ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA - Inicio · hormonal a AE debe realizarse só con levonorxestrel xa...

21
XUNTA DE GALICIA protocolo de actuación en ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA

Transcript of ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA - Inicio · hormonal a AE debe realizarse só con levonorxestrel xa...

Page 1: ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA - Inicio · hormonal a AE debe realizarse só con levonorxestrel xa que é o único con indicación aprobada polo Ministerio de Sanidade e Consumo (marzo

XUNTA DE GALICIA

protocolo de actuación enANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA

Page 2: ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA - Inicio · hormonal a AE debe realizarse só con levonorxestrel xa que é o único con indicación aprobada polo Ministerio de Sanidade e Consumo (marzo

Ficha técnica:

Edita:XUNTA DE GALICIA

Consellería de Sanidade SERGAS

Subdirección Xeral de Programas Asistenciais, Investigación e Calidade

Deseño e realización:

Krissola Diseño, S.L

DL :

ISBN : 84-453-3440-9

Page 3: ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA - Inicio · hormonal a AE debe realizarse só con levonorxestrel xa que é o único con indicación aprobada polo Ministerio de Sanidade e Consumo (marzo

antic

once

pció

n de

em

erxe

ncia

3

prot

ocol

o de

act

uaci

ón e

n

AutoresAutores

Pablo Galego Feal Subdirector Xeral de Programas Asistenciais,Investigación eCalidade.

Paloma Puime Montero Especialista en medicina familiar e comunitaria. Xefa do Servicio de Programas Asistenciais.

Alberto do Álamo AlonsoEspecialista en medicina familiar e comunitaria. Centro de saúde Novoa Santos de Ourense.

José Luís Doval Conde Especialista en xinecoloxía e obstetricia. Centro de orientación familiar Novoa Santos de Ourense.

José Santiago Quintana García Especialista en obstetricia e xinecoloxía. Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Page 4: ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA - Inicio · hormonal a AE debe realizarse só con levonorxestrel xa que é o único con indicación aprobada polo Ministerio de Sanidade e Consumo (marzo

antic

once

pció

n de

em

erxe

ncia

5

Introducción

Indicaciónscoitos sen protección

accidentes durante a utilización dun método anticonceptivo regular

violación

exposición a substancias teratoxénicas

relacións sexuais baixo o uso de drogas

Métodosmétodos hormonais

dispositivo intrauterino (DIU)

Mecanismo de acción

Efectividademétodo Yuzpe

levonorxestrel (LNG)

dispositivo intrauterino

Avaliación médicaavaliación clínica

actuación

Prescrición

Consellos e seguimento

Algoritmo decisional

Bibliografía

prot

ocol

o de

act

uaci

ón e

n

ÍndiceÍndice

p.07

p.09

p.11

p.17

p.19

p.23

p.27

p.29

p.31

p.33

Page 5: ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA - Inicio · hormonal a AE debe realizarse só con levonorxestrel xa que é o único con indicación aprobada polo Ministerio de Sanidade e Consumo (marzo

A anticoncepción de emerxencia(AE), mediante o uso de fármacos,mecanismos ou dispositivos, é unhaactuación que posibilita a prevenciónprimaria do embarazo non desexado(END) cando non se utilizou ningúnmedio anticonceptivo ou a anticon-cepción non foi a adecuada.

O END é un problema de saúde deimportante magnitude e transcenden-cia, que se presenta sobre todo nasmulleres máis novas e nas maioresde 35 anos.

Aínda que a anticoncepción de emer-xencia é unha intervención clínicapreventiva moi eficaz, custo-efectivae con poucos efectos secundarios,utilízase escasamente por diversasrazóns que determinan en conxuntounha menor accesibilidade á súaprestación: a falta de información porparte dos usuarios, o insuficientecoñecemento dos profesionais sani-tarios ou a carencia de programasespecíficos.

En resposta a esta situación e porinstancia do Pleno do Parlamento deGalicia, que na súa sesión do 28 demaio de 2002 aprobou unha proposi-ción non de lei que recolle estaactuación, procédese á elaboracióndeste protocolo, que estará vixenteen toda a comunidade autónoma.

Introducción

Introducción

antic

once

pció

n de

em

erxe

ncia

pr

otoc

olo

de a

ctua

ción

en

7

Page 6: ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA - Inicio · hormonal a AE debe realizarse só con levonorxestrel xa que é o único con indicación aprobada polo Ministerio de Sanidade e Consumo (marzo

antic

once

pció

n de

em

erxe

ncia

9

As indicacións da AE son as seguin-tes:

• Coitos sen protección. Representaunha baixa porcentaxe das deman-das de AE. Considéranse coitos senprotección os non planeados nos quenon se utilizan medios anticoncepti-vos.

