14 de abril de 2014 - BXVAC

36
XINZO Páx.8 ESPECIALPáx.16-17 XINZO Páx.10 Número: 89 - Ano: IX - Abril 2014 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 CULTURA Páx.26 DEPORTES Páx.24 Programación da Semana Santa de Xinzo de Limia Akka Essadoui e Rocío Rodríguez venceron na proba absoluta dos 10km de Xinzo de Limia./S. TORRES. Posta en valor da fortaleza de Monterrei 1,7 millóns de euros en obra pública, pendentes en Xinzo O CD Ourense gaña a Copa Federación ante o Guadalajara Eliminados dous puntos de vertidos en Xinzo e Sandiás Xan Jardón leva a loita contra Gas Natural ao Parlamento Máis de 400 atletas na VII 10km de Xinzo [páx. 25] [páx. 10]

description

A programación relixiosa, cultural e de ocio de Semana Santa, tema destacado do número de abril de Barrios ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

Transcript of 14 de abril de 2014 - BXVAC

Page 1: 14 de abril de 2014 - BXVAC

XINZO Páx.8 ESPECIALPáx.16-17XINZO Páx.10

Número: 89 - Ano: IX - Abril 2014 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

CULTURA Páx.26DEPORTES Páx.24

Programación da Semana Santa de Xinzo de Limia

Akka Essadoui e Rocío Rodríguez venceron na proba absoluta dos 10km de Xinzo de Limia./S. TORRES.

Posta en valor da fortaleza de Monterrei

1,7 millóns de euros en obra pública, pendentes en Xinzo

O CD Ourense gaña a Copa Federación ante o Guadalajara

Eliminados dous puntos de vertidos en Xinzo e Sandiás

Xan Jardón leva a loita contra

Gas Natural ao Parlamento

Máis de 400 atletas na VII 10km de Xinzo [páx. 25]

[páx. 10]

Page 2: 14 de abril de 2014 - BXVAC

� BARRIOSAbril de �014

VERÍN E COMARCA

Paula Lodeiro

A DO Monterrei é unha das denominacións vitivi-nícolas galegas máis novas e pequenas, e non obstante é unha das que máis pre-mios está a recibir nos úl-timos anos, a que se debe este éxito?

Antonio Méndez: “So-mos unha das máis novas, xunto con Ribeira Sacra, e iso permítenos aprender dos erros que se puideron come-ter no pasado e de todas as virtudes dos nosos compa-ñeiros das D.O. de Galicia. Alá polo 94 reconvertiuse o 80% do viñedo, recuperan-do variedades centenarias de godello, treixadura, dona branca, mencía, arauxo…

É verdade que última-mente estamos recibindo re-

coñecementos, non a propia D.O., senón os adegueiros, porque foi unha aposta cla-ra pola calidade, queríamos transmitirlle ao consumidor final, á restauración, aos dis-tribuidores, que cando se fa-lara de viño de Monterrei se falara dun viño de calidade. Esa mensaxe chegou, grazas aos recoñecementos que ob-tiveron os nosos viños. Hai que destacar que os viños de Monterrei nos últimos seis ou sete anos, tanto a nivel galego como nacional e in-ternacional, están recibindo diferentes tipos de premios, distincións, puntuacións moi elevadas nas mellores guías de viños, estamos nunha liña ascendente en canto a cali-dade e iso se reflexa tamén en canto á cantidade de viño que se comercializa a través

da D.O.”.O ano pasado comercia-

lizáronse dous millóns de botellas de viño, que pre-visión teñen para a colleita de 2013?

A.M.: “Os primeiros da-tos que temos deste primeiro trimestre son moi esperan-zadores. A principios de ano marcamos un crecemento anual prudente, de entre un 8 e un 10%; o primeiro dato real que temos, palpable, que foi o primeiro trimes-tre, aumentou con creces esa previsión pero temos que esperar ao resto de tri-mestres que quedan, temos esperanza de que poidamos pasar deses dous millóns de botellas.

A recolección da collei-ta de �013 foi un pouquiño máis baixa que a de �01�, debido á problemática que existiu nas uvas, ao final apareceunos a auga, a botry-tis, e iso fixo que o traballo nas adegas e dos viticultores fora moi exhaustivo, preten-díase eliminar todo o malo para seguir na mesma liña de calidade. Recentemente tivemos a calificación da añada e volvemos ter a ca-lificación dos últimos anos, de ‘moi boa’.

A calidade predomina so-bre a cantidade e non nos obsesionamos con seguir elaborando moito máis viño, si nos presionamos con man-ter a calidade que nos está dando tantas satisfaccións, ao Consello Regulador e aos verdadeiros artífices disto, os viticultores e os adeguei-ros”.

De todas maneiras, ten capacidade de crecemento esta denominación?

A.M.: “A vantaxe que te-mos é esa, o poder de crece-mento. Non hai moitos anos falábase de tres mil hectáreas de viñedo no val de Monte-

rrei. Hoxe presumiblemente son moitas menos, non creo que superen as dúas mil hectáreas pero aínda con ese dato temos só 500 dentro de D.O., co cal vemos que te-mos un potencial enorme de crecemento.

Pero non nos imos marcar como obxectivo o crecer, nin crecer demasiado, o obxec-tivo é manter a calidade; se se vai aumentando hai que ter moi presente que o que nos deu satisfaccións ata o momento foi apostar pola calidade.

Temos unha inquedanza na idade media do viticultor. Estamos nunha zona onde aínda o sector primario non é atractivo para facer un re-levo xeracional e vemos nun futuro, non só en Monterrei senón en toda Galicia, unha problemática importante, porque non hai relevo, a idade media do viticultor é de 65, 70 anos, co cal iso dinos que dentro de dez anos podemos atoparnos cun problema grave. Que pode ocurrir? Que o viñedo se quede de maneira máis industrializada a través das adegas ou de xente profe-sional que se dedique a iso. Tamén é verdade que a eco-nomía de moitos viticultores se baseaba noutro traballo e nun ingreso extra que puide-ra ter a través da venda da uva. Ese viticultor de fin de semana pode perigar, pero cabe a posibilidade de que se profesionalice máis”.

Resulta rendible para o viticultor?

A.M.: “Temos que chegar

a un equilibrio. Ter claro que a base da pirámide son os viticultores, sen uva non se pode facer viño, ten que ser rendible para todo o mundo. Os prezos que en Monterrei se barallan están aceptados polos viticultores e os ade-gueiros que se poñen entre eles de acordo.

Temos a sorte de que esta-mos nunha zona que clima-toloxicamente non nos obri-ga a ter tantos tratamentos como noutras, somos unha zona practicamente chan co cal a mecanización é moi sinxela e iso permítenos que os custos de produción sexan máis baixos, co cal aínda que os prezos poi-dan estar uns céntimos máis baratos que noutras zonas de Galicia, con diferencias máis avultadas no pasado, esas circunstancias de cli-matoloxía e de chan permí-tennos ter menos gastos na obtención dun quilo de uva, co cal a rendabilidade do vi-ticultor pode ser maior”.

As exportacións rozan na actualidade o 12% da produción de Monterrei, é complicado saír fóra?

A.M.: “Complicado sem-pre é, cunha denominación de orixe tan pequena como a nosa, explicar hoxe Monte-rrei lévanos máis tempo que cando a xente proba o viño e se sorprende cos viños que nós producimos. É verdade que cando vas a feiras inter-nacionais onde poden acudir diferentes países a comprar viño, daste de conta do des-coñecemento que hai de Galicia en particular, pode

haber máis denominacións de orixe con máis coñece-mento de marca que outra.

Entendo que sería primor-dial facer unha promoción en conxunto como viños galegos, coas particularida-des que temos cada deno-minación de orixe; tiñamos que ter un paraugas común, como viños de Galicia, no que se dese a coñecer o gran potencial que temos. Galicia é a zona de España con máis denominacións de orixe, e en particular a provincia Ourense con catro D.O.. Penso que debemos apro-veitalo, é un beneficio abso-lutamente para todos, temos unha oferta que case nin-gunha provincia de España pode ofrecer, temos catro zonas diferenciadas e iso é unha virtude, non é algo ne-gativo. Necesitamos chegar a ese acordo entre as D.O., de feito temos unha reunión o día �1 en Santiago.”

Entraría na promoción Turismo de Galicia?

A.M.: “Si, Galicia se se coñece é pola gastronomía, o viño non deixa de ser un ingrediente máis para mari-dar os grandes produtos que temos na gastronomía, ata 31 indicacións xeográficas ou denominacións de orixe recoñecidas, iso todo tería-molo que englobar e vender a marca Galicia.

Turismo sen dúbida, por-que ao final Galicia é turis-mo gastronómico, dentro dese turismo gastronómico está o viño e dentro do viño o enoturismo; un perfecto engranaxe que temos que

ENTREVISTA AO PRESIDENTE DO CONSELLO REGULADOR DA D.O. MONTERREI

“Queríamos transmitir que cando se falara de viño de

Monterrei se falara dun viño de calidade"

4 Antonio Ángel Méndez Atanes defende a apos-ta pola calidade antes que a cantidade como o me-llor futuro para a denominación de orixe.

Antonio Méndez leva dous mandatos como presidente do Consello Regulador da Deno-minación de Orixe Monterrei./BORYS MARTÍNEZ

Antonio Méndez define os viños de Monterrei como “dife-rentes, que invitan a un segundo trago”./RAMSÉS

“Tiñamos que ter un paraugas común, como viños de Galicia, no que se dese a coñecer o gran potencial que temos”“Temos que achegar o viño ao consumidor de entre 18 e 35 anos”

Page 3: 14 de abril de 2014 - BXVAC

BARRIOSAbril de �014

3VERÍN E COMARCA

Redacción

O Plan de Competitivi-dade Puertas de Galicia promove dous eventos gas-tronómicos para promocio-nar o territorio de Verín e Conso-Frieiras como unha alternativa de lecer e turis-mo gastronómico. Desde o 11 de abril ata o 4 de maio organizan un concurso de tapas e a promoción para clientes “Pasaporte gas-tronómico” como xeito de dar a coñecer a oferta de 4� restaurantes, adegas e comercios que elaboran produtos da terra destas dúas comarcas.

�0 restaurantes, bares e mesóns de Monterrei e Conso-Frieiras están inscritos no concurso de tapas. Para participar hai que entrar no Facebook de “Puertas de Galicia” e votar a tapa favorita. En-tre os votantes sortearase un paquete gastroturístico “Puertas de Galicia” para dúas persoas, que consiste nunha estancia con aloxa-mento e almorzo no Pa-rador de Verín-Monterrei máis un menú degustación 4 Estacións no Souto das Candeas de Verín. O ga-ñador coñecerase o 6 de maio.

“Pasaporte Gastronó-mico”

No que se refire á pro-posta “Pasaporte Gastro-nómico” o seu obxecto é premiar aos consumido-res. Consiste no reparto dun “pasaporte” entre os clientes maiores de idade, que deberán conseguir 10

selos de diferentes estable-cementos por unha compra, estancia ou consumición. O “pasaporte” deberá entre-garse completo en calquera dos establecementos antes do 4 de maio e con el po-derase participar no sorteo de 40 agasallos: estancias, menús degustación, produ-tos de alimentación, viños e obsequios promocionais de “Puertas de Galicia”. O sor-teo terá lugar o 8 de maio.

Menú de primavera e outros eventos

As accións promocionais do Plan de Competitividade Turística de Verín e Con-so-Frieiras continúan nos establecementos destas co-marcas cun menú especial da tempada de primavera, iniciativa englobada no proxecto “Catro Estacións Gastronómicas en Portas de Galicia”.

E de xeito particular para atraer visitantes esta Semana Santa, “Puertas de Galicia” presenta unha variada ofer-

ta de actividades e eventos, que combina o turismo ac-tivo, gastronómico, cultural e relixioso. Espazos únicos como o Parque do Inverna-deiro, a Ruta do Contraban-do de Vilardevós, a Ruta da Castaña de Riós, o Penedo dos Tres Reinos na Mez-quita, os encoros do Vao en Viana e de Portas en Vilari-ño, o Pozo do Demo en Ve-rín, os Castros de Saceda e San Millán de Cualedro, os Lagares de Oímbra, Mon-terrei, Verín e Cualedro, a Pista do Marroquí en Laza ou o Camiño de Santiago. Sen esquecer o Centro BTT Puertas de Galicia, con doce rutas sinalizadas, as adegas da Denominación de Orixe Monterrei, as augas dos mananciais de Cabreiroá, Sousas e Fontenova, ou as citas relixiosas de Semana

Santa. En particular, a pro-cesión dos Farois na Xiron-da, o 18 de abril ás 9 horas; as procesións de Xoves Santo, Venres Santo, Sá-bado Santo e Domingo de Resurrección recuperadas este ano en Oímbra, e as tradicionais de Verín, tanto na igrexa da Mercé coma na Parroquial.

Lagares catalogadosNa presentación destes

eventos promocionais in-formouse de que a Deputa-ción editará un libro sobre os 36 lagares rupestres ca-talogados na comarca: seis en Cualedro, nove en Mon-terrei, seis en Verín e 15 en Oímbra . Oito deles, dous en cada un dos municipios, serán restaurados para que poidan ser visitados a través dunha ruta de sendeirismo.

poñer en común entre todos e teríamolo moito máis fácil se venderamos unha marca Galicia, que é moito máis recoñecida fóra, que non in-dividualmente como cando fomos a Alimentaria onde estamos dando paos de cego cando nos separamos. Neste caso penso que a unión fai a forza, e que dúbida cabe que se foramos capaces de unirnos baixo o marchamo común da calidade sería moito máis beneficioso para todos”.

De feito as últimas cam-pañas do Consello Re-gulador están na liña de xuntar o viño coa gastro-nomía…

A.M.: “Si, cantos máis sexamos dentro dun deno-minador común, a marca de Galicia, ao final esperta máis interese e resulta máis atractivo para o consumidor final. A unión cos cociñeiros que temos, cos sumilleres, cos produtos que temos en Galicia, danos máis forza que ir por separado, e imos nesa liña.

No Forum Gastronómico da Coruña incluimos un fac-tor máis, que foi desconcer-tante, un concerto de Har-ley Davison con trompeta e acompañalo co maridaxe do viño. Con ese tipo de ac-cións tratamos de espertar a curiosidade dun público ao que non temos acceso, dos 18 aos 35 anos. Non por culpa deles nin moito menos, penso que é un mea culpa por parte do mundo do viño. Cando alguén vai pedir unha caña o único que pide é que estea fresca, en cambio se pedimos un viño parece que temos que ter un máster en enoloxía. Face-mos tan difícil o consumo do viño! Ten que ser máis sinxelo, o viño ten que gus-tar ou non gustar. Temos que achegar o consumo do viño ao consumidor de entre 18 e 35 anos, que nos

estamos perdendo aí un potencial enorme”.

Como definiría os vi-ños de Monterrei?

A.M.: “Diferentes, que invitan a un segundo tra-go. En Galicia fanse ex-traordinarios viños e así o comprobo practicamente a diario, pero si que po-demos dicir diferentes porque temos unha cli-matoloxía, unha orografía diferente. O noso río que atravesa de norte ao sur a denominación é o últi-mo afluente español do Douro; o calor que temos en Monterrei, con esas di-ferenzas térmicas de case 25 graos durante a época de maduración, chegando a 40 graos durante o día e a 15 graos durante a noite, permítenos unha activida-de de fotosíntese maior, que está a achegar aos nosos viños cousas moi excepcionais, maior fres-cura, maior cantidade de aromas, no caso do tintos maior cor, maior untuosi-dade; son viños máis fá-ciles de beber, menos áci-dos, máis afroitados...”.

Están xa a preparar a feira do viño en agosto?

A.M.: “Estamos traba-llando nela, quédannos catro meses”.

Non acostuman ir to-das as adegas, por que?

A.M.: “En ningunha D.O. van todas, o ano pa-sado foron 14 adegas de 23, é máis do 50%, noutras zonas onde pode haber 60 ou 100 adegas aparecen �0 ou 30. Cada un é cada un, poden velo non necesario para difundir o seu produ-to, eu creo que si é nece-sario, sobre todo na época en que facemos a feira, en agosto, que se triplica a poboación en Monterrei; é moi importante que estean alí para dar a coñecer a todo o mundo que vén de fóra os viños”.

“Puertas de Galicia” promove a gastronomía de Verín e Conso-Frieiras4 A través dun concurso de tapas e dunha promoción para clien-tes nos que participan 4� restaurantes, adegas e comercios.

Presentación das campañas do Plan de Competitividade “Puertas de Galicia”.

A proposta para atraer visitantes en Semana Santa de “Puertas de Galicia” combina turismo activo, gastronómico cultural e relixioso

Page 4: 14 de abril de 2014 - BXVAC

4 BARRIOSAbril de �014

VERÍN E COMARCA

A ‘Sabedoría dos Recordos’ percorre as localidades de VerínLembrar e recompilar as tradicións, costumes e sabedoría popular para a súa transmi-

sión ás xeracións futuras é o obxectivo de “Sabedoría dos Recordos”, unha iniciativa do Concello de Verín que percorre desde finais de marzo e ata o mes de maio as localidades do municipio.

A iniciativa ten pasado xa por Queizás, Vilela, Feces de Abaixo ou Tamaguelos, onde os participantes recordaron receitas e remedios, vivencias, relacións familiares e veciñais, festas, xogos populares, música tradicional e cantigas, e traballos do campo.

Xuntanzas da iniciativa en Tamaguelos (arriba) e Queizás (abaixo)./CdV.

BNG e CxG queren usos culturais para o castelo4 Ambas formacións están en contra de ubicar no recinto un hotel.Redacción

O Bloque Nacionalista Galego e Compromiso por Galicia veñen de expoñer as súas posturas sobre a re-habilitación do castelo de Monterrei. Ademais, o res-ponsable de organización do BNG Monterrei, Alber-to Rodríguez, solicitou for-mar parte da comisión de seguimento das obras do castelo para “velar pola co-rrecta execución das obras aprobadas para a rehabili-tación do monumento”.

Ambas formacións polí-ticas expresaron en senllos comunicados o seu desexo de que a fortaleza manteña un uso público e cultural. O BNG cita o Plan Direc-tor elaborado polo Gober-no bipartito da Xunta, que prevía un museo das for-

talezas no edificio coñecido como “Pazo dos Condes”, así como un Centro de Inter-cambio Institucional entre Galicia e Portugal na casa reitoral e antigo cuartel; a re-cuperación para uso relixio-so do cemiterio, o cruceiro e a igrexa de Santa María, to-dos no recinto amurallado; e a instalación “dun restauran-te, cafetería, albergue, centro de información sobre a Ruta da Prata, local de promoción do viño e da auga e tenda de artesanía”.

