MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE …...No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha...
Transcript of MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE …...No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha...
Memoria 2016
1
MEMORIA 2016
BIBLIOTECA DA FACULTADE CIENCIAS DA EDUCACIÓN
Memoria 2016
2
PERSOAL .................................................................................................................................... 4
COLECCIÓN: ADQUISICIÓNS ................................................................................................ 4
Política de adquisicións ......................................................................................................... 4
Monografías ............................................................................................................................. 5
Revistas: suscripcións ........................................................................................................... 5
Películas ................................................................................................................................... 6
Banda deseñada ..................................................................................................................... 7
COLECCIÓN DIXITAL ............................................................................................................... 7
Revistas ás que se ten acceso electrónico ........................................................................ 7
Dialnet ...................................................................................................................................... 8
Bases de datos ....................................................................................................................... 8
Fiador ....................................................................................................................................... 9
Repositorio da Universidade da Coruña (RUC) e o Servizo de Apoio á Investigación 9
COLECCIÓN : FONDOS ......................................................................................................... 10
Retirada dos fondos: expurgo e perdidos ......................................................................... 10
LECTURA EN SALA. CIRCULACIÓN .................................................................................. 10
Revistas: uso ......................................................................................................................... 11
Bibliografía recomendada ................................................................................................... 13
FORMACIÓN DE USUARIOS/AS: ALFIN ............................................................................ 14
ACTIVIDADES CULTURAIS DA BIBLIOTECA ................................................................... 16
DIFUSIÓN DE SERVIZOS E ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA ....................................... 18
Memoria 2016
3
BIBLIOTECA DE ACOLLIDA .................................................................................................. 18
INFRAESTRUTURAS .............................................................................................................. 18
A BIBLIOTECA COMPROMETIDA ....................................................................................... 18
ANEXO. Préstamo interbibliotecario ..................................................................................... 19
Memoria 2016
4
PERSOAL
Fixo:
o Unha directora
o Dúas bibliotecarias
o Dúas auxiliares técnicas de bibliotecas
Bolseiras: como o ano anterior, tivemos dúas bolseiras sumando 480 horas.
Encargámoslles labores que non son habituais na biblioteca, como é a
colaboura na recolocación de fondos e o expurgo, melloras nas sinalizacións e
traballos de tradución. Tamén nesas horas incluimos cursos de formación ao
longo da bolsa, facendo un seguimento se o precisaren, da xestión de
recursos da biblioteca para os seus traballos.
Formación recibida. O persoal da biblioteca recibiu os seguintes cursos
durante o ano 2016:
Web of Science avanzado (Unha persoa)
Alemán A2 Centro de Línguas (Unha persoa)
Scopus avanzado (Unha persoa,)
Scribus (Unha persoa)
Refworks (Unha persoa)
Prevención da dor musculoesquelética e hábitos de vida saudábeis no
ámbito laboral. (Unha persoa)
Formato marc 21 para monografías e recursos continuados. (Unha
persoa)
COLECCIÓN: ADQUISICIÓNS
Política de adquisicións É fixada pola comisión de biblioteca do centro. O de repartir as partidas nun 40% en
febreiro e un 60% en xuño ven fixado pola Reitoría. Foi como o ano anterior. Un
primeiro reparto en febreiro por profesorado do 40% do orzamento e un segundo
reparto do 60% restante en xuño, máis unha partida para a biblioteca (tamén en
febreiro e xuño). Nesta partida gastamos 3.314,81 euros. 1.020,47 euros de pedidos
do ano anterior; 1.127,01 de 28 pedidos da biblioteca; 786,80 de 12 pedidos feitos por
profesorado a través da biblioteca e 380,53 de 11 pedidos de alumnado e PAS.
