BIBLIOTECA DA FACULTADE DE CC DA EDUCACIÓN educacion.udc.es BIBLIOTECA UNIVERSITARIA
description
Transcript of BIBLIOTECA DA FACULTADE DE CC DA EDUCACIÓN educacion.udc.es BIBLIOTECA UNIVERSITARIA
BIBLIOTECA DA FACULTADE DE CC DA EDUCACIÓN
www.educacion.udc.es
BIBLIOTECA UNIVERSITARIA
www.udc.es/biblioteca
HORARIO8.30 a 21.30luns a venres
Introducción:
Globalización económica e cultural, rápidos cambios tecnolóxicos e impacto das tecnoloxías da información e comunicación “Sociedade do coñecemento”:
Obsolescencia dos coñecementos é cada vez máis rápida.
Manterse ao día sobre unha disciplina implica dedicar moito
tempo á formación e información.
Necesidade dunha serie de estratexias para poder buscar e
seleccionar a información máis relevante e útil.
Aprendizaxe ao longo da vida e a adquisición de habilidades
para xestionar a información.
Mapa de ruta:
¿Qué preciso? Utilizarei AtopareiSaber se temos unha publicación na Biblioteca
Catálogo da biblioteca Se temos a publicación e se está ou non dispoñible
Material audiovisual para completar os contidos dunha clase
Catálogo da Biblioteca ou o noso wiki: cineduca.pbwiki.com
Películas, documentais…
Saber qué revistas ten subscritas a biblioteca
Listado A/Z da web da Biblioteca Títulos de revistas, referencia bibliográfica e saber se teñen ou non acceso electrónico.
Saber que revistas hai no meu campo de investigación
Directorios de revistas: Ulrich's, a base de datos do ISSN, Journal Citation Report.
Títulos de revistas cos datos editoriais e no caso do Ulrich tamén as bases de datos que as indizan, e no JCR o factor de impacto
Un estudo máis profundo Bases de datos Referencias de artigos de revista ou o artigo a texto completo
Realizar unha procura bibliográfica Podes solicitala na biblioteca ou ben realizala tí mesmo/a utilizando as bases de datos
Unha bibliografía sobre un tema específico.
Realizar unha bibliografía sobre un tema determinado
Catálogos de bibliotecas Bases de datos
Libros
Artigos de revista
Xestionar as miñas citas bibliográficas para facer unha bibliografía ou traballar con elas
Os xestores de citas bibliográficas: Refworks ou Endnote.
Poderei ter tantas bibliografías como queira actualizadas e co estilo para citas bibliográficas do meu campo (APA, p.e).
Mapa de ruta:
¿Qué preciso? Utilizarei AtopareiManterme ao día sobre o meu traballo Crear unha alerta informativa nas
bases de datos do meu interés. Acudir a foros e listas de distribución
Información actualizada.
Colegas que traballan no mesmo ámbito.Discusións vivas sobre o tema
Coñecer as citas que teñen os meus traballos
As bases de datos do ISI (SSCI, JCR), Latindex, Eric, Scimago, IN-RECS...
O impacto dos meus traballos
Quero publicar un artigo ou un traballo científico
Repositorios dixitais Un espazo aberto no que dar maior visibilidade ao meu traballo
Unha ferramenta dinámica para poder poñer os contidos do curso, os exames, e ao mesmo tempo que podan participar os meus alumnos/as.
As utilidades que ofrece a web 2.0, son gratuítas, sinxelas e permiten a comunicación social.
Ou a plataforma Moodle.
Blogs, wikis, plataformas de autoaprendizaje.
Mercar libros para a Biblioteca ou o Departamento
Entrar na intranet da Facultade Facilidades para solicitalos ás librerías nas que merco habitualmente, saber sempre os libros que pedín, se están xa na biblioteca, se están esgotados ou se están pendentes de recibir, o saldo que me queda.
• Nova normativa de préstamo• Documentos que se poden levar en préstamo.• Documentos con características especiais:
TesesTestDepósitoReferenciaRevistas
PRÉSTAMO
SÓ SE PODEN CONSULTAR NA BIBLIOTECA
http://www.udc.es/biblioteca
No catálogo da UDC podes consultar:
Todos os documentos catalogados na UDC (libros,
revistas, cd-roms, dvd, teses....) de calquera biblioteca
Se o documento está ou non dispoñible
Ubicación á que pertence
Consultar o meu rexistro de usuario/a
Consultar a bibliografía recomendada para cada
materia: facendo a busca por profesor ou por materia
CATÁLOGO DA UDC
Ademais do catálogo da Biblioteca da UDC podedes consultar outros
coma por exemplo:
Catálogos colectivos
REBIUN: É o catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas
Universitarias Españolas. Pola amplitude dos seus fondos (máis de 70
bibliotecas) é unha fonte de información moi interesante.
