía)

- 17 de novembro - Acua-rio, actividade de dinamiza-ción lingüística - 1�.30 h. - Baixo do Concello - A Bola

Teatro- 15, 16, �� e 30 de no-

vembro - IV Festival de Teatro Entreculturas - �0 h. - Casa da Cultura de Verín

Outros - 15 de novembro - Ruta

Torres da Limia (organiza-da pola UVigo) - Torres de Sandiás, Pena, Porqueira e Castelo de Allariz

- 16 de novembro - Ma-gosto - 18 h. - Centro So-cial Aguilhoar - Xinzo de Limia

www.mundourense.com

4AXENDA

Vidago é coñecido polas súas augas ter-mais, campos de golf e o Hotel Palace

casa relixiosa adoptaban as regras beneditinas. Acá para degustar un bo cocido é obrigatorio visitar o res-taurante Don Pedro.

A vila de Montalegre ofrécenos o impoñente cas-telo medieval (século XIII) erguido nunha cota de 980 metros con 4 torres ligado por murallas e no centro aparece unha cisterna. Na última fin de semana de xaneiro, a feira do fumei-ro é sen dúbida o principal evento, coa presenza de miles de persoas, que apro-veitan este acontecemen-to para tamén visitaren os variados restaurantes desta vila para degustar a boa vitela dos lameiros do ba-rroso. Todas os venres que coincidan a día 13, nas in-mediacións do castelo, ce-lébrase “O día das Bruxo”, coa participación habitual e imprescindible do tan co-ñecido Padre Fontes no pa-pel do principal “bruxo”.

4HISTORIAS DE MONTERREI

O Forte de San SalvadorXa estamos na época do

magosto e moita xente de Verín e arredores vai ir a atalaia a celebralo, por iso vou dedicar este artigo o Forte de San Salvador, un esquecido e xa case des-aparecido baluarte defensi-vo do Castelo de Monterrei próximo a atalaia.

Este forte atopabase a 1.600 metros do castelo de Monterrei dirección nor-noroeste, é dicir, xusto no altiño do monte de San Salvador e do cal colle o seu nome. Case non exis-ten datos deste forte e nin tan sequera é seguro que algunha vez estivera rema-tado. No ano 1994 Xerar-do Dasairas, no seu libro “Monterrei 1494-1994”, aseguraba que este forte foi proxectado pero nunca

chegou a construírse, inda así, describía as técnicas de fortificación do proxec-to, que según el contarían con bóvedas a proba de bombas para �00 homes, bóvedas para almacenar bombas, repostos de pól-vora, corpos de garda, pa-villóns e habitacións para o gobernador e oficiais, gale-rías e cisterna.

Pero no ano �008, un artí-culo do laboratorio de patri-monio da Universidade de Santiago, titulado “Análisis y recuperación de un pai-saje urbano fortificado en la villa de Verín”, deu cos restos do forte ao examinar unhas fotografías aéreas do ano 1956, nas que se podía ver a súa planta estrelada.

Hoxe en día, por unha parte do forte pasa un cor-

Boticas, a Venecia de Tras Os Montes, ofrécenos unha visita ao pasado, vi-sitando os muíños (restau-rados) do século pasado. A súa estancia balnearia das augas de Carvalhelhos pre-séntase nun bonito recanto en plena natureza. Máis concretamente na Carrei-ra da Lebre desfilan cinco restaurantes onde se pode saborear a vitela barrosá (unha das mellores carnes da Europa) e un bo año montañés, o cal pode ser regado co “viño dos mor-tos”, un clarete engarrafa-do e enterrado, para des-pois ser servido con toda a súa frescura natural.

Vidago é máis unha en-cantadora vila desta rexión, coñecida polas súas augas termais, polos seus dous campos de golf, onde so-bresae o secular Hotel Pa-lace, considerado xa no sé-culo XVIII un dos mellores de Europa.

