Bases v2 concurso de fotografía rosaliabibliotecas estradenses

1
Concurso de fotografía Rosalía en A Estrada Convocado polas bibliotecas escolares dos tres institutos de A Estrada (IES Antón Losada Diéguez, IES n.º 1 e IES Manuel García Barros) Este concurso conmemora o día de Rosalía, 24 de febreiro, e as fotografías versarán sobre a obra da autora. Bases do concurso 1. Tema A fotografía servirá para ilustrar un poema de Rosalía de Castro. En cada categoría haberá dous poemas, dos que o participante escollerá un para relacionalo coa súa fotografía. 2. Participantes O concurso vai dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Educación de adultos que estea actualmente matriculado nun dos tres institutos convocantes, e que non teña máis de 20 anos. Non poderán presentarse profesores, exalumnos, persoal non docente, nin persoas alleas aos centros convocantes. 3. Características técnicas As fotografías presentaránse só en formato dixital (jpg), cun tamaño máximo de 2400 px no lado maior e unha resolución de 150 ppp, en cor ou B/N, e non poderán levar marcas de auga. Cada participante poderá presentar só unha fotografía cun título identificativo: esta será orixinal e inédita (non publicada, tanto en soporte dixital coma analóxico); ademais, non estará suxeita a compromisos editoriais nin pasados nin futuros. Todos os participantes ceden os dereitos de imaxe da súa obra (sen remuneración económica algunha) ás bibliotecas organizadoras do concurso para a súa edición e difusión en distintos soportes, comprometéndose os organizadores a citar a autoría. 4. Presentación Os participantes enviarán o arquivo coa fotografía titulada ao enderezo electrónico [email protected], e indicarán nese correo (i) o seu pseudónimo, (ii) o título da fotografía, (iii) o poema escollido, e (iv) a categoría na que participa. A continuación, entregarán na secretaría de calquera dos tres centros convocantes un sobre pechado, indicando no exterior o seu pseudónimo e o título da fotografía. Dentro do sobre introducirán o seu nome real completo, o seu teléfono e o pseudónimo e fotografía cos que se presentan. O prazo de entrega remata o 24 de febreiro de 2016. O premio fallarase o mércores 2 de marzo. 5. Xurado O xurado estará composto por tres profesores, un de cada instituto convocante. Actuará de secretario do xurado, con voz pero sen voto, o coordinador dunha das bibliotecas escolares de A Estrada. 6. Premios Haberá tres categorías con cadanseu premio (un libro e unha película): Primeiro ciclo de ESO. Poemas: “Lúa descolorida” e “Chirrar dos carros da Ponte.” Segundo ciclo de ESO. Poemas: “Como chove miudiño” e “Calade.” Bacharelato, ciclos superiores de FP e educación de adultos. Poemas: “Tecín soíña a miña tea” e “Para A Habana.”

Transcript of Bases v2 concurso de fotografía rosaliabibliotecas estradenses

Page 1: Bases v2 concurso de fotografía rosaliabibliotecas estradenses

Concurso de fotografía

Rosalía en A Estrada Convocado polas bibliotecas escolares dos tres institutos de A Estrada

(IES Antón Losada Diéguez, IES n.º 1 e IES Manuel García Barros)

Este concurso conmemora o día de Rosalía, 24 de febreiro, e as fotografías versarán sobre a obra da autora.

Bases do concurso

1. Tema A fotografía servirá para ilustrar un poema de Rosalía de Castro. En cada categoría haberá dous poemas, dos que o participante escollerá un para relacionalo coa súa fotografía.

2. Participantes O concurso vai dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Educación de adultos que estea actualmente matriculado nun dos tres institutos convocantes, e que non teña máis de 20 anos. Non poderán presentarse profesores, exalumnos, persoal non docente, nin persoas alleas aos centros convocantes.

3. Características técnicas ●As fotografías presentaránse só en formato dixital (jpg), cun tamaño máximo de 2400 px no lado maior e unha resolución de 150 ppp, en cor ou B/N, e non poderán levar marcas de auga. ●Cada participante poderá presentar só unha fotografía cun título identificativo: esta será orixinal e inédita (non publicada, tanto en soporte dixital coma analóxico); ademais, non estará suxeita a compromisos editoriais nin pasados nin futuros. ●Todos os participantes ceden os dereitos de imaxe da súa obra (sen remuneración económica algunha) ás bibliotecas organizadoras do concurso para a súa edición e difusión en distintos soportes, comprometéndose os organizadores a citar a autoría.

4. Presentación ●Os participantes enviarán o arquivo coa fotografía titulada ao enderezo electrónico [email protected], e indicarán nese correo (i) o seu pseudónimo, (ii) o título da fotografía, (iii) o poema escollido, e (iv) a categoría na que participa. ●A continuación, entregarán na secretaría de calquera dos tres centros convocantes un sobre pechado, indicando no exterior o seu pseudónimo e o título da fotografía. Dentro do sobre introducirán o seu nome real completo, o seu teléfono e o pseudónimo e fotografía cos que se presentan. ●O prazo de entrega remata o 24 de febreiro de 2016. O premio fallarase o mércores 2 de marzo.

5. Xurado O xurado estará composto por tres profesores, un de cada instituto convocante. Actuará de secretario do xurado, con voz pero sen voto, o coordinador dunha das bibliotecas escolares de A Estrada.

6. Premios Haberá tres categorías con cadanseu premio (un libro e unha película): —Primeiro ciclo de ESO. Poemas: “Lúa descolorida” e “Chirrar dos carros da Ponte.” —Segundo ciclo de ESO. Poemas: “Como chove miudiño” e “Calade.” —Bacharelato, ciclos superiores de FP e educación de adultos. Poemas: “Tecín soíña a miña tea” e “Para A Habana.”