Catálogo CBUC: é o catálogo colectivo do Consorcio de Bibliotecas
Universitarias de Catalunya.
Directorios de catálogos de bibliotecas universitarias
Bibliotecas universitarias y de investigación españolas (CSIC)
Libweb: directorio internacional
OUTROS CATÁLOGOS DE BIBLIOTECAS
A Biblioteca está subscrita entre outros aos seguintes libros electrónicos:
ACM Digital Library : Informática Espasa Universal
LION (Literature Online): máis de 350.000 obras a texto completo de literatura en lingua inglesa desde o século XVIII ata os nosos días.
NetLibrary NetLibrary é unha plataforma de OCLC que ofrece ás bibliotecas académicas acceso a contidos electrónicos como apoio á investigación, referencia e aprendizaxe na Web. A colección accesible está formada por 979 libros electrónicos adquiridos e 3400 máis de libre acceso de distintas materias.
Oxford English Dictionary
LIBROS ELECTRÓNICOS
COMO LOCALIZAR E/OU ACCEDER ÁS REVISTAS DA BUDC Hai varias vías para localizar/acceder ás revistas da colección da Biblioteca:
Catálogo da Biblioteca: para localizar as revistas en formato papel e papel/electrónico
SFX: para acceder as revistas en formato electrónico
Listaxe A/Z da Biblioteca Universitaria: para localizar revistas electrónicas por título de calquera materia.
Listaxe A/Z da Biblioteca da Facultade de CC da Educación: para saber qué revistas temos na biblioteca en papel (abertas ou pechadas) e cales en versión electrónica.
Acceso por provedores: dende os portais dos distintos proveedores (Web da Hemeroteca)
REVISTAS
• Son portais onde se reúne unha colección de revistas-e (xeralmente dunha editorial)Son mulitidisciplinares (a maioría) ou especializados nunha área determinada.
• Funcionalidades: Persoalización, busca no contido das revistas, creación de alertas, etc...
• Acceso: – Dende a Web da Biblioteca > Biblioteca > Colección > Revistas – Algúns portais con cobertura ampla en Ciencias Sociais:
»Taylor and Francis»Cambridge Journals Online »JSTOR »Oxford »Project Muse
ACCESO DENDE OS PROVEDORES
É un buscador e enlazador de recursos electrónicos que permite
localizar os documentos a texto completo subscritos pola biblioteca
universitaria ou a través do consorcio Bugalicia. Permite enlazar
co texto completo de artigos, libros, actas de congresos,
estándares, títulos gratuítos e tamén con outros recursos da
biblioteca como o catálogo en liña, o xestor de referencias
Refworks, Google Scholar, etc.
Esta ferramenta proporciona enlaces entre diferentes recursos de
información posibilitando, cun só clic, ver todas as opcións de
acceso que pode ofertar a Biblioteca para un determinado recurso.
Débese ter en conta que a busca non se fai no contido das obras,
senón nos títulos das mesmas.
Agora aperece integrado no multibuscador PÓRTICO.
SFX
É un multibuscador que permite o acceso a multitude de recursos-e
que ten a Bibilioteca Universitaria da Coruña.
Pódese acceder dende calquera ordenador da UDC ou dende fóra da
universidade utilizando o proxy.
Ten 3 opcións:
BUSCA: permite buscar en todos os recursos.
RECURSOS: permite localizar un recurso concreto e facer a busca a
través de Pórtico ou acceder a información do recurso.
SFX: permite localizar e enlazar cos recursos a texto completo.
PÓRTICO
PÓRTICO- EXEMPLO DE BUSCA
PÓRTICO
COMPROBAR OS FONDOS DISPOÑIBLES NA BIBLIOTECA
Dialnet é un portal de difusión da produción científica hispana. Tamén recolle teses de 22 universidades españolas (67 teses da UDC)
SUMARIOS DE REVISTAS: DIALNET
SUMARIOS DE REVISTAS: COMPLUDOC
O chamado acceso aberto ou Open Access permite o acceso libre, sen restriccións ao material educativo e académico, sobre todo a artigos de investigación científica.