Memoria 2016
5
Despois fíxose unha partida común co sobrante en outubro. As obras solicitadas
pasaron pola comisión da biblioteca xa que excedían o orzamento: eliminando as
peticións de obras das que xa había un exemplar na biblioteca e eliminando pedir máis
de un exemplar de cada libro, chegaba o orzamento, polo que se pediu todo. Na
biblioteca, en vez de facer o tradicional pedido de películas e obras literarias en galego
e español, incluíndo banda deseñada, solicitamos na comisión de biblioteca a merca
do libro Elas, de Aurora Marco. ( http://axanelaeditorial.com/elas/), unha obra de
investigación que recolle biografías de
mulleres galegas en distintos ámbitos. A
obra só está editada luxosamente e inclúe
16 serigrafías de artistas galegas. Custou
1.866 euros. Este tipo de obras gardámolas
normalmente no depósito, mais por
considerar que pode ser unha obra de moita
consulta, puxemos o libro en libre acceso de
consulta en sala (S1-5571) e a caixa e as
serigrafías no depósito.
Este ano non se puido facer o seguimento
dos pedidos do profesorado desglosado por
departamentos.
Monografías A 31 de decembro de 2016, o total de monografías, DVD, CD, mapas, kits e tests
ingresados na biblioteca ó longo dos anos foi de 91.324.
O ano 2016 ingresamos na colección 943 libros, DVD e CD. 879 foron mercados e 64
gratuítos. Coma sempre, non se inclúen obras que chegaron despois de pechado o
exercicio económico e que se facturarán o ano vindeiro. Gastamos en total 22.705,71
euros
Revistas: suscripcións No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha listaxe de 52 títulos de revistas
das que temos suscripción no centro por valor anual de 31.257,19 euros para que
decidísemos con prazo do 15 de setembro os títulos que anulábamos por valor de
6.252 euros. A biblioteca presentou unha proposta baseada no uso das revistas e
priorizando o acceso electrónico sobre o papel. A equipa decanal presentou dúas
propostas de porcentaxe de diñeiro a reducir por departamentos. Saíu aprobada na
comisión de biblioteca do 21 de xullo por maioría (co voto en contra do departamento
Memoria 2016
6
de psicoloxía) o seguinte criterio: Sumar a cuantía dos títulos por departamento e
segundo iso calcular a porcentaxe no total da listaxe (31.257,19 euros).
Aplicar a mesma porcentaxe por departamento no total do que hai que reducir (6.252)
para deducir o importe que ten que reducir cada departamento.
Este criterio sería vinculante para vindeiras listaxes.
Para facilitar o traballo do profesorado, a biblioteca enviou unha listaxe dos títulos por
departamento onde, ademáis do prezo, se poñía o uso en papel, o uso electrónico das
que había datos e a importancia das revistas (segundo aparecían ou non en
determinadas bases de datos). Así, o profesorado escolleu a anulación dos seguintes
títulos:
Australasian journal of early childhood
Etudes philosophiques
European journal of human genetics
Gerontology
Histoire de l´education
Journal of educational psychology
Langages
Mathematics teacher
Recherches en didactiques des mathematiques
Reperes IREM
Revista portuguesa de filosofía
Revue francaise de pedagogie
Science and children
Restando eses trece títulos, para o 2017 temos 338 suscripcións abertas e 295
suscripcións pechadas. Das pechadas que non son gratuítas conservamos o fondo
que pagamos, en papel ou electrónico. Todas estas revistas están no catálogo. Tamén
están nunha listaxe en papel na hemeroteca e no seguinte enlace na nosa páxina web:
http://www.educacion.udc.es/biblioteca/index.php?pagina=bbdd_revistas
Películas Temos 912 películas, só cinco máis que o ano anterior, porque este ano non fixemos o
pedido co peche do exercicio. Ademáis de estar no catálogo, a colección está
organizada en Pinterest por temas: http://pinterest.com/cineduca. O ano 2016
prestamos 309.
Memoria 2016
7
Banda deseñada Temos un total de 123, só tres máis ca o ano anterior, porque este ano non fixemos o
pedido co peche do exercicio. Prestamos 15 no ano 2016. Coidamos que tería máis
éxito. Veremos en anos vindeiros.
