Aula agustín fernández paz
-
Upload
as-ferreiras-silleda -
Category
Documents
-
view
935 -
download
7
description
Transcript of Aula agustín fernández paz
NO IES PINTOR COLMEIRO
Aula Agustín Fernández Paz
Aula Agustín Fernández Paz
Comenzou a xornada preparando a aula. Velaquí a un profesor comprobando a conexión e o funcionamento do Skype.
Aula Agustín Fernández Paz
Ao comenzo da clase conectámonos con Agustín, el estaba en Vigo, nós en Silleda. Todo funcionou perfectamente.
Aula Agustín Fernández Paz
Os alumnos saudaron ao escritor e fixeron unha descrición do máis importante do concello de Silleda.
Agustín agradeceu a invitación e asegurou que coñecía ben o noso concello
Aula Agustín Fernández Paz
O alumnado fíxolle moitas preguntas ao escritor. Moitas delas sobre libros del que leran este curso: como construíra algúns personaxes, se tiñan características súas, sobre como concebía as ideas para as novelas….
Aula Agustín Fernández Paz
Agustín recomendounos ler moito. Fixo referencia a moitos escritores que conviña ler, como Ángel Valente, Roald Dahl ou Álvaro Cunqueiro
Aula Agustín Fernández Paz
Comentounos que para aprender a escribir conviña coller algún texto de boa literatura e “mirarlle as costuras”
Aula Agustín Fernández Paz
Tamén fixo referencia ao cine. Laiouse da dificultade de poder ver boas películas. Se nunha cidade como Vigo esta empresa é moi complicada, en vilas como Silleda vólvese imposible.
Aula Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz tamén nos fixo algunhas confesións:
Le todos os anos o libro “A illa misteriosa” de Jules Verne.
“Non hai noite tan longa” é o libro con máis cousas súas.
Aula Agustín Fernández Paz
Tamén nos contou como pasou un día enteiro, el só, na Illa de San Simón e de cómo esa xornada lle serviu de inspiración para escribir un libro.
Aula Agustín Fernández Paz
Tamén fixo referencia outra vez á Illa de San Simón. Cando pensamos nun campo de concentración a idea váisenos a pensar en Auschwitz, pero San Simón tamén tivo ese triste cometido.
Aula Agustín Fernández Paz
En defitiniva, foi unha xornada que nos deixou un rastro inesquecible da man dun autor próximo, amable e encantador.
Para certificalo a aula recibirá o nome de Agustín Fernández Paz.