Mentres, para Compromi-so por Galicia o castelo de Monterrei debería ter “un uso público vinculado a fins culturais e de promoción da riqueza da comarca”. CxG non se opón a que “como actividade secundaria, nas dependencias menos nobres do Castelo, se poidan insta-

lar algún negocio como pode ser unha viñoteca, tenda de souvenirs, cafetería, tape-ría.... que cos seus ingresos poidan contribuír ao mante-mento das instalacións”.

Con todo, nin nacionalis-tas nin galeguistas están a favor da creación dun hotel ou parador no recinto.

ManifestaciónPor outra banda, a Plata-

forma en Defensa do Cas-telo de Monterrei convocou unha manifestación en con-tra da conversión da fortale-za en parador. Será o próxi-mo 19 de abril en Verín.

O BNG recorda o Plan Director feito pola Xunta bipartita para a fortaleza

Page 5: 14 de abril de 2014 - BXVAC

BARRIOSAbril de �014

5VERÍN E COMARCA

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, nun xantar cos representantes dos 24 consellos reguladores galegos no Retiro do Conde, en Vilaza, organizada polo Consello Regulador da D.O. Monterrei./BORYS MTEZ.

Redacción

A cata de cualificación da colleita �013 da Denomi-nación de Orixe Monterrei deu como resultado unha valoración de “moi boa”.

A cata celebrouse no claustro do Convento dos Mercedarios de Verín, co-incidindo coa Feira do Lá-zaro. En total, quince viños, nove de viño branco e cinco de viño tinto, sometéronse ao xuízo do comité para valorar a presente colleita, no que supón unha mostra representativa dos viños que se elaboran na denomi-nación, mantendo ademais as proporcións reais de re-ferencias brancas fronte a tintas da colleita en �013. Deste xeito, as mostras sometéronse á análise de

cada un dos catadores, que realizaron unha valoración “a cegas” de todas elas, para manter así criterios de

obxectividade ao tratarse de mostras anónimas.

A nota final para a pre-sente colleita resultou da

media das puntuacións con-cedidas por cada catador a cada unha das mostras, incluíndo neste cálculo tan-

to as referencias de viños brancos como de tintos. Fi-nalmente, esta puntuación trasladouse a unha táboa de correspondencias onde se obtén a cualificación de colleita.

Cualificada como “moi boa”, a colleita �013 co-meza a súa incursión no mercado; unha colleita que alcanzou a cifra global de 2.316.533 quilos (o 72% de variedades brancas).

RecoñecementosOs viños da D.O. Mon-

terrei seguen a recibir re-coñecementos. O último, a medalla de ouro obtida polo viño tinto Stibadia Barri-ca �011, de Bodegas Tabú, no concurso internacional Challenge du Vin. Este viño, elaborado con uvas mencía e araúxa procede dunha selección das cepas máis vellas que a adega ten no Rosal, Oímbra. A produ-ción está limitada a 1.500 botellas.

Tamén viños desta de-nominación de orixe resul-taron galardoados nos Pre-mios Bacchus que concede

a Unión Española de Cata-dores. Foron dúas medallas de prata ao viño Vía Arxén-tea �013 e de novo Stibadia Barrica 2011. Vía Arxéntea 2013 é un viño elaborado con uvas godello e treixa-dura que proceden de dez parcelas de viñedo propio de Vilaza. Foi embotellado o pasado mes de febrei-ro, polo que aínda lle resta unha importante evolución en botella. A produción foi de 18.000 botellas.

E finalmente Sábrego 2010 de José Luís Mateo obtivo o Premio Mágnum ao mellor viño revelación galego que concede o Insti-tuto Galego do Viño.

O Sábrego 2010 é un mo-novarietal de dona branca, de cepas de 40 anos, que tamén dispón do selo de ga-rantía de Agricultura Eco-lóxica de Galicia.

A colleita 2013 de Monterrei recibe a cualificación de “moi boa”4 Novos recoñecementos para os viños da denominación de orixe ourensá.

Stibadia Barrica 2011, Vía Arxéntea 2013 e Sábrego 2010, últimos viños da D.O. premiados

Page 6: 14 de abril de 2014 - BXVAC

6 BARRIOSAbril de �014

VERÍN E COMARCA

A Agrupación terá personalidade xurídica e promoverá a cooperación transfronteiriza

EN BREVE

4 Novos cursos na aula CeMIT

En abril a aula multime-dia de Verín ofertará 14 novos cursos formativos no sector da comunicación e novas tecnoloxías. En concreto tratarán a alfabe-tización (Internet, correo electrónico -Gmail-, non tires nada: véndeo ou tró-cao na Internet); adminis-tración electrónica (DNI electrónico, administra-ción electrónica, opera co teu banco); redes sociais (Facebook, Twitter, web de empresa); ofimática (procesador de textos, fo-lla de cálculo); e retoque fotográfico (GIMP).

Por outra banda, a aula CeMIT tamén pon a dis-posición dos verineses, de balde, os seminarios ofer-tados polo CNTG (Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia) e o Centro De-mostrador TIC de Galicia, que se imparten a través de videoconferencia. Os interesadas en participar nestes cursos deben ins-cribirse na Aula CeMIT de Verín ou na web da Rede CeMIT.

Así mesmo, non esque-zan que existe a posibi-lidade de aula aberta de luns a venres, de 1� a 14 horas.

4 ‘Mañás de Kero-Kolo’ duran-te a Semana Santa

A Escola de Familia do Concello de Verín, a través do programa Kero-Kolo, ofertará durante as vacacións de Semana Santa a actividade ‘Mañás de Kero-Kolo’, un espazo socio-educativo onde os máis cativos da casa com-partirán mañás con outros nenos, disfrutando dunhas xornadas con distintas ac-tividades e xogos.

Ademais, os menores que aínda non teñen su-perada a etapa do apego familiar, poderán estar acompañados polas pro-pias nais e pais.

As ‘Mañás de Kero-Kolo’ iniciarase o luns 14 de abril, e continuará os días 15, 16 e 21, en horario de 11 a 13 horas. As familias interesadas en participar nesta iniciativa deberán realizar a súa ins-crición na Casa da Xuven-tude.

4 Formación para flavienses e verineses

19 alumnos de Verín e Chaves participaron no cur-so formativo de nivel bási-co de prevención na cons-trución para a obtención da TPC (tarxeta profesional da construción), realizado durante 1� días na sede da Eurocidade.

Esta formación gratuíta levouse a cabo mediante un acordo entre as diferen-tes entidades españolas e portuguesas, co obxecto de mellorar a empregabilidade dos participantes.

4 Andaina pola raia luso-galega

Alumnado do curso de Turismo do campus de Chaves da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) promove-ron unha andaina pola raia luso-galega, na que partici-paron �5 universitarios.

Ademais do percorrido, desde Outeiro Seco, pasan-do por Vila Verde da Raia ata a antiga aduana de Fe-ces de Abaixo, a iniciativa tivo como principais obxec-tivos dar a coñecer a Euro-cidade Chaves-Verín, así como aprender a deseñar un produto turístico cultu-ral relacionado coa rexión transfronteiriza.

4 Intercambio de alumnos franceses

�3 estudantes do colexio Felix Aunac da localidade francesa de Agen, xunto cos seus profesores e �5 alum-nos do centro RRPP Mer-cedarios de Verín realizaron unha visita á Eurocidadde dentro dun intercambio entre ambos centros de ensino.

Ademais de practicar o idioma, o alumnado francés puido coñecer os principais recursos turísticos do desti-no Chaves-Verín, con visi-tas ao centro de Verín a unha adega de viño de Monterrei, á planta de Cabreiroá, e ás localidades lusas de Chaves e Vidago.

A Eurocidade xestionará instalacións, servizos e competencias de Chaves e Verín4 Preséntase a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Cha-ves-Verín.Redacción

O luns 14 de abril, está prevista na sede da Euro-cidade a presentación da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín (ECV-AECT), conver-téndose deste modo na segunda agrupación da Eurorrexión despois da de Galicia-Norte de Portugal. A Agrupación está desti-nada a xestionar conxun-tamente instalacións, ser-vizos e competencias de Verín e Chaves.

Coa presentación da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Ve-rín dase un paso máis no proceso de cooperación transfronteiriza que desen-volven conxuntamente os dous municipios desde hai sete anos.

A Agrupación terá per-sonalidade xurídica e o seu obxecto será o de promover a cooperación territorial, transfronteiri-za, nos campos do comer-cio, turismo, patrimonio, ordenación do territorio, medio e recursos naturais, aproveitamento conxunto e protección do río Táme-ga, transporte e telecomu-nicacións, loxística, cul-tura, deporte, educación, entretemento, asistencia sanitaria, ou protección civil. A ECV-AECT terá entre outras funcións im-plementar os proxectos de cooperación territorial cofinanciados con fondos europeos.

Este instrumento favo-recerá o desenvolvemento de novas iniciativas de co-laboración transfronteiriza e axudará a avanzar nunha xestión coordinada, cohe-rente e máis eficiente no territorio Chaves-Verín.

Alumnado no curso organizado na Eurocidade para a obtención da tarxeta profesional da construción TPC.

Estudantes de Turismo do campus de Chaves realizaron unha andaina pola raia, con parada na sede da Eurocidade.

23 alumnos do colexio francés Felix Aunac estiveron de intercambio con estudantes do RRPP Mercedarios de Verín.

Page 7: 14 de abril de 2014 - BXVAC

BARRIOSAbril de �014

7VERÍN E COMARCA

O IES García Barbón puxo en marcha unha manchea de actividades formativas complementarias

Nas últimas semanas o instituto García Barbón de Verín realizou unha morea de actividades complemen-tarias.

A primeira delas foi a Se-mana da Saúde, que do 7 ao 11 de abril, consistiu na rea-lización de actividades rela-cionadas cos hábitos de vida saudable, sobre a alimenta-ción, a sexualidade, a pre-vención de enfermidades, ou o consumo de drogas…

Organizada polo alum-nado do ciclo formativo de Técnico en Coidados Auxi-liares de Enfermaría, na Semana da Saúde paticipou o alumnado de bacharela-to, formación profesional, educación para adultos e PCPI, que puido realizar un percorrido por varios postos nos que facer actividades e xogos relacionados coa saúde e de como mellora-la. Destacou a visita dunha unidade móbil do centro de transfusión de sangue, que estivo instalada diante do centro educativo na mañá

do 9 de abril, para facilitar as doazóns.

Espectáculo de CienciaNo salón de actos do insti-

tuto fíxose unha actividade o pasado 7 de abril que fixo ver aos estudantes a ciencia e a tecnoloxía dunha forma distinta e incrible. Os asis-tentes gozaron cos expe-rimentos relacionados coa electricidade, co cerebro e cos sentidos. Nas activida-des participou o alumnado do IES Castro de Baronceli e do IES García Barbón.

Saídas pedagóxicasOs mozos de Automoción

visitaron Valladolid e as as instalacións de Renault en Palencia. O alumnado de Coidados Auxiliares de Enfermaría estivode visi-ta didáctica nas cidades da Coruña, Santiago de Com-postela e Ourense.

Outras actividadesOs tres IES da comarca

realizaron un Concurso fo-tográfico de Entroido du-rante os meses de febreiro e marzo, con blog propio: http://normacigarron.blogs-pot.com.es.

O Departamento de His-toria organizou, o día 14 de marzo, unha charla sobre “O franquismo” impartida por Flor Baena.

O día �1 de marzo tivo lugar unha intervención de Lorena Arévalo sobre “Me-dios de (des)información”.

Ademais, o profesorado de Educación de Adultos leva a cabo “O xogo dos enigmas”, unha actividade para investigar, aprender e poder gañar unha tableta dixital.

Para ver os vídeos e as fo-tos visita: http://garciabar-bonverin.blogspot.com.es.

O alumnado do ciclo formativo de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría

organizou unha Semana da Saúde

O alumnado do ciclo de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría organizou as actividades da Semana da Saúde do IES García Barbón.

Redacción

A Academia Médico Cirúrxica organizou no hospital de Verín unha xornada científica sobre o melanoma aberta ao pú-blico.

A sesión “Do lunar ao melanoma” foi impartida por José Alvarez e Ignacio Suarez, do servizo de Der-matoloxía do Complexo Hospitalario Universita-rio de Ourense, e foron presentados por Fernan-do Martín, dermatólogo do Hospital de Verín, así como pola responsable

da Xerencia de Xestión In-tegrada de Ourense, Verín e O Barco, Eloína Núñez, Núñez destacou o labor de difusión levada a cabo por esta institución e destacou a importancia de ofertar á poboación información que axude ao mellor coñece-mento e prevención activa desta patoloxía oncolóxica da pel, contribuindo á súa prevención e detección pre-coz, na procura de limitar ao mínimo a súa prevalen-cia e graves efectos sobre a saúde.

Unha das máis recentes iniciativas postas en mar-

cha a nivel provincial na loita contra o melanoma, foi a implantación dunha nova vía rápida para o seu diagnóstico e tratamento precoz, programa que ten por obxectivo captar, diag-nosticar e tratar os posibles casos, destas lesións onco-lóxicas da pel, nun tempo máximo de 15 días, na pro-cura de detectar esta enfer-midade nos seus estadíos iniciais, o que aumenta as súas probabilidades de ple-na curación.

Trátase de aumentar a súa detección precoz e as posi-bilidades de curación, xa que pese a que o melano-ma ten unha incidencia po-boacional baixa, 10 casos por cada 100.000 habitan-tes, estase a duplicar cada dez-vinte anos, polo que a vía rápida será unha respos-ta eficaz para detectar estes casos nun estadío inicial, conseguindo incrementar as posibilidades de supervi-vencia ata o 90%

Unha sesión científica analizou o melanoma no hospital de Verín4 A incidencia desta patoloxía duplícase cada dez-vinte anos.

Page 8: 14 de abril de 2014 - BXVAC

8 BARRIOSAbril de �014

XINZO E COMARCA

Redacción

O Concello de Xinzo de Limia ten pendentes de exe-cución varias obras públi-cas neste �014. En total trá-tase de oito intervencións, a maior parte delas relativas a melloras de viais, que pre-cisarán unha inversión total de 1.779.925 euros. Segun-do as súas previsións, esta-rán rematadas antes de que finalice o ano.

Entre estas obras atópa-se a ampliación da ponte do Limia e construción da pasarela (por un valor de 833.000 euros), mellora da circunvalación dende a N-525 (588.000 euros) e construción da rotonda da estrada Bande-Os Blancos (147.000). Asemade, tamén figuran como pendentes a mellora da rúa Xabier Pra-do Lameiro (que precisará de 50.000 euros) e a conti-nuación da Curros Enríquez (por valor de 60.000).

Tamén neste ano leva-rase a cabo a mellora da pista Trandeiras, no polígo-no industrial (cun custo de 50.000 euros), e a rodadura das pistas da zona ZEPA (por 24.000 euros).

Por último, o Concello tamén prevé a instalación de ascensores nas oficinas de Servizos Sociais da Es-tación de Autobuses (cun custo de 27.925 euros).

Obras rematadasDentro do plan de obras

posto en marcha polo Con-cello de Xinzo para os anos �013 e �014, numerosas foron as intervencións xa

finalizadas, as cales conta-ron cunha inversión total de 4.959.919 euros.

Unha delas foi a insta-lación solar térmica e de biomasa na piscina climati-zada, que tivo un custo total de 268.505 euros, e que se-gundo o Concello permitirá que o consumo deste servi-zo (que ascendía a 80.000 euros) se reduza nun 60%.

Amais, mellorouse a mar-xe esquerda da avenida de Ourense e de Madrid, por 13�.000 euros. Do mesmo xeito que a marxe dereita da avenida de Ourense, coa renovación de beirrarúas e saneamento (cun investi-mento de 150.000 euros). E tamén se construíron roton-das nos cruces do parque do Toural (1.000 euros).

Neste pasado ano o Con-cello mellorou a rúa Rosa-lía de Castro (por 41.355,23 euros), tres viais do casco vello (por 49.403,30 euros), as beirarrúas de Álvaro Cun-queiro (41.300 euros) e Río Arnoia (41.000 euros); e o alumeado de parte do casco

Xinzo conta con obras públicas pendentes por valor de 1,7 millóns4 A maior parte delas son melloras de infraestruturas viais, e prevese que se realicen este mesmo ano.

vello (que precisou unha in-versión de 58.890,74 euros, pero busca o aforro do 40% do gasto de luz na zona).

Asemade, foi ampliada a avenida de Portugal, pontes e zonas axardinadas (por un valor de 2.700.000 euros); e realizáronse limpezas nas ribeiras do río Noce-lo (54.000 euros) e Limia (60.000).

O Concello tamén rea-lizou melloras na pista da Armada e a travesía de Ba-ronzás (por 58.801 euros); nas beirarrúas de Laroá (234.517 euros); estableceu conexión de saneamento entre Pena, Soutelo e Tran-deiras (116.611 euros), e entre San Pedro e Laroá (153.555 euros).

Por último, no parque em-presarial instalouse ilumi-nación LED (por 64.480,80 euros) e continuouse coa

segunda fase de mello-ra da instalación de gas (130.000 euros).

Infraestruturas sociaisAdemais, en �013 con-

tinuouse coa obra do Mu-seo do Entroido (cun orza-mento de 375.000 euros); ampliouse o Centro de Visitantes (por 24.000 euros); reformouse a Casa da Cultura (60.000 euros); realizáronse tra-ballos de recuperación no Centro Social de Moreiras (60.000 euros) e de Pena (24.000 euros); construíu-se o de Paredes (60.000 euros); acondiciounouse o interior do edificio das piscinas municipais (1.500 euros); e mellorouse o For-no de Baronzás e beirarrúas en Ganade coa axuda dos participantes no obradoiro de emprego.

Entre as obras rematadas atópase a ampliación da avenida de Portugal, pontes e zonas axardinadas por valor de 2,7 millóns de euros

Licitadas as obras de mellora na estación de autobuses 4 Os traballos estarán centra-dos na mellora da accesibilida-de, da calidade das instalacións, e dos sistemas de información.Redacción

A Consellería de Me-dio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licitou, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, as obras de mellora da estación de autobuses de Xinzo de Li-mia.

Estes traballos están en-marcados dentro do Plan Renove das estacións de autobuses de Galicia, cuxo principal obxectivo é en-gadir valor a estas instala-cións de servizo público, ao mesmo tempo que se mellora a calidade que per-ciben os usuarios ao poten-ciar aspectos centrados na accesibilidade, na calidade das instalacións e nos siste-mas de información.

No caso da estación de Xinzo de Limia o Plan potenciará os accesos para aquelas persoas con mo-bilidade reducida, a través do pintado de prazas de aparcamento no exterior da estación e a colocación da correspondente sinal in-formativa. Ademais mello-raranse os pasos de peóns remarcando o seu trazado e poñendo dúas sinais.

