Caza do tesouro. Do Pardo de Cela histórico ao Mariscal de R. Cabanillas.

6
CAZA DO TESOURO TÍTULO: "DO PEDRO PARDO DE CELA HISTÓRICO A O MARISCAL DE RAMÓN CABANILLAS" ÁREA INTERDISCIPLINAR: LINGUA E LITERATURA GALEGAS E CIENCIAS SOCIAIS NIVEL: 4º DE ESO AUTOR: XESÚS AMBOAXE GARCÍA

Transcript of Caza do tesouro. Do Pardo de Cela histórico ao Mariscal de R. Cabanillas.

Page 1: Caza do tesouro. Do Pardo de Cela histórico ao Mariscal de R. Cabanillas.

CAZA DO TESOURO

TÍTULO: "DO PEDRO PARDO DE CELA HISTÓRICO A

O MARISCAL DE RAMÓN CABANILLAS"

ÁREA INTERDISCIPLINAR: LINGUA E LITERATURA

GALEGAS E CIENCIAS SOCIAIS

NIVEL: 4º DE ESO

AUTOR: XESÚS AMBOAXE GARCÍA

Page 2: Caza do tesouro. Do Pardo de Cela histórico ao Mariscal de R. Cabanillas.

AVALIACIÓN.

PUNTUACIÓN TOTAL : 10 PUNTOS

RESPOSTAS ÁS PREGUNTAS DE LOCALIZAR INFORMACIÓN E CONTRASTALA: 3 PUNTOS

RESPOSTAS ÁS PREGUNTAS DE RESUMIR E CONTRASTAR: 3 PUNTOS

RESPOSTA Á GRAN PREGUNTA: 4 PUNTOS.

Page 3: Caza do tesouro. Do Pardo de Cela histórico ao Mariscal de R. Cabanillas.

1. INTRODUCIÓN:

O poeta cambadés Ramón Cabanillas publicou unha peza teatral en verso titulada O

mariscal. Esta obra está baseada nun suceso histórico cuxo protagonista foi un

controvertido nobre galego do século XV chamado Pedro Pardo de Cela, que

ostentaba o cargo militar de mariscal, de aí o título da obra. Este mantivo un

enfrontamento coa coroa de Castela que o levou a ser condenado a morte. Tras o seu

pasamento, a súa figura converteuse en obxecto de cantares populares e lendas que

o enxalzaron como un mártir vítima das ansias de poder da monarquía castelá e das

intrigas palacianas dos señores feudais do tardo medievo. Pero, que hai de certo en

todo isto? A través desta caza do tesouro vas pescudar en distintas páxinas web

sobre a figura histórica de Pedro Pardo de Cela, mais tamén sobre Ramón

Cabanillas e o seu drama histórico O mariscal.

Page 4: Caza do tesouro. Do Pardo de Cela histórico ao Mariscal de R. Cabanillas.

2. PREGUNTAS (SEGUNDO A DESTREZA QUE SE PRETENDE TRABALLAR) E RECURSOS WEB:

DESTREZAS PREGUNTAS RECURSOS

LOCALIZAR

E

CONTRASTAR

1. Durante un tempo, R. Cabanillas emigrou a

América, onde publicou parte da súa obra en

galego. A que país emigrou e que libros publicou

alá?

2. O noso autor estaba vivindo nese país cando

publicou a peza teatral O mariscal?

3. Cita varios organismos culturais galeguistas nos

que participou Cabanillas á súa volta a Galicia.

4. Que outro escritor colaborou con el para a

redacción da obra O mariscal? Indica unha foto

incluída na presentación de María Asorey que o

demostre.

5. Cando e onde se estreou a obra e baixo que

formato teatral? Para a estrea tivo a colaboración

de....

1. Debes consultar a páxina da Biblioteca Virtual

Galega:

http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RamCaban&alias=

Ram%F3n+Cabanillas&solapa=biografia

2 e 3. Tamén te podes basear na Presentación de María

Asorey sobre o autor:

http://www.slideshare.net/mariasorey/ramn-cabanillas-

5712630?from=ss_embed

4 e 5. Podes buscar información na páxina de Galipedia

dedicada a O mariscal:

http://gl.wikipedia.org/wiki/O_Mariscal

4 e 5. Completa a información coa páxina de Galipedia

sobre Ramón Cabanillas:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Ram%C3%B3n_Cabanillas

Page 5: Caza do tesouro. Do Pardo de Cela histórico ao Mariscal de R. Cabanillas.

RESUMIR

E

CONTRASTAR

6. Na escena representada polo Centro Dramático

Galego que che propomos nos recursos aparecen

Pardo de Cela e o seu fillo falando dalgúns

personaxes históricos: Mudarra, o bispo de

Mondoñedo e o Conde de Lemos. Resume

brevemente a súa relación con Pardo de Cela e cos

feitos que se contan na obra.

7. Logo, resume o contido da conversa entre

Pardo de Cela e os asistentes á reunión que se

representa nesa escena.

8. Busca información sobre a relación familiar que

existía entre Pardo de Cela e Isabel A Católica.

Cales eran as razóns que os enfrontaban segundo

se conta na páxina de galipedia que propomos nos

recursos? Contrasta esta información co que se di

no vídeo de "Historias de Galicia".

9. Resume o contido das lendas que se crearon

arredor da figura de Pardo de Cela tras a súa

decapitación. Isto explícase

ben tanto na Galipedia como

no vídeo "Historias de

Galicia":

-A ponte do Pasatempo

-A cabeza do Mariscal

-A traizón dos seus criados

6, 8 e 9. A páxina de galipedia sobre Pedro Pardo de

Cela ofrece a información necesaria para resolver

estas cuestións:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Pardo_de_Cela

Esta información debes contrastala co que se conta de

Pardo de Cela neste capítulo da serie televisiva

"Historias de Galicia", da TVG:

http://www.youtube.com/watch?v=GCMYIQ3Czss

7. Debes visionar esta escena dunha representación que

fixo o CDG da obra:

http://www.youtube.com/watch?v=gItlXwPdzj4

Page 6: Caza do tesouro. Do Pardo de Cela histórico ao Mariscal de R. Cabanillas.

REFLEXIONAR 10. Despois de visionar a escena representada polo CDG e o vídeo de "Historias de Galicia", pon por

escrito as túas reflexións sobre:

-Pódese dicir que nesa escena Pardo de Cela se retrata como un heroe. Que características del que aparecen

nesa escena o xustifican?

-Por que cres que Cabanillas decidiu que O mariscal fose un drama escrito en verso? Para responderes,

lembra outros textos similares que forman parte da súa tradición noutras linguas: A Ilíada, El cantar de Mio

Cid

-Por que cres que o Centro Dramático Galego decidiu representar esta obra con monicreques e non con

actores e actrices de carne e óso?

3. A GRAN PREGUNTA.

Imos deixarlle a palabra ao locutor do vídeo da serie "Historias de Galicia" que, nun momento

da súa exposición, se fai a seguinte GRAN PREGUNTA: Pardo de Cela foi un mártir da

patria galega ou unha vítima dos seus propios abusos? Quizais ti teñas xa unha resposta para

esta pregunta, así que partindo da reflexión que che suxira a ti toda a información que fuches

procesando, procura profundizar na constestación, fuxindo de simplificacións superficiais.

Aplica os coñecementos que tes sobre as Irmandades da Fala e a papel nelas de Ramón Cabanillas.