Dende a páxina web da Biblioteca da UDC temos acceso a un listaxe dos principais repositorios, nacionais e internacionais, que recollen información en acceso aberto:
http://www.udc.es/biblioteca/galego/acceso_abierto.htm
ACCESO ABERTO (OPEN ACCESS)
ACCESO ABERTO (OPEN ACCESS)
REPOSITORIOS DE ACCESO ABERTO
Destaca o buscador de recursos en acceso aberto GOOGLE SCHOLAR ou Google Académico: http://scholar.google.es/
ACCESO ABERTO (OPEN ACCESS)
ENLACE AO TEXTO COMPLETO
É o repositoiro dixital da Universidade que recolle a produción científica dos investigadores da UDC coa finalidade dunha maior difusión, facilitando a súa accesibilidade en Internet http://dspace.udc.es
A actualización é continua, incorporándose regularmente novas referencias.
UDC SPACE
ACCESO DENDE FÓRA DA UDC
A consulta a través do proxy permite consultar a colección electrónica (revistas, libros, bases de datos) dende os ordenadores que non están conectados a rede da UDC.
http://www.udc.es/biblioteca/galego/acceso_remoto.htm
Informa sobre o procedemento a seguir para a conexión dependo do tipo de conexión que teñamos.
ACCESO DENDE FÓRA DA UDC
ACCESO DENDE FÓRA DA UDC
Base de datos TESEO: recolle información das teses doctorais das Universidades
españolas dende 1976. Se non temos na Universidade algunha tese que necesites
consultar podes solicitala utilizando o Servizo de Préstamo Interbibliotecario.
Existen ademaiis outros repositorios de teses doutras universidades españolas, que
recollen as teses en formato electrónico, entre os que destacan:
Repositorio UDC-DSpace que recolle as últimas teses da Universidade a texto
completo.
TDR: Tesis Doctorales en Red: que recolle, en formato dixital, as teses lidas nas
universidades de Cataluña, pero tamén recolle teses doutras universidades españolas.
E-Prints Complutense: arquivo institucional da Universidade Complutense que recolle
3600 teses a texto completo en acceso aberto.
Dialnet: Base de datos de teses doctorais de universidades españolas, na que
participa a Universidade da Coruña.
ULPGC: Universidad de las Palmas de Gran Canaria. Recolle ademais de teses,
proxectos fin de carreira e memorias desta universidade.
TESES
Para localizar teses internacionais: PROQUEST DISSERTATIONS & THESES. Recolle teses principalmente de ámbito anglosaxón, con referencias bibliográficas e resumos. Permite a consulta das 24 primeiras páxinas de cada tese, ademais dun resumo do contido.
TESES
BASES DE DATOS
Son conxuntos de información estruturada que fan referencia a
outros documentos (artigos de revistas, teses, monografías, actas
de congresos, documentos legais, datos estatísticos, normas…).
Estes documentos poden estar simplemente referenciados na
base de datos (unicamente datos identificativos, como o título,
autor, data, revista no que aparece, etc. dun artigo) ou ben a texto
completo.
Podes consultar bases de datos gratuítas en Internet ou ben as
bases de datos subscritas pola universidade (éstas últimas teñen
acceso restrinxido aos nosos ordenadores). Buscaremos nelas
cando se trate dunha busca específica e non sexa suficiente co
que atopemos no catálogo.
Abarcan todas as áreas do coñecemento e permiten buscar información publicada en artigos de revistas, capítulos de libros, ponencias e congresos, teses, etc.Podemos acceder dende:
Dende a Web da Biblioteca da UDC
**Unha listaxe alfabética www.udc.es/biblioteca/galego/Bases.htm
**Unha clasificación por materias ww.udc.es/biblioteca/galego/bclasific.htm
Na web da Biblioteca do teu centro www.educacion.udc.es no apartado de bases de datos tes unha selección coas específicas para CC da Educación.