• Accidentes durante a utilizacióndun método anticonceptivo regular.Aínda que adoita ser a primeira causaaducida, os estudios amosan clarasdiscrepancias na presentación deresultados, polo que probablemente,en moitas ocasións, se trate de coi-tos sen protección. Non só se inclui-rían os problemas xurdidos na utiliza-ción dos métodos barreira (rotura ouretención do preservativo), senóntamén os derivados dun cumprimen-to inapropiado doutros métodoscomo os hormonais (cálculo erróneodo número de píldoras anticoncepti-vas ou esquecementos) ou por com-plicacións co dispositivo intrauterino(expulsión).

• Violación. A AE debe formar partedos protocolos de actuación enmulleres que sofren abusos sexuais.

• Exposición a substancias teratoxé-nicas en caso de coito sen protec-ción ou accidente durante a utiliza-ción dun método anticonceptivoregular.

• Relacións sexuais baixo o uso dedrogas (incluído o alcohol) que poidanalterar a conciencia.

prot

ocol

o de

act

uaci

ón e

n

IndicaciónsIndicacións

Page 7: ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA - Inicio · hormonal a AE debe realizarse só con levonorxestrel xa que é o único con indicación aprobada polo Ministerio de Sanidade e Consumo (marzo

antic

once

pció

n de

em

erxe

ncia

11

Carece da correspondente indicaciónautorizada polo Ministerio deSanidade, aínda que é o primeirométodo hormonal descrito para a AEe utilizouse desde mediados dosanos 70.

• Levonorxestrel. A utilización de0,75 mg de levonorxestrel o antesposible e unha segunda dose igual ásdoce horas, se non pasaron máis de72 horas tras un coito desprotexido,supón unha alternativa aceptable ómétodo de Yuzpe, e a partir dun estu-dio realizado pola OMS en 1998comprobouse que resultaba máisefectivo na prevención do END e tiñamenos efectos secundarios. A OMSconsidérao un medicamento esen-cial.

2. Dispositivo intrauterino (DIU)Consiste na inserción dun DIU libera-dor de cobre que pode ser utilizado ata120 horas despois dun coito non pro-texido. Está indicado de forma especialnos casos en que se desexe proseguirco DIU como método anticonceptivoregular ou cando a anticoncepción hor-monal non se poida utilizar (por trans-correr máis de 72 horas, vómitos oucalquera outra causa).

O seu uso non é xeneralizado ante orisco de extensión de enfermidadesde transmisión sexual, especialmenterelevante en mozas e nulíparas, e anecesidade de adestramento na súaaplicación, o que diminúe a súa dis-poñibilidade na práctica.

Está contraindicado en caso de:embarazo, enfermidade inflamatoriapélvica aguda, infeccións vaxinais

Actualmente os métodos máis utiliza-dos de AE son:

1. Métodos hormonais (taménchamados “píldora do día seguinte”ou “píldora poscoital”)

• Método de Yuzpe. Consiste naadministración de 0,1 mg de etiniles-tradiol + 0,5 mg de levonorxestrel,seguida doutra dose igual ás 12horas, todo iso nas primeiras 72horas dun coito desprotexido.

prot

ocol

o de

act

uaci

ón e

n

MétodosMétodos

Page 8: ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA - Inicio · hormonal a AE debe realizarse só con levonorxestrel xa que é o único con indicación aprobada polo Ministerio de Sanidade e Consumo (marzo

antic

once

pció

n de

em

erxe

ncia

13

activas, cancro do tracto xenital ute-rino, malformacións uterinas queimpidan a súa colocación, fibromasuterinos grandes que deformen acavidade uterina, hemorraxias xine-colóxicas inexplicadas.

Existen outros métodos de AE, quenon teñen recoñecida esta indicaciónactualmente, e non demostraron van-taxes sobre os actuais no referente ásúa efectividade e presencia de efec-tos secundarios ou están a ser estu-diados:

• Mifepristona (RU 486): non debeser confundida coa “píldora poscoi-tal” ou “píldora do día seguinte”. Éun esteroide sintético con actividadeantiproxestacional. Só está indicadoo seu uso para a interrupción volun-taria do embarazo e ten que ser utili-zada no medio hospitalario.

• Danazol: trátase dun derivadoandroxénico de acción débil que seestá a ensaiar como método de AE.