Agora Chaves e Verín forman unha Eurocidade de grandes intereses mu-tuos. Os seus xardíns e a

súa estancia balnearia de augas quentes constitúen a atracción de todo o ano. Nos seus restaurantes é servido o tan peculiar ba-callau gratinado, aprecia-do por todos os turistas, maiormente galegos.

Verín é moi coñecido polo seu Entroido. É unha vila dominada polo Caste-lo dos Condes de Monterre e famosa polas súas viñas. Moi preto deste secular castelo temos a aldea de Vilaza, coñecida polo fa-moso “trigo do país”, fa-bricado na panaderia Ger-mán. Verín é moi famoso polas suas viñas “mencía”, destacando o excelente “néctar” viño branco Fra-gas do Lazer.

Xinzo de Limia é unha atracción para os portugue-ses polas súas feiras e a súa rúa de viños, onde se pode gozar dun bo momento. A Taberna da Trocha, na que gozar os bos sabores da cociña caseira, cun varia-do abano de tapas onde se destacan os famosos “chi-piróns”.

tafogos e a outra parte é case imperceptible “in situ”.

A mellor forma para poder localizar os restos deste baluarte é dende algunha imaxe de satéli-te, abrir o Google Earth, irnos ao monte de San Salvador e buscar as cor-deadas: “41°57’�9.79”N 7°�7’47.84”O. E se teñen instalada a función cro-nolóxica, deben buscar a foto do 13 de outubro do �006.

Andrés Diz D, historiamonterrei.blogs-

pot.com.es

A mellor forma de localizar os restos deste forte é por imaxe de satélite

En Allariz, unha vila me-dieval dun encanto raro e cun valioso patrimonio ar-quitetónico e cultural, so-bresae o Mosteiro de San-ta Clara, que ten o maior claustro de España. Xunto ao río Arnoia xorde o par-que fluvial cunha beleza singular onde se sitúan dous restaurantes moi aco-lledores.

Ourense, máis lonxe dos portugueses, é unha cidade dun encanto impar. O seu casco vello e a súa catedral son auténticas preciosida-des. A rúa dos viños é do mellor que hai en Europa, (así se pronuncian varios turistas que por alí pasa-ron), merecendo especial atención os variados e caraterísticos pinchos da afamada “Casa do Pulpo” e as boas “cecinas” (tra-dicionais en Pontevedra), podéndose saborear en Ja-mones Xavier Martínez.

Galicia e norte de Por-tugal, dúas marabillas moi próximas!

João Damião

Redacción

A Delegación Municipal de Festexos do Concello de Verín convocou o concurso para seleccionar o cartel oficial do “Desfile Infantil” do Entroido �014.

Neste concurso poden participar os escolares de infantil e primaria da lo-calidade que integrarán o propio desfile, sempre con traballo inéditos, en tamaño A3 e que se identi-

ficaran unicamente por un lema.

A data límite para entre-gar as creacións será o 13 de decembro e debe facerse no Rexistro do Concello.

Premio O premio deste concur-

so consistirá na edición do cartel seleccionado e na entrega dun vale de 300 euros para material depor-tivo e escolar -a adquirir en establecementos de Verín-.

Convocado o concurso de carteis de Entroido do “Desfile Inftantil” de Verín4 A data límite de entrega de traballos é o 13 de decembro.

Festival de Teatro EntreculturasRedacción

A Casa da Cultura de Verín acolle ata o 30 de novembro o ‘IV Festival de Teatro Entreculturas da Eurocidade’, no que participarán compañías de teatro amateur de Galicia e Tras Os Montes.

O día 15 será o turno da representación “O gran teatro do mundo” -en por-tugués-. O 16 chega a obra “Paco Jones, detective pri-vado”. Xa o venres ��, La Caja de Pandora represen-tará “Sempre nos quedará Venecia”. E, por último, o sábado 30 “Maribel y la extraña familia” clausura-rá o festival.

Todas as funcións come-zan ás oito da tarde.