Outros traballos localiza-ranse nas instalacións, onde se sustituirán as luminarias de emerxencia que están en mal estado e se subsanarán as humidades mediante a limpeza, reparación e sela-do de canalóns; a substitu-

ción das baixantes deteriora-das e a limpeza e reparación de cuberta. Finalmente pro-cederase á restauración dos paramentos e teitos afecta-dos.

A Dirección Xeral de Mo-bilidade destinará un orza-mento de 1�.000 euros na de Xinzo de Limia, e prevé o inicio das obras para os meses de agosto e setembro, cunha duración de tres me-ses.

As empresas interesadas na realización destas actua-cións centradas na poten-ciación dos servizos desta estación terán ata o 1� de maio para a presentación de ofertas.

Plan RenoveCoa finalidade de fo-

mentar o uso do transporte público, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas lanzou o Plan Renove das estacións de autobuses que contem-pla a mellora e moderniza-ción destas infraestruturas. Finánciase con fondos FE-DER. Na actualidade, Ga-licia conta cun total de 45 estacións de autobuses, das cales a Xunta é a adminis-tración titular de 38.

Destinaranse 12.000 euros para unhas obras que se iniciarán en agosto-setembro

A construción da rotonda da estrada Bande-Os Blancos é unha das actuacións pendentes en Xinzo./ARQUIVO.

Page 9: 14 de abril de 2014 - BXVAC

BARRIOSAbril de �014

9PUBLICIDADE

Page 10: 14 de abril de 2014 - BXVAC

10 BARRIOSAbril de �014

XINZO E COMARCA

Redacción

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas rematou o selado dos dous primeiros puntos de vertido incon-trolado nos concellos de Xinzo de Limia e Sandiás. Trátase dunha actuación medio ambiental incluída nunha campaña do Gober-no galego para erradicar máis de 100 puntos inven-tariados que se desenvol-verá nos próximos meses.

Os puntos de vertido incontrolado son peque-nos focos nos que se van depositando e acumulan-do residuos sólidos de moi distinta natureza, co prexuízo que isto ocasio-na no entorno, tanto dende o punto de vista ambiental como estético.

No caso de Xinzo de Li-mia, o punto detectouse na parroquia de San Pedro de Laroá e a maior parte dos residuos atopábanse no borde do vial e do camiño de acceso á parcela na que estaban situados. A super-ficie afectada sumaba uns 700 metros cadrados.

O material alí deposita-do consistía en obxectos domiciliarios, pequenas obras de edificación e de

urbanización, como vidro, plásticos, pneumáticos e mestura de residuos de construción. O volume re-tirado sumaba �0 metros cúbicos de lixo.

Os traballos de acon-dicionamento consistiron na recollida, clasificación e retirada do material, na revexetación mediante o estendido de terra vexetal e hidrosementeira. Tamén se acondicionou e perfilou o solar na súa totalidade, é dicir, unha superficie de 3.000 metros cadrados.

Tres toneladas en San-diás

Por outra banda, no con-cello de Sandiás levouse a cabo outra actuación de recuperación, restauración, adecuación e limpeza de punto de vertido incon-trolado, concretamente na parroquia de As Areeiras e afectaba a unha superficie de 500 metros cadrados. Ao igual que no caso anterior, os residuos atopábanse no borde do vial ao longo de toda a lagoa de Antela e sen

Eliminados dous puntos de vertidos incontrolados en Xinzo e Sandiás4 A Consellería de Medio Ambiente retirou lixo dunha superficie de 1.200 metros cadrados.

complicacións de acceso. O material recollido,

clasificado e retirado con-sistía en pneumáticos, lixo orgánico e residuos mes-turados da construción, que sumaron máis de tres toneladas.

O acondicionamento destas dúas parcelas nos concellos de Xinzo de Limia e Sandiás implicou un orzamento de máis de 30.000 euros.

Campaña contra 100 puntos

As dúas actuacións concluídas forman parte dunha nova campaña para a erradicación de máis de 100 puntos de vertido in-controlado na comunida-de, que se desenvolverá nos próximos seis meses.

A limpeza destes pun-tos permitirá minimizar e corrixir os impactos orixinados, logrando a in-tegración do lugar co seu entorno e eliminar o hábi-to que na poboación existe de seguir depositando lixo nestes lugares.

Redacción O alcalde de Vilar de

Santos, Xan Jardón, so-licitou ao Parlamento de Galicia a comparecencia voluntaria en comisión para explicar a situación de indefensión dos con-cellos galegos diante das empresas subministrado-res eléctricas.

Jardón lembra que trala denuncia efectuada polo seu concello por irregula-ridades en materia de con-sumo, Gas Natural reco-ñeceu a sobrefacturación procedendo á devolución do último ano, “mais o que demandamos con fir-meza é que nos devolva ata o último céntimo dos 58.�0� euros dos últimos cinco anos”.

Neste sentido, o rexedor pediu de igual xeito ao Parlamento unha inves-tigación para corroborar “o que xa está constatado polos concellos”, que é a facturación incorrecta, ademais de que se requi-re á Comisión Nacional de Enerxía a súa posición ao respecto e se compro-be se as teses defendidas por este organismo son correctas e acordes coa

lexislación vixente. De igual xeito o escrito

presentado recolle a de-manda ao Parlamento de Galicia da defensa dos inte-reses de concellos e consu-midores galegos, e require á Xunta que actúe “no prazo máis breve posible”, e faga unha mostraxe xeral sobre a facturación das compañías subministradoras de ener-xía eléctrica.

Esgotar todas as víasPola súa banda, o candida-

to de Compromiso por Gali-cia ao Parlamento europeo, Paulo Carlos López, que acompañou a Jardón para realizar esta solicitude, con-sidera que a sobrefacturación aos concellos por parte de Gas Natural Fenosa “é un au-téntico atraco a man armada que mesmo xa admitiu a em-presa”. López aposta por es-gotar todas as vías políticas, administrativas e xudiciais, “e chegando mesmamente ao Tribunal de Estrasburgo se fai falta para que devolvan ata o último céntimo”.

Xan Jardón leva a loita contra Gas Natural ao Parlamento4 O alcalde de Vilar de Santos quere explicar a indefensión dos concellos ante as eléctricas.

O alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón, e o candidato de CxG ás europeas, Paulo Carlos López, no Rexistro do Parlamento /EUROPA PRESS.

Vilar de Santos reclámalle á eléctrica 58.202 sobrefacturados

O antes e o despois: os verquidos en San Pedro de Laroá e como quedou o terreo trala actuación da Xunta.

Os vertedoiros incontrolados de San Pedro de Laroá e As Areeiras acumulaban restos de obras, vidro, pneumáticos, plásticos e lixo orgánico

4Xinzo reclama o “céntimo sanitario”

O Concello de Xinzo vaise adherir á reclama-ción do imposto coñecido como o céntimo sanitario, declarado ilegal polo Tri-bunal de Xustiza da Unión Europea.

Desde o consistorio li-miao informaron de que a solicitude para reclamar a devolución do cobrado por este imposto xa está pre-sentada ante o ministerio correspondente. Calculan que a cantidade abonada no consumo de combusti-ble do parque móbil muni-cipal rolda os 5.300 euros.

4 O Concello busca secretario adxunto

O Concello de Xinzo vén de publicar as bases de contratación dun adxun-to ao posto de secretario municipal. A praza ten ca-rácter de interino e esíxese un título de licenciado en Dereito, Ciencias Políticas e da Administración, So-cioloxía, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Actuarias e Fi-nancieiras ou equivalente.

Xinzo está sen secreta-ria adxunta desde que esta presentara a súa renuncia ao posto, xunto co secreta-rio, en novembro pasado, tras denunciaren ao rexe-dor por coaccións.

O Concello limiao ta-mén ten en marcha outros dous procesos selectivos, con carácter temporal. O primeiro para seleccionar dous limpadores para o CEIP Rosalía de Castro, e o segundo para escoller dous monitores-socorristas que atenderán a piscina cli-matizada municipal.

4 Carreiras en Antela

A tempada de carreiras no hipódromo de Antela, comeza o vindeiro 18 de abril, con carreiras para cabalos, eguas e poldras a partir das 17 horas.

O calendario de turf no centro ecuestre de Sandiás contará este ano con cinco xornadas; ademais da de abril, haberá competicións o 9 de maio, 19 de setem-bro, e o 3 e o 31 de outu-bro.

EN BREVE

Page 11: 14 de abril de 2014 - BXVAC

BARRIOSAbril de �014

11XINZO E COMARCA

Xornadas da memoria en XinzoRedacción

As asociacións Pró-AGLP, AGAL e Assoc. de montanha Arnau organi-zan os días 25 e 26 de abril as primeiras xornadas da memoria “Portugal-Gali-za: emigrantes e persegui-dos”.

O �5 presentarase o li-bro “Emigrantes, exiliados e perseguidos. A comuni-dade portuguesa na Galiza (1890-1940)” de Dioni-sio Pereira, e haberá unha posterior mesa redonda coa participación do autor, xunto con Camilo de Dios, Miro Martínez Ceredelo e Alex Rodríguez. A velada, que se celebra na Casa da Cultura desde as �0 horas, pecharase coa actuación da Coral de Santa Mariña.

O sábado 26 está pre-visto un roteiro á Edreira, con saída ás 10 da mañá de Xinzo e un percorrido de �0 quilómetros. As ins-cricións (no 677 757 983) custan 15 euros. As xor-nadas péchanse cun con-certo ás �� horas de “Terra Morena” no Centro social Aguilhoar de Xinzo.

O CDR O Viso forma desempregadosRedacción

O Centro de Desenvol-vemento Rural “O Viso” organizou o pasado �5 de marzo o IV Obradoiro para a busca activa de emprego “Técnicas Acti-vas e Autocoñecemento”. A el asistiron persoas par-ticipantes no seu Progra-ma Ruralempréga-T, así como outras derivadas dende o Equipo Comarcal de Inclusión Social,.

As actividades de busca activa de emprego terán continuidade ao longo deste ano �014. A idea dos seus promotores é de-senvolver temáticas rela-cionadas coa orientación sociolaboral en grupo, debido á importancia dos grupos de autoapoio para colectivos en situación de risco ou exclusión so-cial. De cara aos próximos meses prevén dous novos obradoiros: un deles sobre o mercado de traballo e o

Redacción

O grupo socialista do Concello de Xinzo pon de manifesto a “grave situación pola que está atravesando as arcas do Concello de Xinzo, cunha débeda que ronda os 8 millóns de euros, e a im-posibilidade de cumprir cos abonamentos ao Ministerio de Facenda para cumprir co Plan de pago a provedores, o que leva consigo que nin o persoal cobre puntualmente, nin tampouco os proveedo-res o poidan facer”

Recordan os socialistas que despois de incrementar a débeda do Concello no �01� en catro millons de euros máis, o alcalde some-teu aos traballadores a unha drástica redución de salario de 15,11% o que non abon-da para facer fronte as car-gas da tesourería municipal, “toda vez que seguiu con-tratando sen poder facelo”, denuncian.

“Se no ano �010 este Con-cello solicitou un plan de dous millóns de euros para pago de facturas atrasadas, este alcalde, Antonio Pérez, investigado por contratar en fraude de lei e por posi-ble prevaricación dobrou a cantidade solicitada, tan só dous anos despois, e ainda

así os cartos non chegan”, di Elvira Lama, voceira do PSOE de Xinzo.

A toda esta “ingrata” situación engádese a falta de remisión en tempo e forma, da Conta Xeral do exercicio �01�, conta que segundo o grupo socialis-ta tería que ter sido apro-bada no �013 e enviada antes do 31 de outubro do ano pasado. “E segundo palabras do alcalde descu-brimos este ano �014, que non fora enviada querendo facer crer aos membros da oposición que el non tiña nada que ver co asunto, e botándolle as culpas ao anterior secretario”, de-nuncia Lama.

Os socialistas conside-ran ao alcalde “un tram-poso e mentireiro, porque en ultima instancia, é el que ten a firma por ser o alcalde” e tamén culpan ao grupo de goberno po-pular de “pregarse aos intereses do rexedor” e de ser “cómplices dun desgo-berno que pagan moi caro os cidadáns de Xinzo”.

O PSOE considera “insostible” a situación financieira do Concello de Xinzo 4 Segundo os socialistas, o consistorio está en “quebra financieira” polas “malas prácticas” do alcalde.

Redacción

“As novas tarifas eléc-tricas que o goberno do Estado está a implantar suporán un golpe moi duro para os intereses agrarios da comarca da Limia”, así de críticos se mostran os integrantes da Federación Rural Galega (FRUGA), que lembran que nos úl-timos anos realizáronse grandes inversión para a modernización do regadío da comarca, entre outras cousas, pasando dos mo-tores de gasoil a motores eléctricos para o bombeo e rego de plantacións.

Por iso, unha das cues-tións que máis prexuizos está a ocasionar entre os

agricultores é a “desmesu-rada suba do termo de po-tencia, ao redor do 140 %”, sinalan.

O termo de potencia pá-gase todo o ano, indepen-dentemente de se hai consu-mo eléctrico ou non, cando o tempo de rega só é duns meses, recalcan desde este colectivo. Deste xeito, por termo medio, unha bomba pode chegar a custar 1.500 euros ao ano, sen chegar a funcionar.

Dende a FRUGA sinalan que os regantes da Limia vanse ver enormemente afectados polas reformas no mercado eléctrico, “o que mingua a súa compe-titividade e o futuro dunha das comarcas agrarias máis

importantes de Galicia”, insisten.

Demanda á Conselle-ría

Como consecuencia, este colectivo demánda-lle á Consellería do Me-dio Rural que defenda os intereses dos agricultores da Limia e a superviven-cia da actividade agraria na comarca, esixindo ao Goberno central a implan-tación dunha tarifa especí-fica para regantes e unha liña de incentivos para o sector. Recordan que ata �008 existía unha tarifa que bonifica o termo de potencia nun 80% e tiña en conta a temporalidade do consumo eléctrico, e que por exemplo o sector metalúrxico ten unha bo-nificación do 85% no im-posto eléctrico.

Obradoiro de busca activa de emprego organizado polo Centro de Desenvolvemento Rural O Viso.

A voceira socialista, Elvira Lama, denuncia a situación financieira pola que atravesa o Concello de Xinzo.

Acusan ao alcalde de incrementar a débeda do Concello en 4 millóns

A FRUGA denuncia os prexuizos do tarifazo eléctrico para os regantes da Limia4 Este colectivo propón unha tarifa exclusiva para regantes e incentivos para o sector.

Reclaman á Consellería do Medio Rural que defenda os intereses dos agricultores e presione ao Goberno central

outro sobre a busca de em-prego na Internet.

Buscan voluntariosPor outra banda, o CDR

O Viso, a través do seu pro-grama de Acción Volunta-ria, busca persoas volunta-rias de entre 18 e 30 anos,. Os voluntarios realizarán tarefas de apoio aos educa-dores, para o programa de “Pobo-escola” que se vai levar a cabo durante os me-ses de maio e xuño.

.

Curso de monitor de tempo libre

Ademais, O Viso orga-nizará este verán un curso de monitor de tempo libre, homologado pola Xunta de Galicia, e impartido pola Escola de tempo libre Li-micorum.

As datas da formación son do 26 de xullo ao 14 de agosto, e o lugar, o albergue que o CDR xestiona en Lo-doselo, Sarreaus.

O curso ten un prezo de

260 euros, que sube a 330 euros se se inclúen os xan-tares e a 510 se é con pen-sión completa.

O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 15 de maio.

Os interesados en infor-marse tanto sobre o volun-tariado como para o curso de monitor poden facelo na oficina do CDR O Viso na praza Maior de Xinzo, no teléfono 988 461 571 ou en [email protected].

Page 12: 14 de abril de 2014 - BXVAC

1� BARRIOSAbril de �014 XINZO E COMARCA / ALLARIZ E COMARCA

Redacción

Adif efectuou as pro-bas de carga nos viadutos do tramo Meamán-Ponte Ambía, na liña de alta ve-locidade en construción Madrid-Galicia ao seu paso pola provincia de Ourense. Os tests realizáronse nos viadutos de Arnoia (1.014 m), Bouzas (216 m) e Mea-mán (177 m).

As probas de carga diví-dense en dúas tipoloxías: estáticas e dinámicas. Nas primeiras sitúanse camións parados nos taboleiros de cada viaduto, con obxecto de medir diferentes pará-metros de resistencia e des-prazamento.

Pola súa banda, as di-námicas execútanse cir-culando un camión sobre

Adif efectúa probas de carga nos viadutos do tramo Meamán-Ponte Ambía4 As probas realizáronse nos viadutos de Arnoia (1.014 m de lonxitude), Bouzas (216 m) e Mea-mán (177 m).

o taboleiro do viaduto a diferentes velocidades, con e sen obstáculos transversais. Estas probas determinan as frecuencias fundamentais de vibración da estrutura e, a partir de aí, o resto de parámetros dinámicos.

Viadutos do tramoEntre os elementos sin-

gulares do tramo Meamán-Ponte Ambía, destaca pola súa lonxitude (1.014 m) o viaduto de Arnoia. Grazas a el, a plataforma ferroviaria salva o río Arnoia e a liña férrea convencional Zamo-ra-A Coruña.

Ademais o tramo Mea-mán-Ponte Ambía presenta como estruturas singulares os viadutos de Meamán (177 m), para salvar o val

Un dos viadutos do tramo Meamán-Ponte Ambía./ADIF.

orixinado polo Reguei-ro de Porro, e de Bouzas (216 m), sobre o val polo que discorre o Regueiro de Bouzas. O subtramo inclúe tamén un túnel de 85� metros de lonxitude, o de Bouzas.

O trazado do subtramo Miamán-Ponte Ambía, de 6,7 km de lonxitude, de-señado para dobre vía de alta velocidade, discorre integramente polo termo municipal de Baños de Molgas.

La Tienda de Susi renóvase Con 24 anos de vida, a xoguetería de Xinzo La Tienda de Susi vén de realizar un lava-

do de cara das súas instalacións co obxecto de mellorar o servizo aos seus clientes. Cun amplo surtido de xoguetes (de 0 a 99 anos, como se acostuma dicir), contan en exclusiva cos produtos de Toy Planet, cadea da que forman parte con outros tres establecementos en Verín, Celanova e no Carballiño.

Formar parte deste grupo permítelles ofrecer cada mes os “cholloprecios”, artigos de primeiras marcas a moi bo prezos, así como as novidades que saen no sector: desde os últimos modelos de tablets, aos clásicos Playmóbiles, as Barbies, as Monster High, Violeta, etc.

La Tienda de Susi está na rúa Leopoldo Álvarez, 14 de Xinzo, e abre de luns a sábados de 9:30 a 14 e de 16 a 21 horas.