• Estróxenos sós a dose elevada:aínda que foi o primeiro método des-crito de AE, na actualidade case nonse utiliza polos seus frecuentes emolestos efectos secundarios. Nonten aprobada a súa indicación para aAE.

prot

ocol

o de

act

uaci

ón e

n

Page 9: ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA - Inicio · hormonal a AE debe realizarse só con levonorxestrel xa que é o único con indicación aprobada polo Ministerio de Sanidade e Consumo (marzo

antic

once

pció

n de

em

erxe

ncia

15

• Non está recomendado en pacientescon insuficiencia hepática grave.

• A súa indicación, previa valoración clí-nica da paciente, non precisa de explora-ción clínica nin xinecolóxica previa.

• A AE con LNG non é unha medicaciónabortiva (unha vez implantado o óvulo noendometrio non actúa, como tampouco ofai se a xestación xa está establecida).

• En caso de fracaso desta medida anti-conceptiva de emerxencia con resultadode embarazo, os estudios epidemiolóxi-cos non indican efectos adversos dosproxestáxenos sobre o feto polo que axestación seguirá sen interrupción.

• Non altera os resultados do test deembarazo.

• Pode utilizarse a AE con LNG durantea lactancia materna coa precaución detomala despois dunha toma e non dar delactar trala súa administración.

• Os efectos secundarios que podenpresentarse son: náuseas e vómitos enraros casos, e moi raramente dor abdo-minal, tensión mamaria, fatiga ou cefale-as. Se se presentasen vómitos antes de2-3 horas despois da administración doLNG deberá repetirse a toma.

• A AE é un método ocasional, polo quenon debe utilizarse como un método habi-tual de anticoncepción.

No caso de utilizar un medicamentohormonal a AE debe realizarse sócon levonorxestrel xa que é o únicocon indicación aprobada poloMinisterio de Sanidade e Consumo(marzo de 2001).

prot

ocol

o de

act

uaci

ón e

n

• Consiste na administración por vía oralnas primeiras 72 horas tras un coito des-protexido, e o antes posible, de 0,75 mgde levonorxestrel e dunha segunda doseás doce horas da primeira.

• É máis efectivo e ten menos efectossecundarios que a pauta de Yuzpe.

• Presenta unha taxa de fallos do 1,1% eunha porcentaxe de embarazos evitadosdo 85%.

• A eficacia do fármaco aumenta cantoantes se tome en relación á hora do coitodesprotexido, sempre antes das primeiras72 horas. En caso de varios coitos senprotección mantidos en curtos períodosde tempo debe contarse o tempo transco-rrido desde o primeiro coito desprotexido.

• O metabolismo do levonorxestrelaumenta co uso concomitante de induc-tores enzimáticos hepáticos, o que podediminuír a súa efectividade.

• Aínda que pode, teoricamente, utilizar-se varias veces durante un ciclo mens-trual, sen embargo, debe advertirse que asúa eficacia diminúe significativamente,aumentando o risco de END, podendo,ademais, alterar o ciclo.

• A AE con LNG non ten contraindica-cións absolutas coñecidas a excepciónda hipersensibilidade ó principio activo oua calquera dos seus excipientes e oembarazo.

Información fármaco-terapéutica da AE con levonorxestrel (ING)

Page 10: ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA - Inicio · hormonal a AE debe realizarse só con levonorxestrel xa que é o único con indicación aprobada polo Ministerio de Sanidade e Consumo (marzo

antic

once

pció

n de

em

erxe

ncia

17

observados en estudios realizadosen animais, podería explicar, polomenos en parte, o efecto da AEsobre a fecundidade.

3. Efecto luteolítico

Nun estudio realizado observouse unacurtamento da fase lútea en mulle-res ás que se administrou a pauta deYuzpe, aínda que non parece ser oprincipal mecanismo.

4. Acción sobre o endometrio

Para a maioría de autores é o meca-nismo de acción principal. Prodúceseun atraso no desenvolvemento mor-folóxico endometrial (maduración) eunha alteración da sincronizaciónnecesaria para que se implante oblastocisto. Tamén se observou unhadiminución dos receptores esteroide-os no endometrio.

Tendo en conta que a xestacióncomeza coa implantación do embrión(o Colexio Americano de Obstetrase Xinecólogos estableceu xa en1972 o inicio da xestación na implan-tación do blastocisto, cara ó sétimodía posfecundación) e non coa fertili-zación, calquera método anticoncep-tivo (incluída a AE) que actúe antesda implantación non pode ser consi-derado abortivo. Unha vez producidaa implantación, aínda administrandoas doses hormonais corresponden-tes á AE, o embarazo non se inte-rrompe.

5. Diminuíndo o número e a mobili-dade dos espermatozoides que alcan-zan a trompa de Falopio

Parece que é un dos mecanismospolos que actúa o DIU.