Page 31: 13 Novembro 2013 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �013

31CLASIFICADOS /SERVIZOS

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�006 - OU 186-�006 - OU 77-�01�. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, S.N., Andrés Diz

Nº84 / �0- Ano: VIII - Novembro �013 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

[Se eres un particular, publica os teus

anuncios clasificados gratis no 988 239 634 ou en info@

ourenseporbarrios.com]

4CLASIFICADOSALUGUER/VENDA

Alugo apartamento en Mon-talvo de 1 e � cuartos, con xardín e barbacoa, para fins de semana, semanas e quincenas. tel. 607 �7 19 16.Vendo apartamento de � habitacións en Vigo, fronte á praia. Tel. 636 4�� 497. Alugo casa amoblada con xardín e finca en Celanova, por tempadas ou todo o ano. Tel. 988 43 16 64 e 617 9� 58 73.Alugo en 1ª planta, zona S. Francisco, Ourense � dormi-torios. 1 baño. Céntrico e moi luminoso. En bo estado. Cale-facción Gas Natural. Telf: 988 �35 876.Alugo casa a 1 km de Allariz. Tel.: 686 540 087.Vendo piso pequeno en Ourense (rúa San Rosendo) re-formado. 3 dormitorios, salón, cociña e baño. 7�.000 euros. Tel: 6�98�8647.Alúgase piso preto da univer-sidade (Ourense), compartible para 3 rapazas, con calefacción individual. tel. 988 �4 69 �6Alugase piso para estudantes r/Valle Inclán (Ourense), ��, 4 dormitorios, baño, aseo, salón, cociña, amoblado, calefacción central, tel. 646 040 888.Vendo finca urbanizable de 1.500 m� en Amoeiro, bo pre-zo. Tel. 610 54 48 54.Vendo casa en Lobios, con finca de 2.000 m� pechada, con todos os servizos. Tel. 609 57 �1 14.Vendo finca edificable para dúas casas a 1� km de Ourense e 5 minutos da autovía de Ce-lanova, bo prezo, tel. 617 9�5 873.Alúgase apartamento no cas-co antigo de Ourense por ��0 euros/mes, Tel. 637 00 59 10.Véndese casa con finca na es-trada de Santiago, tel 637 00 59 10.Vendo piso de 1�0 m� na praza das Mercedes (Ourense) a re-formar, 40.000 euros. Tel. 696 945 880.Vendo casa en Nogueira de Ramuín por 15.000 euros. Tel. 988 �4 60 96 e 664 11 80 65.Alugo apartamento novo no Couto, Ourense, � dormito-rios, salón, � baños, cociña, exterior, amoblado, garaxe e trasteiro. Tel. 637 00 59 10

VENDASVendo llantas de Citroen Saxo, tel. 610 54 48 54Compro revistas fútbol Mar-ca e Don Balón, tel: 667 890 �93Vendo mobles de segun-da man: � librerías, mesa de mármore de comedor, 6 sillas, mesa de cento, lámpadas de pé e teito, taquillóns rústicos, � quentadores de auga, � si-llóns de mimbre, � sillóns de pel, mesa de xardín e 6 sillas. Tel. 677 0� 37 36 e 988 �4 89 67 (Ángel)Vendo cinco llantas de Peu-geot �05 GTi, bo prezo. Tel. 610 54 48 54.Vendo sofá 3+2, cinta anda-dora, apeiros de labranza, un botelleiro e unha caldeira de gas cidade Roca, tel. 637 00 59 10.Vendo DVD Videocámara Panasonic nova, multifor-mato, grava en DVD Ram, DVD-R e DVD-RW, 30x Op-tical Zoom, bo prezo. Tel. 6�7 4�8 7�8.Véndese dormitorio de madeira maciza de piñeiro composto por cama nido de 90x190 con caixóns, colchóns e somier de láminas, unha al-mofada, escritorio e estantería a xogo. Posibilidade de ven-derse por separado. Novo a estrear. Tel. 618 806 516.Cómpranse toda clase de obxectos e moble antigos. Tel. 988 �1 �� �4.Compro mobles e electrodo-mésticos de segunda man. Tel. 667 41 94 18,Vendo máquina coche-cor-tacéspede HONDA. �.500 euros. Tel.988 �7 97 96.Véndese berce, bañeira e cadeira de bebé. Todo por 300 euros. Tel. 696 181 173Véndese Audi A6. Ano 1995. Sempre en garaxe e con gancho de remolque. 1.500 euros. Tel. 6�7 43 46 01.