Interior da xoguetería, na rúa Leopoldo Álvarez de Xinzo.

Realizaron probas estáticas e dinámicas para medir a resistencia da estrutura

Axudas para mercados e prazas de abastosRedacción

Ata o �1 de abril está aberto o prazo para que os concellos soliciten as axudas para moderniza-ción mercados e prazas de abastos da Consellería de Economía e Industria.

Cunha destas axudas dunha anterior convocato-ria foi adecuada a rúa Sil-vio Santiago e a praza do Cruceiro de Vilardevós, onde os días 7 de cada mes se celebra o seu mercado tradicional e ambulante.

O Concello de Vilarde-vós recibiu algo máis de 41.000 euros para moder-

nizar este espazo, nunha actuación que consistiu na adaptación das beirarrúas ás normativas de supresión de barreiras arquitectónicas, a instalación de diverso mo-biliario urbano e a mellora do contorno comercial.

Xunto a Vilardevós, ao

abeiro da anterior convoca-toria outros 16 municipios da provincia ourensá resul-taron beneficiados por estas axudas. Na convocatoria de �014 as subvencións poden chegar ata 150.000 euros por solicitude, un �5% máis que o ano anterior.

O delegado da Xunta visitou Vilardevós para comprobar as melloras na praza do Cruceiro.

Page 13: 14 de abril de 2014 - BXVAC

BARRIOSAbril de �014

13PUBLICIDADE

Page 14: 14 de abril de 2014 - BXVAC

14 BARRIOSAbril de �014

ALLARIZ E COMARCA

EN BREVE

4 Novas axudas ao rural galego

O Grupo de Desenvolve-mento Rural Avinza GDR-15, que xestiona os fondos do programa europeo Lea-der nos concellos da Bola, Allariz, Baños de Molgas, Taboadela, Maceda, Pa-derne de Allariz, Rairiz de Veiga, Vilar de Santos, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadañedo, vén de informar da aper-tura da nova convocatoria de axudas para o período �014-�015.

O orzamento, que cons-ta de 800.000 euros para distribuír nos anos �014 e �015, permitirá atender un total de �4 proxectos que quedaron pendentes o pa-sado ano.

Os interesados en obter máis información poden consultar a web www.avinza-gdr15.com.

4 Árbores singulares en Allariz

O Concello de Allariz xunto co de San Celoni, en Cataluña, e a Universidade Autónoma de Barcelona veñen de asinar un conve-nio de colaboración que permite plantar en Allariz un conxunto de árbores singulares procedentes da colección do investigador e profesor Martí Boada.

As 18 árbores serán plan-tadas no recinto do Festival de Xardíns e no Rexo, e entre elas atópanse un des-cendente do acebuches do Rocío (Parque de Doñana), do piñeiro de Zacatecas (México) ou a aciñeira da Ferrovia (Venecia).

4 Inscrición para a aula de espera

A aula de espera de Alla-riz abre o prazo de matrí-cula (ata o 30 de abril na Casa da Cultura) para o vindeiro curso.

A aula de espera é unha iniciativa de atención á in-fancia que ofrece aos pais traballadores a posibilida-de de deixar os cativos de educación infantil e prima-ria no centro, con anterio-ridade ao inicio das clases, onde ademais de almorzar participarán en actividades.

Nela estableceranse as medidas de vixilancia e atención educativa que ne-cesiten os nenos en función da idade.

Redacción

O PP de Maceda levou ao último pleno do Con-cello unha moción para a construción de cara á próxima tempada dun campo de fútbol de herba artificial.

Non obstante, o grupo de goberno (de Compro-miso x Galicia), co apoio da edil socialista, rexeitou esta proposta. Segundo explicou o alcalde, Xavier Oviedo, “noutros concellos houbo aportación da Depu-tación e da Xunta para es-tas iniciativas, polo que en Maceda ata que a haxa non haberá campo”, unha ex-plicación que deixou “sor-prendidos” aos populares, porque eles na súa propos-ta sinalaban que aínda que o remanente de tesourería non se puidera aplicar (que

si se pode), o Concello sería capaz por si mesmo de asu-mir a inversión.

Neste senso, o PP quere lembrar que ata agora os campos que se fixeron na provincia estaban substen-tados con fondos europeos, que a día de hoxe xa non hai. E pon como exemplo o caso de Celanova, que “co dobre de poboación que Mace-da, terá unha aportación da Xunta en dúas anualidades, xa que a situación é a que é”, insisten os populares. “Unha vez máis escápanse as oportunidades de Mace-da porque os dirixentes do Concello antepoñen a políti-ca ao pobo”, sentencian.

O Concello de Maceda rexeita o campo de herba artificial4 O PP critica esta negativa.

O PP de Maceda denuncia a perda de 10 contratos de traballo “pola desidia do Concello”Redacción

O PP de Maceda mos-trouse contrario á actitu-de Goberno municipal en relación aos Grupos de Emerxencia Supramunici-pal. De feito, os populares propuxeron que Maceda fose a base dun deles, o que permitiría que dez fa-milias da comarca tivesen un contrato de traballo de tres anos.

Na distribución xeográfi-ca que se fixo en 2013 den-de a Xunta para as bases dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (antigos grumires), á provincia de Ourense correspondéronlle sete, un dos cales se esta-bleceu en Baños de Mol-gas. Pero trala renuncia por

parte deste concello, o PP propuxo en sesión plenaria que Maceda solicitase esta designación. Segundo os po-pulares, “Xunta e a Deputa-ción viron con bos ollos esta proposta, polo que se puxe-ron en contacto co alcalde para a posta en marcha”.

O inicio destes postos de traballo estaba designado para antes do verán de �013, pero ata o momento, cando está a piques de pasar un dos tres anos de vixencia do con-trato, aínda non aconteceu. “Dez familias da comarca de Maceda perderon un ano de contrato pola desidia do goberno, ao que lle parece que a aportación que xa se está a facer noutros conce-llos é moi alta”, denuncian dende o PP.

Redacción

Do 14 ao �� de xuño Allariz vivirá a súa festa máis antiga, a Festa do Boi. Preto de 700 anos de tradición dun festexo que lembra un feito acaecido en 1317, cando un Fidal-go chamado Xan de Ar-zúa escorrentou, a lombos dun boi, aos xudeos que se mofaban da procesión cristiá do Corpus Christi. A tradición estivo a piques de esmorecer nos anos 60, e foi recuperada nos 80 “por un fato de mozos con máis ilusión que medios”, apunta Antonio Blanco, membro da Asociación Cultural Xan de Arzúa, en-tidade sen ánimo de lucro que organiza na actualida-de a festa.

Desde aquela primeira saída do boi, o evento foi recuperando o contexto histórico, e este ano dá un paso máis na volta aos seus orixes, xa que se re-cupera o “trato do boi”, o cal consiste na recrea-ción teatralizada do trato que, alomenos durante a primeira metade do sécu-lo XX, se realizaba para dispor de animais para as carreiras.

Tradicionalmente utili-zábanse bois de traballo, achegados por labregos das aldeas próximas a cambio

A Festa do Boi achégase ás súas orixes4 A edición �014 recupera o “trato do boi” e nela correrán catro animais criados nos montes de Penamá.

dunha achega económica a xeito de aluguer, e este é o feito que se recuperará.

Escenificación do tratoPor primeira vez nos úl-

timos 31 anos os bois que protagonizarán a festa pro-cederán do propio concello. Para as carreiras do �014 utilizaranse catro bois cria-dos nos montes de Penamá, e para darlle maior realce a esta novidade, o programa festivo aumenta o seu ho-rario e incorpora unha xun-tanza veciñal o sábado 14, con chegada dos bois dende o monte á aldea rehabilitada de San Salvador dos Pene-dos.

Despois dun xantar cam-pestre, os veciños despra-zaranse camiñando á aldea de Paicordeiro, onde se es-cenificará o “trato do boi” e, dende alí, dirixiranse aoCampo da Barreira, para o inicio do festival didácti-co MusicBoi e a Proba do Boi.

En relación ao trato que reciben os animais nesta ce-lebración, Antonio Blanco foi claro: “o boi está super protexido, non se admite ningún tipo de maltrato, ten descansos e o tempo que corre é mínimo”.

Entrega do sedeñoAdemais, a Festa do Boi

2014 revivirá (o sábado 14)

a entrega do sedeño aos veciños por parte do fiscal, xesto co que se dá autori-zación para o inicio dos festexos. A continuación, o domingo 15, celebrarase a Procesión medieval de Xan de Arzúa, coa parti-cipación de máis de �00 veciños, organizados en gremios e autoridades.

Amais, un grupo de alumnos do colexio pú-blico Padre Feijoo e do instituto de Allariz recrea-rán tamén a orixe da festa cun espectáculo de moni-creques que terá lugar o mércores 18. E o venres seguinte, �0 de xuño, os gremios volverán ser pro-tagonistas co Acomodo do Xan de Arzúa no balcón da Casa do Concello e a colga da bandeira.

Música, gastronomía e carreiras

Arredor das actividades de carácter histórico, a fes-ta do 2014 mantén o seu esquema tradicional, con música, citas gastronómi-cas, actividades específicas para os nenos e carreiras do boi: 18 para adultos e 3 para os rapaces.

O PP considera que o Concello pode afrontar a inversión

O 14 de xuño escenificarase o trato do boi e a entrega do sedeño

O alcalde de Allariz, Francisco García, xunto a membros da directiva da Asociación Cultural Xan de Arzúa, organizadora da Festa do Boi./PAULA LODEIRO

Page 15: 14 de abril de 2014 - BXVAC

BARRIOSAbril de �014

15ALLARIZ E COMARCA

A medida aposta pola protección dos sectores produtivos

Redacción

O portavoz do BNG no Concello de Baños de Mol-gas, Xaime Iglesias, vén de manifestar a súa satis-facción por que a corpora-ción municipal, cos votos favorables do PP, votara a favor da Iniciativa Lexisla-

tiva Popular que a CIG está a presentar nos concellos galegos para impulsar unha saída da crise, que garanta a creación de emprego e a protección dos sectores produtivos.

Non obstante, o naciona-lista é crítico coa actitude do alcalde, que votou dunha forma no Concello e a con-

traria na Deputación. “Resulta difícil de en-

tender esta bipolaridade e falla de coherencia, se non fora porque é unha prác-tica habitual dos cargos institucionais do Partido Popular, que votan en fun-ción non dos intereses da cidadanía, senón dos inte-reses do partido e do que este lle dicta en cada mo-mento”, sinala Iglesias.

Baños de Molgas apoia a proposta da CIG para saír da crise

Redacción

O Concello de Allariz vén de asinar coa Aso-ciación Aixiña o contrato de xestión do restaurante Acea da Costa.

Esta sinatura -á que acu-diu o rexedor municipal e representantes da Asocia-ción Aixiña e da Confede-ración Galega de Persoas con Discapacidade (Co-gami)- permite visibilizar, unha vez máis, o traballo realizado en Allariz a fa-vor da integración social e laboral de persoas con discapacidade física ou psíquica, no sector da hos-talería e comercio, princi-pais actividades económi-cas da vila.

Nos último anos un total de 35 persoas desenvolve-

Allariz traballa na inserción socio-laboral de persoas con discapacidade4 Aixiña xestionará o restau-rante Acea da Costa.

O alcalde de Allariz estivo acompañado de representantes de Aixiña e Cogami para a sinatura do contrato./M.REJO.

ron distintos empregos coa colaboración público-pri-vada a través dos progra-mas postos en marcha polo Concello de Allariz.

O servizo de “Xantar so-bre rodas”, a atención nas tendas de téxtil e calzado de Inditex, a recollida selectiva de papel-cartón ou o coida-do das parcelas do Festival de Xardíns de Allariz, son exemplos nos que persoas con discapacidade forman parte da plantilla laboral da vila.

Cos programas do Concello, 35 persoas con discapacidade desenvolven empregos na vila

Xornadas para nenos en Semana SantaRedacción

A Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz organiza para as vacacións escolares de Semana Santa unhas com-pletas xornadas dirixidas a nenos de entre 5 e 9 anos.

Os días 14, 15 e 16 de abril, de 8 da mañá a 8 do serán, os cativos poderán

gozar de xogos e dinámicas medioambientais, obrado-iros de reciclaxe, activida-des na horta e contacontos.

Por un prezo de 40 euros os tres días (con xantar in-cluído) os rapaces sacaran-lle o maior partido ás súas vacacións dun xeito educa-tivo e lúdico.

Os pais interesados en inscribir aos seus fillos nes-ta actividade ou que dese-xen recibir máis informa-ción poden dirixirse ao 988 43 61 82 ou ás instalacions da Fundación.

Page 16: 14 de abril de 2014 - BXVAC

16 BARRIOSAbril de �014 ESPECIAL

Dende hai centos de anos, a beleza do Castelo de Mon-terrei preside o val do río Tá-mega. Ergueito sobre unha atalaia e composto por torres, pazo, cárcere, cuartel, tem-plo, conventos e casas de la-branza, o conxunto defensivo de Monterrei está considera-do como a acrópole máis im-portante de Galicia e os seus muros son parte da historia do noso país.

En Monterrei estableceuse a primeira imprenta de Ga-licia. Entre os seus muros imprimiuse o Misal de Mon-terrei, o primeiro incunable galego que se custodia na Catedral de Ourense.

A torre da Homenaxe re-salta sobre o conxunto polos seus máis de �� metros de al-tura e sitúase no lado norte. Foi construída en 148�. No

extremo oeste sitúase o Pazo dos Condes de Monterrei, que data dos séculos XV e XVII. Conta con galerías arcadas e alberga un museo de arte sa-cra e espazos para eventos. Construíuse en torno á Torre das Damas. Tamén a igre-xa gótica de Santa María e a Casa Reitoral forman parte do valioso enclave.

A súa importancia recoñé-cese en 1931 cando é inscrita no Rexistro de Bens Inmo-bles do Patrimonio Histórico Español. En 1985 é declara-do Ben de Interese Cultural pero non é ata 2009 cando é cedido á Xunta de Galicia. Hoxe atópase inmerso nunha rehabilitación que busca re-cuperar o seu esplendor para poñelo en valor, garantir o seu uso público e convertelo nun dinamizador económico e tu-

rístico da zona.

Un proxecto para a posta en valor do conxunto

O proxecto de rehabilita-ción para o Castelo de Mon-terrei manterá a súa condi-ción de visitable, público e o seu uso cultural mellorando a accesibilidade aos diferentes espazos.

Froito da colaboración da Xunta de Galicia co Estado e con Paradores, o recinto albergará un Parador de Tu-rismo de primeiro nivel. De modo que á conservación e

rehabilitación dos inmobles, engadirase a posta en valor dos mesmos a través da situa-ción neles dun establecemen-to de referencia internacional que contribuirá á dinamiza-ción económica e social do entorno.

No conxunto realizanse in-tervencións que respectan ao máximo o carácter dos edifi-cios orixinais, tanto nos siste-mas de construción como nos acabados e na maneira de dis-tribuír os espazos.

Os recursos investidos na adecuación, acondicionamen-

A Fortaleza de Monterrei:recuperar o pasado para garantir o futuro

to e conservación do conxun-to tamén van permitir a súa utilización para ser visitado por todos aqueles cidadáns que o desexen e a súa promo-ción como Ben de Interese Cultural. Deste modo, xera-ranse novos fluxos de visi-tantes e de tipos de público interesados nesta tipoloxía de visita turística.

Na intervención promóvese o uso de materiais reciclables e búscase a valorización dos edificios, tratando de poten-ciar os elementos singulares e tentando poñer en valor os es-

O proxecto garante tres prioridades: que siga sendo público na súa totalidade e aberto a todos os

cidadáns, que se manteñan os usos culturais e que se protexan o 100% dos postos de traballo actuais

Page 17: 14 de abril de 2014 - BXVAC

BARRIOSAbril de �014

17ESPECIAL

O proxecto de rehabilitación para o Castelo de Monterrei manterá a súa condición

de visitable, público e o seu uso cultural mellorando a accesibilidade aos diferentes

espazos

Os recursos investidos na adecuación, acondicionamento e conservación do conxunto tamén van a permitir a súa

utilización para ser visitado por todos aqueles cidadáns que o desexen e a súa promoción

como Ben de Interese Cultural

pazos de máis calidade. É im-portante resaltar o traballo que se está a realizar para acadar o maior grao de accesibilidade para o público, dentro sempre das limitacións dun conxunto deste tipo. De modo que se intentarán implementar novos usos e mellorar os accesos aos espazos para todo tipo de vi-sitantes. Tamén se realizarán traballos de ornamentación exterior e iluminación.

Apertura do Parador Turístico

A nova situación do Parador no castelo permitirá que a co-marca de Monterrei conte por vez primeira cun establece-mento de referencia interna-cional, de 4 estrelas e aberto os 365 días do ano. O proxec-to garante tres prioridades: que siga sendo público na súa totalidade e aberto a todos os cidadáns, que se manteñan os usos culturais e que se pro-texan o 100% dos postos de traballo actuais.

A propia experiencia de aloxarse nun conxunto his-tórico convértese nun recla-mo en si mesmo como así o amosan os 16 castelos que albergan Paradores Nacionais por toda España, así como as numerosas experiencias inter-nacionais.

En Galicia existen 11 es-tablecementos integrados na Sociedade de Paradores de Turismo de España. Esta Rede ten como finalidade a contribución ao mellor coñe-cemento das contornas artís-ticas, tradicionais, sociais e

Imaxes procedentes do estudo técnico de iluminación do conxunto. Fonte: Ezcurra e Ouzande Arquitectura.

culturais dos seus establece-mentos.

Turespaña é o organismo encargado de desenvolver a estratexia para os Paradores de Turismo polo que, como parte do Plan de Turismo Es-pañol Horizonte �0�0, desen-volve accións de márketing turístico por todo o mundo que melloran o posiciona-mento dos destinos turísticos nos mercados internacionais e dos que se beneficiará a zona de Verín e Monterrei.

A apertura ao uso como Pa-rador do castelo permitirá que esta zona de Galicia conte cunhas instalacións turísticas distinguidas pola calidade e a excelencia e que dotarán de valor engadido á experiencia de viaxar pola Galicia inte-rior.

Aloxarse en Monterrei per-mitirá coñecer dende unha nova perspectiva o Camiño de Santiago, as augas mine-romedicinais de Galicia, os recursos enolóxicos e gastro-nómicos da zona, así como as singularidades etnográficas e culturais, como os Entroi-dos ou as festas de exaltación de produtos de calidade de Portas de Galicia (eixo Ve-rín-Viana). Ao tempo, o feito de que a zona conte con este novo aloxamento reforzará de forma notable a oferta tu-rística da comarca dado que a situación do Parador no cas-telo permitirá que a comarca conte por primeira vez cun Parador de Turismo de catro estrelas e aberto todos os días do ano.