Os distintos métodos utilizados naAE presentan mecanismos de accióndiferentes e posiblemente múltiples,aínda non coñecidos de todo conexactitude:

1. Inhibición ou retardo da ovulación

Segundo a maioría de estudios, esteefecto conséguese nalgunhas oca-sións (21-27%), pero a efectividadedo método de Yuzpe non sería a queen realidade presenta se éste fose oúnico mecanismo de acción, polo quese deben considerar ademais outros.

2. Alteración do transporte tubárico

A aceleración ou o enlentecementodo transporte do óvulo fecundado

prot

ocol

o de

act

uaci

ón e

n

Mecanismo de acciónMecanismo de acción

Page 11: ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA - Inicio · hormonal a AE debe realizarse só con levonorxestrel xa que é o único con indicación aprobada polo Ministerio de Sanidade e Consumo (marzo

antic

once

pció

n de

em

erxe

ncia

19

Os criterios utilizados para valorar aefectividade da AE son distintos:

• Taxa de fracasos ou de fallos.

• Porcentaxe de embarazos previdos.

Unha forma de expresar a eficacia daanticoncepción de emerxencia é cal-cular a taxa de fallos do tratamento, aporcentaxe de mulleres que quedanembarazadas, a pesar do uso da anti-concepción de emerxencia, despoisdun único coito sen protección. Senembargo, non todas as mulleres que-darían embarazadas despois dunúnico coito sen protección. Por estarazón tense suxerido que a eficaciada AE sexa expresada pola propor-ción de embarazos que serían evita-dos cun método determinado.

Para a maioría dos autores (incluído ogrupo da OMS) o tempo que trans-corre entre o coito desprotexido e aadministración do preparado hormo-nal é un factor importante a ter enconta cando valoramos a efectivida-de dos distintos métodos. Diversosestudios poñen de manifesto que osembarazos se producen nas mulleresque tomaron o preparado hormonal24 horas despois do coito desprote-xido, aínda que hai autores que con-sideran efectiva a pauta máis alá dasprimeiras 72 horas, xa que o principalmecanismo de acción é antiimplanta-torio e esta prodúcese aproximada-mente ós 6 días da ovulación.

A continuación analizamos a efectivi-dade dos distintos métodos empre-

prot

ocol

o de

act

uaci

ón e

n

EfectividadeEfectividade

Page 12: ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA - Inicio · hormonal a AE debe realizarse só con levonorxestrel xa que é o único con indicación aprobada polo Ministerio de Sanidade e Consumo (marzo

antic

once

pció

n de

em

erxe

ncia

21

gados na AE, aínda cando algúndeles careza da aprobación con estaindicación:

1. Método de Yuzpe

Admítese que a taxa de fracasos coneste método está en torno ó 3,2%,cunha porcentaxe de embarazos pre-vidos entre o 70 e o 85%.

2. Levonorxestrel (LNG)

Presenta unha taxa de fallos do 1,1%e unha porcentaxe de embarazos evi-tados do 85%.

A AE hormonal non é tan eficaz e pre-senta máis efectos secundarios que aanticoncepción hormonal regular e sóestá indicada como medida de urxen-cia. Por esta razón deben recomendar-se métodos anticonceptivos conven-cionais a aquelas persoas que deman-dan tratamentos anticonceptivos deemerxencia en repetidas ocasións.

A administración reiterada dentrodun mesmo ciclo menstrual estádesaconsellada debido á posibilidadede alteracións no ciclo e porque dimi-núe a súa eficacia.

En caso de coito non protexido duran-te o tratamento con AE, a prevenciónde embarazo pode non ser eficaz.Tampouco impedirá un embarazo encaso de ter lugar nos seguintes díasou semanas tralo tratamento.

3. Dispositivo intrauterino

É un dos métodos máis efectivos,con taxas de fallo próximas ó 0-1%. pr

otoc

olo

de a

ctua

ción

en

Page 13: ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA - Inicio · hormonal a AE debe realizarse só con levonorxestrel xa que é o único con indicación aprobada polo Ministerio de Sanidade e Consumo (marzo

antic

once

pció

n de

em

erxe

ncia

23

Avaliación clínica:

• Entrevista clínica, debe incluírunha anamnese sobre:

- Día e hora do coito de risco.Outros coitos non protexidosdurante o ciclo.

- Tipo de ciclo menstrual e data daúltima regra.

- Toma de medicación concomitante

- Risco de enfermidade de trans-misión sexual.