BASES DE DATOS
DENDE A WEB DO SERVIZO DE BIBLIOTECA
BASES DE DATOS
BASES DE DATOS
DENDE A WEB DA BBLIOTECA DE EDUCACIÓN
BASES DE DATOS
Bases de datos máis destacadas para Ciencias da Educación:
Bases de datos do CSIC ERIC PsycInfo Scopus Web of Knowledge Philosopher’s Index
BASES DE DATOS
É unha base de datos multidisciplinar. Recolle as bases de datos do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, cubrindo as referencias de artigos publicados en revistas especializadas editadas en España nas seguintes áreas: - Ciencia e Tecnoloxía (ICYT) - Biomedicina (IME) - Ciencias Sociais e Humanidades (ISOC)
Temos a opción de buscar de forma conxunta nunha área ou de facer a busca nunha soa base de datos, por exemplo: educación, psicoloxía, arte, filosofía, historia…
BASES DE DATOS DO CSIC
BASES DE DATOS DO CSIC
SELECCIONAR A ÁREA DE COÑECEMENTO
Base da datos multidisciplinar que recolle literatura científica, técnica, médica e de ciencias sociais. Permite o acceso a máis de 14.000 publicacións de diferentes editores. Tamén recolle publicacións en open access.
SCOPUS
É a plataforma de consulta do ISI (Institute for Scientific
Information) que integra os seguintes productos:
Arts & Humanities Citation Index* 1975 -
Science Citation Index Expanded* 1945 -
Social Sciences Citation Index* 1956 -
Current Contents Connect* 1998-
Derwent Innovation Index* 1980-
Journal Citation Reports* 1997-2005
Proceedings* 1990-
WEB OF KNOWLEDGE
Utilizarémola para:
–Coñecer quen e cantas veces son citados os nosos traballos
–Facer procuras nunha materia determinada–Seguir a liña de investigación dun traballo–Ver cales son as revistas máis punteiras nunha área de
coñecemento
Non permite exportar directamente a Refworks (competencia), debemos gardar primeiro os resultados e logo recuperalos.
WEB OF KNOWLEDGE
Promovida polo U.S. Departament of Education, recolle as citas
bibliográficas de artigos que son indizados e resumidos por Resources
in Education (RIE) e Current Index to Journals in Education (CIJE).
Baleira arredor de 775 revistas de pedagoxía e educación, actas de
congresos, teses, bibliografías, monografías, informes técnicos e de
investigación e documentación oficial non publicada.
A base de datos inclúe tamén o texto completo dos rexistros ERIC
Digest, parte deste texto, escrito especificamente para profesores,
administradores e outros profesionais da educación, proporciona unha
posta ao día da información bibliográfica sobre temas concretos.
ERIC
PHILOSOPHER’S INDEX
Antes de realizar unha busca, o primeiro que debes facer é determinar a
túa necesidade de información:
- que queres buscar
- con que finalidade (traballo, proxecto, tese de doutoramento)
- que tipo de documentos che interesan (informes, teses, artigos de
revistas), en que linguas, de que anos, etc.
Posteriormente debes seleccionar a/as base/s de datos que mellor se
axuste, segundo as necesidades definidas (cobertura temática,
xeográfica, cronolóxica, etc.). A biblioteca proporciónache unha listaxe
temática das bases de datos dispoñibles na UDC.
COMO FACER UNHA BUSCA BIBLIOGRÁFICA
Unha vez escollida a base de datos, elabora unha estratexia de busca comezando por definir o tema nunha frase, ex.:“A integración escolar dos nenos/as de familias xitanas”
Identifica nela as palabras que representan os principais conceptos, ex.:“integración escolar” “gitanos/as” “centros escolares”
Busca sinónimos ou termos relacionados (podes empregar dicionarios, índices, tesauros, etc.), ex:“centros escolares”, “escuelas” “estudios” “enseñanza”
Ten en conta que tes que traducir os termos á língua de consulta da base de datos (na maioría dos casos o inglés).
Podes establecer relacións lóxicas entre os termos usando operadores booleanos e de proximidade:
AND busca rexistros onde aparezan as dúas palabras. integración AND gitanos
OR busca rexistros onde aparezan algunha das palabras, e úsase para incluir na busca sinónimos e conceptos relacionados.
integración OR gitanos
NOT busca rexistros onde apareza a primeira palabra e non a segunda.
integración NOT gitanos
OPERADORES BOOLEANOS
NEAR/ADJ/WITH... indica a proximidade entre os termos de busca.
integración NEAR gitanos
O truncado serve para buscar unha palabra e as súas variantes; polo xeral o asterisco (*) substitúe a un ou máis caracteres, e a interrogación a un único carácter (?).
Educ* (recuperaría: educar, educación, educacional, educativo/a, etc.)