Page 18: 14 de abril de 2014 - BXVAC

18 BARRIOSAbril de �014 CELANOVA E COMARCA

O paso elevado de Ansemil xa estaba con-templado no proxecto, pero non se execu-tou porque o Concello considerou que o camiño actual “é válido para este fin”

Redacción

A oficina de turismo de Celanova e o centro de recepción de visitantes do Campamento Romano de Aquis Querquennis de Bande permanecerán aber-tos durante toda a Semana Santa.

Ambos os dous servizos, xunto coas visitas que se realicen dende a Fundación Curros Enríquez, estarán atendidos -en horario de mañá e tarde- por alumnos e docentes do obradoiro de emprego de xestión turís-tica e cultural “Camiño de San Rosendo”, que xa en-tra na súa recta final.

No caso concreto das visitas guiadas ao Mostei-ro de San Rosendo de Ce-lanova, estas manterán o costume habitual de aper-tura da oficina de turismo en horario normal, ofre-

Redacción

Unha revisión da factura-ción do consumo eléctrico, un paso elevado na AG-31 en Ansemil e a regulación das taxas das instalacións deportivas do municipio son os temas sobre os que dese-xan debater os nacionalistas de Celanova no vindeiro pleno, en maio.

A petición do BNG dunha revisión da facturación do consumo eléctrico municipal débese á existencia de nu-merosos concellos galegos afectados por un cobro inde-bido desta enerxía. “Nalgúns casos a distribuidora eléc-trica aplicou a tarifa diúrna cando as institucións locais contrataran a nocturna para o alumeado público, había facturas duplicadas, multi-plicacións mal feitas, ausen-cia de contadores ou cobros de tramos equivocados. E incluso se lle facturaban aos concellos por concep-tos contrarios á lexislación eléctrica”, lembran os nacio-nalistas, que consideran que “máis que de erros puntuais, estamos a falar dunha estafa claramente organizada polas distribuidoras eléctricas”.

Ante estas reclamacións, algunhas empresas submi-nistradoras de enerxía pre-tenden devolver só a factura-ción cobrada indebidamente no último ano, xa que con-sideran os cobros indebidos como erros de lectura ou despistes administrativo. Pola contra, numerosos go-bernos municipais de todo o país están demandando que a compañía devolva os cartos que cobrou a maiores desde �009.

A FEGAMP, co obxec-tivo de amparar os conce-llos, asinou o pasado ano un convenio coa Consellaría de Industria que non se aplicou “por problemas burocrá-ticos, deixando os conce-

llos só con apoio moral”, quéixanse dende o BNG.

Por todo iso, o grupo na-cionalista pedirá ao Gober-no municipal unha “revi-sión das facturas eléctricas emitidas ao Concello de Celanova desde o �009”; “no caso de se detectaren facturacións indebidas, re-clamar a devolución dos importes totais”; “avaliar as condicións da subminis-tración eléctrica e, de ser o caso, promover un concur-so público para conseguir a mellor oferta”; e instar á Xunta a que “asesore e de-fenda aos concellos nas súas lexítimas reclamacións, e que aplique o convenio asi-nado coa FEGAMP”.

Paso elevadoO BNG tamén levará a

debate na vindeira sesión plenaria un paso superior sobre a AG-31 no barrio de Ansemil, que a día de hoxe atópase sen executar, a pe-sar de que xa figuraba no proxecto inicial.

Este cambio de rumbo debeuse a que -segundo in-formou a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)- “o Concello de Celanova infor-mou favorablemente da mo-dificación do trazado e que

o camiño existente atópase definido axeitadamente e válido para o seu fin”.

Como consecuencia, o portavoz nacionalista soli-citou en xaneiro unha copia deste acordo tomado polo Concello de Celanova, pero a día de hoxe non a recibiu; polo que están a avaliar trasladar a súa reclamación ao grupo parlamentario.

Taxas das instalacións deportivas

Ante as numerosas queixas que está a recibir o grupo nacionalista de Ce-lanova polo elavado custo

para practicar deporte nas instalación deportivas do Concello, tanto para os participantes nas ligas locais de fútbol sala ou baloncesto, como polos usuarios individuais, re-clamarán no vindeiro ple-no “que o Goberno muni-cipal analice a ordenanza fiscal reguladora da taxa por uso e prestación de servizos nas instalacións deportivas municipais, reducindo os prezos”, así como que “se convoque unha reunión para o inicio da creación da liga comar-cal de fútbol sala”.

O BNG de Celanova pide unha revisión da facturación do consumo eléctrico municipal4 Tamén demanda un paso elevado en Ansemil e a regulación das taxas das instalación deportivas.

Imaxe do paso elevado que no proxecto inicial da AG-31 (que une Rante e Celanova) se contemplaba para o barrio de Ansemil.

De turismo por Celanova4 A oficina de turismo da vila permanecerá aberta durante toda a Semana Santa.

Redacción

Os acaldes do Xeodes-tino denominado “Terras de Celanova-Baixa Limia” reuníronse co xerente do Inorde, José Manuel Ro-dríguez, para debater a posibilidade de canalizar de forma conxunta e co-ordinada o futuro turístico de ambas as dúas demar-cacións.

Este novo proxecto, do cal actuará como líder o Concello de Muiños, co-meza por redactar un Plan Director conxunto que marque a pauta das posi-bles iniciativas de futuro no ámbito do turismo para este territorio, de forma que poidan seren incluídas no Plan Integral de Turis-mo presentado pola Xunta de Galicia, así como no Plan Termal para Ourense.

Despois de moitos anos de propostas que non pa-

cendo visitas guiadas, tanto pola mañá como pola tarde, ás horas en punto, incluíndo ademais a posibilidade de visitar a torre das campás e a exposición permanente “Ru-desindus” de José Antonio Ocaña Martínez, que dende marzo está colgada das pa-redes da devandita torre.

Dadas as singulares ca-racterísticas das escaleiras de acceso ao campanario do mosteiro, as visitas a esta parte do edificio esta-rán limitadas a grupos de 10 persoas como máximo e realizaranse ás 1� e 18 ho-ras, previa inscrición e par-tindo da propia oficina de turismo.

saron da intención e incluso despois de teren sido dados algúns pasos para promover a constitución dun consor-cio de turismo, por primeira vez se van xuntar os 14 mu-nicipios que constitúen estas dúas demarcacións comar-cais (non está integrado o Concello de Pontedeva, que nos xeodestinos foi incluí-do na comarca do Ribeiro) para afondar nas estratexias destinadas, non tanto ao desenvolvemento de infra-estructuras, canto á posta en valor dos recursos patrimo-niais, culturais, xeográficos e naturais cos que conta esa zona sur da provincia.

Os concellos que serán in-tegrados no xeodestino “Te-rra de Celanova-Baixa Li-mia” son A Merca, Cartelle, A Bola, Ramirás, Gomesen-de, Padrenda, Quintela de Leirado, Celanova, Verea, Bande, Lobeira, Muíños, Entrimo e Lobios.

Celanova e a Baixa Limia apostan pola promoción conxunta

A oficina esta-rá atendida por alumnos e profe-sores do obradoiro de emprego

O BNG de Celanova demanda do grupo de go-berno o tramite de xeito urxente a Orde do 1� de marzo de �014 pola que se establecen as bases reguladoras para a con-cesión, en réxime de con-correncia competitiva, das subvencións aos concellos galegos para a mellora dos mercados municipais e prazas de abastos, así como dos espazos do co-mercio non sedentario, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolve-mento Rexional (Feder), e así continuar co arranxo iniciado na anterior cam-

paña ata acadar a recupe-ración e modernización integral do espazo.

Os nacionalistas son co-ñecedores das deficiencias técnicas e técnico-sanita-rias que sigue presentan-do a Praza de Abastos de Celanova, polo que instan ao alcalde a que, de xeito urxente, solicite esta liña de axudas e leve a cabo a revalorización desta insta-lación co fin de que mello-re as condicións para que pequenos produtores da vila poidan instalarse nela e se dinamice o pequeno comercio ou comercio de proximidade.

4 O BNG pide ao Concello que siga coa recuperación da praza de Abastos

Page 19: 14 de abril de 2014 - BXVAC

BARRIOSAbril de �014

19CELANOVA E COMARCA

EN BREVE

P.L.

O comerciante celano-vés Julio Gosende está detrás da organización da Feira da Oportunidade da vila de San Rosendo que,

por sexto ano consecutivo, reunirá ao redor de 60 expo-sitores na rúa Celso Emilio Ferreiro durante a xornada do Xoves Santo. A idea do seu promotor é ofrecer “un día de compras distinto, con produtos a moi bos prezos” aproveitando a xornada fes-tiva para atraer visitantes a Celanova. Gosende estima que a clave para que o éxito da feira estea asegurado é que a climatoloxía acompa-ñe, pois considera que logo de seis edicións, o evento xa está consolidado.

A actividade comezará na noite do mércores, cunha cea popular na rúa Celso Emilio Ferreiro a base de polbo e churrasco, e coa instalación dunha pantalla xigante para seguir a final da Copa do Rei entre Ma-drid e Barcelona. Os con-vites custan 18 euros (10 euros para menores de 16 anos) e pódense conseguir ata a véspera.

Xa durante o Xoves San-to, 17 de abril, colocaranse 60 expositores neste céntri-co vial celanovés: “flores, electrodomésticos, veteri-naria, mobles, bazar, ali-mentación, textil, de todo variado”, apunta Gosende, que subliña que os clientes poderán mercar “barato, barato; no meu caso (ten unha moblería) irei con descontos de ata o 90%”.

As compras nesta Semana Santa, na Feira da Oportunidade de Celanova4 Haberá 60 expositores con prezos rebaixa-dos, sorteos e actividade deportiva.

4Ludoteca infantil na Casa dos Poetas

A Casa dos Poetas de Ce-lanova acollerá durante a Semana Santa unha ludote-ca infantil aproveitando as vacacións escolares. Así, co obxectivo de facilitar a con-ciliación laboral e familiar dos proxenitores, ofertaran-se dúas quendas: de mañá (de 11 a 13 horas) e tarde (de 16.30 a 18).

Esta iniciativa, pensada para nenos con idades en-tre os 4 e 1� anos, incluirá talleres de manualidades e

xogos para os días 15 e 16.As persoas interesadas en

que os seus cativos partici-pen nos talleres (que contan con prazas limitadas a �0 nenos) deberán anotalos previamente nesta insta-lación (sita na rúa Curros Enríquez).

4Obradoiros tera-péuticos

O Centro Terapéutico, Cultural e Educativo “A Chaira de Amoroz” acolleu esta fin de semana (12 e 13 de abril) un curso de terapia asistida con cans, impartido

Os que realicen compras superiores a 10 euros reci-birán un “rasca” para parti-cipar no sorteo de tres pre-mios de 500 euros, nove premios de 100 euros, 50 xamóns e un gran núme-ro de premios pequenos, como camisetas, bolígra-fos ou chisqueiros.

A feira permanecerá aberta de 10 a �1 horas, e para ambientala, tocarán os gaiteiros do Concello (a mediodía) e haberá unha exhibición de baile mo-derno da Banda de Música de Celanova (a partir das 19:30 horas). Desde as 4 da tade haberá tamén tor-neos de parchís, futbolín e tenis de mesa.

Eventos deportivosDe maneira paralela, ha-

berá dous eventos depor-tivos que de seguro con-gregarán bastante público: un torneo de fútbol sala feminino no pavillón das Trigueirizas de 10 a 14 ho-ras, e no que participarán o Ponte Ourense, o Cidade As Burgas, o Amoeiro e o Celanova; e un torneo de fútbol para nenos no cam-po de San Rosendo, de 10 a �1 horas.

A 6ª Feira da Oportuni-dade conta cunha pequena colaboración do Concello de Celanova e da Deputa-ción Provincial.

Julio Gosendo organiza por sexto ano consecutivo a Fei-ra da Oportunidade de Celanova./S.N.

por Ana Villalobos.Durante estas dúas

xornadas os participan-tes descubriron as bases científicas da interven-ción educativa e terapéu-tica asistida con cans, así como a súa aplicación en función do destinatario (persoas con discapacida-de motora, mental, tras-tornos xeralizados do des-envolvemento).

Os seguintes cursos que ofrecerán serán de enea-grama (3 e 4 de maio) e agricultura ecolóxica (10 e 11 de maio).

Page 20: 14 de abril de 2014 - BXVAC

�0 BARRIOSAbril de �014

PROVINCIA

Redacción

A provincia de Ourense oferta 805 prazas para par-ticipar nas actividades da campaña de verán da Di-rección Xeral de Xuventue e Voluntariado.

En concreto, este ve-rán ofertaranse 640 prazas para campamentos, fronte ás 535 ofertadas na pasada campaña. As instalacións nas que se desenvolverán os campamentos serán o complexo O Corgo en Muí-ños; o centro de educación ambiental Equal en Coles; o albergue Vilar de Orde-lles en Esgos; a estación de montaña de Manzaneda; e a residencia Xuvenil Flo-rentino López Cuevillas, na capital. Haberá distintas quendas, de entre 8 e 1� días, durante os meses de

Axudas para nove festas de interese turísticoRedacción

Turismo de Galicia vén

de mobilizar na provincia de Ourense unha partida de axudas para plans de apoio, promoción e difu-sión das festas declaradas de Interese Turístico de Galicia. Estas subvencións repartiranse entre os nove concellos que solicitaron as axudas e contan no seu calendario festivo con este tipo de celebracións.

As festas ourensás que obtiveron estas achegas son a Romaría Etnográfi-ca Raigame (Celanova), o Entroido de Laza (Laza), o Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda (Manzaneda), a Roma-ría da Saínza (Rairiz de Veiga), a Feira do Viño do Ribeiro (Ribadavia), a Festa da Castaña e do Co-gomelo (Riós), a Festa da Androlla (Viana do Bolo) e a Festa do Pemento (Arnoia).

xullo e agosto e poderán participar nenos e nenas de entre 9 e 17 anos.

Campos de traballoPara os maiores de 18

anos tamén se poñen en marcha os campos de tra-ballo, cun total de 105 pra-zas, 15 máis das ofertadas en �013. Desenvolveranse cinco campos de traballo de diferentes temáticas: medioambiental en Riós e Muíños; mediambiental e social, na Peroxa; de bio-construción e autocons-trución nas Corcerizas, en Vilar de Barrio; e audiovi-sual en Celanova.

Para estes mozos tamén vai dirixida a actividade “Cultura e Camiño” de coñecemento do patrimo-nio histórico cultural, con outras 60 prazas.

O PP segue elixindo presidentes locais4 Os últimos, en Porqueira, Riós e Padrenda.

Susana Vázquez intervindo no congreso local do PP de Porqueira. /ALBERTE PAZ.

805 prazas na campaña de verán da Xunta4 En campamentos e campos de traballo na provincia.

Redacción

Susana Vázquez Dora-do, Francisco Armando Veiga Romero e Manuel Pérez Pereira veñen de ser elixidos, por unanimidade dos compromisarios, pre-sidentes locais do Partido

Popular de Porqueira, Riós e Padrenda, respectivamente.

Susana Vázquez destacou que a nova Xunta Local dos populares “conxuga á per-fección xuventude con ve-teranía, con representantes de todos os pobos”.

Francisco Armando Vei-

ga citou como importan-tes necesidades para Riós “o parque empresarial, o centro de día ou centro sociosanitario e a traída de auga por caída, que nos permitirá aforrar nos custes do bombeo. E sen esquecer a necesidade de arranxar a conexión coa estrada N-5�5”

Pola súa banda, Manuel Pérez, presidente local dos populares de Padren-da, puxo o acento no seu principal obxectivo actual: o remate da residencia da terceira idade.

Page 21: 14 de abril de 2014 - BXVAC

BARRIOSAbril de �014

�1especial DEPUTACIÓN DE OURENSE

Os presidente de gober-nos provinciais de España acordaron a creación dun-ha rede interprovincial de cooperación que comparta, colabore e divulgue estra-texias de promoción, coñe-cemento e información, así como a posta en valor dos recursos propios de cada te-rritorio, iniciativa proposta polo presidente da Depu-tación de Ourense, Manuel Baltar. No acto de clausura da I Conferencia de presi-dentes de gobernos provin-ciais de España, que tivo lugar na capital ourensá, o titular do goberno ourensán dixo que esta rede interpro-vincial servirá tamén “para transferir boas prácticas en materia de apoio políti-co-económico a sectores, servizos ou accións que re-dunden na mellora econó-mico-social”.

O presidente da Deputa-ción de Badaxoz, Valentín Cortés Cabanillas, foi o en-cargado de ler a declaración institucional conxunta na que os presidentes provin-ciais reivindican o papel da provincia “como verdadei-ro ámbito para a prestación

de servizos municipais”. No documento destácase que o novo marco competencial e de racionalización “ten que vir acompañado dun novo marco de financiamento”.

Manuel Baltar agradeceu

o consenso o que chegaron os presidentes que partici-paron o longo de tres días na conferencia –máis da meta-de dos gobernos provinciais de España, representando a 9 das 1� comunidades autó-nomas que non son unipro-vinciais-, así como os seus relatorios e achegas “reali-zadas pensando sempre en como prestar mellores ser-vizos públicos”, e tamén os debates “plantexados desde o punto de vista dos execu-tivos e afastados de dema-goxias”.

Manuel Baltar anunciou que en �015 será a Depu-tación de Badaxoz quen to-mará o relevo da de Ouren-se para organizará e dar continuidade á Conferencia de presidentes de gobernos provinciais. “É o maior lo-gro desta primeira reunión: o éxito da fórmula e a de-cisión de darlle continuida-

Os presidentes de deputacións acordan a creación dunha rede interprovincial de cooperación, coñecemento e promociónNa Conferencia de presidentes de gobernos provinciais de España celebrada en Ourense

Reunión de traballo da trintena de presidentes de deputacións provinciais que participou na Conferencia celebrada en Ourense./ALBERTE PAZ.

de. Non nos equivocamos”, expresou Baltar, engadindo que son moitas as cousas de que falar, “sempre coa innegable vocación de ser-vizo público que nos une, e, nesta ocasión, con rela-torios sobre temas de tanto interese como foron a mo-dificación do réxime elec-toral, a xestión cultural, o perfil da deputación como

concello de concellos, ou reflexións para reaccionar diante de feitos tan graves como a despoboamento do medio rural”.