• Exploración: A indicación, logo devaloración clínica da paciente, nonprecisa exploración clínica ni xineco-lóxica previa no caso da AE hormo-nal. Previamente á inserción dun DIUdébese realizar un exame da pelve cofin de excluír a presencia de contrain-dicacións e valorar a posición e tama-ño do útero.

Actuación:

• En caso de que a muller esteamenstruando, de que houbese coitossen protección anteriores dentro domesmo ciclo menstrual ou haxa dúbi-das sobre a data da última regra épreciso descartar previamente unembarazo.

• Se non pasaron máis de 72 horasdesde o coito de risco pode utilizarsea píldora de levonorxestrel ás dosese intervalos recomendados.

• Se o intervalo se sitúa entre as 72e 120 horas a toma de levonorxestrelresulta pouco eficaz, mentres que oDIU mantén unha boa eficacia.

prot

ocol

o de

act

uaci

ón e

n

Avaliación médicaAvaliación médica

Page 14: ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA - Inicio · hormonal a AE debe realizarse só con levonorxestrel xa que é o único con indicación aprobada polo Ministerio de Sanidade e Consumo (marzo

antic

once

pció

n de

em

erxe

ncia

25

• Cómpre avaliar coa muller se nocoito de risco existiu a probabilidadede contraer unha ETS e se é así póren marcha un protocolo de despista-xe destas enfermidades.

• Cómpre dar unha informaciónclara e coidadosa sobre os distintosaspectos da AE hormonal (posoloxía,posibles efectos secundarios e quéfacer en caso de vómitos, etc.) áusuaria facendo fincapé ademais noseguinte:

- A AE non exerce protecciónfronte ás enfermidades de trans-misión sexual (ETS).

- Non hai razóns para pensar quese a anticoncepción de emer-xencia falla e se produce a xes-tación sexa danado o feto.

- A AE non evita o embarazo entodos os casos. En caso de que amenstruación se atrase máis de 5días sobre a data esperada, énecesario descartar un embarazo.

- Se se mantén un coito sen pro-tección durante o tratamento aprevención do embarazo podenon ser eficaz.

- A regra non se produce inmedia-tamente trala AE senón que podeaparecer uns días antes ou unsdías despois da data prevista.

- A AE hormonal non é un métodoanticonceptivo de uso habitual.

Coma en calquera outra actuaciónsanitaria deben formalizarse os rexis-tros clínicos manexados nos distin-tos ámbitos asistenciais (historia clí-nica, informe dos servicios de urxen-cias, etc.)

prot

ocol

o de

act

uaci

ón e

n

Page 15: ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA - Inicio · hormonal a AE debe realizarse só con levonorxestrel xa que é o único con indicación aprobada polo Ministerio de Sanidade e Consumo (marzo

antic

once

pció

n de

em

erxe

ncia

27

Para garantir a efectividade da AE, ebaixo criterio médico, facilitarase oacceso á súa prescrición. Esta debe-ría poderse realizar en tódolos dispo-sitivos asistenciais:

- Unidades e servicios de aten-ción primaria.

- Puntos de atención continuada.

- Centros de orientación familiar.

- Hospitais.

O levonorxestrel 0,75 mg, non aso-ciado, é o primeiro e único medica-mento oficialmente indicado enEspaña como contraceptivo poscoital(23 de marzo de 2001) e foi comer-cializado desde maio dese mesmoano. O mesmo ca outras especialida-des farmacéuticas precisa ser pres-crito e dispensado con receita médi-ca. Non foi incluído na prestación far-macéutica con cargo ó SistemaNacional de Saúde.

A atención á demanda de AE é res-ponsabilidade do médico ó que se lleformula. Se este tivese algún reparopor razóns éticas en atendela, debefacilitar información doutros recursosasistenciais e derivar coa maior bre-vidade posible á usuaria para a reso-lución do seu caso.

prot

ocol

o de

act

uaci

ón e

n

PrescripciónPrescripción

Page 16: ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA - Inicio · hormonal a AE debe realizarse só con levonorxestrel xa que é o único con indicación aprobada polo Ministerio de Sanidade e Consumo (marzo

antic

once

pció

n de

em

erxe

ncia

29

• Unha vez que a muller utilizou a AEhormonal, recomendaráselle que utili-ce métodos de barreira (preservati-vos, espermicidas) ata a aparición dopróximo ciclo, en caso de que man-teña relacións coitais, xa que a fertili-dade permanece invariable. A utiliza-ción de LNG pode realizarse en cal-quera momento do ciclo, se se pre-sentan as indicacións mencionadas.

