1ªsaída ao horto ecolóxico infantil
Transcript of 1ªsaída ao horto ecolóxico infantil
1ªSaída ao HortoEcolóxico Infantil
Os alumnos e alumnas de 2º A iniciamos a nosa andaina no
cultivo do horto cunha visita naque se realizaron os primeiros
pasos para proceder á labranza.
Botádelle unha ollada á presentación!!
Primeira parada: Xardínornamental.
Trátase dun lugar con fermosas flores e plantas aromáticasonde prestamos especial atención a cómo se combinan as corese se marcan os espazos para que a horta quede ben bonita.
Segunda parada: O composteiro.Cómo obteñen abono para a horta? Pois depositando os restosde cociña e xardín no composteiro. Alí, observamos asdiferentes capas e como o produto final se asemella á terra.
Segunda parada : O composteiro.Puxémonos arredor del para ver os materiais depositados dendea primeira fila.
Segunda parada: O composteiro.Como hai dous composteiros, repartímonos para observalo todo ben de preto.
Terceira parada: O invernadoiro.Qué caloriña facía alí dentro! Manuel explicounos cómo sedividían as parcelas e o motivo de que o carreiriño fora tanancho xa que se premia a calidade do produto e non a cantidade.
Cuarta parada: Actividade “Delimitando o espazo”.
E chegou a hora de traballar! Antes de cultivar, é preciso acotar o lugar da plantación. Preparámonos con estacas para dividir o rectángulo en partes.
Cuarta parada: Actividade “Delimitando o espazo”.
Contamos os centímetros do ancho e dividímolos entre o número de espazos a crear. Por suposto, tiñan que ser todos iguais!!
Cuarta parada: Actividade “Delimitando o espazo”.
Moi atentos ás indicacións de Manuel á hora de usar a cintamétrica.
Cuarta parada: Actividade “Delimitando o espazo”.
Mantemos o fío ben dreitiño: uns medindo o largo e outros oancho.
Quinta parada: Investigando o entorno.
Tamén tivemos tempo para observar os fungos que medraban nochan dos arredores do horto. A súa presenza é moi frecuenteno outono.
Fin da saída: A recollida do material e volta aocole.
A visita rematámola acumulando o material empregado parapoder colocalo no seu lugar. Lavamos as mans e amañámonospara voltar ao centro. Foi unha experiencia moi interesante!!