Antonio Brunet y Talleda - culturagalega.gal

4
ÁLBUM DA CIENCIA: A elaboración desta nova versión do Álbum da Ciencia supón un esforzo investigador e divulgativo dun amplo equipo de especialistas. A dirección foi encomendada a Xosé A. Fraga Vázquez, da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello, quen contou coa colaboración do coordinador desa Sección, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, na codirección, e de Alfonso Mato na coordinación e redacción. Antonio Brunet y Talleda Unha actividade investigadora de primeira orde na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago Nacemento:Hostalrich (Girona) 1827. Falecemento: Madrid 1876 Autor/a da biografía: Bermejo Patiño, Manuel; Sisto Edreira, Rafael; Fandiño Veiga, Xosé Ramón Data de alta: 18/04/2013 Ámbitos de ocupación: Bioquímica / Antonio Brunet y Talleda realizou os seus primeiros estudos no Seminario Conciliar de Xirona e na Escola

Transcript of Antonio Brunet y Talleda - culturagalega.gal

Page 1: Antonio Brunet y Talleda - culturagalega.gal

ÁLBUM DA CIENCIA:

A elaboración desta nova versión do Álbum da Ciencia supón un esforzo investigador e divulgativo dun amplo equipo de

especialistas. A dirección foi encomendada a Xosé A. Fraga Vázquez, da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello,

quen contou coa colaboración do coordinador desa Sección, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, na codirección, e de Alfonso Mato na

coordinación e redacción.

Antonio Brunet y

TalledaUnha actividade

investigadora de primeira

orde na Facultade de

Farmacia da Universidade de

SantiagoNacemento:Hostalrich (Girona) 1827. Falecemento: Madrid

1876

Autor/a da biografía: Bermejo Patiño, Manuel; Sisto

Edreira, Rafael; Fandiño Veiga, Xosé Ramón

Data de alta: 18/04/2013

Ámbitos de ocupación: Bioquímica /

Antonio Brunet y Talleda realizou os seus primeiros estudos no Seminario Conciliar de Xirona e na Escola

Page 2: Antonio Brunet y Talleda - culturagalega.gal

de Retórica da mesma cidade. En Barcelona obtivo o grao de bacharel en Filosofía en 1844 e, despois,

estudou a carreira de Farmacia, na que se licenciou en 1850. Cursou o doutoramento en Madrid e recibiu a

investidura en 1860. No curso seguinte completou a formación cun curso complementario de álxebra,

xeometría e trigonometría rectilínea e esférica. Rematados os estudos, arredor do ano 1856 conseguiu

praza de farmacéutico no Hospital de Santa Catarina e durante unha tempada tamén exerceu como

farmacéutico de número da Beneficencia Municipal de Lleida.

Mediante oposición, a finais de 1862, Brunet obtivo a cátedra de Química Orgánica da Facultade de

Farmacia da Universidade de Santiago. En 1872 pasou a ocupar, por petición reitoral, a cátedra de Análise

química correspondente aos estudos de doutoramento e, ao ano seguinte e a petición propia, encargouse

da cátedra de Materia Farmacéutica Animal e Mineral. Desde marzo de 1871 encargouse da dirección do

xardín Botánico da Universidade. En marzo de 1876 abandonou Santiago por acceder á mesma cátedra

na Universidade de Madrid. Interinamente desempeñou as cátedras de Química Inorgánica e de Historia

da Farmacia. Foi decano da Facultade entre 1866 e 1875.

A maior parte da súa actividade científica desenvolveuna durante a súa longa estancia en Santiago. Neste

sentido, cómpre citar, en primeiro lugar, o discurso na solemne apertura do curso 1864-65 na

Universidade, no que conclúe que os elementos da materia de animais e plantas son iguais aos que se

atopan en compostos do reino mineral, que os vexetais os toman do aire e da auga que baña a terra na

que se atopan os compostos inorgánicos necesarios para a nutrición, e que os animais reciben das plantas

a materia xa organizada sen que eles sexan nunca produtores de tal materia. No discurso faltan as

referencias relixiosas típicas da época.

Pouco despois publicou a súa principal obra, Curso de farmacia Químico orgánica (Brunet, 1867). Dividida

en dúas partes, na primeira fai un estudo dos medicamentos orgánicos en xeral, analizando propiedades,

conservación, nomenclatura, clasificación, etc... Na segunda parte estuda por separado os máis

importantes, incluíndo sinonimia, composición, historia e propiedades. Este estudo semella completo e

actualizado xa que, por exemplo, contén as teorías da fermentación de Berzelius e Pasteur.