• Despois de administrar a AE conLNG poderán utilizarse os métodosbarreira inmediatamente despoiscomo método anticonceptivo, parainserir un DIU deberá esperarse óseguinte ciclo e para a utilización dosmétodos hormonais regulares o ini-cio do seu uso establecerase segun-do o criterio clínico (xeralmente nosseguintes 5 días ó comezo do novociclo menstrual, mentres que osinxectados poden administrarse nossete días seguintes ó comezo donovo ciclo).

• En caso de que a menstruación seatrase máis de 5 días sobre a dataesperada, é necesario descartar unembarazo.

En moitos casos a demanda de AE éo primeiro contacto cos dispositivosasistenciais trala etapa pediátrica, eesta primeira experiencia pode deter-minar a súa futura relación comoadulto con eles. A oferta de informa-ción sobre AE e a prestación desteservicio deben servir de ponte parafacilitar asesoramento sobre a anti-concepción regular e a prevención deenfermidades de transmisión sexual.Ademais xoga un importante papelna captación desta poboación para arealización doutras actividades pre-ventivas e de educación sanitaria.

• Se a usuaria (ou a parella) da AEnon utilizan de maneira regular méto-dos anticonceptivos, daranse conse-llos educativos sanitarios acerca danecesidade de os utilizar, para mello-rar o coñecemento da poboaciónxeral, e da muller en particular, dosrecursos dispoñibles. Diversos estu-dios poñen de manifesto que o acce-so á educación sexual non incremen-ta a actividade sexual en adolescen-tes e, sen embargo, redúcense astaxas de END e interrupcións volun-tarias do embarazo. Tampouco aautoadministración polas usuariasincrementou a súa utilización nin oabandono da anticoncepción regularque utilizaban habitualmente.

• Se a prescrición se realiza nun dis-positivo de urxencia debe aconsellár-selle que acuda ó seu centro desaúde ou ó centro de orientaciónfamiliar de referencia para recibirinformación sobre métodos anticon-ceptivos regulares.

prot

ocol

o de

act

uaci

ón e

n

Consellos e seguimentoConsellos e seguimento

Page 17: ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA - Inicio · hormonal a AE debe realizarse só con levonorxestrel xa que é o único con indicación aprobada polo Ministerio de Sanidade e Consumo (marzo

antic

once

pció

n de

em

erxe

ncia

31

prot

ocol

o de

act

uaci

ón e

n

Algoritmo decisionalAlgoritmo decisional

Modificado de: López de Castro F, Lombardía J, Rodriguez FJ.Anticoncepción de emergencia. SEMERGEN 2001; 27: 350-7.

NON¿O coito non protexido

produciuse no período fértil?

¿É posible que estiveseembarazada?

¿Transcorreu menos de 72horas?

SOLICITUDE DE ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA

Anticoncepción deemerxencia hormonal con

LNG

Descartar embarazo Non anticoncepciónemerxenciade

¿Transcorreron menosde cinco días?

Valorar a inserccióndun DIU

NON

SI

SI

Reformular necesidade de anticoncepción(risco de embarazo moi baixo)

+TEST

-TEST

NON

SI

SI

Dar consello anticonceptivo. Citar ouderivar para seguimento.

Page 18: ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA - Inicio · hormonal a AE debe realizarse só con levonorxestrel xa que é o único con indicación aprobada polo Ministerio de Sanidade e Consumo (marzo

antic

once

pció

n de

em

erxe

ncia

33

Braken MB. Oral contraception and conge-nital malformations in offsprings: a reviewand metanalysis of the prospective studies.Obstet Gynecol 1990; 76: 552-7.

Carlón R, Gracía RF, González A, MartínezMM, Suárez P. Intercepción postcoital hor-monal: estudio sobre actitudes y prescrip-ción de los médicos de atención primaria.Aten Primaria 2000; 26: 595-9.

Centro andaluz de información de medica-mentos. Escuela Andaluza de Salud Pública.Contracepción postcoital con levonorges-trel sólo. Bol Ter Andal 2001; 17: 156.

Consortium for emergency contraception.Emergency contraeptive pills: medical andservice delivery guidelines. Disponible enURL [fecha de acceso 5 de septiembre de2002]: http://www.cecinfo.org/files/Medical-Service-Delivery-Guidelines.rtf

Cheng L, Gülmezoglu AM, Ezcurra E, VanLook PFA. Interventions for emergencycontraception (Cochrane Review). En: TheCochrane Library, Issue 4 2002. Oxford:Update Software, 2000.

Gayoso P, Doval JL, Sueiro E, Perdiz C.Uso y efectos de la anticonepción postcoi-tal. Aten Primaria 1997; 20: 305-10.

Glasier A. Emergency poscoital contracep-tion. N Engl J Med 1997; 337: 1058-64.