COLECCIÓN DIXITAL
Revistas ás que se ten acceso electrónico Neste enlace http://sfx.bugalicia.org/aco/az/ están as suscripcións das revistas que
teñen formato electrónico abertas e pechadas (das suscripcións abertas só hai 44 en
papel) que están no catálogo, e ademáis un importante número de títulos que paga a
biblioteca central, dos que merca únicamente o acceso, non a suscripción,o que supón
que cando deixemos de pagar non teremos ningún fondo. Poden variar de títulos dun
ano para outro. Estas revistas non están no catálogo.
Facendo unha selección por materias saen 2.699 títulos (o ano anterior, nas mesmas
materias tiñamos un total de 2.614 títulos)
Artes e Humanidades. Subdivisión
Carreiras Educativas. 916 títulos.
Memoria 2016
8
Dereitos Humanos, Estudos sobre a Muller, Benestar e Infancia. 199 títulos.
Ciencias da Saúde. Subdivisión
Fisioterapia. 36 títulos.
Medicina Deportiva. 51 títulos.
Psiquiatría e Psicoloxía. 620 títulos.
Ciencias Sociais. Subdivisión
Ciencias da Conduta e Orientación Psicolóxica. 618 títulos.
Discapacitados, Asistencia. 63 títulos.
Estudos de Xénero. 111 títulos.
Rehabilitación. 85 títulos.
Dialnet Na memoria do ano anterior
explicábamos o que era
Dialnet. Do noso centro están
as revistas Digilec e a Revista
de estudios e investigación en
psicología y educación. Este
ano introducimos da última os
13 extras do ano 2015 e o
volumen 3, nº 1 de 2016.
Bases de datos O que se expón neste apartado é exactamente igual ó da memoria do ano pasado:
A súa primeira función foi dar coñecer os contidos das revistas científicas por materias,
anos e idiomas, indicando en que revista e número estaba cada artigo. Despois,
grazas aos xestores de enlaces (SFX para a UDC), leváronnos directamente aos
artigos que tiñamos electrónicos, ben por suscripción da revista ou por ser gratuíta ou
por ter pago o acceso. Ultimamente, aquelas que son grandes, internacionais e
interdisciplinares estanse especializando en ofrecer métricas da calidade da produción
científica das revistas, destacando Scimago Journal & Country Rank (de Scopus, con
acceso independente e gratuíto) e JCR (dentro da WOS). Tamén dentro da WOS, está
o ESCI (Emerging Sources Citation Index), coas revistas que están agardando para
recibir aceptación no JCR ou na listaxe da WOS. Tamén ofrecen métricas para a
calidade dos e das investigadoras cos índices de citas.
Memoria 2016
9
De interés para este centro son:
o Dúas de Educación: ERIC; Teacher Reference Center.
o Unha de Educación Física e Deportes: SPORTdiscus with full text.
o Tres de Psicoloxía: PILOTS; PsyCRITIQUES; PsycInfo.
o Dúas de interés para Logopedia: MEDLINE e Pubmed central (PMC)
o As interdisciplinares CSIC e DIALNET (ámbito hispano). SCOPUS
(internacional con maior peso das publicacións europeas). WOS (Web of
Science, internacional con maior peso das publicacións anglófonas)
Fiador O que se expón neste apartado é exactamente igual ó da memoria do ano pasado:
Son as guías temáticas de recursos gratuítos electrónicos utilizando a aplicación de
código aberto Subject Plus. Continuamos coa súa actualización. Accédese dende a
páxina principal da web da biblioteca da UDC no apartado Buscar nas guías
temáticas, e tamén dende a páxina web da biblioteca do noso centro en guías
temáticas. Materias que poden interesar ó noso centro poden ser: Ciencias da Saúde,
Ciencias do Deporte, Cine e Educación, Educación, Educación Social, Ferramentas
2.0, Ferramentas Educativas utilizando as TIC, Logopedia, Servizo de Apoio ós
Investigadores/as.
Repositorio da Universidade da Coruña (RUC) e o Servizo de Apoio á Investigación Este ano chegouse á 3ª edición do curso de Estratexias para incrementar a visibilidade
e o impacto dos resultados de investigación, aumentando o número de documentos
depositados no RUC.
Independentemente de ter feito o curso ou non, houbo profesorado que veu pola
biblioteca preguntar dúbidas puntuais ou consultar cousas concretas. En horario de
mañán Inma Doval Porto e de tarde Chus García García atenderon e atenderán este
tipo de consultas. Lembramos ao profesorado que é no seu beneficio estar rexistrados
en Orcid.
Sobre os traballos de fin de grao, no ano
2016 o tribunal de avaliación dos
mesmos non seleccionou ningún para
subir ao RUC. Tampouco hai ningún TFM
subido. Unicamente hai 34 traballos de fin
de grao do ano 2014.
Os repositorios das universidades nacen
coa finalidade de agrupar a produción
Memoria 2016
10
científica da institución e visibilizala, ademáis de ser unha das vías internacionais do
movemento de acceso aberto. Para saber se unha editorial onde publicamos un artigo
nos permite depositalo nun respositorio temos os produtos Dulcinea para as editoriais
españolas: http://www.accesoabierto.net/dulcinea/default.php?contenido=acerca
e para as extranxeiras: http://www.sherpa.ac.uk/romeo/index.php?la=es
No seguinte enlace está Recolecta, o recolector de ciencia aberta do FECYT
(Fundación española de ciencia y tecnología), no que está rexistrado o RUC
http://recolecta.fecyt.es/repositorios-recolectados
COLECCIÓN : FONDOS
Continuamos unificando os exemplares iguais que
están en materias diferentes. Fixemos as
signaturas: P5, P10, GP, H, I, L, M-37, MU, PRE,
e R. Foi moi importante a axuda das bolseiras
neste traballo, coordinadas e dirixidas polo persoal
auxiliar técnico, para acometer este labor.
Retirada dos fondos: expurgo e perdidos Inda que a idea era continuar coa retirada de duplicados que non se usan, non fixemos
nada neste sentido este ano. Esperamos continuar no 2017.
No ano 2016 extraviáronse 88 documentos.
LECTURA EN SALA. CIRCULACIÓN No 2016 entraron na biblioteca 73.330 persoas, o que supón unha lixeira baixa sobre o
ano anterior e unha baixa forte respecto a hai dous anos (81.420). Hai un bico de
ocupación no mes de maio, con 9.550, e outro de baixa ocupación no mes de agosto,
con 741. O número de persoas que usaron a sala de traballos en grupo (xa
contabilizados no total) mantense: 1.787. Esta sala hai días no que está moi solicitada,
mais temos que denegala por estar ocupada. Ao respecto disto ten relación un
proxecto para o 2017 no apartado infraestruturas.
Os usuarios potenciais do servizo para o curso 2015/16 : alumnado (datos da
matrícula solicitado á secretaría do centro), profesorado e PAS do centro (datos da
páxina web do centro) foron 2.331, moi semellante aos anos anteriores, a esta cifra hai
que sumar 137 altas de autorizacións externas para usar a biblioteca e 86
renovacións; é dicir, que tivemos 2.554 usuarios potenciais.
Memoria 2016
11
Os datos de préstamo para o ano 2016 baixan por segundo ano consecutivo: 54.357,
dos que 18.665 son préstamos e 35.692 renovacións.
Somos a primeira biblioteca da UDC en canto a
número de actividades de circulación dos fondos
(préstamos, renovacións, devolucións e reservas),
seguidas moi perto por Arquitectura Superior e ECEM
(económicas e empresariais).
Sobre o préstamo interbibliotecario, estabamos
esperando os datos na intranet da biblioteca
universitaria. A data 13 de febreiro de 2017 aínda non
están. Enviamos a memoria así, e cando cheguen,
incorporaremos os datos como anexo a esta memoria.
O que si temos son os datos do noso centro:
Subministramos 81 peticións de 88 solicitudes: 31 libros, 39 artigos de revistas que se
enviaron escaneados e 11 escaneos de partes de libros
No préstamo intercentros (solicitude de artigos de revistas dentro das bibliotecas da
UDC que se envían escaneados) estamos á par como peticionarias e
subministradoras xa que enviamos 8 artigos e dúas partes de libros e pedimos unha
parte dun libro e 9 artigos de revistas.
Revistas: uso Revistas en papel
Cando no ano 2009 se fixo a primeira avaliación das revistas suscritas pola UDC,
fomos conscientes da importancia de tomar nota do seu uso anual dalgún xeito. Con
esta finalidade puxemos na mesa da hemeroteca un folio no que pediamos a quen
usaba as revistas que anotase o ou os títulos, poñendo folio novo cando se cubría por
enteiro -e cando mercamos o escáner, outro folio pedindo o mesmo para cando
escaneasen algún artigo- Tamén decidimos gardar todas as papeletas que hai que
cubrir cando alguén leva algún número de revista (para a aula ou para fotocopiar) e
finalmente, gardamos nun arquivo todas as solicitudes de artigos de revistas que se
piden por préstamo intercentros e interbibliotecario. A fin de ano facemos reconto e
anotamos nunha base de datos de Excel o uso que tiveron. O uso é de tódalas
revistas: suscritas, gratuítas, pechadas… Se ben é certo que os datos non son fiábeis
na cantidade exacta, ó longo dos anos reflicten que títulos son os máis usados. Na
táboa non aparece o valor cero xa que non podemos afirmar que unha revista non se
use.
Memoria 2016
12
Na seguinte táboa están as 10 revistas máis usadas segundo os nosos datos en sete
anos:
Título 2016 2015 2014 2013 2012 2011 2010 Total
Cuadernos de pedagogía 68 50 82 38 59 36 106 439
Escuela en acción infantil 20 16 21 75 141 20 19 312
Aula de innovación educativa 54 68 32 23 23 27 18 245
Infancia: educar de 0 a 6 años 72 21 16 16 11 33 14 183
Aula de infantil 14 44 36 22 4 21 30 171
Alambique 16 13 16 8 14 9 10 86
Vida escolar 1 5 4 15 38 63
Revista galega de educación 4 11 9 3 2 7 9 45
Revista investigación educativa 3 3 1 4 7 26 44
Revista de educación 2 5 6 12 3 15 43
E na seguinte as máis usadas no ano 2016. É evidente que os seis primeiros títulos
son as revistas máis usadas na hemeroteca en papel.
Título 2016 2015 2014 2013 2012 2011 2010 Total
Infancia: educar de 0 a 6 años 72 21 16 16 11 33 14 183Cuadernos de pedagogía 68 50 82 38 59 36 106 439Aula de innovación educativa 54 68 32 23 23 27 18 245Escuela en acción infantil 20 16 21 75 141 20 19 312Alambique 16 13 16 8 14 9 10 86Aula de infantil 14 44 36 22 4 21 30 171Bordón 7 7 4 4 9 9 40Journal of family psychology 6 6 6 2 3 1 3 27Developmental psychology 5 1 5 2 2 2 17Música y educación 5 6 2 1 1 1 16
Sobre o uso electrónico das revistas
Non temos datos estatísticos de todas as revistas das que temos acceso electrónico, é
de salientar que da maioría das revistas que están en español ou en galego este é o
caso, que non hai datos de uso. Tamén hai saltos no acceso electrónico de moitos
títulos (anos polo medio do que non hai acceso) e finalmente, dicir que os datos son
de toda a UDC, non deste centro. Así, as 10 máis usadas ao longo dos últimos sete
anos foron as da listaxe que poñemos a continuación, nela podemos enxergar o que
sucede con moitos títulos, que teñen un uso altísimo durante un ano ou dous e outros
un uso nulo (American anthropologist no ano 2012 ou History of education no 2015).
Memoria 2016
13
(Fonte: datos da intranet da Biblioteca Universitaria)
E as 10 máis usadas no ano 2016 foron as da seguinte tába. Os catro primeiros títulos
están tamén na listaxe anterior, co que podemos afirmar que son as máis usadas.
Unha delas, a European journal of human genetics, foi anulada este ano por decisión
do profesorado, decisión que, cando menos, chama a atención.
(Fonte: datos da intranet da Biblioteca Universitaria)
Bibliografía recomendada Este ano, no verán, enviamos un correo a cada profesor/a coa súa bibliografía
recomendada para que nos dixeran que cambios ou non ían facer: engadir unhas
obras, retirar outras...a falta de colaboura foi notábel. Para nós é unha perda de tempo
enorme, xa que temos que revisar máis de seis mil libros, cando ao mellor só varían
catrocentos títulos con respecto ó ano anterior e nalgunhas ocasións está sen
actualizar. O profesorado ten a obriga de revisar anualmente a bibliografía
recomendada no mes de xuño para o vindeiro curso, só pedimos que nos informen
dos cambios ou dos non cambios. Tamén é importante que o profesorado pida co seu
orzamento da biblioteca as obras que recomendan que non hai na UDC; este tipo de
cousas son indicadores de calidade das universidades.
Pola falta de colaboura do profesorado, actualizámola no primeiro trimestre do curso
tirándoa das guías docentes. Os datos do cadro de embaixo son do trimestre
outubro/decembro 2015. E os datos de préstamo que damos a continuación son do
Título 2016 2015 2014 2013 2012 2011 2010 TOTAL
Journal of chemical education 339 436 757 734 952 1085 1141 5444
American anthropologist 37 73 136 95 2090 206 110 2747
Sports medicine 174 717 345 584 147 45 118 2130
Personality and individual diferences 174 276 172 170 235 108 201 1336
Neuropsychologia 50 273 134 169 194 153 263 1236
Augmentative and alternative communication 27 56 72 214 351 60 256 1036
European journal of human genetics 154 213 154 89 65 79 40 794
History of education 21 658 51 17 4 2 0 753
Anthropology today 12 94 52 69 123 215 123 688
American journal of sociology 46 86 90 96 131 59 85 593
Título 2016 2015 2014 2013 2012 2011 2010 TOTAL
Journal of chemical education 339 436 757 734 952 1085 1141 5444
Sports medicine 174 717 345 584 147 45 118 2130
Personality and individual diferences 174 276 172 170 235 108 201 1336
European journal of human genetics 154 213 154 89 65 79 40 794
American journal of human genetics 149 175 138 76 0 0 1 539
Environmental education research 136 30 58 234 13 6 7 484
Cuadernos de psicología del deporte 115 149 62 117 93 536
Infancia y aprendizaje 96 123 65 95 26 10 415
Cultura y educación 76 110 124 64 159 39 572
International journal of science education 73 50 75 80 112 61 33 484
Memoria 2016
14
ano 2016. Na columna da esquerda están primeiro os catro graos (Infantil, Primaria,
Educación Social, Logopedia) e os sete mestrados [Psicopedagoxía; Dirección Xestión
e Innovación das Institucións; Profesorado Secundaria (inclúe oito especialidades);
Psicoloxía Aplicada; Interuniversitario de Estudos Avanzados sobre a Linguaxe e dous
novos: Didácticas Específicas; Innovación, orientación a avaliación educativas].
B.R
2015/16
Libros-
CD-DVD-
Mapas-
Kits-Tests-
Dicionarios
Faltan
na
UDC
Recursos
Web
Materias
Total
Materias
sen BR
G.I. 1.084 124 165 42 0
G.P. 938 120 150 41 0
G.ES 713 162 51 37 1
G.L 499 113 32 42 2
M.PSI 207 40 11 18 0
M.D. 233 40 59 16 0
M.P.S 644 103 161 73 10
M.PSI.A. 203 58 4 26 0
M.I. 56 0 6 11 4
M.D.ES 129 60 14 19 2
M.IOAE 477 100 31 28 1
Total 5.183 920 684 353 20
É de salientar o importante descenso de materias sen bibliografía recomendada a
respecto do ano anterior: dun 19,39% a un 5,6% e o aumento de recursos web: de
349 a 684.
Os 5.183 recursos disponíbeis nas bibliotecas da UDC foron prestados 12.682 veces
(4.603 préstamos e 8.079 renovacións. Fonte: datos de intranet da biblioteca
universitaria).
FORMACIÓN DE USUARIOS/AS: ALFIN Alfin significa alfabetización informacional. A biblioteca fai unha oferta de cursos en
competencias informacionais, que publicita a comezos de curso nas xornadas de
acollida e por correo electrónico ao profesorado e trimestralmente a través do boletín
Memoria 2016
15
No tinteiro. Tamén damos publicidade a través do blogue da biblioteca e nas redes
sociais e no seu Moodle para o alumnado de TFG, TFM e doutoramento.
A biblioteca conta con dous cursos en Moodle: Habilidades para o acceso e xestión
da información en ciencias da educación, e TFG e TFM: buscar e xestionar a
información. O primeiro é un curso completo con módulos específicos para cada tipo
de usuarias/os. O segundo está máis enfocado a alumnado de fin de carreira.
Os cursos dados no ano 2016 foron:
-Para alumnado de grao, por petición do profesorado. Curso de noventa minutos. Sete
cursos de trinta persoas.
-Para alumnado de mestrados, por petición
do profesorado. As horas e os contidos do
curso adaptáronse ás esixencias do
profesorado, polo que se fixeron cursos de
diferentes horas de duración: un de dez
horas, dous de seis, un de catro, un de tres
e un de dúas. A media foi de quince persoas por curso.
-Para alumnado de TFG, por petición do profesorado. Fixéronse sete edicións do
curso de tres horas cunha media de vintecinco persoas por curso.
-Para alumnado de TFM, a petición do profesorado, 1 curso de catro horas para 20
persoas.
-Obradoiros do curso dirixido ao profesorado Estratexias para incrementar a
visibilidade e o impacto dos resultados da investigación. Foron feitas vintecatro
sesións individuais de dúas horas de media de duración, 18 a docentes e 6 para
alumnado de Terceiro Ciclo.
PARA EDICIÓNS HORAS
PROFESORADO
PERSOAS AVALIADO
Grao 7 1:30 x 7=10:30 210 SI
Mestrado 5 31 horas 95 SI
TFG 7 3 horas x 7=21 175 SI
TFM 1 4 20 SI
Investigadoras/es 24 2 horas x 24=48 24 NON
TOTAL 114:30 524
Memoria 2016
16
As visitas guiadas e a formación para alumnado de primeiro de 90 minutos que damos
na biblioteca a quen se anote no primeiro trimestre do ano, non tivo ningún éxito, como
adoita.
ACTIVIDADES CULTURAIS DA BIBLIOTECA Xaneiro-Febreiro
.Clube Nébeda. Encontro co Marilar
Aleixandre.
.Exposición no recuncho O lapis do
neto do carpinteiro , de caricaturas
de Roberto Suárez Brandariz,
completada con exposición nas
vitrinas sobre A caricatura.
Marzo
.Concurso de fotografías e vídeos Amores que matan. Entrega de premios o día 8 de
marzo ás 11 no recuncho e exposición das obras seleccionadas. Coa colaboura do
profesorado Roberto Suárez Brandariz, Juanjo Bueno Aguilar, Patricia Carballal Miñán,
Iria Sobrino Freire e Fernando Iglesias Amorín.
Abril
.Exposición nas vitrinas sobre o “Centenario das Irmandades da Fala”, que permanece
até fins de setembro, co asesoramento do profesor Uxío Breogán Diéguez Cequiel.
Maio
. Exposición no Recuncho de pinturas de Nieves Castro Lara.
. Clube Nébeda.
Con Manuel Mato
para falar de
Manuel María.
Memoria 2016
17
Outubro-Novembro
. Clube Nébeda. Con Teresa Moure.
. Nas vitrinas exposición bibliográfica de Manuel María, no
aniversario do seu nacemento, completada con cartaces
enviados pola Xunta de Galicia feitos pola Fundación Manuel
María expostos nos laterais dos andéis do andar -1 da
biblioteca.
. Varias actividades arredor de Outras visións do fútbol:
Exposición bibliográfica nas vitrinas da obra de Alexandre de Fisterra, inventor
do futbolín.
No Recuncho, Futillos, exposición de
fotografías de Xacobe Meléndrez
Fassbender
No Recuncho, o día 23 de novembro
ás 19 horas, presentación do libro do
profesor Héctor Pose Porto Donato, coa
presenza do autor e do biografado.