A nivel didáctico hai que subliñar unha obriña de 18 páxinas na que se recolle unha Sinopsis de la

clasificación y principales características de los ácidos y de las bases... (Brunet, 1874), na que segue a

clasificación de Fresenius, aínda que nalgúns casos contradí con probas experimentais.

Outras publicacións interesantes elaboradas en Santiago son, Estudios sobre algunas preparaciones

químicas y farmacéuticas, publicado no ano 1872, e numerosos artigos na revista profesional El

Restaurador Farmacéutico. Trátase dunha serie de 17 artigos publicados entre 1871 e 1874, que estudan

novos métodos de preparación de produtos químicos (ácido clorhídrico, amoníaco, ácido benzoico,

piroxilina, etc.), métodos de purificación de substancias (sulfato cúprico, antimonio, sulfato de cinc, etc.), e

algunhas anotacións sobre preparados específicos. Unha relación completa de máis dunha ducia de

artigos nesta revista foi recollida por Roldán Guerrero (1958).

Coa chegada de Brunet a Santiago, a cátedra de Química Orgánica acadou a estabilidade da que non

gozara desde que se creara en 1860. A súa longa permanencia nela, desde finais de 1862 ata 1873,

caracterizouse polo desenvolvemento dunha actividade investigadora de primeira orde que destacou no

Page 3: Antonio Brunet y Talleda - culturagalega.gal

conxunto da Facultade de Farmacia.

Bibliografía:

Fontes documentais:

Arquivo Histórico da Universidade de Santiago. Expedientes persoais, cartafol 158.

Fontes impresas:

BRUNET Y TALLEDA. A.: Averiguación de donde procede la materia de que constan los animales y las

plantas y qué se hace de ella cuando estos seres después de su muerte desaparecen de la superficie de la

tierra, discurso lido na Universidade de Santiago na solemne apertura do curso académico de 1864 a

1865.

BRUNET Y TALLEDA, A. (1864): De donde proceden las materias de los vegetales y animales, Santiago:

Tip. Manuel Mírás.

BRUNET Y TALLEDA, A.: (1874): Sinopsis de la clasificación y principales características de los ácidos y

de las bases..., Madrid: Tipografía del Hospicio.

BRUNER Y TALLEDA, A. (1876): Curso de Farmacia Químico orgánica, Santiago: Tipografía de José M.

Paredes.

BRUNET Y TALLEDA, A. (1864): Discurso leido en la Universidad de Santiago: en la solemne apertura del

curso académico de 1864 a 1865, Santiago: Universidad.

BRUNET Y TALLEDA, A. (187/4): Sinopsis de la clasificación y principales caracter cit.cas de los ácidos .y

de las bases, Madrid: Tip. Del Hospicio.

Bibliografía secundaria:

ROLDAN GUERRERO, R. (1958). Diccionariro biográfico y bibliográfico de autores farmacéuticos

españoles, Madrid: Real Academia de Farmacia.

MÁIZ ELEIZEGUI, L. (1960). Historia de la Enseñanza de Farmacia en Santiago: cien años de vida de la

Facultad: 1857-1957, Santiago: Universidad.

Page 4: Antonio Brunet y Talleda - culturagalega.gal

FRAGA VÁZQUEZ, X.A. (1992): Bioloxía na Galiza na segunda metade do século XIX (1868-1903)

[Microforma] ensino, divulgación, debates, producción, institucionalización e recepción de novidades,

Santiago: Universidade.

BARREIRO FERNÁNDEZ, X. R. (2003): Historia da Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de

Compostela: Universidad, Parlamento de Galicia.

GURRIARÁN, Ricardo (2006): Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1990-1940). Do influxo

institucionosta e a JAE á depuración do profesorado, Santiago, Universidade.

MIÑONES TRILLO, J. (2010): Anecdotario de los primeros años de la Facultad de Farmacia de Santiago

de Compostela (siglo XIX: Un recuerdo a sus profesores y alumnos distinguidos, Discurso leído en la

solemne sesión inaugural celebrada el 20 de enero de 2010, Madrid: Real Academia Nacional de

Farmacia.

Como citar esta páxina:

Bermejo Patiño, Manuel; Sisto Edreira, Rafael; Fandiño Veiga, Xosé Ramón ([2013], “Antonio Brunet y Talleda”, en Álbum

da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 30/06/2022] [URL:

http://www.culturagalega.org/albumdaciencia/detalle.php?id=439

Máis información e materiales complementarios en

http://www.culturagalega.org/albumdaciencia/detalle.php?id=439

Un proxecto do

Consello da Cultura Galega

Pazo de Raxoi, 2º andar

15705 Santiago - A Coruña

Tel.: +34 981957202