Glasier A, Baird D. The effects of self-admi-nistered emergency contraception. N Engl JMed 1998; 339: 1-4.

Graham A, Green L, Glasier A. Teenagers’Knowledge of emergency contraception:questionnire survey in South East Scotland.BMJ 1996; 312: 1567-9.

Grimes DA. Emergency contraception.Expanding opportunities for primary preven-tion. N Engl J Med 1977; 337: 1078-9.

Grimes D, Hanson V, Somdheimer S. Newapproches to emergency contraception.Patient Care 2001; 35: 19-37.

Grou F, Rodrigues I. The morning-after pill-how long after? Am J Obstet Gynecol 1994;171: 1529-34.

Grupo Internacional para AsesoramientoMédico de la Federación Internacional dePlanificación de la Familia (IMAP). Declaracióndel IMAP sobre la anticoncepción de emer-gencia. Bol Med IPPF 2000; 34: 1-4.

Álvarez D, Arribas L, Cabero L, Lete I, OlléC, De Lorenzo R. Guía de actuación en anti-concepción de emergencia. La píldora del díadespués. Barcelona: Pulso ediciones; 2002.

American College of Obstetricians andGynecologists. ACOG practice patterns.Emergency oral contraception, nº 2. Int JGynaecol Obstet 1997; 56: 203-10.

American College of Obstetricians andGynecologists. Practice Bulletin: Clinicalmanagement guidelines for obstetrician-gynecologists. Emergency oral contracep-tion. Obstet Gynecol 2001; 97: 1-8.

Albertazzi P. Emergency contraception:WHO Task force study (correspondence).Lancet 1998; 352: 1223.

Bacic M, De Casparis AW, Diczfalusy E.Failure of large doses of ethinylestradiol tointerfere with early embryonic developmentin the human species. Am J Obstet Gynecol1970; 107: 531-4.

Bailón E, Arribas L. La píldora del día des-pués: una segunda oportunidad. AtenPrimaria 2002; 29 (7): 430-2.

prot

ocol

o de

act

uaci

ón e

n

BibliografíaBibliografía

Page 19: ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA - Inicio · hormonal a AE debe realizarse só con levonorxestrel xa que é o único con indicación aprobada polo Ministerio de Sanidade e Consumo (marzo

antic

once

pció

n de

em

erxe

ncia

35

Kubba AA. Hormonal ostcoital contracep-tion. Eur J Contracept Reprod Health Care1997; 2: 101-4.

Kubba AA, Whithe JO, Guillebaud J, ElderMG. The biochemistry of human endome-trium after two regimen of postcoital con-traception: a dnorgestrel/ethinylestradiolcombination or danazol. Fertil Steril 1986;45: 512-6.

Lete I, Arróniz M, Esquisábel R.Anticoncepción de emergencia. AtenPrimaria 2001; 28: 59-68.

Lete I, Casasús A, Lertxundi R, EtxebarriaA, Giménez E, Peciña ML et al.Contracepción poscoital con bajas dosis deestroprogestágenos. Prog Obst Gin 1995;38: 539-43.

Ling WY, Robichaud A, Zayid I, Wrixon W,MacLeod SC. Mode of action of dl-norges-trel and ethinylestradiol combination in pos-coital contraception. Fertil Steril 1979; 32:297-302.

López de Castro F, Lombardía J, RodriguezFJ. Anticoncepción de emergencia.SEMERGEN 2001; 27: 350-7.

Matheson CI, Smith BH, Flett G, Bond CM,Kennedy EJ, Michie C et al. Over-the-coun-ter emergency contraception: a feasibleoption. Family Practice 1998; 15: 38-43.

Navarro H, Morera J. Los anticonceptivosorales: criterios de selección, utilización ymanejo. Inf Ter Sist Nac Salud 1997; 21: 1-10.

OMS. Anticoncepción de emergencia. Guíapara la prestación de servicios. Ginebra:OMS, 1998.

Piaggio G, Von Hertzen H, Grimes DA, VanLook PFA. Timing of emegency contracep-tion with levonorgestrel or the Yuzpe regi-men. Lancet 1999; 353: 721.

Ramírez A. Intercepción postcoital. FMC2000; 7:187-94.

Rowlands A, Kubba A, Guillebaud J,Bounds W. A possible mechanism of actionof danazol and ethinylestradil/norgestrelcombination used as poscoital contracepti-ve agents. Contraception 1986; 33: 539-45.

Russell J, Rodriguez G, Ellerston C.Updates estimates of the effectiveness ofthe Yuzpe regimen of emergency contra-ception. Contraception 1999; 59: 147-51.

