1992-04-24 - El Correo -critica -CONCERTÓ SACRO DO CORO CLASICO DE VICO

1
CONCERTO SACRO DO CORO CLASICO DE VICO Unha colección que se prece, como a Fonoteca 92, de ofrecer unha ampla mostra da música que se fai en Galicia non podía esquecer un concerto sacro como o que hoxe nos brinda o Coro Clásico de Vigo, que nos trae á memoria aquelas cerimonias na Catedral de Santiago, nos tempos do cardeal Quiroga Palacios, por exemplo, cando o señor Rajoan - tan sabio e tan paciente nos ensaios - preparaba a Schola Cantorum do Seminario e os tiples, nenos e adolescentes que acudiamos desde Belvis, cantábamos con maiores con acompañamento de orquestra e órgano. Facía falta esta "cassette" entre as noventa e dúas que conforman a colección. Porque había que deixar constancia da tradición de interpreta-la gran música sacra en Galicia e porque o CORO CLASICO DE VIGO é un exemplo de entrega á obra de autores como Tomás Luis de Victoria, de quen nos ofrecen a composición " Caligaverunt" (Os meus ollos nubráronse polo pranto, porque me deixou só coa miña dor quen me consolaba...), Doménico Zípoli, ou o propio A. Vivaldi, aquel do século XVI, e os últimos do XVIII. Os temas relixiosos, como é ben sabido, inspiraron sempre os grandes compositores occidentais, que plasmaron os seus máis fondos sentimentos en obras maxistrais. Hoxe temos un exemplo nesta escolma do concerto que o CORO CLASICO DE VIGO ofreceu na real Colexiata da Coruña o 24 de abril deste ano e que o Servizo de Produción da Radio Galega gravou en directo. Xosé Luis-Blanco El Correo Gallego 1 2-6-92

description

Xosé Luis-Blanco El Correo Gallego 1 2-6-92

Transcript of 1992-04-24 - El Correo -critica -CONCERTÓ SACRO DO CORO CLASICO DE VICO

Page 1: 1992-04-24 - El Correo -critica -CONCERTÓ SACRO DO CORO CLASICO DE VICO

CONCERTO SACRO DO CORO CLASICO DE VICO

Unha colección que se prece, como a Fonoteca 92, de ofrecer unha ampla mostra da música que se fai en Galicia non podía esquecer un concerto sacro como o que hoxe nos brinda o Coro Clásico de Vigo, que nos trae á memoria aquelas cerimonias na Catedral de Santiago, nos tempos do cardeal Quiroga Palacios, por exemplo, cando o señor Rajoan - tan sabio e tan paciente nos ensaios - preparaba a Schola Cantorum do Seminario e os tiples, nenos e adolescentes que acudiamos desde Belvis, cantábamos con maiores con acompañamento de orquestra e órgano.Facía falta esta "cassette" entre as noventa e dúas que conforman a colección. Porque había que deixar constancia da tradición de interpreta-la gran música sacra en Galicia e porque o CORO CLASICO DE VIGO é un exemplo de entrega á obra de autores como Tomás Luis de Victoria, de quen nos ofrecen a composición " Caligaverunt" (Os meus ollos nubráronse polo pranto, porque me deixou só coa miña dor quen me consolaba...), Doménico Zípoli, ou o propio A. Vivaldi, aquel do século XVI, e os últimos do XVIII.Os temas relixiosos, como é ben sabido, inspiraron sempre os grandes compositores occidentais, que plasmaron os seus máis fondos sentimentos en obras maxistrais. Hoxe temos un exemplo nesta escolma do concerto que o CORO CLASICO DE VIGO ofreceu na real Colexiata da Coruña o 24 de abril deste ano e que o Servizo de Produción da Radio Galega gravou en directo.

Xosé Luis-BlancoEl Correo Gallego 1 2-6-92