EMPREGO

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 00� Concello de Oimbra 988 4�6 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 4�5 03�Concello de Castrelo de Val 988 419 00�Concello de Laza 988 4�� 00�Concello de Cualedro 988 4�4 004Comisaría de Policía Verín 988 414 1�3Policía Local Verín 988 411 61�Bombeiro Verín 988 41� 1�1Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 41� 1�1Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 34�Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 81�Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 �1�IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 4�5CEIP Princesa de España 988 410 1�8Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 10�Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 00� Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 55�Policía Local Xinzo 988 46� 4�5Garda Civil 988 46� 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 46� �00Punto Atención Continuada 988 46� 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 �09Taxis - Parada 988 460 �58

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 46� 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 ���IES Lagoa de Antela 988 46� 454IES Cidade de Antioquía 988 461 �71CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 �93 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadañedo 988 �91 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 �04 CEIP Padre Feixoo 988 440 8�5IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 �19Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 �60 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 5�3Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 �90CEIP Curros Enríquez 988 431 7�5Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 48�Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 90� 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 90� 309 000Protección Civil 11�Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 ��� ���

4TELÉFONOS DE INTERESE

Empresa de Verín precisa comercial de productos fito-sanitarios y tratamientos de agua. Tel. 988 78 46 30.Ofrécese modista, para ten-das e particulares, recollida e entrega a domicilio, (tamén servizo express) traballo de calidade, puntualidade e bo prezo.Tel: 686 03 49 76.Ofrécese mozo para todo tipo de traballos: limpeza de fincas, desescombros, poda e portes. Tel. 645 81 91 9�.Danse clases particulares. Ex-periencia. Tel. 653 768 357.

Page 32: 13 Novembro 2013 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �013

Page 33: 13 Novembro 2013 - BXVAC

Número: 84- Ano:VIII - Novembro 2013- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

VERÍN Páx.3 DEPORTES Páx.26VERÍN Páx.7 COMARCA Páx.8 VERÍN Páx.24

A Eurocidade contará cunha Escola Superior de Saúde

O atletismo estréase nas Escolas Deportivas de Verín

O Concello promove o envellecemento saudable

Os concellos do rural ourensán suspenden en internet

O tecor societario de Vilardevós estrea nova directiva

A institución benéfica instalou o seu posto coincidindo coa feira de Verín do día 11./BORYS INTERFILM

[páx. 5]

Mercado solidario da Cruz Vermella

O Centro Cultural das Artes custará 3,3

millóns de euros[páx. 2]

Page 34: 13 Novembro 2013 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �013

Page 35: 13 Novembro 2013 - BXVAC

Número: 20 - Ano: VIII - Novembro 2013- Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

ALLARIZ Páx.18ALLARIZ Páx.17 PROVINCIA Páx.24

O orzamento de Allariz ascende a5,4 millóns de euros

A rebaixa do soldo do alcalde chegará aos xulgados

COMARCA Páx.19

Os concellos do rural ourensán suspenden en internet

CELANOVA Páx.19

Produtos da horta típicos de outono á venda nun dos stands do pavillón do instituto de Allariz /P. LODEIRO.

Entrevista á Alejandro e

Ricardo Mínguez, micólogos

Feira do Outono en Allariz

O 4º Festival de Xardíns recibiu unhas 40.000 visitas

Un obradoiro de emprego formará 20 desempregados

[páx.29]

[páx. 22]

Page 36: 13 Novembro 2013 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �013