BOLETÍN INFORMATIVO Nº 4 – NOVEMBRO 2014 - A Estrada n4_novembro2014.pdf · Tempo da Estrada na...

5
BOLETÍN INFORMATIVO Nº 4 – NOVEMBRO 2014 QUE APORTA O BANCO DO TEMPO? O Banco do Tempo é unha iniciativa na que as persoas colaboran aportando axuda ou habilidades de forma libre e gratuíta. Unha persoa presta a outra un servizo, en función das súas habilidades e coñecementos, por un tempo determinado e ten dereito a recibir outro servizo por parte desa ou doutra persoa. Participar no Banco do Tempo permite compartir e adquirir coñecementos e habilidades, axudar a persoas que o necesitan e recibir axuda, así como coñecer a novas persoas e crear novos círculos de amizades. Actualmente hai 44 persoas adscritas, 39 mulleres e 5 homes, e gustaríanos continuar medrando. Se coñeces a alguén interesado en participar que acuda á oficina do Banco do Tempo, localizada no Centro de Información á Muller no Concello, onde realizará unha breve entrevista para poder ser dado de alta. Para calquera consulta ou suxestión, contactar vía correo electrónico: [email protected] ou chamando ao teléfono 986 590 151. PRÓXIMA ACTIVIDADE Xuntanza de socias e socios O venres 5 de decembro ás 19.00 horas haberá unha nova xuntanza de socias e socios do Banco do Tempo da Estrada na sala de exposicións do Teatro. A finalidade é continuar compartindo tempo xuntos e desfrutar de boa compañía xogando ás cartas. Unha marabillosa enerxía provén cando se axuda a alguén (Mary Lou Cook) Decembro 5

Transcript of BOLETÍN INFORMATIVO Nº 4 – NOVEMBRO 2014 - A Estrada n4_novembro2014.pdf · Tempo da Estrada na...

Page 1: BOLETÍN INFORMATIVO Nº 4 – NOVEMBRO 2014 - A Estrada n4_novembro2014.pdf · Tempo da Estrada na sala de exposicións do Teatro. Esta nova xuntanza supuxo unha ... Logo, as persoas

BOLETÍN INFORMATIVO Nº 4 – NOVEMBRO 2014

QUE APORTA O BANCO DO TEMPO?

O Banco do Tempo é unha iniciativa na que as persoas colaboran aportando axuda ou habilidades de forma libre e gratuíta. Unha persoa presta a outra un servizo, en función das súas habilidades e coñecementos, por un tempo determinado e ten dereito a recibir outro servizo por parte desa ou doutra persoa.

Participar no Banco do Tempo permite compartir e adquirir coñecementos e habilidades, axudar a persoas que o necesitan e recibir axuda, así como coñecer a novas persoas e crear novos círculos de amizades.

Actualmente hai 44 persoas adscritas, 39 mulleres e 5 homes, e gustaríanos continuar medrando. Se coñeces a alguén interesado en participar que acuda á oficina do Banco do Tempo, localizada no Centro de Información á Muller no Concello, onde realizará unha breve entrevista para poder ser dado de alta.

Para calquera consulta ou suxestión, contactar vía correo electrónico: [email protected] ou chamando ao teléfono 986 590 151.

PRÓXIMA ACTIVIDADE

Xuntanza de socias e socios

O venres 5 de decembro ás 19.00 horas haberá unha nova xuntanza de socias e socios do Banco do Tempo da Estrada na sala de exposicións do Teatro.

A finalidade é continuar compartindo tempo xuntos e desfrutar de boa compañía xogando ás cartas.

Unha marabillosa enerxía provén cando se axuda a alguén

(Mary Lou Cook)

Decembro

5

Page 2: BOLETÍN INFORMATIVO Nº 4 – NOVEMBRO 2014 - A Estrada n4_novembro2014.pdf · Tempo da Estrada na sala de exposicións do Teatro. Esta nova xuntanza supuxo unha ... Logo, as persoas

ACTIVIDADES REALIZADAS

Reunión de socias e socios

O pasado día 5 de novembro celebrouse a 6ª reunión de socias e socios do Banco do Tempo da Estrada na sala de exposicións do Teatro. Esta nova xuntanza supuxo unha oportunidade para fomentar o coñecemento entre todos os membros e tratar cuestións referidas ao funcionamento Banco do Tempo.

Ioga da risa

O pasado día 17 de novembro levouse a cabo na sala da exposicóns do Teatro un intercambio de servizos grupal que consistiu nunha sesión de ioga da risa. Foi impartido por Begoña, unha das socias con experiencia no tema.