Decembro
Colaboura coa iniciativa do profesor Roberto Suárez Brandariz de facer un concurso
de cartaces entre o alumnado de plástica baixo o lema: Falemos galego nas aulas.
- Exposición das obras finalistas no Recuncho. Entrega de premios no mesmo
lugar o día 15 de decembro ás 13 horas.
- Exposición nas vitrinas de aspectos
sociolingüísticos do idioma galego.
Memoria 2016
18
DIFUSIÓN DE SERVIZOS E ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA Tentamos visibilizarnos e dar publicidade
ás nosas actividades - especialmente dos
cursos de formación de usuarios e
actividades culturais- a través das redes
sociais e do noso blogue. A nosa tarxeta,
á dereita, na que non está incluído o
enderezo do noso clube de lectura
https://nebedaclubelectura.wordpress.com
Por correo-e, continuamos enviando ó
persoal do centro o noso boletín No
tinteiro. Este ano sairon os números 9, 10 e 11.
BIBLIOTECA DE ACOLLIDA Como tódolos anos, a biblioteca de Ciencias da Educación ofreceuse como biblioteca
de acollida no programa Stella de 2016. Ninguén solicitou vir.
INFRAESTRUTURAS Conscientes da necesidade de salas de traballo para grupos que demanda o
alumnado, estamos pensando en facer unha outra sala deste tipo na parte onde agora
está o expositor de novidades.
A BIBLIOTECA COMPROMETIDA Somos conscientes das pouquísimas cousas que podemos facer e tamén que imos a
contracorrente, mais convén non esquecer onde estamos e que queremos: somos
unha universidade galega, co que debemos ter un compromiso co país e co idioma.
Somos unha universidade pública, e debemos
unha contrapartida á sociedade onde estamos,
para facela máis xusta, humana e sostíbel. E primeiro de
todo: somos unha universidade, a única institución
de ensino superior. Crer no ensino e apostar pola
docencia de cara ao futuro debe ser a nosa primeira e
principal misión, a que xustifica a nosa existencia.
Memoria 2016
19
ANEXO. Préstamo interbibliotecario O préstamo interbibliotecario é un servizo centralizado. As solicitudes fanse a través da páxina web da biblioteca da UDC, e a biblioteca central é quen envía os artigos escaneados ou avisa ás peticionarias e peticionarios que lles chegou o libro á biblioteca do seu centro.
En total, a Universidade da Coruña resolveu 3.724 peticións da nosa universidade e serviu 1.830 documentos nosos a outras universidades. Hai que engadir 897 solicitudes canceladas ou rexeitadas (Os motivos poden ser diversos: peticións de obras que hai na UDC, ou que non se atoparon ou non era posíbel o seu préstamo ou escaneo.)
Na nosa Facultade servironse 188 documentos e outras 53 peticións foron canceladas ou rexeitadas. Do noso centro servimos 79 documentos: 41 de artigos de revistas, 37 libros e 1 de outros.
Como solicitantes somos, das 17 bibliotecas da UDC, a sétima, moi por detrás das 952 solicitudes de Oza e 670 da Casa do Patín (falamos de peticións resoltas).
Como subministradoras somos a sexta. Destaca a biblioteca central, que envía todas as peticións de artigos de revistas de acceso electrónico, con 650 subministros de documentos. Como no ano anterior, destacan as bibliotecas de Filoloxía (274 documentos) e Dereito (258)
2015 2016 UDC pide 3.205 3.724 Educación pide 279 (8,7%) 188 (5%) UDC subministra 1.842 1.830 Educación subministra 81 (4,39%) 79 (4,31%)
A nosa biblioteca mantense como subministradora. Como peticionaria baixamos significativamente, tanto en número de peticións como na porcentaxe sobre o resto da UDC.
No ano 2015, do total de transaccións, a UDC sae deficitaria: un 64% foron peticións que nos foron servidas e un 36% foi o que servimos.
No ano 2016, aumenta ese déficit: un 67,1% foron peticións e un 32,9% foi o que se serviu.