Wom?n (recuperaría: women e woman)
Tamén podes establecer límites seleccionando o campo de busca (autor, título, materia,etc.), a lingua, datas de publicación, tipo de documento, etc.
OPERADORES DE PROXIMIDADE E TRUNCADOS
Unha vez realizada a busca terás que avaliar os resultados:
Se obtés moitos resultados:
- Engade máis conceptos usando AND para concretar máis a
búsqueda
- Elimina truncados
- Usa descritores
- Busca en campos específicos
Se obtés poucos resultados:
- Elimina conceptos e mantén os máis importantes
- Engade sinónimos utilizando o operador OR
- Usa truncados
- Busca en todos os campos
Uns consellos...
Durante a busca:
- Consulta a ”Axuda” que incorporan as bases de datos
- Comeza escribindo un termo de busca e proba a ver que resultados obtés
- Ten en conta as variantes ortográficas
- Non empregues termos redundantes
A partir dos resultados: - Examina a bibliografía que se cita nun artigo para atopar artigos relacionados - Busca por outras materias a partir dos descritores asignados aos documentos que che interesan
Unha vez que teñas os resultados que che interesan poderás gardalos: imprimir, gravar, enviar por correo electrónico, crera alertas ou exportalos ao xestor bibliográfico Refworks.
O texto completo dos documentos non sempre está dispoñible na base de datos, polo que se só proporciona a cita bibliográfica, terás que buscar o documento no catálogo da Biblioteca.
Lembra que no caso de que a Biblioteca non teña ese documento, a Sección de Préstamo Interbibliotecario pode conseguilo solicitándoo a outras Bibliotecas.
• Qué é unha alerta informativa?
É unha activación automática de novidades informativas sobre un tema, unha web, prensa…. Podemos activalas dende bases de datos, dende algunhas páxinas webs, blogs, wikis… ou dende lectores ou agregadores de feeds. Case todas as bases de datos ofrecenche esta posibilidade, de xeito que ti lanzas unha procura sobre un tema ou un autor e activando a alerta informativa recibirás automaticamente todas as actualizacións que se fagan.
• Sistemas de recepción de alertas:
- Por correro electrónico: Normalmente as alertas informativas enviábanse por correo electrónico, saturándonos deste xeito a bandexa de entrada. Trátase do sistema máis tradicional e case todas as bases de datos ofrécenche esta opción.- No teu lector de RSS. RSS é unha linguaxe creada a partir de XML e que sirven para distribuir noticias contidas en sitios webs. Cada vez son máis as bases de datos e portais electrónicos que ofrecen un sistema de alertas RSS. Só precisamos un lector e hai moitos gratuítos na web: Bloglines, Google Reader, Rojo, Netvibes. Ademáis o xestor de referencias bibliográficas, Refworks tamén dispón dun lector de RSS..
ALERTAS BIBLIOGRÁFICAS
Refworks é un xestor bibliográfico en liña.Para poder acceder temos que rexistrarnos dende un ordenador da UDC (só para rexistrarnos). Unha vez rexistrados podemos entrar dende calquera ordenador conectado a internet.Permite crear unha base de datos coas referencias bibliográficas do nosa interese e crear listaxes de referencias bibliográficas nunha multitude de estilos, importar rexistros dende calquera base de datos, exportalos, compartir carpetas ou toda a base de datos, crear a listaxe de referencias utilizadas nun documento de forma automática, engadir enlaces RSS…
REFWORKS
REFWORKS
EXEMPLO DUNHA LISTAXE DE REFERENCIAS
•O fundamental: Web of knowledge •Bases de datos de índices de citas do ISI: Citation Index e Journal Citation Reports.
•Para revistas españolas temos a Base de datos IN-RECS: (Índice de impacto de las Revistas Españolas de Ciencias Sociales). Permite:
Coñecer o impacto científico dunha revista, a súa evolución e a súa posición respecto ao resto das revistas da súa especialidade, utilizando distintos indicadores bibliométricos, como o índice de impacto.
Coñecer qué publicacións citan unha revista e cales son as citadas por ela mesma, e así poder trazar afinidades e relacións científicas e coñecer o
mercado editorial.
Saber cales son os artigos máis citados dunha especialidade.
Coñecer o impacto científico dos autores que publican nas revistas españolas.
Saber cales son as institucións máis citadas en cada especialidade.