Page 3: BOLETÍN INFORMATIVO Nº 4 – NOVEMBRO 2014 - A Estrada n4_novembro2014.pdf · Tempo da Estrada na sala de exposicións do Teatro. Esta nova xuntanza supuxo unha ... Logo, as persoas

Na sesión combináronse exercicios para facer fluír a risa con exercicios de meditación e respiración propios do ioga, acompañados das oportunas explicacións de cara conseguir unha actitude máis positiva e para poder extrapolar o aprendido á vida cotiá. E, deste xeito, obter beneficios para a nosa saúde tanto mental como física ao fomentar o positivismo, producir relaxación, eliminar o estrés, etc.

Lingua de signos

O 22 de novembro realizaouse na sala de exposicións do Teatro outro intercambio de servizos grupal que consistiu nunha sesión de introdución á lingua de signos impartida pola socia Maite, intérprete de lingua de signos.

Na sesión aludíuse ás principais características da comunidade xorda e aspectos básicos sobre a lingua de signos (como se estruturan as frases, a importancia da expresión facial...). Logo, as persoas participantes iniciáronse na lingua de signos familiarizándose co alfabeto dactilolóxico, que asocia a cada letra un signo e que é empregado para deletrear, ademais de aprender signos utilizados para saudar, presentarse (dicir o nome, a profesión, a localidade...) e mesmo expresións de cortesía tales como dar as grazas, dicir “de nada”, “encantado de coñecerte”, etc.

Page 4: BOLETÍN INFORMATIVO Nº 4 – NOVEMBRO 2014 - A Estrada n4_novembro2014.pdf · Tempo da Estrada na sala de exposicións do Teatro. Esta nova xuntanza supuxo unha ... Logo, as persoas

CATÁLOGO DE SERVIZOS (24/11/2014)

Ofertas

Tarefas relacionadas coas novas tecnoloxías: Informática Administración de redes

Educación e formación: Alfabetización de adultos Apoio escolar Axuda para a ESO Técnicas de estudo Técnicas de busca de emprego Educación vial/nocións de condución Linguaxe administrativa Lingua de signos Idiomas

Galego Portugués Catalán básico Francés básico Inglés Conversas en inglés

Tarefas e reparacións domésticas: Cociña Arranxos de costura Ensinar a facer arranxos de costura Limpeza Planchar Albanelaría Electricidade Fontanaría Mecánica Pintura Recollida de froita Poda de viña e árbores Axuda en tarefas da horta Xardinaría Arranxos florais Facer leña Desbrozar Nocións de restauración de mobles Nocións de tapizado Coidados de animais

Actividades de lecer: Actividades de monitorado Andar en bici Camiñar Correr Sendeirismo Ximnasia para maiores Artes marciais Baile (moderno, salsa, zumba...) Flamenco básico Calceta Ganchillo Nocións básicas de bordar e tecer Risoterapia Conversación Xogar ás cartas Manualidades Confección de pulseras de chapas Pintura artística Debuxo

Labores de coidado e acompañamento: Acompañamento e coidado de nenos/as Levar nenos/as ao colexio Acompañamento e coidado de persoas

con discapacidade Acompañamento e coidado de maiores Acompañamento de maiores ao médico Acompañamentos en xeral Asesoramento no coidado de persoas

con pouca mobilidade Nocións básicas sobre coidados a

persoas dependentes (psicoloxía, comunicación, técnicas de modificación de conduta...)

Outros: Traslados a Santiago Asesoramento na compra de billetes de

viaxes Corte de pelo e peinado Maquillaxe e manicura Body paint Mediación en resolución de conflitos

Page 5: BOLETÍN INFORMATIVO Nº 4 – NOVEMBRO 2014 - A Estrada n4_novembro2014.pdf · Tempo da Estrada na sala de exposicións do Teatro. Esta nova xuntanza supuxo unha ... Logo, as persoas

Demandas

Tarefas relacionadas coas novas tecnoloxías: Internet Informática

Educación e formación: Axuda para preparar a ESO Técnicas de busca de emprego Lingua de signos Idiomas

Castelán Galego Francés Alemán básico Xaponés Inglés básico Inglés intermedio Conversas en inglés

Tarefas e reparacións domésticas: Cociña en xeral e cociña creativa Arranxos de costura Aprender a coser Albanelaría Electricidade Fontanaría Pintura Mecánica Restauración de mobles, aparellos de

ferro... Arranxos florais

Actividades de lecer: Andar en bici Camiñar Sendeirismo Ximnasia Baile Conversar Fotografía Flauta traveseira Guitarra Piano Labores (calceta, ganchillo, bordado...) Manualidades Iniciación ao debuxo Pintura artística Risoterapia Ioga Taichi Técnicas de defensa persoal

Outros: Traslados a Santiago Coidado de nenos e maiores Masaxes Costumes e coñecementos da Estrada Ir de compras Aprender a maquillarse Asesoramento sobre estética Coaching persoal Terapia emocional/autoestima

BANCO DO TEMPO DA ESTRADA

- Enderezo: Centro de Información ás Mulleres (CIM), planta baixa do Concello - Tlfo.: 986 59 01 51- Correo electrónico: [email protected]