Gobernos do século XXIBaltar dixo que esta con-

ferencia serviu para avanzar no que considera son as ca-racterísticas principais dos gobernos provinciais do sé-

culo XXI: “a previsibilida-de –contar cun plan de xes-tión e estratexia operativa-, a cooperación, a medioam-bientalidade -gobernos verdes e sostibles-, o rigor económico e presupostario, e a transparencia para gañar en achegamento o cidadán, con que debemos compartir toda a información porque é súa; porque as deputacións

son súas”.O presidente de Ourense

avanzou os eixos estratéxi-cos nos que está a traballar xa a Deputación de Ourense para fortalecer a institución provincial. “Redefiniremos a estrutura político-institu-cional fortalecendo a trans-versalidade na toma de de-cisións; articularemos foros e espazos de relación direc-ta entre deputación e muni-cipios, e priorizaremos as propostas de prestación de servizos obrigatorios que resulten máis eficientes por economías de escala”. Ade-mais, Baltar anunciou que a Deputación de Ourense incluirá na estrutura or-gánica “niveis directivos profesionais cun alto com-poñente de implicación or-ganizativa, cunha elevada capacidade creativa e cun forte impulso innovador”, e dixo que se reforzarán os servizos económico-finan-cieiros e os de asistencia técnica, ademais da xestión tributaria, a administración electrónica e a implanta-ción da transparencia nas entidades locais da provin-cia.

Os presidentes reivindicaron o papel da provincia “como verdadeiro ámbito para a prestación de servizos municipais”

A Deputación conmemora o 33º aniversario do Estatuto de AutonomíaEntrega os premios do I Con-curso escolar sobre a norma institucional básica galega

Os rapaces premiados co subdelegado do Goberno, Roberto Castro, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, e a senadora Carmen Leyte.

A Deputación de Ourense conmemorou o 33º aniver-sario do Estatuto de Auto-nomía de Galicia cun acto celebrado no Centro Cultu-ral “Marcos Valcárcel” no que a institución entregou os premios do I Concurso escolar organizado para ho-menaxear a norma institu-cional básica galega.

O xurado premiou tra-ballos de Educación Infan-til, Primaria e Secundaria dos colexios da provincia de Ourense que se presen-

taron o certame, CEIP de Baltar, CEIP dos Blancos, CEIP Irmáns Villar, CEIP de Educación Especial do Pino, colexio Concepción Arenal, CEIP Mestre Vide e colexio Padre Feijoo-Zo-relle, resultando gañadores alumnos destes dous últi-mos centros.

Nas modalidades de Edu-cación Infantil e Primaria presentáronse debuxos e traballos artísticos alusivos ao Estatuto de Autonomía e os premiados foron: Adrián

Garrido Pérez, Noa Rodrí-guez Calviño, Silvia Igle-sias Silva, Gema da Rocha Casas, Pablo Rodríguez Valdonedo e Alicia Conde Freire. Na modalidade de Secundaria presentáronse a concurso redaccións, e os premiados foron: Pablo Rodríguez Iglesias e Víctor Rodríguez Fernández.

A Deputación quixo con este evento destacar a importancia do Estatuto de Autonomía “pois é un modelo que trouxo impor-tantes conquistas en mate-ria de autogoberno e que permite que o pobo galego siga progresando a prol do seu benestar”, defendeu Manuel Baltar.

O presidente da Deputa-ción, Manuel Baltar, afir-mou durante a clausura das iniciativas “Espazo seguro” e “Oficina do emprende-dor” da Asociación de Em-presarios do Polígono de San Cibrao que as palabras “seguridade”, “emprende-mento” e “cooperación” son tres verbas que hoxe nos deben unir máis que nunca, xunto coa palabra “cooperación”, “que entre a asociación de empresa-rios do polígono de San Cibrao e a Deputación de Ourense vense concretan-do no apoio en materia de seguridade co dispositivo de emerxencias que vimos mantendo dende hai anos”.

En materia de empre-demento, Baltar falou do

acordo que a Deputación de Ourense ten coa Escola de Organización Industrial do Ministerio de Industria para poñer en marcha un plan de emprendemento que contará co apoio da Asociación de Empresarios de San Cibrao, e ofreceu a súa colaboración para impulsar un plan estra-téxico de parques empresa-riais na provincia.

Este plan, dixo Baltar, “permitirá a calquera investi-dor ter acceso a unha impor-tante cantidade de informa-ción referida á situación dos parques empresariais da pro-vincia de Ourense, dende os metros cadrados dispoñibles, ás condicións de compra de solo, e empresas da contorna que están ubicadas en cada parque empresarial”.

Baltar: “Emprendemento, seguridade e cooperación, claves do desenvolvemento empresarial”

Page 22: 14 de abril de 2014 - BXVAC

�� BARRIOSAbril de �014

“De pintor, habilidoso y artista loco, todos tenemos un poco”

A acuarela non é só cousa de nenos. A acuarela sobre vidro, unha gran decoración.

O encaixe de bolillos esperta a destreza e a imaxina-ción.

Para rirnos de nós mesmos a caricatura é un gran axudante.

Pirogravado sobre madeira, todo un arte. O oleo sobre lienzo descóbrenos como o mellor cadro é o feito coas nosas propias mans.

Debuxos realistas coa decoración con tella.

especial CENTROS SOCIOCOMUNITARIOS/SAUDETER

Page 23: 14 de abril de 2014 - BXVAC

BARRIOSAbril de �014

�3DEPORTES

4 Fútbol 8 O sábado 5 de abril

disputouse o V Torneo San Lázaro Intercentros de Fútbol-8, dentro das actividades deportivas realizadas con motivo da Feira do Lázaro e o Cer-tame Gastronómico ‘Vila de Verín’.

O CEIP Princesa de España de Verín, procla-mouse, por segundo ano consecutivo, campión des-ta competición deportiva. No torneo participaron os equipos de categoría ale-vín mixto dos colexio Mª Inmaculada e Princesa de España de Verín e o CEIP Rodolfo Núñez de Vilar-devós.

4 Campus Sporty en Allariz

O Camping Os Inver-nadeiros de Allariz aco-llerá, do 1 ao 13 de xullo, a IX edición do Campus de Fútbol Sporty para nenos e nenas de 6 a 15 anos.

O campus busca ofre-cer unha alternativa aos campamentos de verán convencionais, onde a prioridade é inculcar aos mozos os valores do de-porte para o seu desen-volvemento persoal.

A actividade volverá contar coa presenza de numerosos futbolistas de elite e o campamento foi deseñado tamén para im-plantar a aprendizaxe do inglés.

Máis información en http://www.acdsporty.com/ e en Reatur no 988 442 006.

EN BREVE

Redacción

Iván Feijoo foi sexto en cadetes no Open de España BTT de Jerez, mentres que Raúl González venceu en júniors na Transgalaica de Tui.

Open de EspañaEn Jerez de la Frontera

disputouse a segunda proba puntuable para o Open de España Cofidis de BTT XC, e en Tui, a Transgalaica.

O cadete Iván Feijoo re-matou na sexta posición na súa primeira participación a nivel estatal. Feijoo rea-lizou unha extraordinaria carreira a pesarede caer cando apenas levaba 100 metros percorridos, o que fixo que quedara rezagado. Non obstante, volta a volta foi remontando ata rematar

Iván Feijoo, sexto en cadetes no Open de Jerez4 O Actyon-Academia Postal-Merida, segue colleitando éxitos alí onde se presentan os seus deportistas.

na sexta posición, moi pre-to do podio. Na proba crono finalizou sétimo.

En mulleres, Eva Álva-rez, foi sétima na proba crono e 15ª na de rali. Saúl López fixo un posto 29º na crono e 35º en rali; o ouren-sán foi perdendo posicións

debido á forte calor cando estaba entre os �0 primei-ros elite.

TransgalaicaNa Transgalaica ce-

lebrada en Tui, o júnior Raúl González Carracedo vencía con autoridade.

Iván Feijoo na meta do Open de Jerez.

Redacción

Os días 15 e 16 de mar-zo celebrouse en Villavi-ciosa de Odón (Madrid) o Campionato de España de wushu en formas e combate para as categorías júnior e absoluta.

A selección galega acudiu á cita con �0 deportistas, que lograron �0 medallas (10 de ouro, 7 de prata e 3 de bronce). Dentro da expe-dición galega participaron varios ourensáns que logra-ron una participación moi notable; como foi o caso do deportista verinés, José Manuel Ferreira. Ferreira, do Club Arco de Verín, que logrou catro ouros en nan-quan (puño de sur), nandao (sable de sur), nangun (pao de sur) e en duilian (com-bate preparado).

O seu compañeiro de

club, Arcadio Álvarez aca-dou os ouros en nanquan e nandao.

Campionato de EuropaCon estes resultados am-

bos teñen posibilidades de facerse cunha praza para o Campionato de Europa en Romanía en maio.

O verinés José Manuel Ferreira triunfa no Campionato de España de Wushu4 Nas modalidades de formas e combate.

Ferreira (á esquerda) fíxose con catro medallas de ouro.

Ferreira logrou 4 ouros en nanquan (puño do sur), nandao (sable do sur), nangun (pao do sur) e duilian (combate preparado)

120 participantes no Torneo de Natación do Lázaro4 Nadadores de Allariz, Cha-ves, Xinzo de Limia e Verín.

Membros do CN Verín xunto co concelleiro de Deportes.

Redacción

A Piscina Climatizada de Verín acolleu, o sába-do 5 de abril, o Torneo de Natación, organizado polo Servizo de Deportes con motivo da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’.

Neste torneo partici-paron un total de 1�0 na-dadores procedentes da Piscina Climatizada de Allariz, Club de Natación de Chaves, Piscina Clima-tizada de Xinzo de Limia e Club de Natación de Ve-rín.

VencedoresO Club Natación Cha-

ves foi o triunfador da xornada con oito ouros individuais. Seguirono no podio o Club Natación Verín e o Piscina Climati-zada de Xinzo de Limia, con catro ouros cada un deles.

O Piscina Climatizada de Allariz tívose que con-formar cunha medalla de bronce.

Na última proba, a de relevos mixta (8x25 me-tros) primeiro foi o Club de Natación de Verín, seguido do Piscina Cli-matizada de Xinzo de Limia (2º) e do Club de Natación de Chaves (3º); cuarto foi o Piscina Cli-matizada de Allariz.

Redacción

Os días 3 e 4 de maio terá lugar na Gudiña o I Campionato Galego Ra-llymix; proba que conxu-ga terra con asfalto. Unha nova proba para o calen-dario galego da Federa-ción de Automobilismo (FGA).

Este primeiro Rallymix terá un trazado secreto de

Terra e asfalto no I Rallymix da Gudiña4 Terá lugar o 3 e 4 de maio.

preto de 1� quilómetros en terras da Gudiña. Constará de cinco pasadas, das que tres se farán o sábado (día 3) e dúas o domingo (día 4).

Poderán participar ve-hículos autorizados pola FGA: carcross, vehículos de autocross, rali de asfal-to, rali de terra, turbos etc. Estes competirán en cin-co agrupacións: unha para

vehículos de carcross e as outras catro para vehícu-los carrozados repartidos por cilindradas (ata 600cc, de 1.600cc a 2.000cc, de �.000cc a 3.000cc e máis de 3.000cc).

Custo da inscriciónEste campionato será low

cost xa que a inscrición custará �50 euros.

O trazado da proba, duns 12 quilómetros, será secreto e realizaranse cinco pasadas

Page 24: 14 de abril de 2014 - BXVAC

�4 BARRIOSAbril de �014

DEPORTES

Xogadores de CD Ourense celebrando a consecución da Copa Federación./RAMSÉS

A metade dos 90.000 euros irán destinados a primas para os empregados

R. Torres

A tarde noite do xoves 10 de abril xa presaxiaba algo bo. Colas nas taquillas do estadio do Couto minu-tos antes de que comezara o encontro, daban lugar a pensar que o equipo con-taría cos afeccionados para darlle a volta ao �-1 co que viñan do partido de ida con-tra o Guadalajara.

Os ourensáns comezaron o encontro con moitas ga-nas de lograr a vitoria, e por iso o dominio foi deles. Os rojillos eran xogadores que querían darse unha ledicia nunha tempada moi convul-sa na que as débedas suman catro mesualidades, no me-llor dos casos, aos empre-

O Ourense, campión da Copa Federación4 Os homes de Luisito lograron dar a volta ao marcador do partido de ida e alzarse coa Copa que reportará ás arcas do club 90.000 euros.

gados do club (xogadores, plantilla e corpo técnico). Despois de varios achega-mentos á portaría rival, Javi Hernández rouba un balón, regatea a cantos rivais se poñen ao seu paso, e logra o primeiro gol do encontro. 1-0 e eliminatoria farovable ao Ourense. Os primeiros 45 minutos rematan con ese gol no marcador e unha bancada que está come-zando a gozar do que sería unha noite especial.

No segundo tempo, o Guadalajara, que non in-quedaba as inmediacións de Pato Guillén, e o equipo da cidade das Burgas, que controlaba a final ao seu an-toxo. Cando máis a pracer estaban xogando os locais,

novamente Javi Hernández driblaba a canto rival se lle poñía en medio e facía o segundo gol da noite, o segundo da súa conta par-ticular. A Copa xa se podía acariciar cos dedos.

Emoción finalA Copa cada vez estaba

máis preto e o suspense era máis porque un gol do Gua-dalajara supoñía o empate, máis que porque os visi-tantes tiveran posiblidades claras de logralo. Con tres minutos de prolongación, o colexiado decretaría o fi-nal do encontro e estalaba a emoción no Couto. Moi-tos afeccionados invadiron o campo para celebrar cos seus heroes esta épica vito-

ria (non por seren inferiores ao rival, pero si polas penu-rias económicas que están a vivir ao longo da tempada).

Yebra alzou ao ceo ourensán a Copa e to-dos festexaron un título que será moi recordado. Ao final do encontro fixe-ron a volta de honra para agradecer aos alí presentes o alento que lle agasalla-ron durante o encontro (e durante toda a tempada). Ao extremo Iker facíaselle curto o seu apelido (Alegre)

xa que estaba exultante á fi-nalización da final; Óscar Martínez mostraba a brecha ensangrentada da ferida que ten na cabeza desde o par-tido de ida da Copa e Adil arrancábase en español explicando o contento que estaba trala consecución do título.

90.000 eurosEsta competición reporta

ao vencedot 90.000 euros, que tal e como está a situa-ción económica do club son

máis que benvidos.A metade dos cartos irán

destinados a primas aos em-pregados do club (xogado-res, corpo técnico e demais traballadores). O resto, des-pois de gastos irán a pagar nóminas atrasadas.

Page 25: 14 de abril de 2014 - BXVAC

BARRIOSAbril de �014

�5DEPORTES

Redacción

O 30 de marzo disputouse a sétima edición dos 10km Xinzo de Limia. Unha pro-ba consistente nun circuíto de dúas voltas (cinco qui-lómetros cada unha delas) homologado pola Real Fe-deración Española de Atle-tismo. Unha planicie coma a de Xinzo fai que moitos atletas acudan a esta cita para mellorar nos 10.000 metros. Cun tempo frío pero sen choiva participa-ron un total de �94 atletas na proba absoluta.

O atleta do Club Val Mi-ñor, Akka Essaadoui, foi o vencedor ao empregar un tempo de 31:54 minutos. Segundo en entrar na liña de meta foi o atleta do Bi-kila Daniel Bargiela, quen

Máis de 400 atletas na VII 10km Xinzo de Limia4 Akka Essaadoui foi o vencedor masculino e Rocío Rodríguez a feminina.

parou o crono en 3�:19 mi-nutos. En terceira posición remataría Nemesio López (Fontes do Sar) en 33 mi-nutos e 44 segundos.

En féminas, a gañadora foi Rocío Rodríguez, (Val Miñor) cun tempo de 39:04 minutos. Filomena Cid (Ourense Atletismo) ocu-pou o segundo caixón do podio ao rematar en 45:04

minutos e terceira foi a at-leta do Ourenrunning, Án-geles Rodríguez (45:07).

Categorías escolaresAnxo Losada e Adriana

García venceron na carrei-ra de benxamíns e alevíns e na de infantís e cadetes, Ziad Nagihi e Aída Martí-nez proclamáronse gaña-dores.

Proba absoluta da carreira popular de Xinzo./S.TORRES.

Redacción

O corredor local Joa-quín Dobarrio foi o ven-cedor do IV Mini-Trail Pozo do Demo de Verín. Dobarrio (Club Alpino Ourensán) empregou un tempo de 51 minutos e 34 segundos, entran-do en liña de meta por díante dun dos favoritos, José Manuel Casado (Vía XVIII Maceda), quen empregou un tempo de 53:18 minutos en perco-rrer os 1�.150 metros da proba. En terceira posi-ción chegaría Alfonso Vi-lela (atleta independente) a máis de dous minutos do gañador (53:45).

En categoría feminina,

Blanca Labandeira (Club Triatlón Mar de Vigo) re-sultou vencedora cun tem-po de 1 hora 10 minutos e 17 segundos. Lorena Gar-cía e María del Pilar Mar-tín, foron segunda e tercei-ra respectivamente neste esixente percorrido.

Mellores marcasNas categorías inferiores

lográronse batir catro me-llores marcas desta com-petición. Así, Xoel Gago venceu na proba benxamín (700 m) con 2 minutos e 31 segundos, baixando a marca anterior 1� segun-dos. Despois serían Anxo Losada (EDC Verín Atle-tismo) e Adriana García (Colexio Mª Inmaculada)

Joaquín Dobarrio vence no Mini-trail Pozo do Demo4 En mulleres, Blanca Laban-deira foi a máis rápida.

os que baterían as mello-res marcas en categoría alevín, con 4 minutos e �� segundos e 4 minutos e 49 segundos, respectivamen-te. Por último, Fiz Losada (EDC Verín Atletismo), durante a proba infantil de � quilómetros igualaría a mellor marca de 7 minutos e 14 segundos, que com-partirá coa realizada con José Carlos Castro na edi-ción de �01�.

O resto de gañadores foron en benxamín femi-nino, Xiana Fidalgo (Bar-badás); infantil feminino, Miriam Cerdeiriña (EDC Verín Atletismo); cadete masculino, Javier Domín-guez (Castro Baronceli) e cadete feminino, Aída Martínez (Atletismo Tui).

Dobarrio en meta.

Page 26: 14 de abril de 2014 - BXVAC

26 BARRIOSAbril de �014

OCIO E CULTURA

EN BREVE

4 Certame de relato curto

Para fomentar a creati-vidade literaria dos estu-dantes da comarca, o Con-cello de Verín convoca o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, no que poderán participar alumnos de 5º e 6º de pri-maria, así como da ESO; os cales deben presentar un relato orixinal, inédito, de temática libre e escrito en galego, que non supere os dous folios escritos a unha cara.

Os tres mellores traba-llos recibirán un premio de 90, 60 e 30 euros. E o prazo máximo de entrega das creacións será o 7 de maio ás 14 horas.