AVALIACIÓN DA PRODUCCIÓN CIENTÍFICA: RPM (Medición do Rendemento da Investigación)
Outros índices de impacto:
• SCImago Journal Rank (SJR): un nuevo portal de indicadores científicos, que utiliza o índice H e non o SCI.
• RESH. Revistas españolas de Ciencias Sociales y Humanas: valoración integrada e índice de citas (CINDOC)
• DICE: Difusión y Calidad Editorial de las Revistas Españolas de Humanidades y Ciencias Sociales y Jurídicas (CINDOC/ANECA)
No caso de CC da Educación, como é un ámbito un pouco subxetivo á hora da avaliación cada vez utilízase máis o chamado “ÍNDICE H” que utiliza p.e Scimago Journal Rank y Scopus, a ANECA xa o está aceptando.
AVALIACIÓN DA PRODUCCIÓN CIENTÍFICA: RPM (Medición do Rendemento da Investigación)
• Para que despois teña unha avaliación positiva da CNEAI: consultarei cales son as revistas máis valoradas e tentarei publicar nelas os meus artigos. Podo consultar: Journal Citation Reports ou Scimago Journal Rank
• Visibilidade: publicación electrónica nalgún REPOSITORIO INSTITUCIONAL Vantaxes: preservación dixital dos meus traballos e maior número de colegas que os lean.
• A UDC dispón dun repositorio institucional, o primeiro das universidades galegas e un dos primeiros a nivel nacional: UDCSpace, utilízao e axudarás a mellorar o prestixio da túa Universidade.
• Hai outros repositorios importantes: REPOSITORIO DIXITAL DAS UNIVERSIDADES CATALANAS, REPOSITORIO DIXITAL DA UPC , REPOSITORIO DIXITAL DA UCM
• Publicar en revistas electrónicas do teu ámbito de interese.
• Crear un espazo na web social no que publicar os teus traballos e permitir que outros investigadores os lean e acheguen comentarios. Para iso podes utilizar: os blogs, wikis, slideshare…
• Publicar a miña tese: podes engadila á base de datos máis importante neste campo a nivel internacional, que é ProQuest Dissertations & Theses (Proquest), e ademais nalgún repositorio.
QUERO PUBLICAR UN TRABALLO CIENTÍFICO
O Regulamento de organización e funcionamento do Servizo de Biblioteca da UDC (aprobado polo Consello de Goberno do 22 de maio de 2008), no art. 2 deixa claro que:
“Integran os fondos bibliográficos e documentais do Servizo de Biblioteca todos os libros, as publicacións periódicas e os documentos adquiridos pola UDC con independencia do concepto orzamentario, obtidos con financiamento exterior ou doados por persoas físicas ou xurídicas e con independencia da súa tipoloxía documental ou do seu soporte material ou ubicación”.
MERCAR LIBROS PARA A MIÑA DOCENCIA OU INVESTIGACIÓN
• Os docentes poden solicitar a compra de calquera monografía con cargo ao orzamento de Facultade (para docencia) ou ben de Departamento (investigación).
• Procedemento: INTRANET da Facultade
MERCAR LIBROS PARA A MIÑA DOCENCIA OU INVESTIGACIÓN
• Se aínda non dispós dos teus contrasinais de entrada preme en “Rexistrarse ou esqueceu o Contrasinal” e enviaánchas por correo electrónico.
• Unha vez identificado só tes que seleccionar o orzamento ao que queres asignar o pedido, engadir os datos do libro ou libros que queres mercar: título, autor, editorial, nº de exemplares e coste aproximado. Ademais elexirás a librería á que llo queres pedir. Pode axudarte consultar a base de datos do ISBN se é libro español.
• Lembra:
• Comprobar se o exemplar está xa no noso catálogo para evitar duplicar o fondo innecesariamente, a Biblioteca ten pouco espazo. • Non podes gastar máis do que tes asignado.
• Poderás modificar o pedido antes de que a Biblioteca o envíe definitivamente.• En todo momento saberás:
• A cantidade gastada e a dispoñible• O estado do teu pedido
MERCAR LIBROS PARA A MIÑA DOCENCIA OU INVESTIGACIÓN
PARTICIPA!O noso Wiki de formación de usuarios/as: bibedu.pbwiki.com Actualizado periodicamente con novas formacións, ferramentas de utilidade, casos prácticos… que che poden axudar a acadar mellores resultados no estudo e na investigación, formándote nas novas tendencias nos recursos de información. Ademais, podes participar solicitándonos un acceso ou engadindo os teus comentarios.