Guía de contracepción [en liña] [data deacceso: 5 de setembro de 2002].Dispoñible en:www.fisterra.com/guias2/anticoncepción.htm

Guillebaud J. Time for emergency contra-ception with levonorgestrel alone. Lancet1998; 352: 416-7.

Harper C, Ellerston C. The emergency con-traceptive pills: a survey of knowledge andattitudes asmong students at PrincetonUniversity. Am J Obstet Gynecol 1995;173: 1438-45.

Haya J, De los Reyes S, Lertxundi R.Aspectos legales en la adolescencia. En:Sociedad Española de Contracepción.Manual de salud reproductiva en la adoles-cencia. Aspectos básicos y clínicos.Zaragoza: 2001; p. 837-50.

Kosunen E, Vikat A, Rimpelä M, Rimpelä A,Huhtala H. Questionnaire study of use ofemergency contraception among teena-gers. BMJ 1999; 319: 91.

prot

ocol

o de

act

uaci

ón e

n

Page 20: ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA - Inicio · hormonal a AE debe realizarse só con levonorxestrel xa que é o único con indicación aprobada polo Ministerio de Sanidade e Consumo (marzo

antic

once

pció

n de

em

erxe

ncia

37

Wertheimer RE. Emergency postcoital con-traception. Am Fam Physician 2000; 62:2287-92.

WHO. Improving access to quality care infamily planning: medical elegibility criteriafor contraceptive use. 2ª ed. Ginebra:WHO; 2001.

Wright DW, Thompson PM. Monitoring aposcoital contraceptive service. Br J FamPlann 1986; 12: 88–9.

Yuzpe AA, Lance WJ. Ethinylestradiol anddl-norgestrel as a poscoital contraceptive.Fertil Steril 1977; 28: 932-6.

Yuzpe AA, Smith PR, Radenmayer AW. Amulticenter clinical investigation employingethynilestradiol combined with norgestrel asa postcoital contraceptive agent. FertilSteril 1982; 37: 508-13.

prot

ocol

o de

act

uaci

ón e

n

Sánchez-Borrego R, Balasch J. The Yuzpemethod for postcoital contraception: ethiny-lestradiol plus dl-norgestrel or levonorges-trel. Hum Reprod 1996; 11: 2449-2453.

Task Force on Postovulatory Methods ofFertility Regulation. Randomised controlledtrial of levonorgestrel versus the Yuzpe regi-men of combined oral contraceptives foremergency contraception. Lancet 1998;352: 428-33.

Tejerizo LC, Lanchares JL. Contracepciónposcoital precoz y tardía. Inf Ter Sist NacSalud 1993; 17: 157-66.

Trussell J, Durán V, Shochet T, Moore K.Access to emergency contraception.Obstet Gynecol 2000; 95: 267-70.

Trussell J, Ellerston C. Efficacy of emer-gency contraception. Fertil Control Rev1995; 4: 8-11.

Trussell J, Ellerston Ch, Rodríguez G. TheYuzpe regimen of emergency contraception:How long after the morning after. ObstetGynecol 1996; 88: 150-4.

Trussell J, Rodríguez G, Ellerston C.Updates estimates of the effectiveness ofthe Yuzpe regimen of emergency contra-ception. Contraception 1999; 59: 147-51.

Trussell J, Steward F. The effectiveness ofpostcoital contraception. Fam PlannPerspect 1992; 24: 262-4.

Van Look PFA. Anticoncepción postcoital:¿Un futuro más prometedor?. Entre nous:the european magazine for reproductivehealth 1998; 39: 2.

Van Santen MR, Haspels AA. A comparisonof high-dose estrogens versus low-doseethinylestradiol and norgestrel combinationin oscoital interception: a study in 493women. Fertil Steril 1983; 292-7.

Von Hertzen E, Van Look FA. Randomisedcontrolled trial of levonorgestrel ersus theYuzpe regimen of combined oral contracep-tives for emergency contraception. Lanncet1998; 352: 428-33.

Webb AM. Intrauterine contraceptive devi-ces and antigestagens as emergency con-traception. Eur J Contracept Reprod HealthCare 1997; 2: 243-6.

Webb AM. Emergency contraception: is ittime to change method?. BMJ 199; 318:342-3.

Page 21: ANTICONCEPCIÓN DE EMERXENCIA - Inicio · hormonal a AE debe realizarse só con levonorxestrel xa que é o único con indicación aprobada polo Ministerio de Sanidade e Consumo (marzo

División de Asistencia Sanitaria

CONSELLERÍA DE SANIDADEDE GALICIA

División de Asistencia Sanitaria

CONSELLERÍA DE SANIDADEDE GALICIA