4 Certame de poesía

O Concello de Verín ta-mén convoca o Certame de Poesía Xosé Carlos Ca-neiro Pérez, no que poden participar alumnos de 5º e 6º de primaria e da ESO de calquera centro da co-marca.

Os poemas deben ser orixinais, inéditos, con te-mática e estilo libres, es-critos en galego, e que non superen os �4 versos.

As tres mellores crea-cións tamén recibirán pre-mio en metálico (de 90, 60 e 30 euros), e os traballos deben presentarse antes do 7 de maio a mediodía.

4 Mostra de Xosé Rivada

A Sala de Exposicións de Verín acolle ata o 3 de maio unha exposición cos últimos traballos do artista Xosé Rivada. En “Punto e á parte”, o esculto-pintor presenta seis esculturas exentas, tres en aceiro e outras tantas en mármore, así como 10 cadros, nos que desenvolve técnicas esculto-pictóricas.

A temática das creacións está inspirada no corpo humano, na máscaras do Cigarrón e nos ambientes acuáticos.

A celebración da Última Cea, a Paixón de Criso e a Resurrección son as citas máis destacadas

Redacción

Ourense vive todos os seus rincóns a Semana Santa. Dende o Domingo de Ramos ata o de Pascua numerosos serán os actos relixiosos que se celebra-rán en todas as comarcas.

Xinzo de LimiaEn Xinzo de Limia,

o martes 15 ás �1 horas mozos da parroquia per-correrán o Camiño de Xe-sús (Viacrucis) subindo ao monte de Baronzás. O inicio terá lugar na rúa Cerdeiro.

O Xoves Santo, de 10 a 13 horas, haberá un con-fesor na igrexa Nova. E a partir das 18.30 celebra-rase a “Cea do Señor”, co lavatorio de pés. De se-guido terá lugar a proce-sión de “Xesús na Horta”, acompañada de tambores e trompetas. Así mesmo, de 10.30 a 11.30 será hora santa en toda a parroquia, así como de 1� da noite a � da madrugada, momen-to no que terá lugar a ado-ración nocturna. Para iso a igrexa Nova permanecerá aberta toda a noite.

O Venres Santo come-zará ás 9.30 co oficio de Laudes na igrexa Nova, a cal será escenario ás 1� do Vicacrucis de Catequesis, organizados polos rapaces de 3º, 4º e 5º de primaria. Xa ás 18.30 celebrarase a Paixón do Señor; e ás �1 horas a procesión do Santo Enterro, con saída e chegada na igrexa Nova.

O Sábado Santo ás 10 terá lugar a oración con María na Saoidade, ás 1� o Viacrucis parroquial na igrexa Nova, e ás �� a Vixilia Pascual. E xa o Do-mingo de Pascua, as misas celebraranse ás 1�.30 e ás �0 horas na igrexa Nova.

VerínEn Verín, o Xoves Santo

comeza na parroquia coas tradicionais confesións pola mañá. E pola tarde, ás 16.30 horas terá lugar a misa rezada, ás 18 terá lu-gar a misa da Cea e proce-sión ao Monumento, e ás �0 horas conmemórase a Hora Santa. Asemade, ás 5 da tarde celebrarase a misa da Cea do Señor na residencia de anciáns e ás 7 na igrexa dos Pais Mercedarios.

O Venres Santo ás 10 da mañá terán lugar os Lau-des e a adoración ante o Monumento; ás 17 horas a conmemoración da morte do Señor; e ás 19.30 será o sermón do Desenclavo e a procesión do Santo Enterro. Pola súa banda, na residen-cia de anciáns celebrarase ás 5 da tarde a misa da mor-te do Señor; e na igrexa dos Pais Mercedarios ás 10 terá lugar o Viacrucis e ás 17.30 a misa da Paixón.

Xa o Sábado Santo, ás 11 celebrarase na parroquia o Viacrucis e ás �0.30 a

Vixilia Pascual. Esta última conmemorarase ás �0 horas na residencia de anciáns e ás �1.30 na igrexa dos Pais Mercedarios.

AllarizEn Allariz, o Xoves Santo

a partir das 10 horas terá lu-gar a celebración do sacra-mento do paredón e confe-sións durante toda a mañá. Ás 18.30 será a misa da Cea do Señor e procesión ao Monumento. E ás �� horas conmemórase a Hora San-ta parroquial con posterior adoración nocturna.

O Venres Santo ás 8 da mañá terá lugar a adoración ante o Monumento; ás 18.30 a celebración da Paixón de Cristo; ás �0, procesión do Santo Enterro; e unha hora despois a procesión da Do-lorosa.

O Sábado Santo, ás 10 celebrarse o Viacrucis; e ás �� horas a Vixilia Pascual. E o Domingo de Pascua, ás 11.45 terá lugar a conme-moración da Pascua e ás 1�.30 a procesión do En-contro.

A provincia conmemora a Semana Santa4 Xinzo, Verín, Allariz e Celanova acollen nu-merosos actos relixiosos ata o �0 de abril.

CelanovaNa vila de San Rosen-

do, o Xoves Santo terá lugar ás �0.15 horas a ce-lebración da Última Cea, seguida do traslado do Santísimo ao Monumen-to, onde se precederá ás �1.15 á súa adoración. Ás �3 horas conmemorarase a hora da xuventude.

O Venres Santo, ás 1� terá lugar a escenifica-ción do proceso político e relixioso contra Xesús; ás 18 horas a función li-túrxica (con catro partes: lectura da Paixón segundo San Mateo, oración uni-versal, adoración da Cruz e comuñón); ás 19.45, a crucifixión: á 20 horas, o sermón das sete palabras, co desencravo e posterior traslado do corpo de Xe-sús á urna; e ás �0.30, pro-cesión do Santo Enterro polas rúas da vila, na que participarán 150 cofrades.

E xa o Sábado Santo, ás �0 horas celebrarase a Vixilia Pascual, coa ben-dición do lume na praza Maior, do cirio Pascual e da auga.

Anterior procesión de Venres Santo en Celanova.

4AXENDAExposicións - Ata o �0 de abril - Pa-

sos de Semana Santa en Miniatura - Sala dos Ar-cos, Concello de Celanova

- Ata o 30 de abril - Es-cultura de Adolfo Fdez. Dafonte - Cada dos Poetas de Celanova

- Ata o 3 de maio - Es-culturas e pinturas de Xosé Rivada - Sala de Ex-posicións de Verín

- Ata o 4 de maio- Ex-posición “Cinco sensos á deriva”, Nito Contreras e Santi Barreiros - Fun-dación Vicente Risco de Allariz

- Permanente - “Ru-desindus” de José Antonio Ocaña - Torre das campás do mosteiro - Celanova

Música- 18 de abril - Two in the

mirror - �3:30 h - A Fábri-ca de Allariz

- 19 de abril - Jenny e Nico - 00:00 h - Café c. Roi Xordo de Allariz

- 26 de abril - Best life - �3:30 h - Taberna Aceve-do - Xunqueira de Ambía

- � de maio - Usar y ti-rar, versións de M-Clan - �3:30 h - Taberna Aceve-do - Xunqueira de Ambía

Varios- Do 17 ao 20 de abril

- Semana Santa ao Vivo - Varias localizacións Allariz- 19 de abril - Mago Dei-

mi -�3:30 h - Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía- �3 de abril - Sesión de

contacontos - 18 h - Bi-blioteca de Verín- �5 de abril - Presenta-

ción do libro “Emigrantes exiliados e perseguidos: a comunidade portugue-sa na Galiza (1890-1940) - �0 h - Casa da Cultura de Xinzo- 30 de abril - Festa dos

Maios en Allariz - 11:30 h - Campo da Barreira - 1 de maio - Festa dos

Maios en Verín - 11 h - Alameda- 10 de maio - Monólogo:

Óscar Guillén - 23:30 h - Taberna Acevedo - Xun-queira de Ambíawww.periodicobarrios.com

Page 27: 14 de abril de 2014 - BXVAC

BARRIOSAbril de �014

27 OCIO E CULTURA

Celanova acolle mostras sobre a Semana Santa e oficios tradicionaisRedacción

O 5 de abril foi inau-gurada na Sala dos Arcos (antiga biblioteca munici-pal, nos baixos da Casa do Concello) a exposición de Pasos de Semana Santa en miniatura, que se poderá visitar ata o vindeiro �0 de abril.

A exposición está for-mada por un conxunto de reproducións de pasos de Semana Santa en miniatu-ra realizados por Francisco Mayorgas Chacón, artesán, escultor e maquetista naci-do en Córdoba e residente dende hai moitos anos en Ourense.

A obra componse de �� pasos a escala diminuta creados a partir de mate-riais reciclados.

Oficios e tradiciónsA Casa dos Poetas de Ce-

lanova acolle ata o 30 de abril a mostra de escultura

de Adolfo Fernández Da-fonte (orixinario de Ban-de) sobre oficios e tradi-cións populares.

A mostra estará dispoñi-ble en horario de martes a sábado de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 19.00. Os festi-vos só de mañá.

“Scotty Haggis en la Olimpiadas de Serenguetti”, o primeiro libro de Manuel Caldas Castro

O alcalde de Celanova, José Luis Ferro, e a correctora do texto, Carmen Gutiérrez, acompañaron a Manuel Caldas Castro na presentación do seu libro “Scotty Haggis en las Olimipiadas de Serengueti”, que tivo lugar na Casa dos Poetas de Celanova.

Esta publicación, a primeira deste celanovés, trátase dunha novela xuvenil que narra a celebración dunhas olimpiadas animais no Parque Nacional Serengueti, en Tanzania.

Os alcaldes de Celanova e de Bande co escultor Adolfo Fernández Dacosta o día da inauguración da súa mostra.

Redacción

Allariz ofrecerá música na rúa durante a Semana Santa. O evento denomi-nado “Semana Santa ao vivo” traerá ao casco his-tórico da vila alaricana a sete grupos do 17 ao 20 de abril. Pardedous -jazz-, Lúa Branca -música lixei-ra-, Blues do país -blues-, Ghaveta -folk-, Fiddleloop -pop, rock-, Miguel Alon-so -cantautor- e Jenny e Nico en acústico -rock, pop- actuarán neses días.

Os concertos terán o ho-rario de mañá de 1� a 14 horas, e de tarde de 18 a �0 horas, e tocarán simul-táneamente varios grupos en distintas zonas do nú-cleo urbano.

Tamén en dous locais de hostalería poderase gozar de música en directo. Na Fábrica, Two in the mirror actuará ás �3.30 horas do 18 de abril, e Jenny e Nico farano o 19 a medianoite no Café Cultural Roi Xor-do.

ObradoirosPero non só con músi-

ca vibrará Allariz. Reali-zaranse obradoiros para nenos desde 3 euros a inscrición. O día 16 será de cociña ecolóxica (ás 18 horas) no Petiscos e

Arrieiros; o 17, a partir das 17 horas, fabricarán bro-ches e chaveiros no Museo da Moda; e o 18, ás 1� ho-ras, elaborarán animaliños con material de refugallo, na Praza de Abastos.

Os obradoiros para adul-tos serán dous, e ambos rea-lizaranse no patio do Museo do Coiro. O primeiro será de cerámica, o día 18 de abril, de 17 a 19 horas; e o segun-do tratará de pintura téxtil sobre zapatillas, e terá lugar de 17 a 19 horas o sábado 19. Cada un destas dúas ac-tividades terá un custo de � euros por persoa.

Outro dos eventos que acollerá a vila esta Semana Santa serán os mercados. O da Reserva da Biosfera terá lugar todo o día 19 de

Música na rúa en Allariz para Semana Santa4 Do 17 ao 20 de abril, dentro do programa “Se-mana Santa ao vivo”.

abril na praza de Abastos; e o da artesanía será do 17 ao �0 no patio do Museo do Coiro en horario de 11 a �1 horas.

Visita ao RexoAsemade, os que quei-

ran poderán facer unha vi-sita ao Rexo durante estas vacacións. Haberá visitas guiadas cada 15 minutos e non é preciso reservar. Os adultos realizarán a visita previo pago de dous euros, mentres que os menores de 1� anos poderana facer por 1,50.

Tamén haberá obradoiros, mercados e visitas guiadas ao Rexo

A técnica municipal Cruz García e a concelleira de Pro-moción Económica, Cristina Cid, presentaron o evento.

Page 28: 14 de abril de 2014 - BXVAC

�8 BARRIOSAbril de �014 OCIO E CULTURA

Actividades no centro comercial Ponte VellaRedacción

O centro comercial Ponte Vella organiza des-de marzo e durante os sá-bados de abril “Tardes de conto en Ponte Vella” para gozar dun mundo máxico. As sesións infantís teñen lugar os sábados a partir das 18:30 horas, realízan-se na planta alta do centro e corren a cargo de Sara-bela Teatro.

Talleres infantísPonte Vella continúa

cos obradoiros infantís todos os venres e sábados de 17:30 a 20:30 horas. Memory; Circo de papel; Porta lápis; Títeres de dedo; Coellos de pascua e Muíños de vento son algún dos contidos destes obradoiros.

Dúas opcións de ocio inmellorables para os máis cativos que se acheguen a Ponte Vella.

Redacción

Os días 5 e 6 de abril, Verín acolleu a súa tradi-cional Feira do Lázaro e a sétima edición do Certame Gastronómico ‘Vila de Ve-rín’.

O Pavillón Municipal de Deportes da localidade foi a sede, durante estas dúas xornadas e con entrada de balde, da feira, articulada en torno á artesanía e gastro-nomía, con participantes de Galicia, Norte de Portugal e

doutras provincias españo-las. E tamén foi o escenario o sábado, do sétimo concur-so de gastronomía ‘Cigarrón de Verín’.

Exaltación do bacallau e cabrito

Dntro da Feira do Lázaro, a Asociación de Hostaleiros da comarca, co obxectivo de promocionar os produ-tos tradicionais da zona, promoveu a quinta edición da ‘Exaltación de Bacallau e Cabrito’. Unha iniciativa asentada na realización de menús específicos a base de bacallau e cabrito, por un prezo de entre os 15 e �1 euros nunha decena de res-taurantes da vila.

Mellor standO Concello de Verín con-

A mellor gastronomía e diversión, na Feira do Lázaro de Verín4 Numerosos veciños e visitantes festexaron en Verín esta tradicional festa, na que os produtos da comarca foron os protagonistas.

Entre os stands atopamos un de doces cun axudante moi especial./BORYS MARTÍNEZ

Redacción

Allariz e Verín cumplirán, como cada ano, coa tradi-cional festa dos Maios.

No caso da vila alarica-na, será o 30 de abril cando os alumnos de Primaria e instituto presenten as súas creacións naturais e canten coplas que eles mesmos elaboran. Todos os maios e coplas participarán nun concurso organizado pola Concellería de Cultura, que outorga premios que van dende os �0 aos 40 euros.

O veredicto do mesmo emitirase na propia festa dos Maios, que terá lugar no Campo da Barreira a partir das 11:30 horas; e na que actuarán o grupo de gaitas do Centro Sociocomunita-rio de Xinzo e a Escola de Danza de Allariz.

VerínPola súa banda, esta festa

celebrarase en Verín o 1 de maio de 11 a 14 horas no parque da Alameda.

Os maios que se presen-ten á concentración (que deberán inscribirse antes do �4 de abril no Concello) poderán ser humanos, artís-ticos ou enxebres.

Como axuda para as custas de montaxe, a cada grupo de maios tradicionais ou artísticos entregaráselle 125 euros e 75 coplas sen cargo. Os maios humanos recibirán �0 euros e 10 co-plas sen cargo a cada com-poñente.

Así mesmo, todos deben crear coplas propias, coas que se fará unha edición conxunta de 1.000 exem-plares, que serán vendidos a 1 euro, co fin de recadar fondos para Cruz Vermella.

Allariz e Verín festexan Os Maios4 Na primeira será o 30 de abril e na segunda o 1 de maio.

Page 29: 14 de abril de 2014 - BXVAC

BARRIOSAbril de �014

�9OCIO E CULTURA

vocou, ademais, o premio ao mellor stand partici-pante na Feira do Lázaro, co obxectivo de recoñecer unha montaxe atractiva para a exposición e venda dos produtos. O xurado valorou aspectos como a creativida-de, a orixinalidade no dese-ño, a presentación do stand e dos produtos, a selección de materiais empregados e a disposición de espazos.

Nesta ocasión este premio recaeu en Pato Joyero, que recibiu un diploma acredita-tivo e unha noite en réxime de aloxamento e almorzo, para dúas persoas, no Para-dor de Puebla de Sanabria.

Nesta edición da Feira do Lázaro e Certame Gas-tronómico ‘Vila de Verín’ participaron un total de 70 stands, que ofertaron arti-

gos confeccionados en pel ou madeira, licores, aceites, mel, queixos, doces artesa-nais, produtos de fumeiro, xabóns artesanais, encaixe de bolillos, pintura ou bisu-tería, entre outros.

Actividades para todosXa dentro do apartado lú-

dico, organizouse na Feira do Lázaro unha ludoteca e obradoiros infantís, activi-dades nas que participaron máis de �00 nenos.

Os máis pequenos asisti-ron a clases de maquillaxe infantil, obradoiro de tar-xetas, animais recortables, gorros, bolboretas, cadros, maquillaxe facial con aeró-grafo e tatuaxes, obradoiros de cociña infantil, coches e flores. Entre os máis exito-sos atopouse o obradoiro de cociña infantil, no que os cativos confeccionaron un gorro e un mandil, decorado por eles, e con posteriorida-de elaboraron “pratos espe-ciais” que remataron meren-dando.

Tamén tivo grande asis-tencia de público a exhi-bición de bailes latinos e

acrosport, no que participa-ron máis dun cento de rapa-ces de Ourense e Verín.

Ademais, a festa de San Lázaro trasladouse ás rúas de Verín, coa realización do V Torneo San Lázaro Intercentros de Fútbol-7, o Torneo de Tenis do Lázaro, o V Torneo de Fútbol de Ve-teranos (celebrados no com-plexo deportivo da Granxa); o Torneo de Natación do

A mellor gastronomía e diversión, na Feira do Lázaro de Verín4 Numerosos veciños e visitantes festexaron en Verín esta tradicional festa, na que os produtos da comarca foron os protagonistas.

Lázaro (na piscina climati-zada); a procesión de San Lázaro e misa na Igrexa Parroquial; ou actuacións musicais na noite do sá-bado e tarde do domingo nas prazas García Barbón e Maior.

4 VII Concurso de Gastronomía ‘Cigarrón de Verín’

O Pavillón de Deportes de Verín acolleu a sétima edición do Concurso de Gastronomía ‘Cigarrón de Verín’, no que participa-ron 13 concursantes afec-cionados, profesionais da restauración e alumnos pertencentes a diferentes escolas de hostalería de Ourense e Chaves.

Tras elaborar os pratos, prato principal ou sobre-mesa, en show cooking e maridalos con viño da D.O. Monterrei durante a presentación; o xurado tomou a determinación de outorgarlle o premio de “Gran Cigarrón” (dotado con 400 euros) á creación “Bacallau confeitado con legumes”, de Fábio Ma-gré e Vasco Martins da Escola Profissional de Chaves (na categoría de mellor prato principal elaborado por alumnos de escolas de hostalería e profesionais da restaura-ción) e a “Flor de bacallau

con corazón....” de Anabel Dacosta Vázquez (como mellor prato principal ela-borado por afeccionados); así como de conceder o “Cigarrón Doce” (dotado con �00 euros) ao “Pu-din de ovos con xamón de Verín e licor café” de Fábio Rúas e Luis San-tos da Escola Profissional de Chaves (na categoría de alumnos de escolas de hostalería e profesionais da restauración) e aos “Arcoiris cupcakes casta-ñas” de María Luna e Iván Berlana (na categoría de afeccionados)

Durante o acto de en-trega de premios tamén se repartiron os galardóns do Concurso de Entroido dos Viños de Monterrei a Xurxo Costoya (pola fo-tografía máis votada no Facebook, e que recibiu un cheque de 300 euros) e Silvia Dopaza (gañadora do sorteo dunha careta de cigarrón).

Nos obradoiros infantís participaron máis de 200 cativos

Os premiados co “Cigarron Doce” (categoría de afeccio-nados), xunto ao alcalde de Verín e membros do xurado.

Page 30: 14 de abril de 2014 - BXVAC

30 BARRIOSAbril de �014 OPINIÓN

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Querido barrio....

Os barrios son, sen dúbi-da, lugares onde pasámos a maior parte da nosa vida. Nacemos, medramos e vi-vimos para sempre, ou pola contra, algún día, con pena, deixámolo sen máis moti-vo que as circunstancias de cada quen. Hoxe, acá, neste xornal, humilde pero va-lente, quixera deixar ceibe o relato que me palpita no interior, e que seguramente o lector sentirá coma se fora seu.

No casco vello de Verín, as rúas Mariano Carrero, Portas de Madrid, e a re-mozada plazoleta, forman o triángulo máxico onde de rapaz gocei. Dende o cumio da Mariano Carrero pódese ollar a beleza inigualable do Castelo de Monterrei, fortaleza inmensa e fráxil ao mesmo tempo, cousas da vida. Quero lembrar as persoas que naquel entón formaron parte da rutina diaria e familiar dun barrio vivo, enxebre, cheo de le-dicia e xenerosidade, onde os cativos puidemos gozar sen temor a ninguén. Rúa abaixo, variados negocios enchían o lugar, cos veciños pululando dun sitio a outro, con harmonía.

O señor Xulio Caneco, cunha antiga prensa de madeira, na vendima escu-rría os bagazos de todas as adegas, que daquela eran

moitas. Ao seu carón, o señor Xerardo Ferreiro, o Pedro leiteiro, a Luisa coa froitaría, o señor Benito e Rosa Chinquena, coas bici-cletas, a casona dos señores Flora e Luis Chita, o señor Domingos e Adelina, os meus queridos avós Isaac e Hortensia, cos inseparables Senén e Antonia, Manolo e Xulia retornados do Brasil, os señores Miguel e Xulio, os barbeiros, coas donas Benita e Marina, a tenda de curtidos do Malandro, a señora Milagros e o Lico, co inconfundible toque de martelo, marcando o son no solpor. A Carmen e o Ale-jandro, o Higinio e a Asun-ción, a señora Cristina dos ovos, os curtidos do señor Castor Gago, a zapatería do Justo e a tenda de calzados do Manolo Chuco, a Leti-cia co despacho de pan, e o Silverio coa tendiña-bar, a Sisita da farmacia, a tía Rita, a casa dos Nieves, o German, a fonda do Ma-nuelciño, o bar do Tarrío, o bar Cleto, a Eulalia mestra de piano, Darío zapateiro e Maruja Poisí, o señor Anto-nio coa mercería, todos nas Portas de Madrid. O Agri-pino, que máis tarde foi o bar Isaac, o bar Lugano, onde puidemos ollar por primeira vez unha tele en cor, sempre coa inesgotable paciencia do Benxamín e

da Toña, o bar Ché, fugado para Arxentina, o señor Li-sardo cabriteiro, e o máxico canellón da señora Manuela Peteta, a casa do Biempica, a froitería do Xirelo e a se-ñora Ubalda, a funeraria do señor Isidro, pai do Saro e do Guillermo, a tendiña da Josefa, o Amado de fonte-nova, a Isolina, o Rúa do villalón, o señor Castor e a mítica taberna do Lorenzo, todos eles con mil historias que contar. Non esquecerei xamais a estampa do tío Valentín, que preto dos cen anos, inmutable, sentadiño no banco de pedra, gozaba cos rapaces que non paraba-mos de enredar, mentras o peninsulares fumegaba nos seus beizos desgastados.

Supoño que os que esta-des a ler estas liñas, algun-ha vez voltastes polo barrio que vos viu nacer, e lem-brastes con nostalxia aque-las persoas que dalgunha maneira formaron parte da vosa infancia. Nunca deixa-rei só o fermoso barrio de cando era neno e terei pre-sente aquelas boas xentes que habitaron nel. A miúdo paseo por el e ao pasar ao carón das casas, hoxe tris-temente baleiras, recito en voz alta os nomes dos que alí viviron.

Aínda unha luz queda prendida na noite, unha flor fermosa que me ilumina co

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Sabía que...A nosa ignorancia en

relación á alimentación é verdadeiramente des-concertante. Esta falta de coñecemento é máis importante do que nor-malmente se pensa, tanto dende o punto de vista da saúde como dende o da economia doméstica.

Podemos considerar o estómago como un lume, do que os alimentos son o combustible. O fenómeno da dixestión nas súas reac-cións químicas produce, en colaboración coa respi-ración, o calor necessário para o mantemento do or-ganismo, a asimilación e eliminación dos diversos alimentos absorbidos.

Comer rápido, preci-pitar a deglutación, non masticar ben os alimentos fai que o estómago estea obrigado a facer o traballo que os dentes deberían ter feito. Son precisos polo menos unha vintena de movementos de mastica-ción por cada bocado que se mete na boca.

Un alimento debida-mente masticado é mais nutritivo do que un ali-mento engulido precipi-tadamente. A acción da saliva e dos xugos gás-tricos lévase a cabo, así, en mellores condicións. Lembren esta máxima: “comer de vagar é vivir máis tempo”.

Alimentarse segundo as necesidades e no tempo axeitado constitúe un acto importante da vida.

Non obstante, unha ali-

mentación equilibrada non é suficiente para conservar a saúde, convén igualmente praticar as regras da hixie-ne. Debe ser un adepto in-condicional da limpeza, é preciso amar a auga, lavar abundantemente todas as partes do corpo, como for-ma de asegurar a transpira-ción da pel e mantela sau-dablemente suave.

A agua fría pecha os po-ros, a auga quente dilátaos, o máis indicado será, por iso, a agua morna. Os ba-ños fríos dan forza e vigor, os baños mornos calman os nervios e fan desaparecer a fatiga, e os baños demasia-do quentes deprimen e en-fraquecen.

A ausencia de estrinxi-mento prevén un número incalculable de doenzas graves: nefrites, dispepsias, enterites, apendicites.

É, por iso, preciso habi-tuarse a regularizar as fun-cións do intestino. Este, tal e como o estómago, tende ao hábito, adoptando fa-cilmente un determinado momento do dia para ac-tuar. Facilitarlle entón esta manía da puntualidade (de preferencia de mañá), indo regularmente ao baño a esa hora, tendo ou non gañas, fará que o intestino adapte rapidamente a esta regra e comece así, docilmente, a aceptala.

Teña en conta estes pe-quenos principios, e non es-queza nunca que é preciso querer ter saúde para conse-guir obtela.

João Damião

4FIRMA INVITADA

Nas últimas semanas es-tamos vivindo un agromar de códigos éticos por todos os lados: no Concello de Ourense, na Deputación, na Xunta. De repente aos nosos representantes insti-tucionais entroulles a febre dos códigos éticos, ao meu modo de ver cunha única in-tención: lavar a conciencia, que nalgúns casos a deben ter bastante sucia.

Vendo este comportamen-to non poido máis que lem-brarme daqueles individuos/

Cando os códigos entran pola porta, é porque a ética hai tempo que saiu pola fiestra

as de baixa catadura moral que pasan o día pensando como facerlle mal ao veci-ño, pero chegado o domingo son os primeiros que acoden á “chamada do Señor” e se fai falta van comulgar, para que ao resto da veciñanza lle quede claro que son per-soas de ben; sobra dicir que en canto remata a homilía, volven ás andadas pero, iso si, polo menos o tempo que pasan alí non lle fan mal a ninguén.

Cos códigos éticos pasa o mesmo, podes facer o que queiras e como queiras, o caso é ter un código apro-bado, que non compromete a nada, que non ten ningún valor legal nin xurídico, pero que vale para despistar,

para que pareza que se cam-bia algo, aínda que todo siga igual, pero que o tempo que pasan na súa redacción, di-cusión e aprobación, non o adican a facer falcatruadas.

O que non saben ou non queren saber os representan-tes do PP, principais afecta-dos por esta febre pola apro-bación de códigos éticos, é que a ética é un principio da conduta humana, e por moi-tos códigos que se aproben, se un representante público non coñece ese principio, non hai código que lle vaia impedir actuar en base aos seus ideais, entre os que non está a ética e si o de utilizar o poder en beneficio propio.

Resulta polo tanto eviden-te que cando os códigos em-

seu sorriso, a miña avoa Hortensia, que será a de-rradeira vixía dunha rúa inesquecible, onde sen dúbida, fun un neno feliz, xunto coa recua de rapaces que ali xogamos sen lími-tes, ceibes, sen artiluxios de última xeración, sinxe-lamente, co mellor xoguete que se puidera ter xamais, a imaxinación.

Cada recuncho desta vila, agocha un anaco de historia, polo que sería preciso poñer todos da nosa parte, especialmente os que poden e deben fa-celo, como representantes do pobo que son, e pre-servar con delicadeza e agarimo esta xoia que nos deixaron os antergos como herdanza, e que nós deixa-remos tamén. E, daquela, que xurdan espontáneas as fermosas historias dos ba-rrios, que forman parte do máis grande patrimonio que esta bendita vila pode ter, as diferentes maneiras de vivir das súas xentes.

Miguel A. Prieto “Chita”

pezan a entrar pola porta das institucións públicas é porque a ética dalgúns re-presentates hai tempo que saltou pola fiestra, e non vai volver deica que estes sexan mudados por cida-dáns que non precisen de códigos para cumplir con dignidade e con ética o seu compromiso público.

Polo demais, estes có-digos éticos na maioría dos casos acabarán como simples códigos estéticos e algún, tendo en conta os antecedentes dos seus im-pulsores, mesmo se pode-ría convertir en patético.

Xosé Manuel Pérez Bouza, coordinador en

Ourense de CxG

Fun un neno feliz, que xogou ceibe, sen artiluxios de última xeración, co mellor xoguete que se puidera ter: a imaxinación

Non hai código que vaia impedir a un político em-pregar o poder en beneficio propio

4SUDOKU (nivel fácil)

Page 31: 14 de abril de 2014 - BXVAC

BARRIOSAbril de �014

31

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 - OU 186-2006 - OU 77-2012. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 35�. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, Silvia Nieto, Andrés Diz

Nº89 / 25 - Ano: IX - Abril 2014 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 00� Concello de Oimbra 988 426 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 4�5 03�Concello de Castrelo de Val 988 419 00�Concello de Laza 988 4�� 00�Concello de Cualedro 988 4�4 004Comisaría de Policía Verín 988 414 1�3Policía Local Verín 988 411 612Bombeiro Verín 988 41� 1�1Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 41� 1�1Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 34�Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 81�Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 �1�IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 4�5CEIP Princesa de España 988 410 1�8Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 102Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 00� Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 552Policía Local Xinzo 988 462 425Garda Civil 988 462 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 462 200Punto Atención Continuada 988 462 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 209Taxis - Parada 988 460 258

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 462 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 222IES Lagoa de Antela 988 462 454IES Cidade de Antioquía 988 461 271CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 �93 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadañedo 988 �91 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 204 CEIP Padre Feixoo 988 440 8�5IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 �19Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 260 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 5�3Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 �90CEIP Curros Enríquez 988 431 725Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 482Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 902 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 90� 309 000Protección Civil 11�Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 222 222

4TELÉFONOS DE INTERESE

[Se eres un particular, publica

os teus anuncios clasificados gratis

no 988 045 352 ou en info@

periodicobarrios.com]

4CLASIFICADOSALUGUER/VENDA

Vendo finca edificable para dúas casas a 1� km de Ourense e 5 minutos da autovía de Ce-lanova, bo prezo, tel. 617 925 873.Véndese casa con finca na es-trada de Santiago, tel 637 00 59 10.Vendo piso de 1�0 m� na praza das Mercedes (Ourense) a re-formar, 40.000 euros. Tel. 696 945 880.Vendo casa en Nogueira de Ramuín por 15.000 euros. Tel. 988 24 60 96 e 664 11 80 65.Alugo apartamento novo no Couto, Ourense, � dormito-rios, salón, � baños, cociña, exterior, amoblado, garaxe e trasteiro. Tel. 637 00 59 10.Alúgase café bar especial to-talmente equipado, en Xinzo de Limia. Tel.: 659 47 08 92.Alugo piso amoblado de 4 ha-bitacións, cociña, baño e salón comedor. Calefacción de gas cidade, 350 euros con comu-nidade incluída. Tel. 677 468 484.Alugo piso en Valdorreguei-ro, 4 habitacións, 275 euros mes. Tel. 687 21 12 18.Alugo apartamento total-mente equipado na zona do Polvorín. Económico. Tel. 988 21 34 60.Alúgase baixo en Río Mao nº 2 de 70 metros cadrados.Tel. 619 46 22 54Vendo dúas casas en Lobios, unha rematada e outra a rema-tar, con finca, fermosas vistas. 35.000 euros cada unha. Tel. 653 944 669.Vendo piso en Vigo. Tel. 636 422 497.Alugo apartamento en Sanxenxo 1 e � habitacións, aparcamento e barbacoa a 15 minutos de praia Montalvo. Tlf 607 27 19 16Vendo apartamento en Vigo, � habitacións, 1 baño con co-ciña americana, trasteiro e ga-raxe, praia America, bo prezo. Tlf 607 27 19 16.Véndese ou alúgase piso na zona do Couto. 3 dormitorios, con calefacción e bodega de 30 metros cadrado. Tel.677 494 645.

VENDASVendo robot de cociña, bati-dora de pé, tostadora, e sand-wicheira, a estrear. Tel. 630 88 00 31.Vendo Mercedes 300, ano 79, repintado, 100.000 km. �.000 euros negociables. Tel. 610 25 80 69.Vendo Audi A6, ano 95, die-sel. Sempre en garaxe. 1.000 euros. Tel. 627 43 46 01.Vendo Citröen C15 Mixta, diesel, ano 94. 1.�00 euros. Tel. 627 43 46 01.Vendo banco de carpinteiro de � metros. �00 euros. Tel. 653 944 669.Vendo leña de carballo eco-nómica. Tel. 625 817 743.Vendo máquina elíptica e aspiradora Polti. Tel. 675 631 011.Compro todo o relacionado con Star Wars. Tel. 667 508 333.Vendo traxe de comuñón de neno. Talla 10, 90 euros. Tel. 659 386 724.

EMPREGOImpártense clases de lin-guaxe musical, educación au-ditiva, canto e piano. Tel. 676 75 88 19.Soprano e pianista para vo-das, audición en directo sen compromiso. Tel. 676 75 88 19.Ofrécese albanel con expe-riencia de �0 anos, para refor-mas ou calquera tipo de traba-llo de construción, económico. Tel. 988 25 59 63.Imparto clases particulares de francés e inglés. Tel. 619 46 22 54Ofrécese mozo para calquera tipo de traballo. Tel. 637 00 59 10Ofrécese señora para coidado de enfermos, persoas mioares, limpeza. Con experiencia. Tel. 637 59 10.Fanse desbroces e traballos agrícolas económicos. Tel. 625 817 743.Fanse mudanzas.Tel. 625 817 743.Ofrecese señora seria para coidado de nenos, persoas maiores e/ou limpeza en xeral. Tel: 622 85 28 56Ofrécese mozo responsable para diversos tipos de traba-llos: chofer, mecánico, reparti-dor, peón, etc... por 100 euros semanais. Tel. 610 852 880Fanse reparacións no fogar e negocios, carpintaría, per-sianas, mobles, etc... Tlf 656 782 460

CLASIFICADOS /SERVIZOS

Page 32: 14 de abril de 2014 - BXVAC

BARRIOSAbril de �014

Page 33: 14 de abril de 2014 - BXVAC

Número: 89- Ano: IX - Abril 2014- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

VERÍN Páx.3 CULTURA Páx.26VERÍN Páx.6 DEPORTE Páx.25 ESPECIAL Páx.16-17

Programación da Semana Santa de Verín

A Eurocidade xestionará intalacións, servizos e competencias

Posta en valor da fortaleza de Monterrei

Dobarrio vencedor do IV Mini-trail Pozo do Demo

“Puertas de Galicia” promove a gastronomía

Entrevista ao presidente do

Consello Regulador da D.O. Monterrei

A mellor gastronomía, na Feira do Lázaro [páx.28-29]

[páx. 2-3]

Participantes do concurso gastronómico ‘Cigarrón de Verín’ durante a feira do Lázaro./BORYS MARTÍNEZ.

Page 34: 14 de abril de 2014 - BXVAC

BARRIOSAbril de �014

Page 35: 14 de abril de 2014 - BXVAC

Número: 25 - Ano: IX - Abril 2014 - Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de maio . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

ALLARIZ Páx.15ALLARIZ Páx.14 OCIO Páx.27

Aixiña xestionaráo restaurante Acea da Costa

Posta en valor da fortaleza de Monterrei

CELANOVA Páx. 18

Música en Allariz e exposicións en Celanova

ESPECIAL Páx.16-17

Julio Gosende organiza a VI Feira

da Oportunidade de Celanova

Catro bois criados en Allariz correrán na Festa do Boi

O BNG pide a revisión das facturas do consumo eléctrica

[páx.26]Comeza a Semana Santa

Coa bendición de ramas de olivos, loureiros e palmas de Domingo de Ramas deu comezo a celebración relixiosa de Semana Santa en Allariz (esquerda, explanada de San Benito) e Celanova (dereita, na praza do Millo). /P.L. e S.N.

[páx. 19]

Page 36: 14 de abril de 2014 - BXVAC

BARRIOSAbril de �014